Page 1

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

Xullo 2012

ISABEL BLANCO, FAN DAS TAPAS, A PAISAXE E A PAISANAXE DE LUGO:

número

13

“A XENEROSIDADE DOS LUCENSES É COMO UN COPYRIGHT DELES APLICABLE A TODO”

LUGO SOBE Á CARAVANA DA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA Apehl e a Deputación lanzan novos baixopratos turísticos

O IV Cume Tapas de Monforte reparte oito premios

Récord de bandeiras azuis nas praias da Mariña


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ GALA DA HOSTELERÍA

2

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1


EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

UNHA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA E TAMÉN DE TURISMO A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo naceu, como sabedes, como patronal dos hostaleiros lucenses, para ofrecervos un abano de servizos que vos permitan incrementar a competitividade dos vosos negocios e a calidade na atención ao cliente. Dende un primeiro momento, a Apehl encamiñou este traballo en dúas direccións. Por unha banda, cara ao apoio personalizado ao hostaleiro, concretado en asistencia laboral, obtención e elaboración das listas de prezos, asesoría xurídica, asistencia contenciosa, póliza de seguros colectiva, formación específica do sector e motor de reservas on-line. E, por outra banda, cara a consecución de vantaxes económicas para os asociados, como importantes descontos en produtos e servizos, froito da sinatura de convenios da Apehl con distintas empresas e entidades. Non obstante, nos últimos anos vimos desenvolvendo tamén un labor de promoción que, se ben nun principio se cinguiu á promoción da gastronomía lucense, axiña se converteu na promoción de todos os encantos turísticos da provincia de Lugo: patrimoniais, culturais, paisaxísticos etc. Difundimos os atractivos do conxunto de todos os concellos da provincia en feiras sectoriais, nos medios de comunicación e nas redes sociais. Para iso contamos con publicacións especializadas, coma a colección de guías turísticas …E para comer, Lugo, con cinco volumes; unha revista de promoción propia, Hostelería Lucense; a páxina web www.eparacomerlugo.com e perfís en Facebook e Twitter. Pero, ademais, organizamos eventos que serven para atraer visitantes, do que constitúe un exemplo recente o concurso Cume Tapas de Monforte, ao que lle damos cobertura neste número, e participamos activamente noutros eventos que nos permiten dar a coñecer Lugo como destino a outra escala, como é o caso da famosa Vuelta Ciclista a España. Por esta razón, gustaríanos que aos centos de hostaleiros socios da Apehl se unan os axentes do sector turístico que operan na provincia para a promoción colectiva, unida baixo a marca …E para comer, Lugo. As portas da asociación están abertas.

SUMARIO LUGO NA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA

4

400.000 BAIXOPRATOS NOVOS OS PREMIOS DO IV CUME TAPAS ENTREVISTA A ISABEL BLANCO

6

AS BANDEIRAS AZUIS DA PROVINCIA

16

VISITA AO CAFÉ BAR A NOSA CASA

20

8 12

EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.226.912 Fax: 982.244.256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.133.047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfno.: 982.221.278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

3


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

LUGO SOBE Á CARAVANA DA VUELTA A ESPAÑA Do 18 de agosto ao 9 de setembro desenvolverase a edición número 67 da famosa Vuelta Ciclista a España e a Apehl vai darlle visibilidade nela á provincia de Lugo cun posto propio de produtos gastronómicos e información turística aberto na zona vip de cada etapa.

Mapa da Vuelta a España. O imagotipo azul de ...E para comer, Lugo indica os lugares onde vai estar o posto da Apehl

A Vuelta a España deste ano levará aos ciclistas por uns 3.300 quilómetros repartidos en 21 etapas, con saída de Pamplona, meta en Madrid e paso por terras galegas do 28 de agosto ao 1 de setembro, data esta última da ruta Palas de Rei-Os Ancares. Será un percorrido por multitude de localidades españolas que tamén fará a Asociación de Hostalería, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, para promocionar a provincia de Lugo. Na zona vip da saída de cada etapa, moi frecuentada por ciclistas e afeccionados, haberá un posto da marca …E para comer, Lugo onde se ofrecerán degustacións dos produtos gastronómicos lucenses con indicación de calidade, caso, por exemplo, dos queixos con denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa e San Simón da

4

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Costa, da carne de Porco Celta, Ternera Gallega e Galo Mos, da pescada e o bonito de Armadores de Burela, dos produtos ecolóxicos certificados ou dos distintos viños da Ribeira Sacra. Neste estand propio tamén estarán a disposición do público as guías-anuarios de …E para comer, Lugo e a revista Hostelería Lucense que edita a Apehl e múltiples folletos turísticos, tanto dos concellos e comarcas coma dos establecementos hostaleiros. Esta proba deportiva ten un grande impacto mediático e repercusión internacional (emítese en directo para máis dun cento de países) e é moi seguida a pé de circuíto, polo que suporá unha boa oportunidade para dar a coñecer fóra a provincia.

Estand modelo para a promoción da provincia na zona vip


NOVAS

A zona vip é un punto de encontro de ciclistas e afeccionados. Na foto, a da Vuelta 2011

ETAPA PALAS DE REI-OS ANCARES Tras uns días pedaleando por concellos de Pontevedra e A Coruña, o 1 de setembro os ciclistas afrontarán unha das etapas con máis portos de montaña, a que arrincará de Palas de Rei, núcleo de poboación que se estrea na Volta. No itinerario dese día figuran Guntín, Portomarín, Paradela, Biville, Maside, Sarria, Galegos, Becerreá, A Proba de Navia, Muñís, Murias de Rao e Os Ancares, punto final dun total de 152 quilómetros.

