Hostelería Lucense e Turismo 11

Page 1

E

HOSTELERÍA LUCENSE

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

PARA COMER,

Decembro 2011

número

11

O AZKAR LUGO ÚNESE Á MARCA LÉVAA AOS PARTIDOS DE FÚTBOL SALA NAS SÚAS EQUIPACIÓNS DE XOGO

OS PRODUTOS ECOLÓXICOS E DAS RAZAS AUTÓCTONAS ENTRAN NOS MENÚS Cogomelos ao fogo nas III Xornadas de Micogastronomía

Sete edicións para o Concurso de Tapas de Lugo

Humildad cóntanos a súa historia á fronte do Hostal Riosol



EDITORIAL/SUMARIO HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

PRÓXIMOS PROXECTOS DA APEHL A provincia volveu facer este ano honor á súa fama gastronómica, ben recollida na marca …E para comer, Lugo, coa organización dos tradicionais concursos de tapas nos que os hostaleiros lucenses despregan as súas boas artes culinarias. Neste número da revista dámoslles cobertura aos que se celebraron nos meses do verán e do outono en Lugo, Chantada, Muimenta, Covas e Lourenzá, pero tamén os hai noutras moitas localidades, coma Mondoñedo, Sarria, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón ou Vilalba, por exemplo. Estes certames xa levan varias edicións ás costas e co paso do tempo van gañando en participación tanto de establecementos de hostalería coma de público. Por suposto, o nivel das propostas gastronómicas tamén é cada vez maior nas habituais modalidades de tapa tradicional e creativa, o que deixa entrever como as nosas materias primas se adaptan perfectamente a receitas veteranas e innovadoras. Sen dúbida, os concursos constitúen unha excelente carta de presentación da provincia ante os turistas. Por este motivo, a idea que temos na Apehl é crear un concurso provincial como unha gran final do tapeo lucense á que poidan concorrer os vencedores dos concursos municipais e locais que se están desenvolvendo na actualidade. Esperamos reunir o apoio suficiente para levar a cabo axiña este proxecto co que atraer máis visitantes amantes do xantar e co que poñer en maiúsculas o nome dos hostaleiros e da súa cociña.

SUMARIO HISTORIA DO HOSTAL RIOSOL

6

7º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO

12

XORNADAS MICOGASTRONÓMICAS

14

O DEPORTE ÚNESE Á MARCA

16

MENÚS ECOLÓXICOS

22

NOVA LEI DE TURISMO

30

EDITA: ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.226.912 Fax: 982.244.256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org Delegación A Mariña

Ademais de difundir a gastronomía lucense, dende a Apehl tamén adoitamos colaborar na promoción xeral da provincia, especialmente mediante a realización da guía turística …E para comer, Lugo que todos coñecedes. Estamos ultimando a que xa é a quinta edición deste anuario co que representaremos unha vez máis a provincia en Fitur, a Feira Internacional do Turismo en España, onde faremos a súa presentación pública.

PRODUCIÓN: Transmedia Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, Entrechán A Tfno.: 982.221.278 E-mail: transmedia@ctransmedia.com DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

E

A guía, que despois se distribuirá noutras feiras sectoriais, así como en hoteis, oficinas de turismo, centros de representación galega nas capitais españolas e estranxeiras e operadores turísticos nacionais, incluirá, coma sempre, un completo directorio dos locais asociados.

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.133.047 E-mail: delegacionamarina@apehl.org

PARA COMER,

- Productos de limpieza - Detergentes y sistemas para lavandería - Celulosa - Complementos - Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo - Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

3


FORMACIÓN

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

CHARLAS SOBRE O USO DA INTERNET PARA AS PEME DO SECTOR HOSTALEIRO

Asistentes á charla organizada en Lugo no local de Cáritas

Seguindo o seu plan de actividades formativas, a Apehl organizou durante o último trimestre do ano 2011 un programa de charlas que se desenvolveron en numerosas localidades da provincia de Lugo. Estas “Demostracións prácticas orientadas á utilización dos medios sociais na internet para a mellora da competitividade das PEME” do sector da hostalería e turismo estiveron dirixidas

Xornada formativa no Multiusos de Monforte

4

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

a diversos colectivos, entre os que se atopaban empresarios, autónomos, colaboradores de autónomos, estudantes de hostalería, persoas desempregadas e todas aquelas interesadas en traballar neste ámbito ou en crear o seu propio negocio. A Casa de Cultura, os locais da Apehl na Delegación da Zona Sur, o local social de Santa Mariña e o Multiusos, todos eles pertencentes a Monforte de Lemos; a Escola de Hostelería Belarmino Fernández de Sober; a Cruz Vermella de Burela; Cáritas Diocesanas de Lugo; o IES Foz e os locais da Apehl en Lugo foron algúns dos escenarios onde se impartiron estas xornadas de formación. MÁIS INFORMACIÓN EN LUGOON.COM Dado que os medios sociais son unha plataforma para escoitar a voz dos consumidores –unha voz que poderá ser oída por calquera en calquera parte–, a industria da hosta-

lería ao completo meteuse de cheo nos medios sociais para espremer todas as súas vantaxes. Estas vantaxes son presentadas nesta nova proposta dixital, www.lugoon.com, que a Apehl creou para facilitar información a aquelas persoas interesadas en ter a súa propia páxina web, co obxectivo de integrarse no mercado a través das redes sociais. No apartado ‘Eventos’ da páxina pódese consultar toda a información relativa a cada unha das devanditas charlas sobre o uso da internet que se realizaron por toda a provincia.


NomeFORMACIÓN de sección

ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE HOSTALERÍA PARA INMIGRANTES E RETORNADOS A sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo acolleu o 7 de setembro o acto de entrega de diplomas que recibiron as persoas asistentes aos cursos de Recepcionista de hotel, Camareira de establecementos hoteleiros e Cociña. Os cursos impartíronse durante os meses de agosto e setembro e estiveron dirixidos a inmigrantes e retornados inscritos como demandantes de emprego. O acto contou coa presenza do presidente da Apehl, Cheché Real, e do xefe de servizo da Secretaría Xeral de Emigración, Joan Ribot. Estas accións formativas foron promovidas pola Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga), co financiamento da Secretaría Xeral de Emigración e do Fondo Social Europeo, co obxectivo de

incrementar os estudos vinculados co sector e a incorporación á actividade

hostaleira das persoas inmigrantes e retornadas.

