Cinexornal nº 6

Page 1

Número 6

B

O

L

E

30 XANEIRO 2021

I.E.S. “San Paio” — Tui

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

AQUEL NON ERA EU

T

E

C

A

(Esteban Crespo, España,

2012, 25´) Esta curtametraxe conta a historia da cooperante española Paula e de Kaney, un neno soldado nun país africano que convive con outros baixo as ordes do xeneral do Exército Rebelde. Paula é secuestrada xunto co seu compañeiro nun posto fronteirizo e vive unha dramática situación de violencia e terror, pero tamén de esperanza e posibilidade de redención. "Ser un soldado, e especialmente un neno soldado, non é difícil: ou te afás ou te matan. O máis duro é conseguir vivir coas túas lembranzas e volver ser ti mesmo despois de facer o que fixeches."

BO NADAL (Christian Carion, Francia, 2005, 115´ )

Baseada nun feito real da I Guerra Mundial , a histórica tregua de Nadal na Noiteboa de 1914, cando os soldados comezaron a decorar as súas trincheiras e cantar panxoliñas como “Noite de paz”, terminando con xestos de camaradería entre ambos os bandos, compartindo celebracións relixiosas e mesmo algún que outro partido de fútbol. Tregua que se estendeu durante varios días nalgunhas zonas, xa que os soldados estaban cansados dunha guerra sen sentido, pero pronto os seus superiores comezaron coas represalias, como reflicte a película.

CARTAS DESDE IWO JIMA

(Clint Eastwood, Es-

tados Unidos, 2006, 141´) A historia dos soldados xaponeses que defenderon a súa patria contra as forzas americanas durante a Segunda Guerra Mundial. O xeneral Tadamichi Kuribayashi e os seus homes, elaboraron unha estratexia defensiva, baseada na construción dunha fortaleza subterránea composta por un labirinto de túneles escavados a través da roca negra volcánica de Iwo Jima. Esta táctica transformou o que se prevía como unha derrota rápida e sanguenta, nunha batalla que se prolongaría durante case 40 días.


P á x i n a

2

N ú m e r o

6 –

3 0

XAN E I R O

AS FLORES DA GUERRA

2 0 2 0

(Zhang Yimou,

China, 2011, 146´) Adaptación da novela de Yan Geling As 13 mulleres de Nankín, tamén titulada en español Las flores de la guerra (Alfaguara, 20212, 256 pp.) baseada nun suceso real que aínda hoxe conmociona a China. En 1937, durante a segunda guerra chinés-xaponesa, John, un maquillador de cadáveres, chega a unha igrexa católica de Nankín para preparar ao párroco antes do seu enterro. As accións do exército xaponés converterán a John, ao seu pesar, en protector das alumnas dun convento e das prostitutas dun lupanar próximo. Terá entón a oportunidade de saber que significan o sacrificio e o sentido da honra.

A GUERRA DOS BOTÓNS

(Christophe Barra-

tier, Francia, 2011, 100´) Ambientada nun pobo francés durante a Segunda Guerra Mundial conta as aventuras de dúas cuadrillas de mozos de pobos veciños que viven enfrontados, pero pronto se dan conta de que unha batalla maior líbrase en Francia e os nenos deberán colaborar para salvar a vida de Violette, unha nena xudía escondida nun dos pobos.

NADO EN GAZA (Hernán Zin, Espa-

ña, 2014, 78´) Esta película documental segue a dez nenos que contan como é a súa vida diaria entre as bombas e como loitan para superar o horror da guerra e darlle un toque de normalidade ás súas vidas. Eles son os portavoces dos nenos mortos e feridos que deixou a ofensiva israelí “Marxe defensiva”.

NADO EN SIRIA (Hernán Zin, España, 2016, 85´)

O maior éxodo de refuxiados desde a Segunda Guerra Mundial visto a un metro e medio de altura a través de sete historias de guerra, sufrimento e desesperación… pero tamén de superación, inocencia, valor e esperanza, que nos permitirán entender que significa nacer en Siria.

O ODIO (Mathieu Kassovitz, Francia, 1995, 95´)

Tras unha noite de disturbios nun barrio marxinal das aforas de París, tres amigos adolescentes, Vinz, Saïd e Hubert (un xudeu, un árabe inmigrante e un boxeador amateur negro, respectivamente), afrontan a morte dun amigo árabe a mans da policía. O deambular pola cidade, a violencia entre bandas e os conflitos coa policía son as constantes nas 24 horas seguintes da vida destes mozos.