COLABORADORES COA APEHL NA VUELTA •

CRDO Ribeira Sacra

CR Agricultura Ecolóxica de

CRIXP Ternera Gallega

CRDOP Arzúa-Ulloa

Porco Celta

CRDO San Simón da Costa

Galo Mos

CRIXP Pataca de Galicia

Queixería Marqués de Cernadas

CRIXP Castañas de Galicia

Armadores de Burela

Galicia

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

5


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

A APEHL EDITOU NOVOS BAIXOPRATOS TURÍSTICOS PARA OS LOCAIS HOSTALEIROS

O presidente e o vicepresidente da Apehl co responsable de Turismo da Deputación Provincial (no centro)

Por quinto ano consecutivo, a Apehl, en colaboración coa Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial, editou 400.000 baixopratos de papel de …E para comer, Lugo, uns manteis ilustrados pensados para que os hostaleiros poidan informar aos turistas do aloxamento e os plans de lecer existentes na provincia. Como é habitual, cada mantel loce por diante un mapa de Galicia coa sinalización de establecementos hoteleiros e da rede museística provincial; respecto do segundo punto, aparecen referidos os horarios e os datos de contacto do Museo do Mar (San Cibrao), o Museo Etnográfico Pazo de Tor (Monforte), a Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Museo Provincial de Lugo (Lugo).

sar polo Miño e a de Doade polo río Sil. Os manteis inclúen os puntos de saída e os percorridos de cada embarcación e o modo de compra dos billetes, así como unha descrición dos atractivos turísticos das distintas rutas.

pital lucense, coma na súa delegación da zona sur da provincia. Este ano fixéronse paquetes de 100 baixopratos que poden adquirirse a un euro. Os novos manteis foron presentados o 5 de xullo polo responsable de Turismo da Deputación, Mario Outeiro, e o presidente da Apehl, Cheché Real, no Museo Provincial, concretamente na sala onde se recrea unha cociña galega tradicional.

Os baixopratos estarán a disposición de todos os asociados á Apehl, que poderán recollelos durante todo o ano tanto na sede central do colectivo, na rúa Ramón Montenegro da ca-

Belesar Esta ruta percorre o río Miño dende a aldea de Belesar até a illa de Maiorga, tamén chamada illa de Sernande, nun percorrido de aproximadamente 1 hora e media de duración. Dende o catamarán podemos observar a ambos os dous lados do río, os bancais de viñedos da Ribeira Sacra. Esta singular maneira de cultivo confírelle á zona unha paisaxe sorprendente, que nos axuda a comprendermos a dificultade e o esforzo que require o cultivo da vide na denominación de orixe Ribeira Sacra. O embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurantebar, especializado en gastronomía da zona.

A Coruña A-6

Santiago de Compostela

Lugo A-6

A-540 AP-53

Chantada

Monforte de Lemos

Pontevedra

Saídas diarias ás 11:30, 17:00 e 19:00 h

Ourense

Vigo

Lugares de interese

2

Santo Estevo de Ribas de Miño

A LUGO Chantada

San Paio de Diomondi

Belesar

Escairón

Cabo do Mundo

A Nogueira

Praia da Cova

Santo Estevo de Chouzán

Encoro dos Peares

San Miguel de Eiré

Os Robles

Miño

Belesar

Monforte de Lemos Balneario de Augas Santas

20

N-1

be

Río

Ca

0

San Xoán da Cova

Igrexa de San Xoán da Cova

Convento das Bernardas

Ferreira de Pantón

Santo Estevo de Atán N-12

San Fiz de Cangas Monforte de Lemos

1 km

Sober

A OURENSE

COMPRA DE BILLETES:

Prezos: Adultos/as 9 € 4-12 anos e >65 anos, carné xove 5 € Nenos/as 0-3 anos GRATIS

Castelo da Peroxa

Os Peares

San Vicente de Pombeiro

Encoro de San Pedro

I N-V

Reserva anticipada Tfn. 982 260 196 (luns a vernes de 8:30 a 14:30 h) www.lugoterra.com

Estrada de Ombreiro

Os Robles

No mesmo catamarán: 20 minutos antes da saída.

Termas romanas

Caneiro no río Miño

Praza Fonte dos Ranchos

Río Miño

o Rí

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

da Av Es tr

0 54 N-

Os Robles

Baixoplatos.indd 1

Doade

A Teixeira

Parada de Sil

Doade

Santo Estevo de Ribas de Miño

la ral

a

iago ant

Mu

eS

Carrefour

Catamarán: Pelegrín (60 prazas) Duración aproximada: unha hora e 45 minutos

Olaría de Gundivós

Santa Cristina

Adegas. Ribeira Sacra

a da

i

aza

Orb

d da

Grupos (mínimo 30 persoas) Adultos/as 7 € 4-12 anos e >65 anos, carné xove 4 € Nenos/as 0-3 anos GRATIS

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel de auga dos encoros e ríos. A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modificación en horarios e rutas.

nd

de

200 m

LUGO

Canóns do Sil

Saídas diarias: Mañás ás 11:30 e 12:30 h. Tardes ás 17:00, ás 18:00 e ás 19:00 h.

Cab

Mosteiro de Santa Cristina

Ro

. da

s Am

I

éri

ca

s

N-V

da

Esta ruta, de aproximadamente 40 minutos de duración, atravesa o río Miño nunha zona de singular beleza natural e valor biolóxico. Durante o percorrido podemos observar numerosos exemplares de flora e fauna de ribeira, que conforman un hábitat natural privilexiado, así como algún vello caneiro dos que hai ao longo do río ao seu paso por Lugo. Estas cualidades motivaron que a UNESCO declarara a zona Reserva da Biosfera.

Gundivós e

Río

M

o

Sil

A Peroxa

Sil

Río

Miño

Doade

Encoro de Santo Estevo

Acea do Rei Chiquito

tra

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Pazo de Tor

A Maiorga

Es

6

Pazo de Tor

Santa María de Nogueira

Luintra

A novidade nesta ocasión vén dada no envés, onde agora son protagonistas as tres rutas fluviais que se poden facer este verán nos catamaráns da Deputación: a dos Robles e a de Bele-

Catamarán: Pelegrín (60 prazas) Duración aproximada: unha hora e 45 minutos

Románico

A-5

Un deseño de estrea

Esta ruta, de aproximadamente 2 horas de duración, atravesa fondos vales e canóns, entre as montañas polas que discorre o río Sil. Este itinerario ofrécenos unha paisaxe de paraxes poboadas de viñedos que forman parte da denominación de orixe Ribeira Sacra, e na que se pode ver o seu cultivo en terrazas. Así mesmo, non se pode esquecer a ruta do románico, inzada de mosteiros e igrexas e que se estende por todo o leito do río Sil e tamén do Miño. Nesta zona, ten moita sona a cerámica de Gundivós, que se caracteriza pola súa cor negra, que se consegue mediante o afumado. Saídas diarias ás 11:30, ás 17:00 e ás 19:00 h Catamaráns: Mencía (110 prazas) e Canón do Sil (55 prazas). Só sairá un barco en cada saída Duración aproximada: dúas horas

