Skip to main content

Biblioxornal 21

Page 1

Número 21

Verán 2010

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Despois dunha primavera de libros ... No Ano do Libro e da Lectura rematamos unha primavera na que os libros foron os protagonistas. Entre marzo e maio celebramos distintas efemérides relacionadas coa poesía, o teatro, a literatura xuvenil, as letras clásicas, as

← Os libros na praza

↑Día da Literatura Xuvenil

letras galegas... O pasado 23 de abril a unión das bibliotecas escolares e municipal tudense fixo historia coa iniciativa

Agoralibros, os libros na praza de San Fernando ... mais tralo traballo

cómpren unhas vacacións de libro unhas boas vacacións que nos desconecten das angustias das últimas clases e dos exames finais porque chegou o verán, un verán de libro e con libros porque o tempo de descanso é compatible coas lecturas, esas lecturas desexadas, na praia ou no monte, en soidade ou na compaña dos teus. Se cadra xa as tes escollidas, de non ser así aí van unhas suxestións feitas por outros lectores. Oxalá concorden algunhas cos teus gustos, hainas pensadas para os grandes lectores e para os que prefiren as ilustracións, para os amantes dos clásicos e para os enganchados ás novidades, para os preocupados pola crise e para os que buscan os mundos da fantasía... Bo estío lector para tod@s! (tamén para os non lectores).

ABADÍA, Leopoldo, La crisis ninja y otros misterios de la economía actual, Espasa Calpe, 2008 Se queres coñecer dun xeito sinxelo como comezou a crise actual, este libro será unha lectura moi instrutiva neste verán. A xénese desta publicación foi un informe sobre a crise ninja (persoas sen ingresos, traballo, nin posesións que conseguiron un préstamo). Abadía fala claro explicando ao gran público con verbas fáciles como xurdiu a actual crise. BOWLEY, Tim, Semillas al viento, Editorial Raíces, 2001 Tim Bowley é un narrador oral que leva máis de 20 años contando historias, neste libro recolle algúns deses contos tradicionais procedentes de distintas culturas - Jack y la muerte, El unicornio (Inglaterra); El oso de la media luna (Xapón); Oisin y la tierra de la eterna juventud (Irlanda); Iván Berenekov (Rusia)... - que describen un mundo tan marabilloso como descoñecido.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Biblioxornal 21 by José María Lores Pérez - Issuu