O presidente da Apehl e o xefe de servizo da Secretaría Xeral de Emigración estiveron presentes no acto

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

5


VETERANOS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HUMILDAD ESTEBAN RUBIO. HOSTAL RIOSOL

“NOSOTROS AQUÍ LLEGAMOS DESCALZOS Y POCO A POCO NOS FUIMOS CALZANDO”

Aínda que Humildad está xubilada, acode ao hostal ao diario, asegurándose de que todo funcione ben

H i 75 anos nacía Hai í nunha h aldea ld zamorana Humildad Esteban Rubio. A súa infancia estivo marcada pola vida familiar na casa dos seus pais, pero o seu destino daría un xiro de 180 graos aos 16 anos, cando se trasladou co seu irmán maior a Monforte de Lemos para facerse cargo do hoxe desaparecido bar América. “Teníamos un tío en Viana do Bolo que fue el que les dijo a mis padres que se traspasaba un bar en Monforte por 135.000 pesetas y como ellos querían un porvenir mejor para nosotros, aprovecharon la oportunidad y nos vinimos mi hermano y yo para aquí”, recorda Humildad que, se ben recoñece que o cambio da aldea á cidade foi grande porque o xeito de vida é moi distinto, tamén salienta que “en casa de mi madre tenían una taberna, por lo tanto yo ya sabía lo que era la hostelería”. A pesar dos numerosos esforzos e do moito que tiveron que traballar para saír adiante, a estes dous irmáns a

6

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

vida id sorriulles i ll dende d d a súa ú chegada h d a terras de Lemos. “Nosotros aquí llegamos descalzos y poco a poco nos fuimos calzando. Trabajábamos de día y de noche, trabajábamos muchísimo”, sentencia Humildad. Uns anos máis tarde, cando o América xa funcionaba a pleno rendemento estimulado pola efervescencia ferroviaria, apareceu unha nova oportunidade de progreso: xusto en fronte do bar vendíase un terreo que determinaron comprar para levantar alí o que máis tarde sería o hostal Riosol. Corrían entón os anos sesenta. O negocio comezou sendo unha cafetería, logo chegaron o restaurante e o salón de banquetes para vodas e, máis tarde, os cuartos. O nome tomárono doutra pensión que había en León e que se chamaba igual: “Nos lo propuso un familiar de allí, nos pareció un nombre bonito y se lo pusimos”. Conta Humildad que naquela época o traballo rendía moito máis que

agora. “E “En M Monforte había f h bí mucho h movimiento, mucha gente y, al estar al lado de la estación de ferrocarril, la situación nos favorecía aún más”. Certamente, o ferrocarril foi o motor da cidade durante moito tempo, ao ser esta estación un nó fundamental entre as de Madrid e A Coruña. Humildad menciona tamén a academia na que se formaban os futuros ferroviarios e que eran unha “pandilla enorme”, recorda. A cofundadora do hostal Riosol ten palabras de agradecemento para os monfortinos. A eles refírese como persoas que os acolleron moi ben: “Eran todos muy serviciales y nos ayudaron mucho”. A clientela foi cambiando co paso dos anos, unha evolución en boa medida motivada pola transformación do ferrocarril, pasando dos ferroviarios da época do carbón e das locomotoras de vapor aos operarios que chegaron á cidade para manexar as novas máquinas eléctricas. “El día que les pagaban a los ferroviarios, en el Riosol se juntaba


Nome VETERANOS de sección una marea enorme de gente: unos venían a saldar sus deudas, otros a jugar su dinero y otros a comer una mariscada, que en aquel tiempo no era tan caro”. Pero a cousa cambiou co traslado do nó ferroviario e do posto de mando a Ourense, o que motivou o desmantelamento da estación monfortina e o peche de numerosos talleres e doutros negocios que dun xeito ou doutro vivían do tren. Como consecuencia, a cidade perdeu poboación e os consumidores diminuíron. Durante moitos anos, o lugar onde máis tempo pasou Humildad foi a cociña do restaurante, xa fora facendo menús do día para os hóspedes da pensión e demais comensais ou elaborando saborosos pratos para os numerosos banquetes que lles encargaban. Quizais por iso non se acorde ben de todos os personaxes públicos da época que pasaron polo Riosol. O que ten claro é que alí estiveron persoas “muy importantes”, entre elas o ex presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo. Anos máis tarde, Humildad e o seu marido decidían embarcarse nunha nova aventura. A historia comezaba outra vez coa compra dun soar, esta vez en fronte do Riosol, para construír un hotel con máis capacidade có hostal e que contase coas comodidades e a modernidade propias da época. Así naceu o Conde de Lemos. Porén, cando comezou a funcionar, a finais dos anos noventa, a actividade en Monforte xa non era comparable á de anos atrás, polo que, afirma, “hubo épocas en las que lo pasamos mal porque el América había dado para el Riosol, pero el Riosol no dio para el Conde de Lemos. Afortunadamente, poco a poco lo fuimos levantando y lo hemos sacado adelante”.

Así loce na actualidade a cafetería do hostal

Afi H ild d que desde d d que o Afirma Humildad seu marido faleceu, hai 17 anos, ela foi pasando a un segundo plano ata a súa total xubilación, momento no que tres dos seus seis fillos se fixeron cargo dos negocios. Ao longo desta dilatada andaina profesional quedan moitos recordos e anécdotas inesquecibles, pero quizais o que máis tristeza lle provoca á fundadora do hostal Riosol é ver como a cidade do Cabe foi perdendo movemento e habitantes: “Antes, llegaba el domingo y daba gusto ver la plazuela llena de gente después de misa, y lo mismo ocurría cuando

llllegaban b los l trenes, t h pero ahora nii tte enteras”, rememora cun certo ton melancólico. Iso si, hoxe en día Humildad bota a vista atrás e está satisfeita porque foi capaz de labrar un futuro para os seus fillos. Agora que o tempo de traballar xa pasou, aproveita para desfrutar de todo o que non puido antes: viaxa, asiste a clases de pintura e de pandeireta, fai obras de teatro... “Mi vida fue trabajar y parir”, di, aínda que confesa que bota de menos a rutina de antano e que lle gustaría ter vinte anos menos para continuar traballando.

A ACTUALIDADE O Riosol é agora unha sociedade integrada polos seis fillos de Humildad, aínda que só tres deles –Dunis, María Jesús e Miguel Ángel– traballan nel a diario. Dun tempo para acó tiveron que acometer algunha reforma e adaptarse aos tempos que corren, sobre todo acostumarse a que xa non se vive do tren, senón unicamente dos veciños.