05/06/12 14:18

O envés dos manteis dedícase este ano ás rutas en catamarán pola Ribeira Sacra e inclúe información sobre os horarios, os percorridos e a compra de billetes


NOVAS

HOSTELERรA LUCENSE - Nยบ 13

7


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

O CUME TAPAS SUMA E SEGUE A delegación da Apehl no sur da provincia organizou este ano a cuarta edición do Cume Tapas de Monforte. Este concurso xa convoca máis de 30 establecementos hostaleiros, supera as 25.000 tapas servidas, outorga ata oito premios aos participantes e involucra pubs, hoteis e casas de turismo rural da Ribeira Sacra que colaboran con festas e prezos especiais.

Os participantes na presentación oficial do concurso posando cos mandís de ...E para comer, Lugo

O IV Cume Tapas gozou dunha grande acollida dende o día da súa presentación, onde se nomeou nova madriña do certame á actriz Isabel Blanco, moi coñecida en Galicia dende a súa aparición na serie de televisión Mareas vivas. O público encheu o Centro do Viño da Ribeira Sacra para seguir o acto, conducido pola xornalista monfortina Manola Porto e ao que acudiron o presidente da Apehl, Cheché Real, e o alcalde do concello anfitrión, Severino Rodríguez, así como outras autoridades dos ámbitos provincial e autonómico. O concurso arrincou o 16 de maio e prolongouse ata o 27 do mesmo mes, datas entre as que un total de 34 locais de hostalería da cidade do Cabe lles ofreceron aos clientes tapas moi elaboradas coas que concorrían aos distintos premios. Nesta cuarta edición, aos

8

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

dous premios habituais que concede o xurado popular e os tres que adoita emitir o xurado profesional sumáronse os de tapa especial ecolóxica, feita con produtos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia; tapa especial Marqués de

Primeiro premio da votación popular

Cernadas, preparada con este queixo da DO Cebreiro; e mellor maridaxe coa cervexa Estrella Galicia. Así as cousas, o palmarés comezou a escribirse co nome dos gañadores escollidos polo público, unha vez feito o


NOVAS reconto da votación popular. Con 112 apoios, a cervexería A Troula levou o primeiro premio cunha tapa cociñada con queixo Marqués de Cernadas e bautizada como Curmá de risco. O segundo premio recaeu no Katanga polos 71 votos que conseguiu a súa tapa ecolóxica Rojo oriental. Uns días máis tarde, o xurado profesional completou a lista de vencedores co seu ditame. A mellor tapa tradicional foi Delicia paisana, presentada polo bar Agarimo, que tamén recolleu o premio á mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra co seu pemento recheo de

tortilla con salsa de Mencía, e como mellor tapa creativa situouse Hai algo en Carud, unha filloa rechea de vieira con tosta de paté de ourizo da autoría do bar Los Goya. Respecto das novas categorías instauradas neste IV Cume Tapas, a de tapa especial ecolóxica gañouna o restaurante O Grelo cun crocante con ensalada ecolóxica de lagostinos; a de tapa especial Marqués de Cernadas, o Bodegón Ribeira Sacra cuns bombóns de xamón e queixo sobre cama de grelos; e a de mellor maridaxe con Estrella Galicia, a cervexería Mulligan’s con A flor da Ribeira Sacra regada con redución de Mencía.

Mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra

Este xurado estivo dirixido por Quique Rodríguez, cociñeiro do Hotel Villa Magna de Madrid 5 estrelas Gran Luxo e editor xefe de Gastronomicum.net, e composto por Mario Gómez, chef executivo do grupo La Competencia e director do restaurante León do devandito grupo; Paco Ruiz, xornalista gastronómico e director do programa El color de viajar, especializado en turismo e gastronomía; Pepo Paz, editor e fotoxornalista free lance, encargado da sección “De tapas por” da revista De viajes, e pola restauradora Marta Rajo.

O plan dos 12 días de duración deste concurso non se limitou ao tapeo, xa que se apuntaron á celebración sete pubs da coñecida rúa de marcha Duquesa de Alba, que fixaron prezos módicos nas consumicións e celebraron un pequeno campionato para que o público escollera o mellor gin tonic, un galardón recén creado que recibiu Área 51. Ademais, dez establecementos hoteleiros dos municipios de Monforte, Pantón, Chantada e Sober aplicaron tarifas especiais no aloxamento.

Mellor tapa creativa

PA L M A R É S PREMIOS DO XURADO POPULAR Primeiro premio:

Curmá de risco (A Troula)

Segundo premio:

Rojo oriental (Katanga)

PREMIOS DO XURADO PROFESIONAL Mellor tapa tradicional:

Delicia paisana (Agarimo)

Mellor tapa creativa:

Hai algo en Carud (Los Goya)

Mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra:

Delicia paisana (Agarimo)

Mellor maridaxe con Estrella Galicia:

A flor da Ribeira Sacra (Cervecería Mulligan’s)

Tapa especial ecolóxica:

Crocante con ensalada ecolóxica de lagostinos (O Grelo)

Tapa especial Marqués de Cernadas:

Bombóns de xamón e queixo (Bodegón Ribeira Sacra)

Tapa especial Marqués de Cernadas

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

9


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVAS

AS RAZAS AUTÓCTONAS, UN MUNDO DE POSIBILIDADES PARA A RESTAURACIÓN

Foto de familia dos participantes no acto de presentación do libro de receitas

O pasado 15 de xuño, no marco do Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat) celebrado en Silleda de xeito paralelo á Semana Verde, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga presentaba o libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas, unha obra de Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1977). Trátase dunha publicación que inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas. Rocío é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.

www.caixaruralgalega.es

10

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

O denominador común de todas as propostas culinarias de Cociñando coas razas autóctonas é a sinxeleza, xa que se poden facer cuns poucos ingredientes coñecidos e asequibles, “que todo o mundo ten no refrixerador”. Ademais, puntualizou Rocío no acto de presentación, en alusión á produción das razas autóctonas, “cando un produto é bo non se necesita moito condimento”.

