Número 28
Verán 2012
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Vacacións de libro e de cine Remata o curso escolar, chega o merecido descanso do verán, un tempo para deixar atrás as lecturas obrigadas e poder ler aquilo que temos en lista de espera, que nos agrada. E porque a lectura podemos facela en múltiples soportes e rexistros, este ano, amais das tradicionais propostas bibliográficas, ofertamos tamén algunhas suxestións fílmicas. Con unhas e outras ou sen elas a bibloteca deséxavos unhas inesquecibles vacacións, un verán de cine e de libro. CIENCIA.BOSCH, Gerald, Expedición Microscopio. Tras la pista de las cosas diminutas, Siruela, Madrid, 2008, 180 pp. O autor deste libro invítanos a viaxar polo microcosmos que nos rodea, e para iso vainos explicando como funciona un microscopio, como observar ás plantas e aos animais para sacar á luz os seus segredos mellor gardados, ou como clasifica a ciencia os achados que vai descubrindo.
CLOSA I AUTET, Daniel, 100 mitos de la ciencia, Editorial Lectio, Valls(Tarragona), 2012, 230 pp. Moitas veces damos por verdadeiros ditos, frases ou pensamentos que en realidade son crenzas falsas. A gravidade do espazo, os cornos nos cascos dos viquingos ou que os gatos caen sempre de pé son algúns deles. Esta obra, dividida en dez apartados temáticos, aínda que de carácter científico, está escrita cunha linguaxe próxima ao lector non especialista e presenta moitas curiosidades que facilitan a súa lectura.
CIENCIA-FICCIÓN.SANTIAGO, Eduardo, 2044, Galaxia, Vigo, 2011, 308 pp. Unha historia de ciencia-ficción. Unha intrigante narración que nos introduce nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… E ti?
CINE.NAVAZA, Xavier, El último amante de Marilyn, Alvarellos, Lugo, 2012, 264 pp. Mestura de crónica xornalística e novela que conta os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños. Unha trama de historias entrelazadas na que aparecen Luis Buñuel, Richard Nixon, Al Capone, Jean Leon, o Che Guevara, Fidel Castro... e tamén anónimos emigrantes e exiliados galegos e españois.
DEPORTE.EIRÉ, Afonso, O penalti de Fuco, Baía Edicións, A Coruña, 2012, 192 pp. Novela e ensaio sobre o mundo do fútbol, un fenómeno que traspasa a barreira do deporte para constituírse nunha manifestación cultural que abarca os campos da literatura, da filosofía, das artes plásticas etc. Un traballo de investigación xornalística, no que se incide na transformación dun deporte nunha mercadotecnia posta ao servizo de intereses económicos.