Número 46
1º TRIMESTRE 2017
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
GUERRA e PAZ de CINE BO NADAL (Joyeux Noël, Christian Carion, 2005) Na véspera do Nadal de 1914, no transcurso da Primeira Guerra Mundial, numerosas seccións da Fronte Occidental, decretaron un cesamento de hostilidades informal e sen autorización, para poder gozar a Noiteboa en paz. Por unha noite soldados de diversas nacionalidades coñecéronse e compartiron en paz. A película expón unha importante reflexión en torno aos prexuízos que se teñen do inimigo e ao fácil que é convivir co mesmo unha vez superados os citados prexuízos. UN BERRO DENDE O SAHARA (Unai Aranzadi, 2008) Un documental que explica a loita do pobo saharauí pola súa liberdade. Atrapado entre a violenta ocupación marroquí e a indiferenza da comunidade internacional, o pobo saharauí loita pacificamente por recuperar o seu territorio e a súa soberanía. Unha ONG investiga e denuncia as dramáticas consecuencias que este esquecido conflito ten para a poboación civil ao tempo que reflicte a decisiva contribución da muller saharauí para a liberdade. OS CABALEIROS BRANCOS (Les chevaliers blancs, Joachim Lafosse, 2015) Jacques Arnault, presidente dunha ONG planena sacar do Chad a 300 orfos, vítimas da guerra civil, e entregalos a parellas francesas que tramitaron solicitudes de adopción. A xornalista Françoise Dubois acompáñaos para cubrir a información. Inmersos na brutal realidade dun país en guerra, os membros da ONG empezan a desmoralizarse e a preguntarse cales son os límites dunha intervención humanitaria. EN DEFENSA PROPIA (The Keeping Room, Daniel Barber, 2014) A piques de rematar a Guerra Civil Americana, dúas irmáns adolescentes e a súa escrava quedan soas para coidar a granxa familiar. Con todos os homes ausentes da casa por mor da guerra e agora, presuntamente desaparecidos ou mortos, as tres mulleres temen un futuro en soidade. Pero o que non saben é que o perigo está máis preto do que pensan. Cando unha delas enferma, Augusta (unha das irmáns)vai ao pobo próximo a buscar medicamentos e alí é atacada por dous exploradores ianquis que acaban perseguíndoa ata a propia granxa. As tres mulleres teñen que unirse e pechar a granxa para evitar aos seus agresores e salvar así as súas vidas.