Page 1

Número 60

MARZ0 2020

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

LECTURAS para tempos de PANDEMIA BALAGUER PERIGUELL, Emilio e BALLESTER AÑÓN, Rosa, En nombre de los niños. La real expedición filantrópica de la vacuna (1803-1806), Ministerio de Sanidad y Consumo, 2003, 197 pp. O libro achégase á gran aventura que foi a Real Expedición Filantrópica da Vacina (dirixida polo Dr. Balmis e que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803 na corveta María Pita), unha das empresas de saúde pública máis extraordinarias de toda a historia. E faino usando unha linguaxe sinxela, pero buscando sempre o rigor histórico e, sobre todo, contextualizando o proceso nas coordenadas indispensables para non illar os feitos e evitar as actitudes excesivamente de loanza ou vituperio dos seus protagonistas. Texto completo aquí BOCCACCIO, Decamerón, Rinoceronte, 2017, 750 pp. Escapando da Peste Negra, un grupo de mozos da alta sociedade deixa Florencia e refúxiase no campo. Para distraérense durante ese tempo, con cantos, bailes e xogos, teñen precisas regras. Importancia notábel ten o rezo. Para ocupar a primeira hora nocturna deciden contar un relato cada un, seguindo un ritual preciso, como é a elección dun "rei", que fixará o tema do día, ao que se cinxirán todos en cadansúa narración, a excepción de Dioneo, ao que se lle concede non respectar o asunto sinalado para cada día. O primeiro e o noveno día teñen un tema libre. Podes lelo premendo aquí BUGARÍN, Rosendo, La gripe de 1918 en Tui, 262 pp. Cunha linguaxe directa e alcanzable a todos os lectores, o doutor tudense presenta como viviron os seus paisanos esa enfermidade, que sabían dela, que información recibiron e con que recursos contaron para facerlle fronte. E, sen caer no dramatismo, describe, tamén, os seus medos e a forma de combatelos. CARALPS, Pablo, Gripe mortal, Martínez Roca, 2009, 352 pp. O dono dunha empresa farmacéutica enfróntase a unha crise de vendas. Un colaborador proponlle un plan perfecto: roubar unha cepa de «gripe española», un virulento virus que causou a pandemia de gripe máis mortífera da historia. Cando a OMS aprobase a creación da vacina, o laboratorio xa a tería lista. Unha operación que lles permitiría non só salvar a situación, senón tamén facerse inmensamente ricos.


P á x i n a

2

N ú m e r o

6 0 –

MA R ZO

2 0 2 0

DEFOE, Daniel, Diario del año de la peste, Verbum, 2017, 202 pp. A vida en Londres, nun dos momentos máis terroríficos da súa historia: a peste bubónica que caeu sobre a cidade entre 1664-1666 e que causou a morte dunhas cen mil persoas. No libro, escrito por Daniel Defoe baseándose en documentos históricos e nas súas propias vivencias de neno, asistimos a un escenario aterrador: unha terra abatida, baldía, abatida pola fame e o temor ao contaxio. E é neste marco terrible, nunha cidade infectada, onde se desvela a verdadeira natureza das persoas. Comeza a lectura premendo aquí ECHEVARRÍA, José Manuel, ¿Alerta pandémica?, Meteora, 2011, 288 pp. As autoridades sanitarias guatemaltecas alertan dun novo virus de gripe que causou algunhas mortes inesperadas. Ante a imparable propagación do virus (con previsión de millóns de mortos), a Organización Sanitaria Internacional (OSI) declara o estado de alerta pandémica a escala global. Mais algúns profesionais, tras analizar os datos que se van xerando, comezan a preguntarse: existen realmente razóns para unha alerta pandémica? A resposta levaranos ata unha ignominiosa trama de manipulación da opinión pública, de pingües intereses económicos e de ansia de poder que, en realidade, comezara a urdirse sete anos antes da detección do brote epidémico… nun exótico mercado dun apartado recuncho do Afastado Oriente. GÓMEZ IGLESIAS, José A., (DEFREDS), Historias de un náufrago hipocondríaco, Espasa, 2017, 168 pp. O amor non pode estar por riba da peste. Un libro de prosa poética escrito desde o corazón, con atención aos pequenos detalles que fan do amor cotián un instrumento de supervivencia. De forma sinxela, pero directa. Dando renda solta á imaxinación en situacións especiais da vida de calquera persoa. Sentimentos, cambios, recordos, mozas e mozos, momentos, tristezas e alegrías. Non hai poesía nin liña recta. Hai sentimentos. Todos os que dá o amor. Todos os que algunha vez vivimos. Aínda que non os esperásemos. Aínda que fosen sucedendo. JIMÉNEZ ORMAETXEA, El año del tifus, Edorta, Txalaparta, 2009, 310 pp. A novela desenvólvese nunha das naves que conforman a Armada rumbo a Inglaterra. Mariñeiros en busca de fortuna, ou talvez de aventura, galeotes obrigados a remar sen descanso, personaxes escuros, namorados e fuxidíos, para quen a supervivencia no barco converterase nunha batalla a morte… Todos permanecen encerrados durante meses, compartindo confesións e miserias, facendo fronte a tempestades, epidemias e á peor e máis corrosiva de todas as pestes: a envexa. Le un fragmento premendo aquí KING, Stephen, Apocalipsis, Debolsillo, 2017 (7ª ed.), 1584 pp. Un virus gripal, creado artificialmente como posible arma bacteriolóxica, esténdese por Estados Unidos e provoca a morte de millóns de persoas. Os sobreviventes teñen soños comúns, nos que aparece unha anciá e un home novo. A muller anciá incítaos a viaxar a Nebraska para combater a Randall Flagg, un abominable personaxe que encarna as forzas do mal e posúe un arsenal nuclear.


