1 minute read

2 .4 . Produción por explotación

Memoria 2021

2.4. Produción por explotación

A listaxe de ganderías foi calculada usando as lactacións válidas (duración entre 240 e 305 días), finalizadas en 2021.

Publícanse os datos de explotacións con produción por vaca superior a 9.000 quilos de leite e que tiveron 11 ou máis lactacións válidas. Á parte dos quilos de leite, tamén se avalían as porcentaxes medias de graxa e proteína, obtidas con base nas analíticas individuais mensuais de cada vaca. Dependendo do tipo de aparello usado para a extracción da mostra, o resultado medio de graxa e proteína por gandería pode diferir lixeiramente do valor medio acadado en tanque.

Media de partos: indica o n.º medio de partos das vacas con lactación rematada. Esta información reflicte a lonxevidade actual de cada rabaño.

IPP: intervalo de partos, computado sobre partos de 2021.

Muxido: esta columna indica o tipo de muxido e o formato de toma de datos en cada granxa. O significado da simboloxía é o seguinte:

• 3X = 3 muxidos. Recóllense datos polo menos en 2 dos 3 muxidos diarios. • 2X = 2 muxidos diarios, con toma de datos en ambos. • AT = 2 muxidos, con toma de datos e mostra nun deles, alternando por meses, mañá e tarde. • ROBOT = muxido automatizado. A media de muxidos nestas granxas é superior a 2,5. Recollida de datos directa do equipo informático da explotación.