Os produtos das razas autóctonas galegas dan moito xogo para a diferenciación das cartas dos restaurantes

Estas carnes da terra ofrecen un amplo abano de posibilidades no ámbito da restauración pola súa excelente calidade e o seu extraordinario sabor. Ademais, dando a coñecer e consumindo estes produtos estase colaborando na recuperación e promoción das razas autóctonas.


NOVAS

HOSTELERรA LUCENSE - Nยบ 13

11


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ ...E PARA COMER, LUGO

ISABEL BLANCO

“SON FAN DAS TAPAS COMA SE FORA TURISTA” A actriz galega Isabel Blanco (Berna, 1974) amadriñou o Cume Tapas 2012, que se celebrou no mes de maio en Monforte de Lemos. Nós aproveitamos a ocasión e falamos con ela para descubrir ata que punto é coñecedora da gastronomía, da paisaxe e da xente de Lugo. Ademais, tamén nos falou sobre a súa faceta como actriz e sobre os seus proxectos presentes e futuros.

Isabel tivo ocasión de saborear varios produtos lucenses durante a súa visita a Monforte

_No mes de maio estiveches en Monforte para amadriñar o Cume Tapas. Era a primeira vez que pisabas terras de Lemos? _Oficialmente, si. Foi un pracer! _Que tal foi a experiencia? _Bonita polo retorno de agarimo que proporciona un acto así no que te encontras co público para quen en realidade traballas. Por certo, os meus parabéns para a organización do Cume Tapas.

12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

_Probaches algunha das tapas a concurso? E, en xeral, gozaches algunha vez do tapeo lucense? _Probei, son fan das tapas coma se fora turista. Encántanme! Só ten un pero: vivir en Galicia e entrar na talla 36 é todo un soño [sorrí]. _Coñeces a marca gastronómica …E para comer, Lugo? E se é así, estás de acordo con esta afirmación? _É un eslogan moi estendido aquí, pero fóra aínda máis. A xenerosi-

dade dos lucenses é como un copyright deles aplicable a todo. A combinación de calidade e cantidade non pasa desapercibida para ninguén. Hai xente que é da cultura de pasar cun iogur á hora da cea, e claro, chega a Lugo e dálle a risa. Imposible resistirse! _Eres coñecedora da provincia de Lugo ou para ti trátase, máis ben, dun lugar aínda descoñecido? _Coñezo ben paisaxe e paisanaxe, sempre me apetece volver.


PUNTO DE LUGO VISTA ...E PARA COMER, exterior como interiormente dentro _Hai algún sitio desta provincia do propio país, polo que a chegada que che guste especialmente? de novos visitantes pódese manter _Os meus lugares favoritos son os pola calidade e cantidade de lugabalcóns de Madrid [Ribeira Sacra] res que se poden percorrer. nunha punta e a praia das Catedrais de Ribadeo na outra. _Teredes uns obxectivos prioritarios a cumprir para reforzar o sec_E algún sitio que aínda non tivetor… ses a oportunidade de visitar pero _Os obxectivos primordiais para esta ao que teñas ganas de ir? área son, dunha banda, revalorizar o _Gustaríame coñecer O Courel, un sistema turístico lucense en clave de paraíso para os sentidos. sostibilidade, afortalando a eficacia e a eficiencia tendo en conta a capa_Lugo, entre outras cousas, é unha cidade de carga ambiental. Ademais, terra prolífica se a actores nos redebemos ligar o turismo coa cultura ferimos. Ti tiveches ocasión de e a lingua do país co fin de ofrecer traballar con algúns deles, como un produto diferenciado e presenLuis Tosar ou Antonio Mourelos. tar un servizo de calidade que inciComo foron esas experiencias? te a repetir visita ou a recomendala. _A xente de Lugo para min é excepAgora, as medidas para acadar eses cional. O certo é que conecto moi obxectivos haberá que buscalas enben con ese “xeito de ser”. Na época tre a Deputación de Lugo e todos os de estudante en Vigo tiña unha panaxentes sociais implicados pero hai dilla da Mariña lucense (Burela e San que lembrar que houbo un cambio Cibrao), despois na TVG e polo munde equipo e que a delegación en do coñecín a moita xente con ese materia de turismo fíxose efectiva “algo” especial, un perfecto exem-

no pleno de organización o día 7 de xullo e que polo tanto aínda non “Hai xente que é da cultura deu tempo a desenvolver un plan de futuro. de pasar cun iogur á hora da

cea, e claro, chega a Lugo e

_Resentirédesvos pola crise de redálle a risa” cortes nesta área? _A crise aféctalle ao sector turístico e tamén ás administracións. Non hai que esquecer que os recortes orzamentarios afectan de xeito xeral a todas as administracións, pero non por iso dende a Deputación imos deixar de pular e de traballar por un sector que xa é un dos motores socioeconómicos da provincia de Lugo. _Como vai o diálogo coa Consellería de Cultura para o desenvolvemento de futuras iniciativas conxuntas? _Até o momento non houbo contacto coa Consellaría pois como diciamos antes acabamos de asumir a responsabilidade de Turismo na DeIsabel nunha rodaxe putación, pero estamos dispostos a

manter o diálogo con todas as adplo é Luis. Tosar é espectacular, ten ministracións e os entes implicados, os valores bos do galego de vello, pois a colaboración e o traballo ende toda a vida. Referencia especialítre todos é a mellor forma de pular sima tamén ma merece Luís Iglesia, polo sector turístico. xente de lei. Mourelos, os irmáns Coira de Rábade… vaia fillos exem_Sairá adiante a empresa provinplares para unha nai! O certo é que cial de turismo? hai ben xente que sabe ser xente. _Dende a Área de Cultura e Turismo Non quero esquecer ao compañeiro e dende a responsabilidade que asuRoberto Vilar ou a Nuncy Valcárcel, mimos no pacto de goberno na Decoa que traballei en Mareas [Mareas putación, consideramos de vital imvivas]. En fin, que me desculpen os portancia que a Empresa Provincial que non menciono, que son moitos. de Turismo bote a andar. É necesario que exista este ente para coordinar _Con Jorge Coira traballaches na todas as accións en temática turísticurtametraxe A ti como se che di ca que se leven a cabo na provincia adeus?. Que anécdotas recordas do de Lugo. filme e da relación co director rabadense? _E o apoio da Deputación ao Pa_Que idea aquela curtametraxe! Unha tronato Provincial de Turismo? traxicomedia moi divertida de rodar. _Unha vez que teñamos definido o Coira xa daquela apuntaba maneiprograma marco para o sector turísras de director grande, con impronta tico de cara a esta lexislatura e botapersoal nos seus traballos. Encantouda a andar a Empresa Provincial de me facer de “noiva-abandonada-ásTurismo estaremos no momento de portas-do-altar” que comía a carta de avaliar que proxectos turísticos hai despedida escrita polo seu ex.

