Skip to main content

Biblioxornal 11

Page 1

Número 11

4º Trimestre 2008

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Outubro 2008: I Mes Internacional da Biblioteca Escolar

Alfabetización e aprendizaxe na Biblioteca Escolar O mes no que andamos é o I Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Nos últimos dez anos celebramos todos os cuartos luns de outubro o Día Internacional da Biblioteca Escolar; como dixo Henri James, presidente da IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar), esta data “chegou a ser tan importante que creceu ata converterse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar”. As Bibliotecas Escolares preséntanse ante a comunidade educativa como lugares de encontro e saber onde se dan a man o pracer da lectura e as inquedanzas por aprender dunha maneira diferente, idea que recolle o lema proposto para este mes: Alfabetización e aprendizaxe na Biblioteca Escolar. O IES “San Paio” da a benvida a cantos iniciades este novo curso, de xeito especial aos que chegades por QUE TAL HOXE?

E ATOPÁCHELO?

QUE VA. BUSCA QUE TE BUSCA NA BIBLIOTECA, E EU NON O ATOPEI POR NINGURES…

POIS QUE A MESTRA EMPEÑOUSE EN QUE BUSCÁSEMOS O MÁXIMO COMÚN DIVISOR… …

Gogue) FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO (debuxo e idea orixinal do humorista Gogue

primeira vez. Para todas e todos está aberta a biblioteca que, grazas ao traballo e aos proxectos dos que nos precederon, este ano quedou integrada no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Isto é un premio que ten que servir de acicate para afrontar novos retos. Agora máis que nunca todas e todos estamos convidados á biblioteca, necesitamos facianas novas para acadar novas metas. Mais non podemos esquecer actuacións que, experimentadas no pasado, deben ter continuidade como o club de lectura ou o tempo específico de lectura nas aulas coas que imos comezar xa. Non podemos escatimar esforzos, espazos e tempo na potenciación das habilidades lectoras se queremos un sistema educativo con calidade porque como afirma Gustavo Martín Garzo non hai vangarda, nin progreso, nin evolución, nin futuro... sen lectura. Festexemos todo o ano á Biblioteca Escolar, non só no mes de outubro e fagámolo coas tres L de Libros, Lecturas e Liberdade!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Biblioxornal 11 by José María Lores Pérez - Issuu