Biblioxornal 61

Page 1

Número 61

Verán 2020

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Non poñas en corentena a lectura! O coronavirus non vai ser quen de modificar os nosos plans. Despois dun trimestre de confinamento e de tarefas escolares, son chegados os tempos dun merecido descanso, un descanso que pode vir acompañado de actividades de ocio cultural, como a lectura, permitidas pola chamada nova normalidade . Aproveitemos, pois, para acercarnos a ese libro que leva meses agardando a que entremos nas súas páxinas ou para ver esa película da que tan ben nos falaron. Pero, sobre todo, coidémonos neste período de vacacións para coller novos folgos de cara ao próximo curso. Dende a túa biblioteca queremos ofrecerche algunhas posibles lecturas e filmes, elixe en liberdade o que máis acaído atopes aos teus gustos e, en todo caso, con lecturas ou sen elas, con cine ou sen cine, que teñas un verán cheo de saúde e descanso!

ALDAOLADO, Ninguén morreu de ler poesía, Xerais, 2020, 112 pp. Lucía Aldao e María Lado forman un dúo poético desde 2005. Os seus espectáculos parten da poesía, do humor e da música para comunicarse directamente có público a través dunha posta en escena transgresora e transformadora. O seu primeiro espectáculo, de enorme éxito, titulouse Onde estea un cubata que se quite un soneto, ao que seguiron outros como Moita poesía, pouca diversión, Con dez poemas por barba, ou Cría fama e bótate a correr. Unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti» ALONSO, Ana, Mares de plástico, Anaya, 2020, 152 pp. Nas vacacións, Elena vai a un campo de traballo para limpar de plásticos as praias nas illas Canarias. Faino, sobre todo, porque sabe que tamén irá un compañeiro de clase que lle gusta. Pero unha vez na illa, Elena sente que non encaixa. Ata que a aparición de Damián, fillo dun pescador da zona, cámbiao todo para ela. CAROU FIGUEIRA, Natalia, O mal querer, Baía, 2020, 244 pp. Novela que presenta a sociedade actual onde se xuntan a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos e, sobre todo, o desamor ou desafecto. O protagonista é Cibrán Ulloa, un rapaz de dezaseis anos -fillo único dunha respectada familia da alta sociedade ao que nada semella faltarlle-- sobre o que Iria Fraga debe facer un informe pericial psicolóxico no centro de menores no que ingresou despois de que cometese un delito. Cibrán vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro. CARSON, Anne, Tipos de agua. El camino de Santiago, Vaso Roto, 2018, 112 pp. Diario dunha viaxe, ensaio poético e crónica espiritual que recolle a experiencia como peregrina (desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra) da última galardoada có Princesa de Asturias das Letras. Esta é unha peregrinación non só espacial, senón tamén temporal. O home acompañante é unha presenza silenciosa e drástica: impulsa a contrastar a experiencia do camiñante ao longo dos séculos. Carson camiña detrás del e discute, porque a forma do saber é dialéctica. Son amigos, ás veces tamén parecen amantes. Aínda así, a verdadeira historia de amor, vai dicir a poeta, é entre o camiñante e o camiño.