Non obstante, aquel hostal restaurante que nacía na década dos sesenta é na actualidade un dos establecementos hostaleiros con máis tradición da cidade do Cabe. Referímonos, polo tanto, a un local que todos os monfortinos coñecen, en especial polas súas tapas á hora dos viños e pola súa cociña caseira e tradicional.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

7


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

A MARCA …E PARA COMER, LUGO VIAXOU DE NOVO AO SAN FROILÁN CATALÁN

A marca …E para comer, Lugo luciu no escenario da praza durante as tres xornadas do San Froilán catalán

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo luciu a súa marca …E para comer, Lugo por segundo ano consecutivo nas festas do San Froilán da Cidade Condal, tras o convenio asinado coa asociación Amigos de San Froilán de Barcelona en 2010, responsables do evento. Con este acordo, a Apehl continúa a promover a provincia como un destino turístico singular, para o que conta co apoio de empresarios galegos de Barcelona, moitos deles hostaleiros ligados á Asociación.

presentado oficialmente por autoridades tanto de Lugo como de Barcelona, entre as que se atopaba o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. Tamén se deixou notar nas rúas barcelonesas o popular Domingo das Mozas, amenizado co pasacalle de Cantigas y Agarimos de Badalona. Ese día oficiouse unha misa na honra do patrón lucense, acompañada polas corais Irmandade a Nosa Galiza de Mollet e Botafumeiro de Cerdanyola e pechada cunha procesión. O San Froilán catalán despediuse

esa noite co folk de Cova da Serpe e con verbena ata o solpor. O programa destes festexos incluíu diversas actividades para o público cativo e actuacións de grupos de música e baile tradicional, coma do Centro Galego de Barcelona, da escola de baile A Tot Compàs, a Banda Sinfónica de Nou Barris, Toxos e Xestas e Airiños Galegos. Ademais, os visitantes tiveron a oportunidade de mercar produtos lucenses nos puntos de venda habilitados para o evento.

O cartel coa marca gastroturística pendurou do escenario instalado na praza Maior do distrito de Nou Barris durante as tres xornadas nas que se celebrou o San Froilán, do 30 de setembro ao 2 de outubro. A praza vestiuse de festa galega a partir da tarde do venres coa izada da bandeira galega ao son da música da banda de gaitas Rosalía de Castro de Cornellá. O sábado, o San Froilán foi

8

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

Os actos programados obtiveron moi boa resposta por parte do público


ENERGร A DE 4 TENEDORES

Calefacciรณn

Agua caliente sanitaria

Cocina

Climatizaciรณn

GAS PROPANO CEPSA

LA OPCIร N Mร S VERSร TIL Y ADAPTADA A TU NEGOCIO GAS PROP$12 &(36$ HV OD DOWHUQDWLYD PiV FRPSOHWD SRU 6X HยฟFDFLD JUDFLDV D VX HOHYDGR SRGHU FDORUtยฟFR TXH SURSRUFLRQD FDORU KRPRJpQHR 6X HFRQRPtD FRQ LQVWDODFLRQHV VHQFLOODV DGDSWDGDV D OD PHGLGD GH WXV QHFHVLGDGHV 6X FRPRGLGDG \ JDUDQWtD GH VXPLQLVWUR

607 234 674 $JHQFLD FRPHUFLDO GH /XJR

LLร MANOS SIN COMPROMISO y sรณlo por informarte recibirรกs un lote de regalos para tu negocio

TODO LO BUENO QUE HAY EN CEPSA GAS Atenciรณn al Cliente: 902 416 416

www.cepsa.com


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

A QUINTA GUÍA …E PARA COMER, LUGO VOLVERÁ REPRESENTAR A PROVINCIA EN FITUR Un ano máis, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo volverá representar a provincia na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) coa presentación da quinta edición da guía …E para comer, Lugo.

Esta cita reúne cada ano a recoñecidos lucenses establecidos en Madrid, como a escritora Marta Rivera de la Cruz, os xornalistas Jenaro Castro e Esther Eiros, o presentador José Manuel Parada ou o delegado da Xunta en

Despois de promocionar as comarcas luguesas, as festas populares, as rutas xacobeas e os segredos naturais, patrimoniais e gastronómicos de cada un dos 67 municipios, neste volume abordaranse os atractivos da provincia desde un novo punto de vista, cuxo propósito máis destacado será facilitarlle a ruta ao visitante. Non obstante, haberá que esperar ao mes de xaneiro para coñecer o contido da guía. O que si vai incluír, como é habitual, é o directorio de todos os establecementos asociados á Apehl. Presentación pública da guía en Fitur 2011

10

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

Madrid, José Ramón Ónega. O lanzamento do anuario tamén está sempre arroupado polos principais representantes das administracións local, provincial e autonómica.


NOVAS

A APEHL ASINOU UN CONVENIO CO AZKAR PARA A PROMOCIÓN DA MARCA Dende o seu segundo partido de liga, o primeiro equipo do Azkar Lugo promove a marca …E para comer, Lugo a través das súas tres equipacións de xogo (azul, branca e negra). Este é un dos acordos aos que chegou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo co club lucense tras a sinatura do convenio de colaboración entre ambas as entidades.

comer, Lugo, polo que este paso dado vén a reforzar as boas relacións existentes. Dende un primeiro momento, nas publicacións e nos actos dun e doutro vanse facer publicidade mutua e contarán tamén coa implicación

de todos os establecementos socios da Apehl e dos distintos equipos que conforman o Azkar, pero estudaranse ademais outras fórmulas de promoción conxunta das dúas marcas.

A firma do convenio, que rubricaron o presidente do Azkar, Manuel Vázquez, e o presidente da Apehl, Cheché Real, tivo lugar o 7 de setembro nas instalacións do club e nela tamén estivo presente o vicepresidente da Apehl, José Manuel Cela. O club lugués xa viña colaborando estes anos coa asociación de hostaleiros na difusión da marca …E para

José Manuel Cela, Manuel Vázquez e Cheché Real tras a sinatura do convenio

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

11


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

O PAPRICA E A TABERNA DO ESPAÑA GAÑAN O CONCURSO DE TAPAS DE LUGO Unha porción abundante de calidade, unhas pingas de orixinalidade, un chisco de suxestión e moita participación. Eses foron os ingredientes da sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo.

