Issuu on Google+

Número 27

8 MARZO 2012

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

As mulleres e o cine Aproveitamos este 8 de marzo para ollar o universo feminino desde o cine. Velaí as nosas propostas fílmicas agrupadas en catro epígrafes. 1.

A muller e o mundo laboral

NORMA RAE (Martin Ritt, 1979). Baseada en feitos reais, narra o proceso de concienciación política dunha muller e o seu compromiso coa loita sindical. Norma Rae, unha obreira dunha fábrica téxtil do sur de Estados Unidos, pasa por momentos difíciles depois da morte do seu marido. Cando chega á cidade un líder sindical que se propón formar un sindicato na fábrica, a vida de Norma cambia por completo: participa na loita laboral e casa cun compañeiro de traballo. Convertida en líder sindicalista, terá que enfrontarse a enormes dificultades para implantar un sindicato na súa fábrica. SILKWOOD (Mike Nichols, 1983). Alegato antinuclear. Karen Silkwood, obreira e sindicalista dunha central nuclear de Oklahoma, recolle probas e indicios que demostran a ineficacia das medidas de seguridade da empresa; pero, ao ir entregalas, morre vítima dun estraño accidente. Baseada en feitos reais. A COR PÚRPURA (The color purple, Steven Spielberg,1985). A historia de Celie sitúase a comezos do século XX. Ela é unha rapaza abandonada á súa sorte por un pai que abusaba dela; emparellada á forza cun tirano, ten que atopar por si mesma, sen apenas axuda, o difícil camiño que conduce aos seres humanos a conseguir o seu lugar baixo o sol. Unha morea de emocións inesquecibles. ERIN BROCKOVICH (Steven Soderbergh, 2000). Erin Brockovich é unha nai solteira que consegue un posto de traballo nun pequeno despacho de avogados. A súa personalidade pouco convencional fará que os seus comezos non sexan demasiado alentadores, pero todo cambiará cando decida investigar o estraño caso duns clientes que padecen unha sospeitosa enfermidade. EN TERRA DE HOMES (North Country, Niki Caro, 2005). Josey Aimes, unha nai solteira, regresa ao seu pobo natal no norte de Minnesota e, para saír adiante, busca traballo nas minas de ferro. Non imaxina a clase de humillacións a que se ven sometidas as mulleres no traballo. PAGO XUSTO (Made in Dagenham, Nigel Cole, 2010). En 1968, case 200 traballadoras da planta Ford Dagenham organizaron unha folga para reivindicar a igualdade de salarios con respecto aos homes. O resultado da protesta foi a aprobación da Equal Pay Act. Baseada en feitos reais.


P á x i n a

2.

