Skip to main content

Biblioxornal 7

Page 1

Número 7

1º Trimestre 2008

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Unha de cal...

Noraboa PaiSan@s: Máis de 1.800 razóns máis para ler O pasado 26 de decembro facíase pública a resolución pola que ao noso club de lectura PaiSan se lle outorgan 1. 800 Euros de axuda para o desenvolvemento das súas actividades. Noraboa aos dous grupos (martes e venres) do club de lectura! Xa tivemos varias xuntanzas nas que falamos das nosas primeiras lecturas en común: O partido de Reis (un conto de nadal de Manolo Rivas) e cómics de Astérix. As próximas reunións, con novas lecturas, serán os vindeiros 12 e 15 de febreiro. Animádevos e participade, aínda estades a tempo de formar parte do club!, preguntade na biblioteca ou aos profesores María Xosé Taibo ou Xoán Pablo Valverde. Tamén acaban de comunicarnos a concesión dunha asignación económica extraordinaria para a biblioteca por ter presentado un proxecto na pasada convocatoria do plan de mellora “amosando así un interese por mellorar a súa biblioteca escolar e prevendo medidas organizativas destinadas á atención deste importante recurso educativo”. Nova noraboa pois temos máis de 1.800 razóns máis para gozar da biblioteca e da lectura.

...e outra de area A finais do pasado ano publicitáronse os resultados do informe PISA 2006. Galiza obtén un aceptable resultado en ciencias pero frouxea en comprensión lectora: 479 puntos fronte a 492 (promedio OCDE), lonxe dos 556 de Corea, 547 de Finlandia ou DIN QUE NON NOS ENTERAMOS DO QUE LEMOS VAIA PARVADAAAAAGHH……

Orixinal de Javier Aguilera


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook