Número 18
4º Trimestre 2009
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Outubro: Mes Internacional da Biblioteca Escolar
Perigos e felicidades da lectura Habituados xa á dinámica do novo curso, as bibliotecas escolares estamos de festa durante todo o mes de outubro. E festa é sinónimo de ledicia e felicidade. Stendhal, escritor francés do século XIX, chamou aos lectores, cunha certa ambigüidade, “os poucos felices”. Nós formamos parte dese pequeno grupo que, sen ambigüidades nin ironías, pode ser feliz e transmitir felicidade coa lectura. Cómpre que valoremos esta circunstancia sabendo que ao longo da historia a lectura foi patrimonio de minorías e que na nosa época de globalización da alfabetización, aínda quedan moitos homes e mulleres, sobre todo nos países pobres e nas sociedades menos desenvolvidas, que non poden ser felices porque non teñen que comer nin que ler: alimentos para o corpo e para o espírito, obxectivos do milenio cuxa consecución non pode demorarse. Ler tamén pode volverse unha actividade perigosa nas longas noites de pedra. Na Biblioteca Popular Circulante “Menéndez Pidal” de Castropol, Ramón Cabanillas, poeta da raza do que celebraremos o cincuenta aniversario do seu pasamento o próximo nove de novembro, deixou este pensamento: É perigoso ler, pois o que le pensa e o que pensa remata mal. As lecturas de Floreano (debuxo e texto do humorista Gogue) OFER TAS DOS SUPER MERC ADOS !!!! Q UE TRAES AHÍ ?
E DESPOIS AÍN DA DIN QUE NESTA CASA NON SE LE … .
Mais non teñamos medo, despois das escuras noites chega o abrente e a luminosidade do novo día. O mesmo pasa coa nosa biblioteca, para acceder a ela hai que atravesar un lóbrego corredor, ao final faise a luz, despois do túnel chega a claridade da man dos soportes tradicionais e das novas tecnoloxías. Por iso se ti non te acercas, podemos co teu permiso entrar na túa casa. Tí podes ter a biblioteca do instituto e moitas outras bibliotecas e recursos virtuais no teu ordenador. É doado, para comezar segue estes pasos: 1. Entra en http://centros.edu.xunta.es/iessanpaio/ 2. Sitúate en Biblioteca > O noso espazo > Consulta do catálogo. Qué podes facer?: a. Consultar o catálogo da nosa biblioteca ou doutras (buscas por autor, título, materia...) b. Acceder, de balde, a múltiples recursos virtuais (enciclopedias, dicionarios, revistas, prensa...) previa a túa identificación: código usuario (o teu número de carné da biblioteca) e contrasinal (o teu primeiro apelido).
P á x i n a
2
N ú m e r o
1 8 –
4 º
t ri m e s tr e
2 0 0 9
Celebra o mes internacional da biblioteca escolar utilizándoa alí onde esteas e cando queiras. E non esquezas que ti es o noso alento, necesitámoste na festa do coñecemento, contamos contigo nas actividades que facemos e patrocinamos ao longo do curso: proxecto lector, club de lectura “Pedra do Acordo”, concursos... Un último recordatorio: o próximo 2010 foi declarado en Galicia Ano do Libro e da Lectura (Decreto 369/2009, do pasado 23 de xullo) “as bibliotecas (…) dedicarán unha parte da súa actividade a pór de relevo esta manifestación contribuindo, con iso, ao recoñecemento do libro como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia”. Como Galegos, como lectores non podemos fallar!
VISITANDO AS BIBLIOTECAS DO VOSO CONTORNO Como xa é habitual aproveitamos o mes de outubro para presentar a nosa biblioteca ao alumnado de 1º da ESO, de nova incorporación. Estas visitas, que se realizan por grupos e co acompañamento dos respectivos titores e titoras, buscan que os máis novos coñezades a dinámica da biblioteca do centro onde agora estudades (clasificación dos fondos, maneira de atopalos, condicións de préstamo ...) e recibades algunhas nocións básicas de alfabetización informacional. Tamén están programadas visitas á Biblioteca Pública Municipal. SEGUNDO ANO NO PLAMBE Continuamos integrados no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) o que nos permite destinar máis recursos ao incremento dos fondos e á mellora do mobiliario. Co inicio do curso quedaron instalados dous novos expositores (o de novidades situado á dereita da porta de acceso e o de revistas e outras publicacións periódicas). Pretendemos agora remodelar o posto do bibliotecario e reinstalar algúns fondos aproveitando espazos libres tras un pequeno expurgo e a dotación dun novo armario. Agradecemos que saibades desculpar as incomodidades temporais que facilitan a realización das melloras sen pechar a biblioteca.
OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA Están ao voso dispor seis ordenadores con acceso a Internet e ao catálogo de fondos. Utilicémolos de maneira responsable e solidaria para que cheguen ao maior número de usuarios posible, sobre todo a aqueles que non dispoñen doutro lugar para o seu manexo. Sempre terán preferencia as buscas de información. Outras utilidades (xogos, redes sociais...) quedan relegadas e só se permitirán se hai equipos libres e nos períodos de lecer, endexamais no horario de clase. O máximo de persoas por ordenador será de dúas, evitemos as aglomeracións, porque estamos moi limitados de espazo e interromperíamos o normal desenvolvemento das demais actiDATOS E CIFRAS
• • •
125 MINUTOS dedican os galegos á lectura nas fins de semana (11 minutos máis que a media española). E ti, cantos minutos les a fin de semana? 14.000 EUROS MENSUAIS (ao cambio) tería de soldo o escritor e periodista romántico Mariano José de Larra do que estamos a celebrar neste ano o bicentenario do seu nacemento. Con ese salario calquera escribe! XA SUPERA AS 50.000 ENTRADAS a Galipedia, por diante da wikipedia éuscara, pero moi atrás da catalana (192.000 entradas), da castelá (500.000) ou da inglesa (3.000.000). Na enciclopedia libre ti podes colaborar, a que esperas?
