Skip to main content

Biblioxornal 1

Page 1

Número 1

I.E.S. “San Paio” — Tui

B O L E T Í N

D O

E Q U I P O

D A

1º Trimestre 2007

B I B L I O T E C A

Ano novo, novos libros Iniciamos o ano agasallándovos con este novo número do Biblioxornal. Que un anceio de coñecemento encha as nosas mentes e que un río de libros inunde as nosas vidas neste 2007, que a biblioteca non sexa o escusado do noso instituto senón que se converta nun espazo vivo e dinámico, esta é a principal liña de actuación que o grupo de traballo de biblioteca tenta levar adiante neste curso, sempre contando coa vosa imprescindible colaboración e presenza; sen vós, usuarias e usuarios, a biblioteca é un ser orfo, por iso queremos agradecer a cantos, no pasado trimestre, nos visitáchedes: aos que nos coñecéchedes por primeira vez e aos que xa sodes habituais, aos que leváchedes libros en préstamo ou aos que preferides consultalos aquí Para que mesmo, aos que nos acompañáchedes nos recreos e despois aos que baixáchedes coas vosas profesoras/ digan que non suamos profesores para facer da biblioteca unha aula máis…, na Biblioteca! a todas e a todos grazas, felices libros e próspera biblioteca neste 2007. E non esquezades que xa están, ao voso dispor, moitos dos libros suxeridos por vós para ampliar os fondos da biblioteca. Porque non só imos vivir de lecturas obrigatorias, porque tamén Ximnasia na Biblioteca. Levantamento de libros (debuxo de Siro) podemos ler o que nos pete, o que nos guste, aquilo que nos dea pracer, porque ler e gozar non son incompatibles, porque a todas e todos nos está esperando un libro que, se damos con el, enganchará as nosas vidas na aventura, persoal e intransferible, da lectura … Habelos, hainos, o caso é atopalos no momento axeitado, saber acollelos e deixarse levar… non importa a temática, ou o tamaño … Animádevos a descubrir cal é o voso, quizais un cómic, unha novela de intriga ou unha antoloxía de contos de misterio, unha carta de amor ou un poema...

Visitas á Biblioteca Tal como tiñamos previsto, ao longo do último trimestre de 2006, os cinco grupos de 1º da ESO, visitaron a biblioteca do instituto e a pública municipal. Neste trimestre programamos tamén unha visita de todos os grupos de 3º da ESO a nosa biblioteca para presentar os

últimos cambios realizados na súa organización e animar a un maior uso das súas instalacións. Neste sentido hai que salientar que gran parte do alumnado que frecuenta a biblioteca, de maneira especial nos recreos, correspóndese cos grupos do primeiro ciclo da ESO, cómpre

promocionar e manter este hábito en niveis superiores para que a biblioteca non se limite a xestionar préstamos, renovacións e devolucións de libros. Entre todos podemos conseguir que a veteranía no instituto non supoña afastamento da biblioteca.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Biblioxornal 1 by José María Lores Pérez - Issuu