Número 22
4º Trimestre 2010
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
2010: Ano do Libro e da Lectura en Galicia Leamos como galegos! No outono deste 2010, cando xa o curso escolar está encarrilado, as bibliotecas escolares galegas estamos de festa por partida dobre. Aproveitemos como galegos este último trimestre do ano dedicado aos libros e á lectura. E celebremos como usuarios da biblioteca escolar este outubro, mes internacional das bibliotecas escolares. Leamos como galegos e que nos aproveiten as lecturas!. Lecturas obrigatorias e voluntarias, lecturas do currículo e pracenteiras, lecturas para mellorar as cualificacións e lecturas para pasar o tempo. Tempo de lectura, tempo ganado para mellorar as nosas capacidades, para cultivarnos, para ser máis libres; tempo de lectura, nunca tempo morto, perdido, inútil.
Bibliotecas escolares para todos: O desafío de atender á diversidade Este é o lema proposto para este mes. Lema que reflicte moi ben o desafío das bibliotecas escolares. Hai variedade de lectores, multiplicidade de informacións, diversidade de soportes... mais un compromiso irrenunciable: capacitar ao alumnado para que sexa quen de aprender por si mesmo; non só de literatura vive o home mais si vive da toda formación queda lectura, se prescindimos dela depreciada. Nas nosas sociedades multiculturais as bibliotecas escolares teñen a obriga de dar eficaz resposta aos novos retos do século XXI. Hai diversidade de usuarios, de niveis, de gustos mais unha biblioteca que ten que ser, dentro das súas posibilidades, o centro de referencia para todo e tod@s: para os brancos e os amarelos, para os opulentos e os pobres, para os soportes tradicionais e os recursos multimedia, para as humanidades e as materias científico-tecnolóxicas. Unha biblioteca que poida estar ao noso dispor en todo tempo e lugar, sen ir máis lonxe, unha biblioteca como a nosa a que podes acceder (ao igual que a outras moitas bibliotecas e recursos virtuais) dende calquera ordenador con conexión a Internet, dun xeito doado: 1. Entra en http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio/ 2. Sitúate en Biblioteca > O noso espazo > Consulta do catálogo. Que podes facer?: a. Consultar o catálogo da nosa biblioteca ou doutras (buscas por autor, título, materia...) b. Acceder, de balde, a múltiples recursos virtuais (enciclopedias, dicionarios,