2

N ú m e r o

2 7 –

8

m ar z o

2 0 1 2

A muller e a loita política

A MIÑA FILLA HILDEGART (Fernando Fernán-Gómez, 1977). No Madrid de 1933, Aurora Rodríguez ponse en mans da lei tras acabar coa vida da súa filla Hildegart. No cárcere, rememora as circunstancias que a moveron a cometer tan desnaturalizado crime. Na súa primeira infancia, Aurora Rodríguez, testemuña de certos enfrontamentos matrimoniais e da supeditación na que se atopaban as mulleres ante os homes, concibiu a idea de ter unha filla que, educada desde un principio para iso, puidese consagrarse á liberación da muller. Buscou a un home san, intelixente e que renunciase á paternidade da nena. A nena, Hildegart, foi tal e como a súa nai a imaxinou: sendo case unha nena ingresou no Partido Socialista, aos 16 anos concluía a carreira de dereito, empezaba medicina, e xa escribía artigos e libros. Aos 18 era unha figura popular nos medios intelectuais e revolucionarios. E a esa idade, unha madrugada, a súa nai matouna… LIBERTARIAS (Vicente Aranda, 1996). A Guerra Civil Española vista por un grupo de milicianas anarquistas. Cando o 18 de xullo de 1936 o exército español se sublevou contra o Goberno da República, un grupo de mulleres reivindicou o seu dereito a loitar na fronte. En nome da liberdade, as mulleres libran a súa propia batalla para equipararse aos homes na loita armada. ANXOS DE FERRO (Iron Jawed Angels, Katja von Garnier, 2004). Telefilm sobre a loita que, a principios do século XX, un grupo de valentes mulleres levaron a cabo en favor do sufraxio universal en Norteamérica. MARÍA QUERIDA (José Luis García Sánchez, 2004). En 1984 María Zambrano regresa a España. O réxime franquista provocou que estivese ausente do noso país durante 45 anos. María tivo o seu gran recoñecemento coa entrega do Premio Cervantes, a primeira vez que se outorgaba a unha muller. No 2004 cumpríronse cen anos do nacemento en Vélez-Málaga desta gran muller e pensadora andaluza. AS TRECE ROSAS (Emilio Martínez-Lázaro, 2007). Narra a historia dunhas mozas condenadas por un delito que non cometeran. Detidas ao mes de acabar a contenda, sufriron duros interrogatorios e foron a parar ao cárcere madrileño de Ventas. As reclusas bautizáronas como 'as menores', pensaban que só pasarían uns anos no cárcere e acabaron sendo acusadas dun delito de "adhesión á rebelión", por reorganizar a JSU e por intentar un atentado contra Franco. Un Tribunal Militar condenounas á morte e foron fusiladas na madrugada do 5 de agosto de 1939. CLARA CAMPOAMOR. A MULLER ESQUECIDA (Laura Mañá, TV, 2011). No ano 1931, en España proclámase a Segunda República. Neste contexto, as mulleres son elixibles pero non poden votar. Clara Campoamor e Vitoria Kent son as primeiras mulleres deputadas que pisan as cortes e loitan moi firmemente polos dereitos da muller. Clara Campoamor sabe que é precisa unha primeira e gran conquista: o voto feminino. A partir dese momento, a súa loita non é nada fácil. Moi pronto atopa o seu primeiro obstáculo: os seus propios compañeiros de partido, republicanos, de esquerdas, temen que as mulleres voten influenciadas pola igrexa á dereita e danlle as costas. Ese argumento xeneralízase e fai que Clara Campoamor vaia quedando soa no parlamento na súa defensa do sufraxio universal. Logo dunha loita constante e de múltiples traizóns, o 1 de decembro de 1931, Campoamor consegue o seu obxectivo: o voto para a muller.

3.

A muller oprimida e silenciada A MULLER DE XOÁN (La femme de Jean, Yannick Bellon, 1974). Jean ten unha muller da mesma forma que alguén podería ter un can e unha casa. Neste drama francés, a muller de Jean está desgustada ao saber que o seu marido quere o divorcio, e iso será unha loita tremenda para ela que terá que aprender a vivir por si mesma, procurar un traballo, e coidar do seu ousado fillo adolescente. Unha cousa curiosa sucede, cando ela descobre que non é un simple apéndice do seu marido, e este, Jean, lle pide que volva con el, e ela rexeita esta posibilidade.