Foto de familia dos finalistas cos organizadores e os patrocinadores do certame

Que aos lucenses lles guste o tapeo está moi ben, pero que os bares e restaurantes da cidade se reinventen cada ano coas súas saborosas creacións é un feito digno de eloxio. Con estas premisas daba comezo o pasado 9 de setembro a sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo no que se deron cita 40 establecementos hostaleiros que participaron nas categorías tradicional e creativa, respectivamente. A calidade e a orixinalidade das propostas convertéronse nos pretex-

tos perfectos para saír a tomar unha tapa, ou varias, durante os 16 días nos que se prolongou a competición. Unha vez rematada a exhibición gastronómica, chegou o momento de coñecer os gañadores. O xurado profesional, integrado por recoñecidos gastrónomos e cociñeiros galegos como Roberto Wagner, representante do Centro Superior de Hostalería de Galicia; Xoan Cannas, sommelier do restaurante Pepe Vieira Camiño

da Serpe e gañador do premio Nariz de Ouro 2004; Marcos Cerqueiro Rey, cociñeiro do restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela; Antonio Graña, director do Parador de Ribadeo, e Manuel Gago, xornalista e blogueiro especializado na gastronomía galega, emitiu o seu veredicto a finais de setembro. A Taberna do España convenceu o xurado no apartado tradicional grazas a un prato cuxo ingrediente principal

VIÑOS GALEGOS CON NOME PROPIO

Distribuidor para LUGO: López Freire S.A. Telf: 982.26.37.15

12

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

Bodega Coop. Virgen de Las Viñas Avda. Campogrande, 97. 32350. A Rúa de Valdeorras. Ourense (España) Telf: 988.31.06.07 Fax: 988.31.20.16 E-mail: market@cooperativarua.com Web: www.cooperativarua.com


NOVAS

A proposta da Taberna do España venceu na categoría tradicional

foi o xarrete de tenreira ecolóxica de raza cachena adubado no forno con verduras e viño da Ribeira Sacra e acompañado por unha salsa obtida de ligar viño, castañas e mazá salteada. A segunda clasificada foi a filloa rechea de marisco con crema de gambas proposta por As Muxicas do Xoldra. Na categoría creativa foi o Paprica quen obtivo o primeiro posto cunha suxestiva combinación de berberechos ao vapor con arroz inflado, aceite, azafrán e aneto fresco cunha crema de nécoras e pescada, todo isto acompañado por unha infusión de piñeiro, loureiro e eucalipto, preparada con anhídrido carbónico e concibida para desfrutala a través do olfacto.

Na categoría creativa, o premio foi para esta orixinal invención do Paprica

O segundo posto foi para a tapa de sardiña, crocante de broa, maionesa de carbón e perlas de pemento presentada polo restaurante España. Uns días máis tarde, o 17 de outubro, a organización daba a coñecer o resultado da votación popular. Nesta ocasión, o Xoldra conseguiu seducir o público cunha tapa que combinaba segredo ibérico con milfollas de verdura e salsa española con redución de viño O Porto. A Proba de matanza da Cervecería Lugo foi outra das minipropostas galardoadas este ano ao conseguir os premios á mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra e á mellor tapa elaborada con xamón.

A gañadora da votación popular foi esta creación do Xoldra

O punto e final desta sétima edición do concurso púxose o 24 de outubro co sorteo de numerosos agasallos para o público participante. En total repartíronse 20 premios consistentes en estancias en hoteis, fins de semana en casas de turismo rural, lotes de produtos, bonos termais e unha viaxe ecolóxica pola Ribeira Sacra valorada en 1.200 euros. Grazas á implicación dos hostaleiros e dos lucenses –avalada polas 42.000 tapas vendidas e un volume de negocio de 100.000 euros–, este certame vaise consolidando ano tras ano coma un referente dentro das competicións gastronómicas de primeiro nivel.

A dobremente premiada Proba de matanza, da Cervecería Lugo

VIÑA do CAMPO www.bodegasdocampo.com HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

13


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

AO RICO E COMESTIBLE COGOMELO… Unha das citas clásicas do outono é a recollida de cogomelos e á Sociedade Micolóxica Lucus e á Apehl non lles pasou desapercibida. Este ano organizaron conxuntamente en Lugo unha nova edición das Xornadas sobre Micogastronomía para mostrar como identificalos, como manexalos e como darlles unha volta na cociña. Algunhas das receitas rubricounas Carlos González Vidal, do restaurante España.

As xornadas micogastronómicas deste ano volveron xuntar cociñeiros e afeccionados á micoloxía no recinto feiral da cidade

As III Xornadas sobre Micogastronomía: a cociña dos cogomelos reuniron unhas duascentas persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os días 11 e 12 de novembro. No programa desta edición, a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo volveron combinar as charlas técnicas con obradoiros gastronómicos. Esta iniciativa lévana a cabo co apoio da Deputación Provincial de Lugo e do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer a riqueza e as posibilidades dos recursos dos montes. Así o fixeron saber na presentación oficial do evento os representantes das devanditas entidades e institucións organizadoras, entre eles o presidente da Apehl, Cheché Real.

14

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

O ciclo de conferencias quedou inaugurado o venres pola tarde coa intervención de Julián Alonso Díaz, quen falou sobre os mellores cogomelos comestibles e as súas confusións tóxicas. Ao presidente da Sociedade Micolóxica Lucus

seguiuno Conchi Zúñiga, que presentou o seu blog especializado www.cocinandosetas.com, todo un receitario dixital moi persoal no que propón a incorporación de fungos en sopas, pastas, verduras, peixes, arroces e noutros moitos menús.

Crema de champiñóns con Boletus secos e crocante de xamón, unha receita de Conchi Zúñiga


NOVAS

Carlos González (Restaurante España) preparando crema de Boletus edulis con foie, ovo a baixa temperatura e xogo de trufa

O sábado 12 pola mañá puxéronse en marcha as sesións teórico-prácticas da man do docente Jesús Blanco Rey e as súas técnicas aplicables á cociña dos cogomelos. A continuación foi Carlos González Vidal, cociñeiro do restaurante lucense España, quen se puxo á fronte dos fogóns para preparar, e comentar á vez, xunto con Jesús, algunhas receitas apropiadas para potenciar o sabor dos fungos. Na quenda da tarde, José Luis Tomé Ortega, membro da Asociación Micolóxica Brincabois

de Pontevedra, analizou especificamente o uso do xénero Cantharellus en micogastronomía, levándoo logo ao prato nun obradoiro impartido coa blogueira Conchi Zúñiga. As xornadas, de carácter gratuíto, estiveron dirixidas ao público en xeral, coma sempre, así como aos profesionais do sector da restauración e aos afeccionados á micoloxía e a gastronomía.

PRATOS MICOGASTRONÓMICOS Nos obradoiros de cociña das xornadas deste ano déronselles aos asistentes algunhas clases prácticas para sacarlles partido aos cogomelos como ingredientes principais ou secundarios, o que xa é un costume habitual neste evento micogastronómico. Así, os fungos protagonizaron unha lasaña tres cogomelos con crocante de xamón e queixo, un volován de Boletus e tamén dúas cremas, unha Boletus edulis con foie, ovo a baixa temperatura e xogo de trufa e outra de champiñóns con Boletus secos e crocante de xamón, e serviron de acompañamento, por exemplo, no prato da perdiz en tres coccións con peras e níscalos ao viño ou no de San Simón, froitos secos e fungos.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

15


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

…E PARA COMER, LUGO PONSE EN FORMA O regatista Gonzalo Araújo enrólaa no seu barco, os irmáns Sergio e Diego Vallejo lévana de rallye e o equipo do Azkar xoga con ela os partidos de fútbol sala. A marca gastroturística lanzada pola Apehl no 2007 promóvese coa colaboración destes deportistas que non esquecen as bondades da cociña lucense alí onde compiten.

