Skip to main content

Biblioxornal 12

Page 1

OUTRAS SUXESTIÓNS

Número 12

Decembro 2008

Pena, Xosé Ramón, A batalla do paraíso triste Novela de acción e de espionaxe, pero tamén relato de amores, esperanzas e desenganos; de amizades e traizóns. Mentras Europa sofre a II Guerra Mundial, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. Entre eles está Antoine de Saint-Exupéry. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas –antigo oficial portugués– retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertendo Lisboa nun espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz Catarina Gusmão.

Auster, Paul, Un home na escuridade August Brill, crítico literario retirado que padece insomnio, recupérase dun accidente de coche. Deitado na cama, cóntase a si mesmo historias para tentar escorrentar lembranzas desagradables: a morte da súa muller, o arrepiante asasinato do mozo da súa neta. Aos seus setenta e dous anos, este crítico imaxina un mundo sen guerra no Iraq e coas Torres Xemelgas en pé, mentres, como consecuencia das eleccións do ano 2000, algúns estados de USA comezan unha guerra entre si.

Merino, José María, No soy un libro Tres mozos aproveitan as vacacións do verán para, viaxando en tren, coñecer cidades europeas. Prepararon algúns itinerarios e, cargados coas súas mochilas, séntense ansiosos por experimentar aventuras e preparados para ser sorprendidos por lugares, persoas ou sucesos que lles fagan esquecer as rutinas e os desgustos do tempo invernal.

Quintas Alborés, Elsa, Placeres Castellanos O tráxico 1936 marcou para sempre a vida de moitas mulleres galegas, entre elas Placeres Castellanos a que lle mataron o home e tres fillos e ela mesmo tivo que se exiliar para salvar a vida, logo de exercer labores de solidariedade co exército republicano.

Nadal remata en L. Con L comezan Libro, Lectura, e Liberdade. Non desfagamos a cadea e manteñamos enlazadas estas catr o verbas. Facelo será doado se reservamos un tempo nestas vac acións de Nadal

UÉ atwtÄ4 YxÄ|é ECCL4

para os libros. Len do sen ataduras, sen angustias, fac émonos máis libres, poderemos vivir en distantes mundos de fantasí a sen abandonar o agarimo dos nos os fogares e a

compañía das nosas xentes. Nestas datas compartamos tamén as nosas lecturas e intercamb iemos e agasallemos libros, non convertamos a lectura nun pracer solitario. Un libro pode ser, nes tes tempos de crise, un barato ma is magnífico e inesquecible agasal lo . Por iso, un ano máis, o equipo da biblioteca do instituto preséntav os esta pequena selección de libros, con algún deles ou con outros (mú ltiples e variados son os gustos lectore s mais tamén innumerables as posibilidades de satisfacelos) ogallá gocedes no remate deste ano e nos comezos do novo. Bo Nadal! Bo Aninovo! Felices libros e lectura s!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Biblioxornal 12 by José María Lores Pérez - Issuu