N ú m e r o

6

3 0

XAN E I R O 2 0 2 1

P á x i n a

3

OS OLLOS DA GUERRA (Roberto Lozano Bruna, España, 2011, 97´) Unha defensa dos dereitos humanos a través da vida, a mirada e os testemuños dos reporteiros de guerra. Punto de partida: ‘Os desastres da guerra’, de Goya, considerado o primeiro reporteiro de guerra español. Catro países en conflito: Afganistán, República Democrática do Congo, Iraq e Bosnia. Catro Obxectivos: mostrar a guerra desde a primeira liña; as vítimas e as consecuencias da guerra. Para coñecer de preto como traballa a prensa internacional. Unha filme que denuncia a a violación dos dereitos humanos.

A ONDA (Dennis Gansel, Alemaña, 2008, 110´)

Baseada en feitos reais, conta a historia da evolución dun grupo nun instituto alemán, no que durante a semana de proxectos, un profesor fai un experimento grupal para explicar aos seus alumnos o funcionamento dun réxime totalitario. En apenas uns días o experimento vaise volvendo cada vez máis incontrolable e a semente da ditadura instáurase no grupo.

QUEN FORON OS NENOS ESPAÑOIS EXILIADOS Á URSS?

(Project Nenos) Na época da Guerra Civil miles de nenos españois foron enviados á URSS. O obxectivo era protexelos e formalos mentres durase a contenda. A vitoria do bando franquista atrasou a chegada dos nenos ata os anos 60. Podes descubrir máis sobre Project Nenos nunha serie de 6 capítulos que atoparás na seguinte ligazón https://www.discoveryplus.es/series/project- niños.

REBELDE (Kim Nguyen, Canadá, 2012, 90´)

Película inspirada en feitos reais, rodada enteiramente no Congo e cunha protagonista non profesional. Komona ten 14 anos e vive nun poboado africano. Un día secuéstrana e lévana a un campamento onde a preparan para convertela en nena soldado. Logrará escapar cun dos seus compañeiros, pero cando espera unha vida amable e tranquila, a traxedia sacódea de novo.


P á x i n a

4

N ú m e r o

SEGREDOS DE GUERRA

6 –

X A N E IR O

2 0 2 1

(Dennis Bots, Holanda,

2014, 94´) En 1943 os Países Baixos están a ser ocupados polo exército nazi, pero Tuur e Lambert, dous nenos de doce anos, viven alleos á guerra que non é máis que unha fantástica inspiración para os seus xogos no bosque e misteriosas covas. Entre eles interpoñerase Maartje, unha nena que chega á cidade para vivir nunha granxa próxima. A súa vida dá un xiro inesperado cando a familia de Lambert decide colaborar cos alemáns, mentres que os pais de Tuur son leais ao movemento de resistencia.

AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN

(Bahman Gho-

badi, Irán, 2004, 95´) A conmovedora historia duns nenos dunha pequena do kurdistán iraquí que cada día arriscan as súas vidas desactivando minas para logo vendelas. Ao mesmo tempo o pobo busca desesperadamente unha antena parabólica para conseguir noticias sobre o ataque de Estados Unidos a Iraq.

EN TERRA DE NINGUÉN

(Danis Tanovic, Bosnia e Hercegovina, 2001, 98´) A historia dos soldados Ciki e Nino, un bosníaco e o outro serbio, que se atopan atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén, durante a guerra de Bosnia de 1993. Mentres tratan de atopar unha solución ao seu problema, un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas prepárase para axudarlles, contravindo as ordes dos seus superiores. Os medios de comunicación son os encargados de transformar unha simple anécdota nun show mediático de carácter internacional.

A TUMBA DOS VAGALUMES (Taro Hyugaji, Xapón, 2008, 100´)

A historia de dous irmáns, a finais da Segunda Guerra Mundial, orfos debido aos terribles bombardeos dos americanos en 1945, que baixo o mando do xeneral Curtis LeMay lanzaron toneladas de napalm e bombas incendiarias en decenas de cidades, arrasándoas. Seita, o irmán maior de trece anos trata de coidar da súa irmá pequena Setsuko, nunha batalla pola subsistencia no medio do horror da guerra e a pobreza. Terceira adaptación cinematográfica da novela homónima de Akiyuki Nosaka (El Acantilado, 1999, 144 pp.), tras a cinta de animación de Isao Takahata (1988) e a película realizada para televisión por Toya Sato (2005)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.