R
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-2-
IES “San Paio” TUI
AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón (Noia 1935 - A Coruña 1992) Campanas de Bastabales —miña nai arrola un neno— Rosalía non afíes na miña gorxa o coitelo. Campanas de Bastabales chegaron rompendo o vento e cantan de pinga en pinga no meu corazón sedento. Rosalía: non me deixes tan lonxe que teño medo.1 ... (Os poemas da ausencia)
CARBALHO CALERO, Ricardo (Ferrol 1910 – Compostela 1990) Rosalía Foches unha mociña, viva chama, que se queimóu no lume decotío. Como a Brunilda, arrodeóute un valo de herdados fogos, língoas de outro esprito. Ningún Sigfrido liberóute. Virxe, a ti mesma aluméacheste Sigfrido. E saíches da Islandia do teu sono, pra unha Worms sen coroa e sen marido. Pura, no teu castelo solitario ollache o ceo, enxergache o abismo, veados os retratos familiares, as cartas sen abrir, pechos os libros.
Como unha nube, pois, como unha brétema, como un arcanxo ou como un asubío, chegóu a ti o Segredo, unha aza branca e outra moura. Dixécheslle: “Benvindo”. Ninguén cho presentóu. Ti o percuraches. O que dos outros tiñas deprendido, esquecido ficóu. Só xa o diálogo co enigmático Hóspede sostido.2
1
http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Otenoes+1&id_edicion=Otenoes+1001&cabecera= %3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DOtenoes%2B1%26alias%3D%22+class%3D %22nombreObraPaxina%22%3EO+tempo+no+espello%3C%2Fa%3E&alias=&frase=Rosal %EDa&operadorBooleano=or&tipoBusca=palabra&formato=texto
2
BRITO DE FREITAS, Consuelo, El discurso poético y las condiciones de su producción: una lectura comparada de la poesía de Rosalía de Castro y de Cora Coralina (tesis doctoral), Universidad Complutense, Madrid, 2004, páx. 491.
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
CASANOVA, Sofía
-3-
IES “San Paio” TUI
(Culleredo 1862 - Poznan-Polonia 1958)
A Rosalía Castro de Murguía ¡Cuántas veces desde lejos Y aquí estoy, y aquí te busco ansié conocer tu vida, para besarte la mano y los lugares hermosos como a la Reina que eres donde vibraba tu lira! de los poetas más altos. Con qué ansiedad las palabras Y aquí estoy, y aquí te busco que a tu hogar se referían aspirando en mi entusiasmo y a tu existencia de penas, a venerar tus virtudes y a tu genial poesía, de hinojos, como a los santos... repasaba yo en mis horas Pero no estás y a mi llegan de nostalgias infinitas del pobre hogar solitario ¡viviendo en sólo un afecto donde los tuyos te lloran, con tu nombre, mi Galicia! ecos de amor e desmayos... Dios sabe por qué caminos ¡Ay! no estás, no; llegué tarde, oscuros, tristes, estraños, y sólo puedo en los campos a la patria de mis sueños besar el aura en que vibran el destino al fin me trajo. tristes notas de tus cantos.3
FERREIRO, Celso Emilio (Celanova 1912- Vigo 1979) Decimos Rosalía i alcéndese un espello na noite largacía.
Pasa un río entoldado, que o entoldóu un tempo de renuncia humildado.
Na noite ensimesmada cai un orvallo escuro de auga lenta e calada.
De renuncia está feito o puñal que levamos espetado no peito.
De auga lenta de pranto: os nosos ollos son fontes de tanto chorar tanto.
Espetado en ringleiras dos galegos que marchan prás terras estranxeiras.
De tanto vao laído, polas serras e vales pasa un vento ferido.
Decimos Rosalía i o corazón da matria sangra na noite fría.4
3 4
Ibídem, páx. 467. En torno a Rosalía (edición de Xesús Alonso Montero), Júcar, Barcelona, 1985, pp. 91-2
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-4-
IES “San Paio” TUI
GARCÍA FERREIRO, Alberto (Ourense 1860 – 1902) Xa lles tece coroas ós seus fillos Xa temos patria nós, ti nola deche, xa sabe, como nai, ser nai amante, ¡ti, que estes ermos en xardís trocache...! xa non deixa ós seus mortos insepultos Reiseñor inmortal das Follas Novas, no campo de combate, resocita para ve-lo teu milagre: relampádo-los ollos e cubertas ¡¡Un pobo de rudillas as túnecas de sangue... diante a aurora dun libro de... CANTARES!!5 xa ten, como Artemisa pra Mausolo, pra os teus ósos, muller, mármol que darlles.
IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino (Abadín 1909 - Compostela 1961) Rosalía de Castro -¡Ai, a chuva longa! Sobor das pontes, erba de sono. -Penedos, penedos de noite e mouchos neniños. -Roula, branco e ledo, muíño branco, leda caneta. -A auga parada do ollos, ¿qué soños moe? ¿Onde está a rula ruliña? ¡Ai!, ¿qué galliña de vento, cerdeira de aire frolida? -Daime un sol moi doce pra un vello olivo que hai en Adina. -Xa cantan os galos nas eiras. ¡Érguete, nena! -¡Airiños, airiños, aires, de negras penas quitadoiriños! -E vacas marelas nos cómaros. ¡Canta, neniña! ¡Ai, aquela voz quebrada! ¿En qué baranda de lúa, ¡ai!, en qué verde baranda? ¡Ai, as veigas verdes de milleirales e vento novo! -Pombiñas, pombiñas pálidas, frías de noite. Pombiña de vidro frío, na sombra da noite longa, sin galos de amor nin río. Agora o cuco de abril, ¿en qué altos amieiros cucará abriles sin fin?6 5 6
op. cit. páx. 474 Ibídem, páx. 83
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-5-
LOPEZ-CASANOVA, Arcadio (Lugo, 1942) Si eu agora puidera decir: Galicia ceibe, pronunciar o teu nome, Rosalía, estendelo sobre o pranto e poñer cada sílaba dos teus versos, eiquí mesmo, riba dunha mesa (testimuña do que sofrimos aínda). Si contigo viñera a voz antiga dos xograres Torneol, Martín da Limia, Códax, Mendiño, si despois espida soara a voz do pobo con forza... ¡Ai!, sería impronunciable escoitar as radices vivas da terra, a voz da nosa Galicia.
Palabras na tarde pra Rosalía Si eu agora puidera pronunciar sílaba por sílaba, letra por letra, a doorida palabra, o teu nome, Rosalía e si de súpeto viñera unha lene brisa de libertade, xermolara nos sucos, abrira as portas da esperanza... ¡Qué ledicia sentirnos entón pobo, cantar antre a limpa mañá renacente, ti e máis eu, todos os que aínda agardamos ser ceibes sobre os sucos da terra redimida!7
NOVONEYRA, Uxío (Folgoso do Courel 1930 A Rosalía Santa da terra ti sabes que o ceo non é noso sólo temos o cor i o tempo o peso da vida i o certo da morte. Poden inseguranza e desamparo ¡acólleste ós bes certos: ¡a casa!, ¡o val!, ¡a patria homilde! ¡Nosa patria por quen ti cramas furando a noite! De non oírte houbéramos esquecídonos perdidos pra sempre no camiño alleo. Mais xa velamos o sono enfexo de zafarnos dil e ganar Galicia loitando polo home.8
7 8
Ibídem, pp. 88-9 Ibídem, páx. 86
Compostela 1999)
IES “San Paio” TUI
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-6-
IES “San Paio” TUI
TEIXEIRA DE PASCOAES (Portugal 1877 – 1952) A Rosalía de Castro Divina Rosalía. ¡O santa protetora da terra da Galiza, a nosa terra Mäe! Onde derrama um oiro triste a luz da aurora, onde a névoa do mar descorre e encobre o Além, onde ha almas de Deus, no mundo prisioneiras, onde ha rezas e sol, á noite, nas lareiras... Divina. ¡o virgem da tristeza! Coraçao de mulher que abrangue a Natureza e num canto inmortal a converteu. Coraçao de mulher aberto á luz do ceu cas lágrimas sem fim dos desgraçados soturna multidâo de pobres emigrados... Divina Rosalía. Senhora de Saudade e da Melancolía... Alma de Deus despida, exposta á chuva e ao vento, Alma, só alma, nukm deslumbramento. Alma, só alma, a errar na solidâo. Alma, só alma, eterna apariçâo. Apariçâo da dor, apariçâo do amor. Alma, só alma, apenas alma en flor.9
9
BAPTISTA, ANTÓNIO RODRIGUES (2011 [1994]). “Rosalía de Castro no horizonte dos ‘saudosistas’ portugeses. Da crítica de António Sérgio á veneración de Teixeira de Pascoais”. Anuario de Estudios Literarios Galegos: 1993, 173-183. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. http://www.poesiagalega.org/uploads/media/baptista_1994_rosalia.pdf
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-7-
IES “San Paio” TUI