Pack Verano 22 € Ruta Heroica e comida en restaurante* A B A

S A C R A

Viticultura en en los los H e r o i c a

Cañones del Sil * Precio por viajero. Grupos consultar oferta

abasacra.com Reservas restaurante móvil: 630 333 579 reservas@acantina.es acantina.es

Información e reservas Teléfonos: 982 182 610 - 650 770 179 info@abasacra.com - reservas@abasacra.com Amplias instalacions Dous comedores Cenador de madeira Xardín para nenos Ideal para grupos e excursions

Restaurante dende 1947

HOSTELERÍALUCENSE LUCENSE- -NºNº13 10 HOSTELERÍA

135


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ ...E PARA COMER, LUGO _A túa traxectoria desenvólvese no cine e na televisión. Con cal destes dous medios te quedas? _A ser posible cos dous porque me dan cousas diferentes: a tele, esa proximidade do público, a inmediatez do directo, de facer as cousas rápido, case en improvisación; é estimulante, pero hai que valer. O cine é o amor platónico do que sempre estarei namorada. É a oportunidade de traballar o microscópico, o que non se pode apreciar no “traballo rápido”. O cine é un luxo.

nos ritmos e nas calidades do traballo, pero basicamente creo que o bo facer non ten nacionalidade, a diferenza estriba case sempre no presuposto. Honestamente, o nivel máis alto atopeino en Galicia, pero é certo que non foi en 2012...

_E o teatro, non te atrae? _Estou facendo unha comedia, Rosa de dous aromas, con Sabela Hermida, unha compañeira marabillosa. Empezámola por traballo e agora facémola polo gusto de rir ao tempo co público, sobre todo porque falamos do xénero masculino dunha maneira un tanto sarcástica...

_No 2006 gañaches un Mestre Mateo á Mellor Actriz por Un franco, 14 pesetas, unha película sobre a emigración. Supoño que foi un dos proxectos máis importantes na túa carreira… _Si, foi o primeiro papel que interpretei completamente segura do que construíra. En agosto volvo a ese soño, xa que imos rodar Un franco, 20 pesetas, xa somos turistas. Rodar nun paraíso perdido é unha emoción difícil de describir. É un sentimento compartido con todos os que alá fomos, vinculados todos a esa outra patria.

_Tiveches ocasión de traballar en numerosas series de ficción e filmes feitos en Galicia, pero tamén fóra. Existen moitas diferenzas no xeito de facer as cousas aquí e fóra? _Si que atopei diferenzas grandes

_O feito de ser filla de emigrantes e nacer en Suíza, en que aspectos marcou a túa vida? _O espírito de superación é o denominador común, penso, dos fillos de emigrantes. Da miña educación, da miña saúde e da miña formación

“O espírito de superación é o denominador común dos fillos de emigrantes”

como individua ocupáronse a partes iguais meus pais e o Estado suízo. _Ata que idade estiveches aló? _Ata os 15 anos. _Á parte do filme do que falabas antes, Un franco, 20 pesetas, xa somos turistas, que proxectos tes á vista? _De cara ao outono, gravarei unha película con Ángel de la Cruz, Todos os santos, na que dou vida a unha monxa, e rodamos en Lugo! _E xa para rematar, que plans tes para este verán? _Á parte de estar coa miña familia, que vive na provincia da Coruña, en agosto estarei en Ibiza e despois xa me vou a Zúrich.

A que fora unha das protagonistas de Mareas vivas asegura que a calidade e a cantidade da gastronomía lucense non pasan desapercibidas

14

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13


NomeFORMACIÓN de sección

CHARLAS DO BARISTA JOSÉ MANUEL PORTELA EN TORNO AO CAFÉ A sede de Cafés Candelas, situada no polígono lucense do Ceao, foi o escenario dunhas charlas teórico-prácticas sobre o café celebradas do 7 ao 10 de maio e promovidas de forma conxunta pola Apehl e Cafés Candelas. O obxectivo do curso, que foi impartido polo barista fonsagradino José Manuel Portela e que estaba dirixido principalmente a hostaleiros, era aprender a distinguir os distintos tipos de café para poder chegar a unha mestura concreta ou para saber resaltar as características dunha orixe única, para o cal se debe coñecer o proceso de tostado, así como a calidade da auga, a dureza, o pH, o tipo de cafeteira para a preparación etc.

As charlas tiveron lugar na sede de Cafés Candelas

• Formación profesional para desempregados A partir do mes de agosto, a Apehl impartirá dúas accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores desempregados. Trátase dun curso de sommelier de 433 horas e outro de xefe de sala, de 688 horas. Logo da formación, seleccionaranse cinco alumnos que destaquen polo seu rendemento nos cursos para facer prácticas en establecementos hostaleiros. Polo tanto, as empresas interesadas en acoller a alumnos en prácticas non laborais poden poñerse en contacto co departamento de formación desta asociación. • Colaboración con Cáritas Continúa a liña de apoio e colaboración mutua entre a Apehl e Cáritas Diocesanas de Lugo en proxectos sociolaborais e de formación, tales como o proxecto de Cáritas Abrindo Portas, de fomento da inserción laboral na hostalería, que se desenvolveu nos primeiros meses deste ano. A asociación de hostalería colaborou ofrecendo o servizo de formación dos cursos de operacións básicas de cociña e operación básicas de restaurante bar, organizados por Cáritas. • Cursos bonificados Cómpre recordar que a Apehl tamén dispón dun servizo de “formación á carta”, polo que todas aquelas empresas que estean interesadas en realizar unha actividade formativa concreta se poden poñer en contacto coa asociación. HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

15


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ TURISMO

NOVO RÉCORD DE BANDEIRAS AZUIS NAS PRAIAS DA MARIÑA A provincia de Lugo aumentou este ano en tres o número de bandeiras azuis que locen nas súas praias, agora un total de 22. Así, os concellos do Vicedo, Xove, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo poderán presumir este verán non só da beleza das súas praias, senón tamén da súa calidade ambiental e a súa seguridade.