P á x i n a

2

N ú m e r o

6 1 –

V E R ÁN

2 0 2 0

COSTAS, Ledicia, Vampira de biblioteca, Xerais, 2020, 152 pp. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste? ELLIS, Deborah, El pan de la guerra, Edelvives, 2019, 145 pp. Retrato da vida cotiá en Afganistán durante o ascenso ao poder dos talibáns. Unha nena e a súa familia deben modificar as súas dinámicas e costumes, con claras influencias occidentais, a causa do integrismo. A protagonista, obrigada a facerse pasar por mozo para poder gañar diñeiro, descobre a liberdade da que carece o seu sexo. Baixo a súa mirada coñecemos o traballo da nena, sentimos o medo e a asfixia xeneralizada dunha sociedade sometida por unha visión fanática da existencia e a dor que provocan as distintas barreiras que deben superar os familiares. FANG, Wang, Diario de Wuhan, Seix Barral, 2020, 480 pp. Fang, escritora chinesa, é autora dun blog no que documenta a vida en Wuhan durante a corentena decretada polo coronavirus. Cada noite escribía sobre familiares e amigos e analizaba a evolución da crise e a resposta do goberno do seu pais, desentrañaba o que estaba a suceder en vivo e en directo desde o primeiro país en enfrontarse á maior crise sanitaria, social e económica da nosa historia recente. O seu relato cobra especial valor en tanto que foi capaz de arroxar luz nuns días en que o goberno chinés enfrontábase a unha ameaza aínda descoñecida. GARCÍA LORCA, Federico, Medio pan e un libro, Kalandraka, 2020, 128 pp. Tradución ao galego, catalá e éuskaro do discurso pronunciado por Federico García Lorca en setembro de 1931 ao inaugurar a biblioteca do seu pobo natal, Fuente Vaqueros. Unha emocionante apoloxía do libro e da lectura como fonte de coñecemento contra a ignorancia, como alimento espiritual máis aló das necesidades vitais. HERNÁNDEZ CHAMBERS, Daniel, Departamento de asuntos mágicos, Anaya, 2020, 328 pp. O axente Cusak do departamento de Asuntos Máxicos e o inspector Lindbergh investigan os asasinatos de tres adolescentes aos que se lles arrincou o corazón. O axente Cusak sospeita que o asasino é un mago. As vítimas eran orfos de guerra nacidas en Ucraína, Romanía e Moldavia, e foran adoptadas por familias inglesas. Seguindo as pistas, chegan a Radu e Tatiana, dous mozos por cuxa sangue corre moita maxia, que lles será fundamental para chegar a desvelar a verdade. LEIRA, Rocío, Trescatorcedezaseis, Xerais, 2020, 144 pp. “Xogamos?” Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.

LÓPEZ SÁNDEZ, María, A noite da deusa, Galaxia, 2020, 220 pp. Vestidos tecidos en antigos aquelarres, alfaias feitas con metais e pedras semidivinas foron pasando de xeración en xeración có máximo secretismo. Se os sete obxectos máxicos se xuntan no día do solsticio no espazo sagrado das antigas deusas, unha conxunción de forzas dará orixe a unha nova era en que por fin as mulleres camiñarán ao lado dos homes. Pero Andros, o vello feiticeiro, conspira para evitalo. Só cando os sete obxectos máxicos estean xuntos sobre a mesma muller poderán ser vulnerábeis á destrución.


N ú m e r o

6 1 –

V E R ÁN

2 0 2 0

P á x i n a

MARCO, Aurora, Irmandiñas, Laiovento, 2020, 500 pp. Non foi doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades, quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e republicano, na defensa da lingua, na escrita... Alí estaban as mulleres galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir un inxusto baleiro. NEIRA CRUZ, Xosé A., Veleno de tinta impresa, Xerais, 2020, 112 pp. Elvira Morales, moza nada a finais do XIX, quere traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os varóns. Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio dos dereitos profesionais das mulleres: Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova... Un día coñece a Miguel Sawa, que acaba de chegar á Coruña para dirixir o xornal La Voz de Galicia, e decide dar un paso adiante. Novela homenaxe ás pioneiras que abriron camiño. PIÑEIRO, Antonio, Celada, Xerais, 2020, 104 pp. Novela ambientada na Compostela das revoltas universitarias dos anos setenta do século pasado. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado. Un grupo de estudantes asiste ao desenlace desde a mesa do seu bar, fronte á Porta da Mámoa. Alaín, o inspector que todos eles coñecen, xorde entre os furgóns magoado e iracundo. Algo sucedeu nas horas previas. Vellos asuntos e contas pendentes volven aflorar nesta atmosfera de revolta e incerteza, mentres o país se decanta por un novo tempo. Pouco imaxina o inspector o que vai atopar detrás da investigación que está a facer sobre un dos grupos insurxentes que operan na cidade... THEOTOKIS, Konstantinos, A honra e os cartos, Hugin e Munin, 2020, 102 pp. Nesta novela denúnciase a opresión das clases populares polas clases dirixentes e a pretensión de manter ou acadar un status socioeconómico elevado, a calquera prezo e á conta das mulleres. A acción enmárcase nunha vila da illa de Corfú e céntrase na relación amorosa que manteñen Andreas e Rini, que transgride os usos sociais –ao ser el fillo dunha ilustre estirpe vinda a menos, e ela a primoxénita dunha familia humilde– e que se ve pexada polo egoísmo e os intereses creados. VV. AA., Carvalho. Coraçom de terra, Através, 2020, 124 pp. Novela gráfica biográfica sobre a figura do autor das Letras deste ano, centrada en varios aspectos da sua vida: infancia en Ferrol, a mocidade activista na Universidade de Santiago, a guerra civil e a represión, Fingoi, Galaxia, catedrático na USC, a construción do galego e a estratexia reintegracionista. VEIGA TABOADA, Manuel, Galicia contada aos non galeguistas, Xerais, 2020, 120 pp. Por que os galegos somos conservadores? Por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas?... Este libro intenta contestar a estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas. ŽIŽEK, Slavoj, Pandemia! A covid-19 sacode o mundo, Galaxia, 2020, 100 pp. Esta obra aborda os efectos da crise desatada pola actual pandemia tanto nas mentes como no sistema socioeconómico, e reflexiona sobre a necesidade de repensar a sociedade contemporánea desafiando as verdades asumidas ata agora, que a epidemia derrubou en favor dunha plena solidariedade e unha resposta coordinada a nivel global, onde a saída da crise pasa por algunha forma do que, noutrora, se chamou comunismo.