TIMIRAOS CASTRO, Ricardo (Viveiro, 1946) Teño un cravo moi cravado, que non o quero arrincar. Teño unha esperanza rota e o ceo pra chorar. Teño unha espiña cravada, vestidiña de labrega, teño a lúa esta noite pra bailar a muiñeira. Teño un toxo frorido nesta nova primaveira, teño un velliño chorando debaixo dunha carballeira. Teño un niño nunha cerdeira. Teño ríos, teño fontes mais nunca vánseme as penas. ¡Pobres vellos, Rosalía! Galicia é terra de esperas. Mais cando pasa o inverno e pensas aí ven a primaveira, surxen de novo os corvos, en bandadas, como ovellas, eles arrincan con todo e no outono sementas...
Boas noites, Rosalía esperando o ano novo, soñando que non hai bestas, chamando nas noites o vrau, queres brincar nunha festa; mais de novo veñen corvos e o labrego desespera. Tolo pregunta por Deus e lle di: ¿cando collo a sementeira? Mira xa estas maus, manoxos de callo e terra. Dime o precio das patacas, donde está a miña neta ¡dime, carallo! ¡fala! ¿hastra cando esta espera? E Deus cala, non responde, mais o labrego aínda espera. A mín encargoume Deus que lle baixara as estrelas.10
10 VILLARES MOUTEIRA, Félix, Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Biblos clube de lectores, Cesuras, 2007, pp.624-5
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-8-
IES “San Paio” TUI
VILLAR, Helena e RÁBADE, Xesús (Becerreá 1940 e
Cospeito 1949)
Non convén chorar máis, Ela chorou por todos e para sempre. L. Pimentel 1 De Compostela a Padrón díxome o vento a canción, ¡miña amiga! De Padrón a Compostela trouxen no peito unha arela. ¡Deus, era túa a cantiga, miña amiga! Do teu corazón de matria aprendín a miña patria, ¡miña amiga! Matria-corazón-amigo, levo o teu folgo comigo. ¡Deus, era túa a cantiga, miña amiga!
2 Querida anterga: O teu mencer de soño semella despertar. Buliga o día... Perfís de mazo e ferro, voz e arrolo dibúxante, barís, na lonxanía Campaíña rural de mil pesares, facho mesto de luz que alleou tebras, muller-guieiro dunha grei dormida, cantiga milenaria en son de espera: da túa auga de mar, de bágoa e río, cómpre facer océnaos fecundos, redención infinita, carne e pedra, pra esta terra que afoga aen ceos chumbos. Agardo, coma o mofo da fontiña, que nos fagas grelar na primavera e gardar o xermolo na outonía.11
De Compostela a Padrón aprendín de ti quen son, ¡miña amiga! ¡Deus, era túa a cantiga, miña amiga!
11 VILLAR, Helena e RÁBADE, Xesús, O sangue na paisaxe, Edicións do Cerne, Santiago, 1980, pp. 2021
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
-9-
IES “San Paio” TUI
Índice de autores AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón .................................................................................................2 CARBALHO CALERO, Ricardo........................................................................................................2 CASANOVA, Sofía..............................................................................................................................3 FERREIRO, Celso Emilio....................................................................................................................3 GARCÍA FERREIRO, Alberto.............................................................................................................4 IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino.........................................................................................................4 LOPEZ-CASANOVA, Arcadio............................................................................................................5 NOVONEYRA, Uxío...........................................................................................................................5 TEIXEIRA DE PASCOAES................................................................................................................6 TIMIRAOS CASTRO, Ricardo...........................................................................................................7 VILLAR, Helena e RÁBADE, Xesús..................................................................................................8