Vista aérea das praias de Barreiros

O día 6 de xuño fíxose pública a lista das praias españolas que este verán lucirán a bandeira azul que anualmente concede a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor atendendo a criterios de educación ambiental, calidade da auga, xestión ambiental, seguridade e servizos. A provincia de Lugo conta con 22 praias nas que este ano ondea o distintivo que acredita a calidade da auga e a seguridade do areal. Trátase da praia de Abrela, no Vicedo; a de Esteiro, en Xove; O Portelo e A Marosa, en Burela; as de Areoura, Peizás, Arealonga, Llas, A Rapadoira, As Polas e Os Xuncos, en Foz; as da Pasada, Lóngara, Arealonga, Coto, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea, en Barreiros; e as dos Castros-Illas, As Catedrais e Esteiro, en Ribadeo.

16

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

De novo son os concellos de Barreiros e Foz os que máis bandeiras conseguen. O presidente da Apehl, Cheché Real, valorou positivamente este novo récord de bandeiras, polos visitantes que atraen ata a Mariña lucense, e referiuse en concreto á boa fama da praia das Catedrais, “unha icona da provincia de Lugo que merece figurar en calquera ranking turístico galego e do exterior”. No conxunto de Galicia, a bandeira azul ondeará este verán en 126 praias. Ademais, cómpre dicir que esta comunidade é a que obtivo outra vez máis bandeiras no conxunto nacional, xa que unha de cada catro recaeu nun areal galego. Por provincias, á cabeza sitúase Pontevedra, con 55 praias, seguida da Coruña, con 49, e finalmente Lugo, con 22.

AS CATEDRAIS E OS CASTROS-ILLAS RECUPERAN A Q DE CALIDADE O día previo a facerse pública a lista de praias con bandeira azul, o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, entregou en Madrid os distintivos Q de Calidade Turística, que avalan a calidade de 174 praias e 12 instalacións náuticas españolas. Desa totalidade, cinco viñeron para praias lucenses. Así, Area e Covas en Viveiro e A Rapadoira en Foz revalidan o distintivo, mentres que As Catedrais e Os Castros-Illas en Ribadeo o recuperan.


Nome de TURISMO sección RIBADEO

Praia das Catedrais. Unha das máis famosas da Mariña lucense polas súas chamativas formacións rochosas, especialmente visibles en baixamar. Ribadeo tamén levou bandeiras para as praias dos Castros-Illas e de Esteiro.

BARREIROS

Praia de Arealonga, característica polo seu aspecto salvaxe. Barreiros é todo un cordón de praias. Conseguiu bandeiras para A Pasada, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea.

Cachenas de San Breixo

T R I A C A S T E L A · L U G O Jordi Ánguez Grases Criador CC065CÑ 600 738 154—982 187 314 info@cachenasdesanbreixo.com

carne exclusiva para clientes exclusivos 1º PREMIO

I Concurso MorfológicoCachena

SEMANAVERDE DE SILLEDA Junio 2012

www.cachenasdesanbreixo.com HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

17


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ TURISMO Praia da Rapadoira, ao pé da vila focense, protexida polo espigón de Laredo e da que parte un longo paseo marítimo. Neste concello tamén ondea a bandeira azul en Areoura, Peizás, Arealonga, Llas, As Polas e Os Xuncos.

FOZ

Foto cedida por Xesús do Breogán

BURELA

18

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Praia da Marosa. Destacan a súa feitura, en forma de cuncha, e a area branca e fina. Ten ao carón unha área recreativa e deportiva. Neste municipio tamén logrou a bandeira azul a praia do Portelo.


Nome de TURISMO sección XOVE

Praia de Esteiro. Foi a única deste municipio en obter o distintivo pero é moi apreciada polo seu estado natural, salvaxe e con dunas, e polas súas boas condicións de vento e ondas para a práctica de surf e windsurf.

O VICEDO

Praia da Abrela. É un extenso areal branco rodeado dunha paisaxe sen urbanizar que lle dá moita tranquilidade e unha vexetación marítima típica.

E S TA A S O C I A C I Ó N D Á M O I T O A S O C I A C I Ó N P R O V I N C I AL DE EMP RES ARIOS DE HOS T EL ERÍA DE L U GO

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

Asistencia laboral

Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 8 €/mes nómina)

Produtos financeiros Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

Obtención e elaboración das listas de prezos

Prevención de riscos laborais

Os socios poderán obter os distintos modelos das tarifas de forma gratuíta

APPCC

Asesoría xurídica

Inspeccións eléctricas

Asistencia contenciosa

Recollida de aceite

Póliza de seguros colectiva

Para cubrir os riscos por accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (15 €/traballador e ano)

Formación específica do sector

9,50

Motor reservas on-line OFICINAS DA ASOCIACIÓN: r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.22.69.12 Fax: 982.24.42.56 E-mail: comunicacion@apehl.org

13,50 21

Delegación Zona Sur

Delegación A Mariña

36

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de Lemos Tfno: 982.41.20.50 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.13.30.47 E-mail: delegacionamarina@apehl.org

48 57

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

19


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ VETERANOS

JESÚS PENA E MARÍA LUÍSA REY. CAFÉ BAR A NOSA CASA

UN DÍA A DÍA SELADO POLA TORTILLA DE MARISA E AS PARTIDAS DE CARTAS

Suso e Marisa levan á fronte de A Nosa Casa case tres décadas, desde 1983

O 1 de maio de 1983 comezaba unha nova etapa nas vidas de Jesús Pena Varela e a súa muller María Luísa Rey Grueira coa apertura do café bar A Nosa Casa, no número 38 (actualmente 36) da rúa Río Navia, no barrio lucense da Milagrosa. Ese mesmo ano fixéronse socios da Apehl. Suso e Marisa, como os coñecen os seus clientes e amigos, coñecéranse uns anos antes e, logo de pasar unha tempada na emigración de Suíza, retornaron á terra para poñerse á fronte deste establecemento hostaleiro. Conta Suso que os comezos non foron fáciles, xa que eles non eran coñecidos no barrio –el é natural de Guntín e Marisa de Castro de Ribeiras de Lea–, e que houbo que ir gañando a clientela pouco a pouco. Porén, lograron saír adiante e estabilizarse; agora recoñecen que coa crise económica as cousas están máis difíciles, aínda que o balance segue sendo positivo. Actualmente, os momentos de máis actividade