N ú m e r o

2 7 –

8

m ar z o

2 0 1 2

P á x i n a

3

VIOLARON A UNHA MULLER (TAC-TAC) (Luis Alcoriza, 1982). A filla dun cirurxián deixa a un doutor da ONU por un novo xinete de fama. O mozo non acepta que ela non se lle entregue e tras violala déixaa malferida. Pero a vinganza será, se cabe, máis salvaxe e crúa aínda. ACUSADOS (The Accused, Jonathan Kaplan, 1988). Sarah Tobias é unha moza solitaria. Cada vez que fracasa no seu intento de estabilizar a súa vida cun home, volve ás súas cervexas e á súa vida vagabunda. Uns mozos, aos que coñeceu nun garito xogando ao billar, asáltana e viólana repetidamente. Desesperada, ultraxada, acode a pedir xustiza, mais ninguén cre no seu relato; pensan que foi ela quen provocou a violación. THELMA & LOUISE (Ridley Scout, 1991). Thelma Dickinson, unha ama de casa de vida baleira e anodina, está casada cun cretino detestable que a trata como a unha nena. Pola súa banda, Louise Sawyer traballa como camareira nunha cafetería e soña con que o seu noivo Jimmy, que é músico, case con ela. Un fin de semana deciden facer unha viaxe xuntas no coche de Louise para afastarse da mortal rutina das súas vidas e de todas as súas frustracións. Con todo, a súa escapada, que prometía ser divertida e, sobre todo, liberadora, acaba sendo unha experiencia chea de episodios dramáticos. DOUCHE OS MEUS OLLOS (Icíar Bollaín, 2003). Unha noite de inverno, Pilar sae fuxindo da súa casa. Leva consigo apenas catro cousas e ao seu fillo Xoán. Escapa de Antonio, un marido que a maltrata e co que leva 9 anos casada. Antonio non tarda en ir buscala. “Pilar é o seu sol” -di- e ademais, “deulle os seus ollos”. A VIDA SECRETA DAS PALABRAS (Isabel Coixet, 2005). Nunha plataforma petrolífera, illada no medio do mar, onde só traballan homes, ocorreu un accidente. Unha muller solitaria e enigmática que intenta fuxir do seu pasado vai ata alí para coidar dun home que se quedou temporalmente cego. Entre ambos nace unha estraña intimidade, chea de segredos, verdades, mentiras, humor e dor. Ningún sairá indemne desta relación que marcará as súas vidas para sempre. Unha película sobre o poder do amor ata nas máis terribles circunstancias. BAIXO JUÁREZ, A CIDADE DEVORANDO ÁS SÚAS FILLAS (Alejandra Sánchez, 2006). Tras unha investigación de sete anos acerca dos asasinatos de mulleres en Cidade Juárez, os realizadores Alejandra Sánchez e José Antonio Cordero fixeron este documental. Sen unha voz en off que poida influír na opinión do público, Baixo Juárez, a cidade devorando ás súas fillas, aborda diversas historias (a dunha xornalista, unha nai que perde á súa filla e a dunha traballadora do téxtil recentemente chegada de Veracruz), ao final, unidas a un mesmo problema. BUDA REBENTOU POR VERGOÑA (Buddha Collapsed out of Shame, Hana Makhmalbaf, 2007). Baixo a estatua do Buda que destruíron os talibáns, aínda viven miles de familias. Baktay, unha nena afgá de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte á súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflectindo a sociedade violenta que os envolve. Os nenos pretenden lapidar a Baktay ou destruíla como o Buda, ou dispararlle como fixeron os americanos no labirinto das covas. Será capaz Baktay de superar estes obstáculos para poder aprender os alfabetos na súa lingua materna? 4 MESES, 3 SEMANAS E 2 DÍAS (Cristian Mungiu, 2007). Romanía, durante os últimos días do comunismo. Otilia e Gabita son estudantes e comparten habitación nunha residencia en Bucarest. Gabita está embarazada. As mozas acordan un encontro cun tal Mr. Bebe nun hotel barato, para que lle practique un aborto... A VERDADE DE SORAYA M. (The stoning of Soraya M.) (Cyrus Nowrateh, 2008). Adaptación do best seller de Freidoune Sahebja, que mostra as consecuencias do fundamentalismo relixioso na vida real. En 1986, o imán Jomeini está a piques de asumir o poder en Irán. Mentres tanto, o xornalista francés Freidoune Sahebjam, debido a unha avaría do seu automóbil, chega a unha aldea, onde a moza Zahra revélalle algo que os seus veciños tratan de ocultar ao mundo: a verdadeira historia dunha muller chamada Soraya M.


P á x i n a

4.

