Número 24
Verán 2011
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Tras nove meses traballando cos libros por obrigación Tres trimestres de lecturas forzadas nas aulas e nos fogares, nas materias troncais e nas optativas, nas disciplinas de letras e de ciencias, sempre coa espada de Damocles de ser cualificado, de render contas nos exames ... mais agora adeus libros aburridos, adeus lecturas impostas e causantes de indignación; é tempo de descansar porque
chegan as vacacións un par de meses para gozar da natureza, para xogar, para durmir, para viaxar, para facer novas amizades e novas lecturas tamén porque as vacacións son
un tempo para os libros por devoción para esas lecturas pendentes e desexadas, solitarias ou compartidas. É posible que xa as teñas escollidas, se non é así queremos compartir contigo estas suxestións. Oxalá algunhas concorden cos teus gustos, hainas pensadas para os devoradores de libros e para os pouco lectores, para os amigos dos clásicos e para os entusiastas das novidades, para os seguidores dos temas actuais e para os que prefiren habitar os mundos da fantasía... Para lectores e non lectores, para tod@s Bo verán! ABADÍA, Leopoldo, La hora de los sensatos, Espasa Calpe, Madrid, 2010, 208 pp. Neste novo e esperado libro, Leopoldo Abadía dános as claves para que, unha vez entendida a crise, poidamos saír airosos dela. De forma sinxela e amena, como nos ten afeitos Abadía, aconséllanos como afrontar estes tempos difíciles, para soportalos o mellor posible. Desvélanos solucións económicas que podemos aplicar ao día a día.
ALONSO PÉREZ, Xulio, De vivos e de mortos, Ir Indo, Vigo, 2008, 184 pp. Historias breves e concisas, moitas baseadas na observación de feitos reais; trasnadas que, unhas veces, resultan desatinadas e alegres e, noutras ocasións, están cheas de tristura e saudade. Maxia e fantasía misturadas coa realidade cotiá e con esa imprecisión e dobre sentido dos galegos.
AYLLÓN, José Ramón, Palabras en la arena, Palabra, Madrid, 2007, 252 pp. Vigo. Borja Aguirre é un adolescente de 17 anos, ten bos amigos e unha «máis que amiga» . Gústalle o deporte e a lectura, quere ser xornalista e comeza a escribir un diario no que relata as súas vivencias a Ana Frank. A súa relación con rapazas, como Marta ou Pomba, ás que coñece nas súas vacacións en Baiona, ou as súas reflexións sobre o sexo e o amor son contadas por un rapaz apaixonado. Ten moitas dúbidas mais, ao comezar o novo curso, chega ao Instituto unha rapaza que conseguirá poñer un pouco de orde na cabeza e no corazón de Borja.
BEROY, J. Mª, GUIRAL CONTI, Antoni, POLLS, J. Mª, Detectives audaces. El misterio de la casa tramposa, Faktoría K de Libros, Vigo, 2006, 60 pp. Se gustas do cómic esta pode ser unha das túas lecturas. Yuki crea ao robot Bio. Con el e outros acompañantes a moza Yuki vive unha apaixoante aventura; que segredo esconde a Casa Encantada?, saltando do tempo real ao ficticio descobren que nada é o que parece e que a vinganza pode estar en mans de quen menos se pensa.