Número 31
8 MARZO 2013
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Mulleres de película O cine aborda, dende múltiples perspectivas e cos máis variados enfoques, o universo feminino. Ofertamos de seguido una serie de suxestións fílmicas para celebrar, da man da sétima arte, o Día da Muller. ÁGORA (Alejandro Amenábar, 2009).- No século IV Alejandría converteuse no último baluarte da cultura fronte a un mundo en crise, dominado pola confusión e a violencia. No ano 391 grupos de fanáticos atacaron a lendaria biblioteca de Alejandría. Atrapada tralos seus muros, a brillante astrónoma Hypatia (Rachel Weisz), filósofa e atea, loita por salvar a sabedoría do mundo antigo, sen percibir que o seu mozo escravo Davo se debate entre o amor que lle profesa en segredo e a liberdade que podería alcanzar uníndose ao imparable ascenso do cristianismo. LE FABULEUX DESTIN D'AMÉLIE POULAIN (Amelie, JeanPierre Jeunet, 2001).- Amelie non é unha moza como as demais. Viu ao seu peixe de cores deslizarse cara aos sumidoiros municipais, á súa nai morrer na praza de Nôtre-Dáme e ao seu pai dedicar todo o seu afecto a un gnomo de xardín. De súpeto, aos vinte e dous anos, descobre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos outros. A partir de entón, inventa toda clase de estratexias para intervir nos asuntos dos demais: a súa porteira, que se pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette, unha estanquera hipocondríaca, ou "o home de cristal", un veciño que só ve o mundo a través da reprodución dun cadro de Renoir. ANNA KARENINA (Joe Wright, 2012).- A historia ten lugar no século XIX e explora as relacións entre os membros da alta sociedade rusa. Ana Karenina, unha muller da alta sociedade que se namora do novo e aposto oficial Vronski, abandona ao seu esposo e ao seu fillo para seguir ao seu amante. Nova adaptación da novela homónima de Tostói. BLANCANIEVES (Pablo Berger, 2012).- Versión libre, de carácter gótico, do popular conto dos irmáns Grimm, ambientada na España dos anos 20. Blancanieves é Carmen, unha bela moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrastra Encarna. Fuxindo do seu pasado, Carmen emprenderá unha apaixonante aventura acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de ananos toureiros.