Os xogadores do Azkar Lugo posaron coa marca antes do partido contra o Cartagena

NOS PARTIDOS DO AZKAR LUGO O Azkar Lugo é moi seguido na cidade cidade. A orixe do club remóntase ao 1984, cando o fundaron os traballadores de Garaxe Villares co nome desta empresa para xogar nas competicións locais. Despois viñeron o salto ás competicións nacionais e a creación das categorías inferiores e da escola de fútbol sala, a primeira Copa Xunta de Galicia e a participación na División de Honra. Na temporada 02/03 tomou o nome actual e na campaña seguinte proclamouse subcampión da Copa de España e gañou a Copa de Europa de Clubs Campións de Copa. Ademais, atraeu a Copa de España a Lugo, onde se celebrou na tempada 06/07. Na actualidade está inmerso no proxecto da súa canteira. A colaboración do Azkar coa Apehl vén de vello tamén, xa que o club ten por costume dedicar todos os anos unha das xornadas de liga a publicitar a marca …E para comer, Lugo entre o público asistente ao encontro e nos medios de comunicación. A partir deste ano, e nas vindeiras campañas, os milleiros de afeccionados ao fútbol sala que acudan aos partidos disputados fóra ou na casa, no Palacio Municipal dos Deportes, poderán ver a marca integrada nas equipacións de xogo.

16

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

O club lucense leva a marca nas súas tres equipacións de xogo


NOVAS

DE RALLYE CO VALLEJO RACING O coñecidos Os ñ id piloto il t e copiloto il t meirenses i SSergio i e Di Diego Vallejo, gañadores do Campionato de España de Rallys do 2009 e subcampións en 2008 e 2003, lograron outros moi bos postos nesta mítica proba na que empezaron a participar hai 18 anos.

Os pilotos Sergio e Diego Vallejo

Dende que estrearon tempada coa marca …E para comer, Lugo a costas, literalmente, lucíndoa na parte traseira do Lotus, primeiro, e logo do Porsche 911 GT, correron no Campionato de España do 2011 facéndose con tres triunfos, o do Rally de Ferrol, o de Sierra Morena e o do RACE de Madrid.

O porsche co que este ano gañaron tres rallyes do campionato de España

NO BARCO DE GONZALO ARAÚJO Un dos regatistas máis prestixiosos da vela internaciointernacio nal, o lucense Gonzalo Araújo, patrón do Bribón (o barco do rei Juan Carlos), está unido a Guntín por vínculos familiares e afectivos. Entre os seus títulos máis recentes destacan a Copa de España de Platú 25, a Copa do Rei ou a terceira praza no Campionato do Mundo de Transpac 52.

O regatista Gonzalo Araújo

A primeira vez que Araújo enrolou a marca para a competición foi na volta ao mundo de vela, a Volvo Ocean Race, e daquela ondeaba ao vento nas embarcacións Balearia (en 2008) e Telefónica Negro (en 2009). A Apehl fichouno despois para pilotar un barco con nome propio, …E para comer, Lugo, que dende entón suca as augas nas principais regatas de Galicia, estreando o seu palmarés co terceiro posto na 47ª Regata Rías BaixasM Martín Códax.

O barco na 48ª Regata Rías Baixas

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

17


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

A PROVINCIA DE LUGO ANDOU DE TAPEO A cultura gastronómica lucense é indiscutible e as competicións por conseguir a tapa máis exquisita, a máis vistosa e a máis orixinal proliferan na provincia. Estes son algúns dos concursos que tiveron lugar nos últimos meses.

MUIMENTA Un total de sete establecementos hostaleiros participaron este verán na cuarta edición do Concurso de Tapas de Muimenta, que se desenvolveu do 13 ao 19 de agosto e que organizou a asociación de empresarios desta localidade chairega. Os gañadores deste ano foron o bar Alvariño, que conseguiu o apoio maioritario na votación popular co seu rolo de carne con sorpresa, e a Casa Latino, que coa súa proposta de cordeiro con patacas á festa foi quen de conquistar o padal do xurado profesional. Ademais, sorteouse un vale de 400 euros para gastar nos negocios membros da asociación entre os clientes dos locais e outro, tamén de 400 euros, entre os 357 que completaron a ruta do tapeo. O prezo estipulado foi de 1,5 euros para todas as tapas a concurso. CHANTADA Do 2 ao 30 de xullo, Chantada acolleu a terceira edición do Concurso de Tapas, na que 11 establecemen-

tos hostaleiros competiron nas categorías tradicional e creativa esmerándose por conseguir as propostas máis saborosas e orixinais. A principal novidade desta edición foi que a votación popular se substituíu por un xurado integrado por profesionais da hostalería coa finalidade de que o veredicto fose máis xusto. Así, o espeto de mar do bar Parada, na modalidade creativa, e os chipiróns recheos do Casino, na categoría tradicional, convertéronse nas flamantes vencedoras do certame. O éxito de participación quedou demostrado co esgotamento das camisetas e os panos conmemorativos que os locais participantes lles regalaban aos consumidores. A actividade foi promovida pola asociación de comerciantes de Chantada. COVAS Á xente de Covas gústalle festexar o outono desfrutando da gastronomía propia da época. Por iso, entre o 27 de outubro e o 6 de novembro, 15 establecementos hostaleiros desta localidade viveirense competiron

A votación popular de Muimenta concedeu o seu premio a esta tapa proposta polo bar Alvariño

por conseguir a mellor valoración para as súas propostas culinarias no concurso de tapas Outono Gastronómico. A Asociación Comercial, Empresarial e Turística Praia de Covas foi a encargada de organizar o certame e fixou para todas as tapas un prezo único de 1,8 euros. As tapas gañadoras compartían varias similitudes: estaban compostas de carne e salsas elaboradas con produtos puramente outonais.

A tapa de chipiróns recheos (dereita) foi a vencedora da categoría tradicional do concurso de Chantada

18

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11


NOVAS

O espeto de mar (esquerda) proposta polo bar Parada triunfou na modalidade creativa do certame chantadino

Os votos do público determinaron que o primeiro posto fose para o solombo en crema de castañas e champiñóns do mesón Os Píos; o segundo foi para o xabaril en salsa de castañas do mesón O Tapeo; e o terceiro, para as tiras de boi con base de pataca panadeira e crema de cogomelos e champiñóns de O Mesón. Ademais, todas aquelas persoas que probaron algunha das tapas entraron no sorteo dun bono para unha fin de semana no hotel spa Carlos I Silgar.

que participaron sete locais. As tapas a concurso ofrecíanse de xeito gratuíto coa consumición e todas tiñan como ingrediente principal a faba. A cafetería Galaxia conseguiu alzarse co primeiro premio grazas á súa Faba Mariñeira, mentres que a

viñoteca Morrigan conseguiu o segundo posto cun salteado e a cervexería Recanto colocouse na terceira posición coa súa tapa de fabas con cogomelos. Os tres gañadores recibiron unha placa conmemorativa alusiva ao premio conseguido.