N ú m e r o

6 0 –

MA R ZO

2 0 2 0

P á x i n a

3

LLOR, Fernando, El último día, The RocketMan Project, 2018, 116 pp. Jota, un informático local, esperta despois dunha festa e Vigo, a súa cidade, está chea de zombies. Tratando de buscar unha explicación atópase cun grupo de militares que tratan de conter a situación e decide levalos ata o sitio máis seguro que coñece: a illa de Toralla, un punto cun só acceso fácil de bloquear. Acción, conspiracións e moitas vísceras completan unha historia entretida e chea de sorpresas con varias localizacións moi coñecidas para todos os vigueses como a Praza de España, o peirao de transatlánticos, o Casco Vello ou a praia de Samil. Lugares emblemáticos que se enchen de mortos deambulantes. LONDON, Jack, A praga escarlata, Urco Editora, 2009, 125 pp. Nun futuro non moi afastado a humanidade vese arrasada por unha praga mortal. Os poucos superviventes viven nun estadio primitivo, como hai miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo dos poucos que sobreviviron á praga, e na súa vellez conta aos seus netos como foi a caída da civilización por mor da Praga Escarlata. LOUREIRO, Manel, Apocalipse Z. O comezo da fin, Urco Editora, 2013, 390 pp. Que acontecería se un día ao te ergueres descubrises que a civilización está a sucumbir? Iso é o que lle sucede ao protagonista desta novela, un avogado que leva unha vida tranquila e rutineira en Pontevedra, até que un escuro incidente nun afastado país do Cáucaso provoca unha epidemia de proporcións devastadoras que ameaza con aniquilar a toda a humanidade da face da terra. A medida que a enfermidade se achega devorando país tras país, o caos comeza a estar presente tamén na Galiza. MIRA, Eduard, El misterioso caso de la Peste Negra, Nowtilus, 2012, 192 pp. Chaucer, ademais de autor dos Contos de Canterbury, foi un espía británico testemuña da Guerra dos Cen Anos, da revolución campesiña de Londres, do Cisma de Occidente ou da peste negra: a epidemia que arrasou Europa e acabou con trinta millóns de persoas. El e o seu axudante Corbino, un pillabán portuario, reciben unha carta cifrada de Eleazar de Cavallería e deberán investigar a orixe da peste. Eduard Mira utiliza como narradora a Isabel de Loris, biznieta de Corbino, que narra as memorias deste desde un prostíbulo valenciano. Comeza a lelo premendo aquí PAZ-SOLDÁN, Edmundo, Los días de la peste, Malpaso, 2017, 352 pp. La Casona é moito máis que unha prisión, é un microcosmos onde cada un dos individuos que o habitan, desde o gobernador da prisión ata a súa muller, pasando polos presos e os gardas, aceptan a súa sorte con resignación. A relixión como salvación, o culto prohibido que todos profesan a unha deusa vengativa que pretende destruír o mundo, e a peste, que matará por igual a ricos e pobres, une a estes personaxes dispares dun recuncho recóndito do mundo.