3


P á x i n a

N ú m e r o

4

6 1 –

V E R ÁN

Cine para o verán O APÓSTOLO (Fernando Cortizo, España, 2012) Primera película europea stop-motion en 3D. Un presidiario foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado hai anos nunha aldea do Camiño de Santiago. Desde daquela, os paisanos desviaron o trazado do Camiño de Santiago para atraer peregrinos. El pretende saír da fonda na que está hospedado para procurar o tesouro, mais deberá evitar a veciños, vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño, almas en pena, meigas e o arcipreste de Santiago. Un filme de misterio, humor, animación e invención. AS AVENTURAS DO DOUTOR DOLITTLE (Stephen Gaghan, Estados Unidos, 2020, 102´) Comedia familiar baseada no clásico da literatura infantil creado por Hugh John Lofting (La historia del doctor Dolittle, Espasa, 1998, 173 pp.) O Dr. Dolittle, un afamado e excéntrico veterinario, vive xunto aos seus animais exóticos, que son a súa única compañía. Cando a raíña Vitoria cae gravemente enferma, este peculiar doutor terá que viaxar ata unha mítica illa en busca dunha cura. ONDE ESTÁS, BERNADETTE (Richard Linklater, Estados Unidos, 2019, 104´) Bernadette Fox é unha muller que vive en Seattle e que o ten todo: un marido que a adora e unha filla estupenda. Cando desaparece sen deixar rastro de forma inesperada, a súa familia embárcase nunha aventura emocionante para resolver o misterio de onde poden atopala. Adaptación do libro homónimo de Maria Semple (Random House, 2013, 352 pp). A DOUS METROS DE TI (Justin Baldoni, Estados Unidos; 2019, 116´) Nun hospital, dous adolescentes con enfermidades moi graves coñécense e comezan a namorarse. Stella Grant é a unha rapaza de 17 anos, que vive pegada ao seu portátil e adora aos seus amigos. Pero a diferenza da maioría de mozas da súa idade, pasa gran parte do seu tempo no hospital debido á fibrose quística que padece. A súa vida está chea de rutinas, límites e autocontrol, ata que un paciente irresistiblemente encantador chamado Will Newman pon a proba todo o seu mundo. Entre os dous mozos xorde un vínculo tan especial como perigoso, pois deben estar separados a unha distancia duns seis metros para evitar que poidan contaxiarse. Baseada no libro homónino de Rachael Lippincott (Nube de Tinta, 2019, 448 pp) EMMA (Autumn de Wilde, Reino Unido; 2020,124´) Nova adaptación da novela de Jane Austen (Emma, Random House, 2006, 512 pp.) publicada en 1815 sobre a vida da moza Emma: guapa, intelixente e rica, unha raíña sen rival no seu pequeno pobo… HERMANN (Jordi García, España, 2020, 3´) Curtametraxe realizada polo estudo de animación catalán 23lunes durante dous meses e na que traballaron sen ánimo de lucro dezaseis persoas. Nela cóntase a historia real de Hermann, un ancián alemán que padece alzheimer e está afincado en Vigo. Animado por Tamara, a súa coidadora, cada tarde o ancián saía a tocar a harmónica ao balcón minutos antes das 20 horas, durante o confinamento polo coronavirus. Froito da súa enfermidade, cando terminaba, cría que os aplausos e ovacións eran para el. O HOME INVISIBLE (Leigh Whannell, Estados Unidos, 2020, 124´) Nova versión da novela de H. G. Wells (O home invisible, Xerais, 1991) onde se nos presenta a Cecilia, unha muller atrapada nunha tóxica relación con Adrian Griffin, un rico e brillante científico. Tras a misteriosa morte del, a cordura de Cecilia comezará a desmoronarse, xa que está a ser atormentada por alguén que ninguén pode ver. ONWARD (Dan Scanlon, Estados Unidos; 2020, 102´) Filme ambientado nun mundo de fantasía suburbana, no que os irmáns elfos adolescentes, Ian e Barley Lightfood, embárcanse nunha aventura para descubrir se existe aínda algo de maxia no mundo que lles permita pasar un último día co seu pai, morto cando eles eran aínda moi pequenos.