N ú m e r o
1 8 –
4 º
T ri m e s tr e
2 0 0 9
P á x i n a
3
O NOSO HORARIO No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tedes que facer algunha consulta urxente. Como vedes están cubertas case todas as horas lectivas de segunda a sexta inclusive (9.35 – 14.25) e todos os recreos. LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Aberta
Aberta
Aberta
9.35-10.25
Aberta
1º RECREO
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
10.45-11.35
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
11.35-12.25
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
2º RECREO
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
12.45-13.35
Aberta
Aberta
Aberta
13.35-14.25
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Para préstamos, renovacións e devolución de libros están reservados todos os recreos.
• •
•
LEMBRA ESTES CONSELLOS: Aforra tempo: non esquezas o teu número de lector ou lectora. Cada cousa no seu lugar: cando collas un libro nos andeis,
fíxate onde está para, cando remates, reintegralo ao seu sitio ou, se tes dúbida, entrégallo a persoa encargada da biblioteca, non o coloques ao chou pois dificultarías a súa busca no futuro.
Coida o material: os fondos da Biblioteca son de todos, usa deles e axuda a conservalos en bo estado para que os que veñan no futuro poidan seguir gozando deles como ti o fas.
•
Cumpre os prazos: os préstamos teñen unha duración de 15 días, pasado ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo.
•
Respecta o traballo dos teus compañeiros:
evita as aglomeracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traballo dos usuarios. Mantén
•
o máximo silencio na Biblioteca. Un lugar para cada cousa:: a Biblioteca non é lugar axeitado para comer ou beber.
Axúdanos a mellorar a Biblioteca!!
P á x i n a
4
N ú m e r o
1 8 –
4 º
t ri m e s tr e
2 0 0 9
30 ANIVERSARIO O pasado 31 de agosto cumpríronse 30 anos do pasamento en Vigo de Celso Emilio Ferreiro. Poeta política e literariamente comprometido co país concibe a poesía como instrumento eficaz para transformar a realidade. A súa obra Longa noite de pedra marca un fito na historia das letras galegas. Da súa autoría atoparedes na biblioteca: Obra completa, A fronteira infinda (narración) e os libros de poesía Longa noite de pedra, O soño sulagado e Onde o mundo se chama Celanova.
PASOU UN SÉCULO O 1 de xullo de 1909 nacía en Montevideo Juan Carlos Onetti, un dos máximos narradores da literatura hispanoamericana do século XX. A súa obra Dejemos hablar al viento foi considerada polos especialistas o mellor libro publicado en castelán no ano 1979, recibindo o premio da Crítica. En 1980 outorgóuselle o Cervantes. Na Biblioteca temos La vida breve, se cadra unha das súas obras máis coñecidas onde aparece a ficticia cidade de Santa María na que transcorrerán tamén outras novelas como El astillero e Juntacadáveres.
A TERCEIRA NOBEL DA DÉCADA Herta Müller, nada en Romanía en 1953, foi galardoada co nobel de literatura 2009 pola súa capacidade para describir "a paisaxe dos desposuídos". Os seus relatos reflicten as durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceauşescu. Unha das súas novelas, O home é un grande faisán no mundo, está traducida ao galego (cun estudo introductorio de Marga Romero, profesora do noso instituto). Baixo unha coidada prosa poética, aparecen nesta obra temas como o desamparo, a pobreza, a explotación das fronteiras… Coa austríaca Elfriede Jelinek (2004) e a británica Doris Lessing (2007) forma a tríade de literatas nobeles da presente década.
O DÍA DAS LETRAS DE 2010 PARA UXÍO NOVONEYRA No ano no que se cumpre o décimo aniversario da súa morte, Uxío Novoneyra será o poeta homenaxeado no Días das Letras Galegas. "Excelente poeta, galeguista e profundamente democrático" -en palabras do presidente da RAG- frecuentou o trato de Manuel María, Luís Pimentel, María Mariño e Ánxel Fole entre outros. Na súa poesía explicita o seu compromiso nacionalista sen desatender os aspectos formais, buscando o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man de recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc). Na biblioteca ofertamos Os
eidos.
TUI e CELA Vinte anos despois da concesión do nobel a Camilo José Cela, Tui é un dos escenarios nos que se ambienta o filme “El bonito crimen del carabinero” que pronto emitirá a televisión galega. Nel, partindo de varias historias escritas polo noso escritor, preséntase a realidade galega dos anos corenta do pasado século. O argumento desta comedia negra chea de tremendismo e humor pode esquematizarse así: o protagonista é un carabineiro de Tui que, despois de varios anos de desgrazas, coñece a tres mulleres que lle dan cartos para ser protexidas por él. É entón cando, atopándose cun antigo compañeiro de aventuras ao que o noso carabineiro teme e admira, é convencido para roubar ás tres mulleres cun plan nada sinxelo.