P á x i n a

4

N ú m e r o

6 0 –

MA R ZO

2 0 2 0

PIQUERAS, Juan Vicente, Yo que tú: manual de gramática y poesía, Difusión, 2019 128 pp. Para que non falte a poesía nin a gramática en tempos de pandemia. Unha recomendación lírica que aborda temas de gramática desde unha perspectiva actual e amena que permite o achegamento á poesía escrita en español. POE, Edgar Allan, “A máscara da morte vermella” in A verdade sobre o caso do señor Valdemar/A máscara da morte vermella/ O manuscrito achado nunha botella, Biblioteca Edgar A. Poe, Edicións do Cumio, 2009, 80 pp. Unha epidemia moi contaxiosa de "Morte vermella", unha pestilencia fatal na que domina a cor do sangue nas manchas do corpo das vítimas arrasa o planeta. Próspero, un nobre, reúne a todos os seus coñecidos de alto avoengo nun palacio selado e cheo de luxos, onde espera protexerse da enfermidade, deixando á xente sen recursos á súa sorte. O palacio ten miles de diversións e entretementos, mais nun baile de máscaras aparece un home cuberto cun sudario que produce terror entre os presentes: tiña o aspecto da "Morte vermella"... Le este breve conto premendo aquí RUESCAS, Javier, Pulsaciones, SM, 2013, 200 pp. Elia esperta dun estado comatoso e está un pouco perdida. O último que lembra é un concerto e unha frase: "Non podo devolverche a canción, pero podo mostrarche como danzan os peixes". Agora que os seus pais lle compraron un Smartphone, Elia por fin ten acceso ao Heartbits (un programa na liña do WhatsApp) e os lectores somos testemuñas de todas as súas conversas. Coa axuda do seu mellor amiga, Sue, Elia tentará recuperar os tres días que esqueceu e, mentres tanto, coñecerá a Tommy, un estadounidense que vén de intercambio a España; a Marion, unha moza con media cara queimada que asiste á súa terapia de grupo, e a Phoenix, un descoñecido ao que lle encantan os aforismos. Igual que á protagonista desta novela tamén a nós as novas tecnoloxías nos facilitan a comunicación, a sociabilidade e o entretemento máis aló dos muros dos nosos fogares en corentena. SARAMAGO, José, Ensaio sobre a cegueira, Porto Editor, 2019, 344 pp. “Creo que non quedamos cegos, creo que estamos cegos, cegos que ven, cegos que, vendo, non ven” escribe o nobel portugués nesta novela que é á vez unha parábola como todas as súas dunha sociedade á que contempla moi criticamente. Como no caso de Poe, Saramago inventa aquí unha enfermidade, a cegueira branca, unha enfermidade que está a atacar a toda a poboación agás á protagonista, a muller dun médico que narra o cataclismo e non se aforra a crítica a como a humanidade encirrada polo exército camiña cara ao caos. SOLAR, María, Os nenos da varíola, Galaxia, 2017, 208 pp. A historia de 22 nenos que aínda que non tiñan idea de facerse heroes si o foron. Nos seus corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzaron o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. STEWART, George R., La tierra permanece, Minotauro, 2004, 384 pp. Un virus mutou de tal modo que acaba con calquera ser humano en cuestión de días, propágase a unha velocidade incrible e non hai nada que se poida facer para loitar contra el. Só uns poucos afortunados, naturalmente inmunes, sobreviven á epidemia. A epidemia é virulenta e letal mais iso non implica o desmoronamento da sociedade, os hospitais seguen funcionando ata o último segundo, os enfermos son atendidos por médicos e enfermeiras que tamén morren ao pouco, non hai tempo para as desbandadas, nin a pillaxe, todo queda intacto, ordenado, conxelado no tempo. “Os homes van e veñen, pero a Terra permanece”.


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.