2 0 2 0


P á x i n a

5

N ú m e r o

6 1 –

V E R Á N

2 0 2 0

PARÁSITOS (Bong Joon-ho, Corea do Sur, 2019, 132´) Ki Taek é o patriarca dunha familia pobre que malvive en Seúl, pagando as facturas a base de traballos precarios e roubando o wi-fi dos veciños. A súa situación cambia un día no que o seu fillo logra que lle recomenden para dar clases particulares de inglés na casa dos Park, unha familia con cartos. PINOCCHIO (Matteo Garrone, Italia; 2019, 125´) Baseada no libro de Carlo Collodi titulado As aventuras de Pinocho (1883, Pinocho en versión galega, Galaxia, 1994, 32 pp.) é a historia dunha marioneta de madeira que cobra vida. O seu desexo de converterse nun neno de verdade levaralle a unha perigosa aventura na que descubrirá o mundo a través dunha viaxe que o enfrontará á natureza, ao reino animal e ao mundo da imaxinación. O VERÁN QUE VIVIMOS (Carlos Sedes, España; 2020) Baseada en feitos reais. A finais do século XX a estudante de xornalismo Isabel realiza as súas prácticas fin de carreira no diario dun pequeno pobo costeiro galego. Quere demostrar todo o que aprendeu para converterse nunha auténtica xornalista. Mais o traballo que lle asignan é o último que ela esperaba: a redacción e xestión das necrolóxicas. Pero isto, que podería parecer en principio algo aburrido, convértese na porta a unha investigación que a levará por diferentes puntos da xeografía española en busca dunha historia de amor imposible.

… e un pouquiño de música AS CATEDRAIS SILENCIADAS (Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, 2020) Para Xabier Díaz este novo álbum representa "un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural galego e a conseguinte perda de identidade" pois nel abordase o problema da Galicia baleira e de todo o patrimonio material e inmaterial descoidado. O disco inspírase entre outras fontes no poeta Xesús Rábade ou na experta en patrimonio cultural Carme Toba Trillo e entrelaza os sons da tradición autóctona galega con elementos doutras latitudes. Ademais de No salón das Cereixas, o LP está conformado por dez cancións baseadas nas recollidas de información que se efectuaron en diferentes lugares: Primeiro (Gargamala, Mondariz), Tentenublo (Xirazga, Beariz), As Catedrais Silenciadas (Monzo, Trazo), Amiga Siempre (Sanabria), Botei un ai! (San Salvador de Padreiro, Santa Comba), Unha, dúas, tres e catro (O Pereiro, A Mezquita), Agarrado de Vilar de Cabeiras (Cabeiras, Arbo), Muiñeiras ao puño (Soandres, A Laracha / Razo da Costa, Carballo) e Illas de Sal (Corcubión). As Catedrais Silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiráns. ILLAS (Bea Martínez, Rodrigo Romaní, 2020) Gravado durante o pasado abril Illas é, en palabras dos seus creadores, un traballo elaborado dende a óptica que o período de confinamento polo COVID19 permitía. Unha reflexión instrumental baseada nos sons combinados de dúas arpas célticas, a expresión de dúas illas unidas na distancia pola música e a inspiración nunha linguaxe común, entendendo a melodía como un exercicio de enriquecemento contrapuntístico e harmónico sinxelo na súa sensación sonora e complexo na súa excepción.

LIBERAR AS ARTERIAS (Sés, 2020) Un verso da poeta compostelá Luz Fandiño “Quero sangrar as miñas feridas para liberar as arterias” da título a este sétimo traballo discográfico da cantautora María Xosé Silvar, con música e letras da súa propia autoría. As cancións deste disco percorren América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira e botando man de guitarras, baterías e pandeiretas. Composicións cunha clara mensaxe de loita feminista, inconformismo, chamada á mobilización, a romper cadeas e a procurarse unha mesma.


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.