LOURENZÁ Contextualizada na XXI Festa da Faba, do 30 de setembro ao 2 de outubro tivo lugar en Lourenzá a cuarta edición do Concurso de Tapas, organizada polo Concello e na

De esquerda a dereita, o alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra; a concelleira de Medio Rural, Emma Álvarez; o patrocinador da ruta de tapas, Cesáreo Eijo; e os representantes dos locais premiados no concurso laurentino

M EDIO AM B IEN TE M PRES A CERTIFICADA

ISO 4 0 0

MA-1869/10

Cer t if ic a t io n Tec h n o l o g ic a l Cen t er

SEGURIDAD ALIM ENTARIA EM PRESA CERTIFICADA

ISO 2 2 0 0 0 EA-0032/10 Cer t if ic a t io n Tec h n o l o g ic a l Cen t er

IFS (v .5) Agosto 2007

CC - IFS - 13 / 10

ACREDITADO POR ENAC

PRODUCTOS CÁRNICOS, EMBUTIDOS, SALAZONES Y DESPIECES. Villamoure – Saa 27188 LUGO

Télefono: 982 208 163 – 982 208 900 Fax: 982 208 110 Mail: lualco@lualco.es

SERVICIO ESPECIAL PARA HOSTELERíA HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

19


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

O AUTÓCTONO MARCA A DIFERENZA… NO PRATO

Un cociñeiro do CSHG foi explicando a composición de cada prato a medida que avanzaba a degustación

O pasado d 3 de d novembro b tivo ti llugar no auditorio do recinto feiral de Silleda unha degustación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción. Trátase do Cabalo Galego, a galiña de Mos, Cabra Galega, a Ovella Galega, o Porco Celta e as vacas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, con criadores rexistrados na provincia de Lugo. O obxectivo da presentación foi dar a coñecer as características destas razas, as súas peculiaridades e a multitude de posibilidades que ofrecen á industria cárnica e á cociña galega, promovendo así o seu consumo e impulsando a súa comercialización.

Carpaccio de vaca Vianesa

www.caixaruralgalega.es

20

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

P t fforo acudiron di ái d Por iiso, a este máis de 150 profesionais vinculados ao sector da hostalería, carnicería, venda delicatessen e turismo.

it d l xa é común ú ver que en moitos deles pratos con carne de vaca Limiá, galo de Mos, Cabra Galega ou Porco Celta, entre outros.

Despois das conferencias técnicas que se desenvolveron ao longo da mañá, procedeuse á degustación do menú, elaborado por alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) e que incluíu pratos variados coma os que se poden ver nas imaxes. As comidas elaboradas con materias primas procedentes destes animais orixinarios de Galicia e criados aquí de maneira tradicional son un luxo para as cartas dos restaurantes, polo

O público asistente tivo ocasión de degustar 11 pratos

Cordeiro de Ovella Galega con mollo de améndoas


AS RUTAS DE CATAMARÁN NO INVERNO POLO MIÑO

RUTA BELESAR - MAIORGA

Saídas: ás 11:30 e ás 16:00 horas De mércores a domingo Todos os días en Semana Santa Catamarán: Pelegrín Duración: 1 hora e 45 minutos Prazas: 60

O Pelegrín navega polo río Miño dende a aldea de Belesar ata a insua de Maiorga e ofrécenos vistas dos moitos bancais de viñedos da Ribeira Sacra. Ademais, o embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurante-bar especializado en gastronomía da zona.

POLO SIL

RUTA DOADE - SANTA CRISTINA

Saídas: ás 11:30 e ás 16:00 horas De mércores a domingo Todos os días en Semana Santa (ás 11:30, 16:00 e 18:30 horas) Catamarán: Mencía Duración: 2 horas Prazas: 50

O Mencía atravesa fondos vales e canóns entre as montañas polas que discorre o río Sil. Dende o catamarán podemos ver as vides cultivadas en socalcos e as igrexas e mosteiros da ruta do románico. Esta é terra tamén da olería de Gundivós, característica pola cor negra que lle dá o seu afumado.

ENTRADAS Reserva anticipada No teléfono 982 260 196 (de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas) Na web www.lugoterra.com No catamarán 20 minutos antes da saída Prezos Adultos/as: 9 euros 4-12 anos, >65 anos e carné xove: 5 euros Nenos/as de 0-3 anos: gratis Para grupos (mínimo 30 persoas) Adultos/as: 7 euros 4-12 anos, >65 anos e carné xove: 4 euros Nenos/as de 0-3 anos: gratis

Cultura e Turismo

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel da auga dos encoros e ríos. A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modificación en horarios e rutas.


NOVAS

A ASOCIACIÓN GALEGA DE AUTOCARAVANAS FESTEXOU O SEU 5º ANIVERSARIO EN MONFORTE O quinto aniversario só se celebra unha vez e por iso a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) quixo festexalo cunha concentración que tivo lugar en Monforte de Lemos os días 11, 12 e 13 de novembro e que contou coa colaboración da delegación da Apehl na zona sur.

hostaleiros da cidade pertencentes á asociación de hostalería lucense. Ademais, houbo regalos para to-

dos os socios asistentes e sorteouse unha fin de semana nunha autocaravana para seis persoas.

O evento dispuxo dun programa moi completo e variado que incluíu visitas ao Pazo Molinos de Antero, ao Centro do Viño Ribeira Sacra e ao Museo do Ferrocarril, un magosto e unha queimada e unha xornada de portas abertas para que as persoas interesadas puidesen coñecer como é unha autocaravana por dentro. Os participantes nesta concentración gozaron de descontos en comidas e bebidas en varios locais

Os autocaravanistas participantes na concentración posaron para a posteridade diante dos Escolapios

DISTRIBUICIONES C. FAGILDE, S.L. NUEVO LOCAL

Pol. Ind. del Ceao - Rúa das Leiteiras, 12 - 27003 - LUGO Telf.: 982 209 190 - 669 783 631- Fax: 982 816 905

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

21


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

OS MENÚS ECOLÓXICOS CÓANSE NA CARTA DALGÚNS RESTAURANTES DA PROVINCIA

O presidente do Craega, José Antonio Fernández Álvarez, con Héctor López, xefe de cociña do España, e Martín Mantiña, xefe de cociña de O Grelo

O 27 de setembro presentábase no restaurante A Furna de Caión (A Laracha, A Coruña) unha campaña de promoción de menús ecolóxicos promovida polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Na campaña, bautizada como A mellor aposta da cociña galega de autor. Alimentos ecolóxicos e que se desenvolveu durante o mes de outubro, participaron case unha decena de establecementos hostaleiros entre os que figuraban dous lucenses: o restaurante O Grelo, de Monforte de Lemos, e o restaurante España, situado na cidade de Lugo.

moi boa aceptación entre os clientes porque “cada día se ten máis conciencia sobre a calidade dos alimentos e a xente entende que sexan algo máis caros”. Mantiña sostén que a diferenza económica entre un produto ecolóxico e outro que non o é resulta asumible e cre que se non se consomen máis é porque “ás veces nos supermercados non están tan accesibles como deberan”.

