Número 15
2º Trimestre 2009
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Mil primaveras máis Coa chegada da primavera celebramos unha serie de festas relacionadas co mundo do libro e da literatura. Ao comezo temos os días internacionais da poesía e do teatro, despois o día mundial da literatura infantil e xuvenil, o día das letras clásicas, o día do libro; en maio o día das nosas letras... Boas datas todas elas para falar de libros, cos libros, cos seus lectores e cos seus escritores. O instituto non desaproveitou esta primavera e, entre outras actividades, quixo levar (á volta das vacacións de Pascua) por tódalas aulas un pouco de poesía da man dun entusiasta grupo de alumnos do primeiro ciclo da ESO, proxectou o filme de Manuel Gutiérrez Aragón El Caballero Don Quijote para lembrar o 23 de abril, a primeiros de maio Recitando poesía nunha aula contou coa presenza do escritor e ilustrador Anxo Fariña que descubriu, de xeito ameno, diante de tódolos alumnos da ESO as reviravoltas do proceso creador dunha ilustración e dun texto. Remataremos o mes de maio participando, con outros dous centros da comarca, nun proxecto de videoconferencia sobre textos e autores das letras galegas. Quizais noutras épocas as celebracións en torno ao libro e ás literaturas foran menos numerosas e públicas mais, aínda que fose ao calado, os devanceiros souberon transmitirnos un legado que, por vía oral primeiro, manuscrito ou por medio da imprenta logo, é milenario. Hoxe podemos gozar dun acervo librario e literario que temos a obriga de manter e fornecer para que chegue aos nosos herdeiros no mellor estado posible. As novas tecnoloxías Anxo Fariña, de costas, co alumnado de 3º e 4º da ESO non substitúen ao libro, abren posibilidades inauditas que nos benefician como lectores, como escritores, como persoas informadas e, por tanto, máis libres. Chegan os tempos do compromiso persoal e intransferible co libro, coas letras, coa lectura ... se queremos que mentres haxa no mundo primavera haxa tamén historias que contar, libros (en formato dixital ou impreso) e lectores.