Número 5
4º Trimestre 2007
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
A Biblioteca é unha festa! O cuarto luns de outubro, o 22, é a data. Ese día celebramos o Día Internacional da Biblioteca Escolar coa finalidade de facer visibles as bibliotecas nos centros de ensino. Neste ano o lema elixido pola IASL (Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares), LEARNING: POWERED BY YOUR SCHOOL LIBRARY
(APRENDENDO MÁIS E MELLOR DENDE A TÚA BIBLIOTECA ESCOLAR) , incide na importancia das bibliotecas escolares para a mellora dos procesos de ensinoaprendizaxe. Galiza tamén conmemora o mércores 24 de outubro o seu Día das Bibliotecas para potenciar a presenza dos libros e das bibliotecas na sociedade galega. É tempo, pois, de sensibilizármonos respecto da importancia dunha activa presenza da biblioteca como recurso para fomentar a lectura, a busca de información e, por conseguinte, a mellora da calidade do ensino. Festexemos estas celebracións porque calquera motivo resulta estupendo para ler!