En definitiva, o obxectivo deste proxecto conxunto do Craega e a hostalería foi difundir a gastronomía galega, dándolles o toque máis natural posible aos pratos elaborados á vez que se potenciaba o uso dos produtos ecolóxicos da terra e se reivindicaba a súa calidade.

En O Grelo traballan con produtos ecolóxicos todo o ano, aínda que durante a campaña incrementaron a porcentaxe de pratos elaborados integramente con este tipo de alimentos. No transcurso das xornadas, os comensais tiveron a ocasión de degustar desde carnes á prancha, coma o entrecosto ou o solombo, e cociñadas, como o xarrete ou a fazula de tenreira, ata pratos a base de verduras de tempada, revoltos e incluso os callos tradicionais con garavanzos e carne que contaban con esta certificación. Martín Mantiña, xefe de cociña de O Grelo, asegura que a iniciativa tivo

22

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

Sobremesa de queixo con marmelo ecolóxicos proposta por O Grelo


NOVAS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

CHECHÉ REAL PARTICIPOU NA INAUGURACIÓN DUNHAS XORNADAS DE NUTRICIÓN E DIETÉTICA O 28 de outubro, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, Cheché Real, participou no acto de inauguración das primeiras Xornadas de Nutrición Clínica e Dietética que se celebraron na Facultade de Ciencias de Lugo.

era concienciar á sociedade da importancia que ten para a saúde unha boa nutrición. Con esta finalidade, ao longo da xornada debatéronse temas como o da relevancia da hidratación,

e sobre todo da auga, como nutriente esencial para o corpo humano. Tamén se falou da dietoterapia en enfermidades intestinais ou en pacientes oncolóxicos.

No seu discurso, Real destacou que os hostaleiros da provincia están sensibilizados coa necesidade de desfrutar dunha alimentación rica e axeitada e que “os cociñeiros lucenses traballan con produtos autóctonos para ofrecer os mellores pratos preparados segundo as receitas tradicionais e tamén segundo a denominada nova cociña”. O encontro, que reuniu en Lugo máis dun cento de persoas, estivo organizado pola Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas. O seu obxectivo

O presidente da Apehl, Cheché Real, na inauguración das xornadas

A APEHL ACOLLEU UN TALLER DE OCIO RESPONSABLE A sede da Apehl acolleu o 16 de novembro un tallerdebate sobre ocio responsable destinado a fomentar a implicación do sector hostaleiro nun proxecto de ámbito nacional que promove un ocio responsable, seguro, saudable e de calidade na hostalería, e cuxa participación lles serve aos profesionais do sector como ferramenta para lexitimar a calidade do seu servizo e para defender o seu labor fronte á problemática suscitada por fenómenos sociais coma o botellón, as molestias veciñais ou os conflitos da rúa.

…E PARA COMER, LUGO

Cóntanos o que fas no teu establecemento e nós contarémosllelo aos demais por ti en: www.facebook.com/eparacomerlugo www.twitter.com/eparacomerlugo www.flickr.com/photos/eparacomerlugo www.eparacomerlugo.com Escríbenos a:

prensa@apehl.org

O obxectivo do taller foi fomentar circuítos de ocio de calidade

24

HOSTELERÍA OS Í LUCENSE C S - Nº 11



SERVIZO HOSTALEIRO

PRINCIPIOS BÁSICOS NA CATA DE AUGARDENTE O Consello Regulador das Denominacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia analiza neste artigo para sommelieres as tres fases da cata profesional das augardentes que ampara, así como o seu modo de presentación. PRIMEIRA FASE: A VISTA A cata comeza por un exame visual no que se valoran fundamentalmente a transparencia e a cor, atendendo a criterios de tonalidade, intensidade e, en menor medida, fluidez. O catador debe examinar se detecta a presenza dalgún tipo de partículas que provoquen algunha perda de transparencia, xa que a augardente ten que ser transparente ao cen por cento. No vocabulario da degustación úsanse os termos “brillante”, “cristalina” e “moi limpa”, polo que cando esta virtude diminúe pola aparición de partículas, os adxectivos usados en escala descendente son limpa, clara, velada, opalescente, leitosa e turbia.

chegan á mucosa olfactiva por vía nasal directa e a segunda prodúcese cando se degusta a augardente de bagazo, ou sexa, por vía retronasal, que é menos molesta e permite evidenciar a harmonía e a amplitude do buqué dunha augardente. Mediante estas dúas vías apréciase unha serie de aromas primarios (procedentes da variedade da uva), secundarios (procedentes da fermentación dos azucres en alcol por acción das levaduras), terciarios (nas augardentes envellecidas) e mesmo cuaternarios (debidos á aromatización da augardente de bagazo).

O aroma da augardente de bagazo pode describirse facendo referencia a sensacións percibidas durante a vida cotiá producidas por suxeitos cun cheiro definido (froitas, disolventes, fume, xabón etc.) ou a situacións particulares (o monte, o aire despois dun temporal…). Durante a fase olfactiva é necesario recoñecer en primeiro lugar os defectos (mofos, ácido, ovos podres, cera, sebo...) e despois as sensacións de calidade (herba, froitas exóticas, flores...).