20

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

rexístranse á hora dos almorzos e á dos viños, sobre todo nas fins de semana. Unha das cousas polas que é afamado este local é a deliciosa tortilla que prepara Marisa. Nunca falta un aperitivo da clásica mestura de ovos e pataca para acompañar un viño. De feito, comenta Suso que moita xente coñece o bar polo sobrenome de “Marisa da tortilla”. O pincho moruno tamén o ofrecen sempre, mentres que o resto das tapas vaise alternando: uns días callos, outros guiso, outros fabada… E agora no verán tamén adoitan ter ensalada rusa ou de pasta. LOCAL DE MADRIDISTAS Ao longo destes 30 anos, a proximidade co cliente converteuse nun dos eixos principais para o éxito do negocio. Non obstante, Suso recoñece que “é fácil porque todos son coñecidos e hai confianza”.

Un dos temas habituais de conversa en A Nosa Casa é o fútbol. A afección da clientela polo Real Madrid fai que durante a tempada futbolística só pechen os domingos que non xoga o equipo merengue. No verán, en cambio, o bar permanece cerrado os sábados pola tarde e os domingos. Outra das tradicións en A Nosa Casa son as partidas vespertinas de cartas, en concreto de subasta cantada. O enfrontamento amistoso ante o tapete por facerse co triunfo serve de pasatempo a varios grupos de amigos do barrio. “E hai uns anos a moitos máis”, asegura Suso, que tamén é dos que se anima cos naipes cando a clientela llo permite. Suso asegura que xa ten ganas de retirarse, posto que a profesión de hostaleiro “queima moito”, pero a valoración que fai da súa traxectoria á fronte de A Nosa Casa é “boa” e se algo destaca destes anos detrás da barra é a “humildade e a sinceridade” dos clientes.


Nome NOVOS de SOCIOS sección

BALCÓN DE SAN BARTOLO

CÓMIC GALLERY BAR

Este hotel familiar de dúas estrelas entrou en funcionamento no 2009 e está situado á beira da praia de San Bartolo, unha das máis concorridas do concello mariñán de Barreiros. De nova construción, conta con 15 habitacións –dobres e individuais–, a maioría con vistas ao mar. Cada unha dispón, á súa vez, de caixa forte e mini bar, entre outros servizos. A decoración é moderna e os aloxamentos inclúen almorzo bufete. O hotel tamén ten restaurante no que se ofrece comida á carta. A paella de mariscos, a 18 euros para dúas persoas, é a especialidade do local. No Balcón de San Bartolo hai terraza, aparcadoiro, xardín e zona wi-fi gratuíta.

O Cómic é un pub lucense que abriu as súas portas hai uns meses no corazón do casco histórico da cidade amurallada. Situado no número 8 da praza do Campo, se por algo destaca este moderno local de copas é pola súa decoración inspirada nos superheroes clásicos da historia do cómic. A clientela maioritaria deste pub é xuvenil, cunha idade que non adoita pasar dos 30 anos.

Avenida Casiano Moreno, s/n – Barreiros – Tel.: 982 124 226 / 634 832 584 www.hotelbalcondesanbartolo.com

Praza do Campo, 8 – Lugo – Tel.: 630 985 569

TAPERÍA BARPANTA CERVECERÍA

LA BUENA VIDA

O 22 de xuño inaugurábase a Tapería Barpanta no centro comercial Porto Plaza de Burela. O Barpanta é un bar de tapeo no que se pode degustar unha gran variedade de táboas que levan o nome dos distintos barrios de Burela. Unha delas, a especial, inclúe solombo, lagostinos, pescado de tempada, chuletón e mexillóns. Tamén teñen outra orientada aos nenos. Á parte, ofrecen racións, pratos combinados e tapeo gratis coas consumicións.

Desde marzo de 2009, quen queira desfrutar dun agradable cóctel ou dunha copa elaborada só ten que achegarse ata La Buena Vida. Situado no barrio lucense das Fontiñas, conta con cartas elaboradas de xenebra, vodka e tónicas, así como unha ampla variedade de cócteles, desde os máis tradicionais, coma o Cosmopolitan, ata os máis actuais, coma o daikiri de fresa. Os domingos adoitan organizar actividades variadas, como actuacións musicais e de monologuistas. Abre de martes a domingo a partir das 16.30 horas.

Pardo Bazán, 4 (1ª planta centro comercial Porto Plaza) – Burela – Tel.: 982 888 302 / 689 555 048

Primavera, 40 – Lugo – Tel.: 617 227 665 - www.facebook.com/labuena.vida

O NOVO

LA FLOR

O casco antigo de Lugo conta desde o mes de febreiro cunha nova bocatería. En O Novo son especialistas na elaboración de bocadillos, perritos calientes, hamburguesas e sándwichs. Ademais, coas consumicións serven dúas tapas moi características do local: as salchichas a lo Novo, que van acompañadas dunha salsa caseira a base de bechamel, e a ensalada rusa con xamón de York e vinagre de módena. Conta con terraza exterior na rúa da Cruz. Abre de 12.30 a 16.00 horas e de 19.00 a peche, e cerra os martes.

O café bar La Flor está situado á beira da Praza Maior de Meira, lugar onde se desenvolve gran parte da actividade socioeconómica deste concello lucense e capital da comarca homónima. La Flor abre de luns a domingo, polo que o cliente pode achegarse ata alí desde primeira hora da mañá para almorzar e ata a noite, para tomar un viño ou calquera outra consumición. Os días de máis dinamismo son os domingos de feira, que se celebra cada 15 días. Dispoñen de terraza exterior no verán.

