Issuu on Google+

LUME DE COBIZA, MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ PREGUNTAS PARA MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ  Foron os incendios que asolaron ese ano Galicia os que o empuxaron a escribir a novela?  Dada a vaga de incendios dese ano e dos posteriores en Galicia, cal cre vostede que é a causa de que estes se produzan?  Por que utiliza esa linguaxe tan coloquial?  En que personaxes de ficción se inspirou para construír o personaxe de Frank Soutelo?  Por que escolleu como mala da novela a nai da rapaza?  Cal é, segundo vostede, a razón do odio que lle profesa á filla para que sexa capaz de matar o mozo e o pai?  Non cre que esa muller é un personaxe estereotipado de telenovela?  En xeral, non pensa que as personaxes femininas que aparecen na novela son todas estereotipadas e responden a un enfoque machista?  Non cre, tamén, que o personaxe de Marcial Dalama é un prototipo de mafioso demasiado evidente?  Cremos entender que subxace na historia unha crítica ao sistema xudicial, que opina do funcionamento da xustiza?

Información e entrevistas: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/03/18/0003_201103G18P47991.htm http://www.elmundo.es/elmundo/2011/06/15/galicia/1308157714.html TEMAS  A especulación urbanística e os incendios, outros intereses (políticos, pastos, caza, brigadas, negocio da extinción…).  A mobilización cidadá polo Prestige e a creación de Nunca Máis, Burla Negra e Areanegra, cando se cumpren 10 anos do desastre ecolóxico do petroleiro.


 Os grupos ecoloxistas.  O método de investigación.  É unha novela negra ao estilo clásico?

PERSONAXES: Frank Soutelo, Delia, Pat, Sugar, Poncio…  Pareceuche crible o protagonista? Que intereses, gustos, afeccións ten?  Cal é a relación con Pat?  Que pensas da tía? Recoñeces este personaxe como familiar?  Como inflúe o cine no personaxe de Poncio?  Como son as personaxes femininas?

ESPAZO: a paisaxe da costa, o boom inmobiliario, a construción. O Carbaliño, Santiago, Soutelo de Montes, Muros, Illas Cíes, O Morrazo...  Que pensas das nosas costas e da febre da construción?  E da repoboación dos montes con especies alóctonas (eucaliptos…)?

TEMPO: verán de 2006  Lembras o verán do 2006? Foi un verán asolado polos incendios. Chegou a haber 160 incendios a un tempo (101 activos e 59 controlados). Houbo un total de 1.970 incendios, con 8.000 focos. O CSIC cifrou en 92.000 as ha afectadas (43.000 na Coruña, 40.000 en Pontevedra, 7.000 en Ourense e 1.000 en Lugo). Faleceron dúas mulleres en Cerdedo atrapadas polo lume na estrada N-541, un home en Cotobade mentres participaba en tarefas de extinción, e outro home na Cañiza, como consecuencia das queimaduras producidas durante os labores de apagado dun incendio.


No outono dese ano, ao non haber masa forestal, as choivas foron torrenciais, arrastrando as cinzas dos incendios. Isto provocou a chegada de lodo á costa (impedindo o marisqueo) e a deforestación de diversas zonas. A plataforma Nunca Máis foi creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables. En Nunca Máis está representada a sociedade civil galega a través de máis de 200 asociacións e colectivos de diverso tipo: confrarías de mariñeiros, asociacións culturais, políticas, ecoloxistas, veciñais, sindicais, productores e comercializadores de peixe, etc. Nunca Máis con múltiples manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro. O 11 de agosto de 2006 a Plataforma Nunca Máis anunciou a súa reactivación para facer fronte á vaga de incendios forestais que estaban a sacudir Galiza.

A LINGUAXE: xiros na forma de falar do protagonista.  Por que cres que usa esa linguaxe o protagonista?

REFERENCIAS: libros, sobre todo, novela negra (Petros Márkaris, Henning Mankel, Michael Connelly), o cine (Casablanca…), a pintura (Guernika-Picasso-, As fiandeirasVelázquez-, Fusilamentos do 2 de maio-Goya-…), a comida galega, a música dos 60 (Bob Dylan, Joan Baez…), a guerra do Vietnam, Manhattan…


LUME DE COBIZA