4

N ú m e r o

2 7 –

8

m ar z o

2 0 1 2

O mundo da muller e a súa visión da realidade

CLEO DE 5 A 7 (Agnès Varda, 1961). Cleo, unha rapaza cantante, espera impaciente os resultados dun exame médico. Cando unha meiga lle revela que ten cancro e que pode morrer, a súa inquietude aumenta. Tratando de ocupar o seu tempo á espera dos resultados, Cleo coñece a un novo soldado, a piques de partir para facer o servizo militar en Alxeria, ao que confía o seu temor á morte. UNHA LOIRA MOI DUBIDOSA (Switch, Blake Edwards, 1991). En vida, fora un home vaidoso e mullereiro que se gañou o desprezo das mulleres ás que enganou e abandonou. Tras morrer asasinado, é devolto á terra, convertido nunha bela muller que ten que cumprir unha difícil misión: debe atopar a unha soa muller que se namore del. AS PONTES DE MADISON (The Bridges of Madison County, Clint Eastwood, 1995). A vida monótona e rutineira dunha tranquila ama de casa, que vive nunha granxa coa súa familia, vese alterada coa chegada dun fotógrafo de National Geographic. Un verdadeiro amor e unha paixón descoñecida nacerán entre eles. SOLAS (Benito Zambrano, 1999). María malvive nun escuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como moza da limpeza e, case con corenta anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. A súa soidade é tan grande que só atopa consolo na bebida. A súa nai, que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela cerca. Con motivo do ingreso do seu marido nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viúvo que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres náufragos alivia as súas soidades e deixa unha porta aberta á esperanza. AS HORAS (The Hours, Stephen Daldry, 2002). Historia de tres mulleres que tratan de atopar un sentido á vida. Cada unha delas vive nunha época diferente, pero as tres están unidas por idénticos anhelos e medos. Virginia Woolf, nun elegante barrio de Londres, a principios dos anos vinte, loita contra a súa tolemia mentres empeza a escribir a súa primeira gran novela, Mrs. Dalloway. A finais da Segunda Guerra Mundial, Laura Brown, unha esposa e nai de Los Ángeles, le Mrs. Dalloway e atópaa tan reveladora que empeza a considerar a posibilidade de realizar un cambio radical na súa vida. Clarissa Vaughan, unha versión actual de Mrs. Dalloway, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard, un brillante poeta enfermo da SIDA... A MIÑA VIDA SEN MIN (My Life Without Me, Isabel Coixet, 2003). Ann ten 23 anos, dúas fillas, un marido que pasa máis tempo en paro que traballando, unha nai que odia ao mundo, un pai que leva 10 anos no cárcere, un traballo como limpadora nocturna nunha universidade á que nunca poderá asistir durante o día... Vive nunha caravana no xardín da súa nai, nos arredores de Vancouver. Esta existencia gris cambia completamente tras un recoñecemento médico. Desde ese día, paradoxalmente, Ann descobre o pracer de vivir, guiada por un impulso vital: completar unha lista de "cousas que facer antes de morrer". A SONRISA DE MONA LISA (Mona Lisa Smile, Mike Newell, 2003). Katherine Watson viaxa desde California ao campus da prestixiosa universidade de Wellesley, no outono de 1953, para ensinar historia da arte. Na era da posguerra, a nova profesora espera que as súas estudantes, as mellores e as máis brillantes do país, aproveiten as oportunidades que se lles presentan. Con todo, pouco despois da súa chegada, Katherine descobre que o ambiente da prestixiosa institución está estancado na conformidade. PRINCESAS (Fernando León de Aranoa, 2005). Esta é a historia de dúas mulleres, de dúas prostitutas, de dúas princesas. Unha delas chámase Caye, ten case trinta anos e un atractivo discutible. Zulema é unha princesa desterrada, doce e escura, que vive a diario o exilio forzoso da desesperación. Cando se coñecen están en lugares diferentes, case enfrontados: son moitas as mozas aquí que ven con receo a chegada de inmigrantes á prostitución. Caye e Zulema non tardan en comprender que, aínda que a certa distancia, as dúas camiñan pola mesma corda frouxa. Da súa complicidade nace esta historia. NAIS E FILLAS (Madres & Hijas, Rodrigo García, 2009). As protagonistas son unha muller madura , a filla que deu en adopción 35 anos antes e Lucy, unha muller negra que quere adoptar un neno. As súas relacións amorosas cos homes, cos seus fillos, coas súas nais constitúen a trama desta historia. A instancias da súa nai, Karen abandonou á nena que tivo con 14 anos. 36 anos despois, mentres segue lamentando a súa perda, atopa a un home que está disposto a darlle unha familia e achegar un pouco de alegría á súa vida. Elizabeth, a súa filla, é xa unha muller adulta que ten que resolver os seus propios problemas. Lucy, pola súa banda, aprende a coidar á filla que sempre quixo ter.


Biblioxornal 27