Cruz, 16 – Lugo

Praza Maior, 16 – Meira – Tel.: 982 330 078

CAMELOT O café bar Camelot ten dúas orientacións claras: por unha parte, os cafés e os almorzos e, por outra, os viños e o tapeo. Entre as tapas de cociña que ofrecen destacan os mexillóns, a orella, os chourizos ao viño e a tortilla. Se ben a traxectoria do Camelot aínda é curta –abriu o 15 de xuño–, o seu propietario xa constatou que as horas de máis actividade se sitúan entre as 7 da tarde e as 12 da noite. A súa decoración en madeira e pedra segue a liña da gran maioría dos locais hostaleiros da zona vella de Lugo. O local conta cunha bodega subterránea que nun futuro próximo se dedicará á consumición de racións. Pechan os domingos.

Camiño Real, 76 – Lugo – Tel.: 982 243 858

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

21


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS A NOSA CASA

CACHET

O cámping A Nosa Casa está situado á beira da praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante. Trátase dun centro vacacional que dispón de 160 parcelas para tendas de campaña e autocaravanas, seis bungalows e mesmo un hotel de nove habitacións dobres con servizo de cuarto de baño. Conta con todos os servizos que debe ter un cámping, como duchas de auga fría e quente, WC individuais, servizo de lavandería, secadora, aparcadoiro, supermercado e restaurante. Este último está enfocado aos moradores do cámping, aínda que tamén atende a clientes de fóra. Nel ofrecen un menú do día a 12 euros e bocadillos.

Este pub integrado no Complejo Vía Santiago inaugurouse baixo unha nova xerencia a principios do mes de xuño. En Cachet pínchase fundamentalmente música para bailar mesturada con temas máis comerciais, en función do ambiente e da xente que haxa en cada momento. Sofía Sangiao, a propietaria, comenta que a súa idea é especializarse en coctelería e cafés elaborados. O local conta con pista de baile, zona de butacas e barra, ademais de luces led e láser. Abre venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos a partir das 11 da noite.

Estrada da Praia, 42, Reinante – Barreiros – Tel.: 982 134 005 www.campinganosacasa.com

Estrada de Santiago, km 2 – Lugo

EL CANTÓN DE BAILÉN

CASA GRANDE DE ROSENDE

Neste café bar monfortino ofrécense tapas para acompañar as consumicións e racións, pero a súa verdadeira especialidade son as táboas de embutidos. O local no que se encontra era un antigo comercio de teas, polo que houbo que acometer numerosas reformas para a súa transformación nun establecemento de hostalería, aínda que os seus propietarios quixeron conservar a esencia do local mantendo os seus mobles antigos, coma o balcón de madeira. Así, a decoración poderíase definir como romántica, cun toque vintage, e á vez minimalista. Ten capacidade para unhas 80 persoas e dispón de terraza exterior.

Este pazo, construído pola familia Díaz Varela no século XVI, explótase desde hai 15 anos como aloxamento de turismo rural. Os seus actuais propietarios rehabilitárono mantendo integramente a súa construción orixinal con grosos muros de granito, pisos de castiñeiro e teitos rústicos de madeira. A casa conta con 12 habitacións (nove dobres e tres individuais) para os hóspedes e outras cinco para a familia propietaria, que tamén vive nel. A conservación do mobiliario orixinal dá lugar a un ambiente decimonónico. Así, a capela, a solaina, a lareira, a biblioteca e as amplas bodegas reflicten a súa singularidade.

Praza Doutor Goyanes, 9 – Monforte de Lemos – Tel.: 667 676 973

Rosende, 80 – Sober – Tel.: 982 460 627 / 615 240 230 www.casagrandederosende.com

CASA OLGA

CAMBIO DE TITULARIDADE

Casa Olga leva aberta ao público desde o ano 2004. Trátase dunha edificación de nova construción que conta con catro habitacións (triplas ou dobres con opción de uso individual) que se alugan de xeito individual, aínda que tamén existe a opción de alugar a casa enteira. Dispón de servizo de lavandería e secadora. Ademais, conta cunha finca cerrada para cabalos, idónea para aqueles que fan a cabalo o Camiño de Santiago (está situada no Camiño Francés). Tamén teñen servizo de microbús e transporte de mochilas. Está nun sitio tranquilo, ideal para descansar.

HOTEL PUERTA DE SAN PEDRO

Rúa do Castro, s/n – Triacastela – Tel.: 982 548 134 / 660 264 170 www.casaolga.net

O Hotel Puerta de San Pedro (3 estrelas), situado en pleno centro de Lugo, xunto á muralla e fronte á estación de autobuses, é un moderno establecemento de oito plantas e 36 habitacións, todas elas exteriores, con abundante luz natural e dotadas de equipamentos básicos como aire acondicionado, TV, wi-fi, minibar etc. Algunhas habitacións son triplas e outras están adaptadas para persoas de mobilidade reducida. Ofrecen servizo de cafetería e bufete para o almorzo. O hotel dispón, así mesmo, dunha sala de reunións de 40 metros cadrados para a celebración de pequenos eventos de empresa. Ademais, a través dun acordo cun establecemento hostaleiro da zona, dispoñen de servizo de restauración. Río Neira, 29 – Lugo – Tel.: 982 222 381 - www.hotelpuertasanpedro.com

M EDIO AM B IEN TE M PRES A CERTIFICADA

ISO 4 0 0

MA-1869/10

Cer t if ic a t io n Tec h n o l o g ic a l Cen t er

SEGURIDAD ALIM ENTARIA EM PRESA CERTIFICADA

ISO 2 2 0 0 0 EA-0032/10

Cer t if ic a t io n Tec h n o l o g ic a l Cen t er

IFS (v .5) Agosto 2007

CC - IFS - 13 / 10

ACREDITADO POR ENAC

PRODUCTOS CÁRNICOS, EMBUTIDOS, SALAZONES Y DESPIECES. Villamoure – Saa 27188 LUGO

22

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Télefono: 982 208 163 – 982 208 900 Fax: 982 208 110 Mail: lualco@lualco.es

SERVICIO ESPECIAL PARA HOSTELERíA


Nome NOVOS de SOCIOS sección

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

23


ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ NOVOS SOCIOS

24

HOSTELERรA LUCENSE - Nยบ 13

Hostelería Lucense e Turismo 13  

Revista da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you