Número 26
1º TRIMESTRE 2012
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Guerra, Paz e Cine A procura da paz, o rexeitamento da guerra e as súas consecuencias, a loita contra a carreira armamentista, a resolución pacífica de conflitos entre outros aspectos tivo o seu reflexo no mundo do cine dende os seus comezos ata a actualidade. A continuación imos recomendar unha serie de películas que tratan esta temática e que van agrupadas baixo tres epígrafes. I. A guerra e as súas consecuencias GALLIPOLI (1981) Peter Weir. Narra a participación de dous amigos australianos na I Guerra Mundial. En 1915 deciden alistarse e tócalles loitar contra os turcos en Gallipoli. ARMAS AO OMBRO (Shoulder Arms) (1918) Charles Chaplin [46 minutos.] Cine mudo en branco e negro. O soldado número 13, Charlot, do exército norteamericano defende a fronte cos seus compañeiros. UN VERMELLO, DIVISIÓN DE CHOQUE (The Big Red One, 1980). Samuel Fuller.Ás ordes do seu sarxento, catro soldados de infantería recorren os campos de batalla de media Europa na II Guerra Mundial. JOHNNY COLLEU O SEU FUSIL (Dalton Trumbo's Johnny Got His Gun, 1971) Dalton Trumbo. Un mozo combatente da Primeira Guerra Mundial desperta totalmente confuso nun hospital, confinado de por vida, cego, xordomudo e coas pernas e os brazos amputados a causa dunha explosión sucedida durante un bombardeo. Ao principio non é consciente do que lle sucedeu e en que condiciones está, pero pouco a pouco comeza a decatarse... A DELGADA LIÑA VERMELLA (The Thin Red Line 1998) Terrence Malick. II Guerra Mundial, Illa de Guadalcanal, 1942. Un grupo de homes da compañía de fusileiros do exército "C de Charlie" combate contra o exército xaponés pola conquista dun estratéxico outeiro. Este grupo forma parte das tropas enviadas para relevar ás unidades de infantería de mariña esgotadas polo combate. A VIDA É FERMOSA (La vita è bella, 1997). Roberto Benigni. Uns anos antes de que comece a Segunda Guerra Mundial, un mozo chamado Guido chega a unha cidade da Toscana (Arezzo) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, a pesar de que é a prometida do fascista Ferruccio, casa con ela e ten un fillo. Ao estoupar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará o imposible para facer crer ao seu fillo que a terrible situación que están padecendo é tan só un xogo.