En canto á cor, é a que determina a tonalidade e a intensidade. A augardente de bagazo vén definida como incolora ou branca, aínda que este último termo é impropio, posto que todas as augardentes nacen incoloras e é o ser humano quen as viste de distintas cores. Daquela, as augardentes de bagazo novas son incoloras e as envellecidas teñen unha tonalidade que varía desde o palloso ata o ámbar cargado. SEGUNDA FASE: O OLFACTO O olfacto é o sentido máis importante para axuizar as augardentes. A forte concentración de alcol etílico fai máis volátiles certas substancias e permítenlle ao olfacto traballar con sensacións amplificadas respecto das atopadas no viño e outras bebidas fermentadas pero, paralelamente, coa complicidade doutras substancias punzantes, o alcol etílico provoca unha agresión forte sobre os sensores olfactivos. O exame que se realiza empregando este sentido consta de dúas fases distintas de igual importancia: na primeira, as substancias olorosas

26

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

As copas con forma de lira ou tulipa son axeitadas para as catas de augardentes novas


SERVIZO HOSTALEIRO

DEFECTOS

SENSACIÓNS DE CALIDADE

Mofos

Provenientes de bagazos nos que se desenvolveron fungos ou de instalacións en mal estado hixiénico

Herba

Sensación debida ao aldehido acético e ao acetal; fórmanse durante a conservación dos bagazos

Ácido

Cando nos bagazos se desenvolveron bacterias acidificantes. Tamén pode deberse a unha mala destilación cunha equivocada separación de cabezas. Entre as substancias que provocan este defecto atópanse o acetato de etilo e o acetaldehido

Mazá, plátano, amorado

Agradables olores afroitados achegados por ésteres acéticos: propionato, butirato e caprionato de etilo

Ovos podres

Cando na fermentación de bagazos se producen anhídrido sulfuroso e mercaptanos

Froitas exóticas

Cheiro debido á presenza dos ésteres etílicos dos ácidos caproncio, caprílico e cáprico

Fume e queimado

Anomalía frecuente en aparellos descontinuos de lume directo, nos que se produce un sobrequecemento dos bagazos con formación de furfurol

Abelá

Cheiro a cuxa composición contribúe o hexanol

Carbón

Cando os azucres dos bagazos sofren fermentacións con formación de ácido butírico e butirato de etilo

Xacinto

Debido á presenza de fenilacetaldeido

Cera, sebo, suor

Debidos á mala conservación dos bagazos e á destilación mal feita

Rosa

Debido á presenza de acetato e feniletilo

Neste momento da cata, a valoración das augardentes segue criterios como a intensidade, que é a valoración da cantidade de aroma sen preocuparse da súa calidade; a finura, que esixe xuízo sobre a calidade das sensacións; a franqueza, coa que se xulga o grao de limpeza das sensacións percibidas; a fragrancia, usada para valorar a complexidade, a harmonía e o completo do bouquet e na que non se consideran sensacións negativas; e a persistencia, que é outro parámetro cuantitativo que indica o tempo de percepción de sensacións olfactivas debidas á augardente despois da súa degustación. TERCEIRA FASE: O GUSTO O sentido do gusto culmina a cata e o catador debe valorar especialmente a harmonía do produto como a

mellor expresión de calidade dunha augardente desde o punto de vista gustativo. O gusto percibe catro sabores: doce, amargo, ácido e salgado. Cunha gradación alcólica comprendida entre

O cumio da cata represéntao unha augardente que invada a cavidade bucal sen violencia ningunha e se exprese nunha agradable sensación de calor para terminar despois nunha sucesión de aromas

37,5 e 50% de volume, nun sorbo de augardente non hai, de inmediato, ningún pracer. O alcol provoca unha sensación dolorosa (un lategazo) e tende a deshidratar a mucosa secando a boca. Só despois do choque inicial comezan a percibirse sensacións de calor e os verdadeiros sabores presentes na augardente. Estas sensacións provocan que ao final se perciban dous sabores, o doce e o amargo, estando ausente o salgado (de aparecer, pola utilización de auga desmineralizada con sales, non debe considerarse como un elemento positivo, xa que reforza un gusto amargo e produce desequilibrio); o ácido non é percibido como tal por estar enmascarado pola agresividade alcólica coa que actúa sinerxicamente.

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

27


ESTA ASOCIACIÓN

DÁ MOITO

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO t

Asistencia laboral

Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades

t

E

Tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais e certificados de retención (cota de 6,80 €/mes nómina)

PARA COMER,

Obtención e elaboración das listas de prezos

Os socios poderán obter os distintos modelos das tarifas de forma gratuíta

t

Asesoría xurídica

t

Asistencia contenciosa

t

Póliza de seguros colectiva

Para cubrir os riscos por accidente de traballo que establece o convenio colectivo do sector (15 €/traballador e ano)

t

Formación específica do sector

t

Motor reservas on-line

t

Organización de concursos de tapas

PROMOCIÓN t

Promoción da gastronomía lucense

Difundimos a marca …E para comer, Lugo en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos

t

Publicidade dos asociados en Internet

Publicamos noticias de interese dos establecementos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.com e nas redes sociais

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

OFICINAS DA ASOCIACIÓN:

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 Lugo Tfno.: 982.226.912 Fax: 982.244.256 E-mail: comunicacion@apehl.org Delegación Zona Sur r/ Zapaterías s/n Torreón da Cárcere Vella 27400 Monforte de Lemos Tfno: 982.412.050 E-mail: delegacionzonasur@apehl.org

t

Produtos financeiros

t

Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

t

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

Delegación A Mariña

t

Prevención de riscos laborais

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 Foz Tfno/Fax: 982.133.047

t

APPCC

t

Inspeccións eléctricas

t

Recollida de aceite

t

Descontos do 12% en consumos de gas

t

Descontos do 19% en consumos de luz

9 13 20 34,50 46,50 54,50


SERVIZO HOSTALEIRO

O catador debe examinar se existe algún tipo de partículas que provoquen perdas de transparencia na augardente

O sabor doce percíbese na parte anterior da lingua e é debido ao alcol; nas augardentes envellecidas tamén se debe aos azucres que se forman pola escisión da lignina. Pola súa banda, o sabor amargo percíbese no fondo da lingua e pode ser producido por algúns ácidos como o propiónico e butírico, polo cobre cedido polos alambiques e, nas augardentes envellecidas, polos polifenoles extraídos da madeira. RECOMENDACIÓNS NO SERVIZO Ademais dos parámetros a ter en conta nestas tres fases visual, olfactiva e gustativa, no consumo de augardentes inflúen outros aspectos. Por exemplo, hai que servilo á temperatura adecuada, que se sitúa entre os 8 e os 10 0C nas novas e entre os 15 e os 18 0C nas envellecidas, ou sexa, nin a temperatura ambiente nin excesivamente frío. Cando se serve a temperaturas altas, o aroma descomponse e vólvese desharmónico, percíbese na boca violentamente a forza alcólica e non permite

28

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

gozar das sensacións aromáticas. Se, pola contra, se serven moi frías, moitas augardentes vólvense graxas, impedindo evidenciar caracteres na fase olfactiva.

dentes novas son preferibles copas con forma de lira ou tulipa, co colo de frauta, para conseguir unha boa valoración dos aromas. Para degustar augardentes envellecidas poden empregarse copas tipo balón.

Tamén é importante usar unha copa axeitada na cata. Así, para as augar-

AUGARDENTES DE CALIDADE O Consello Regulador das Denominacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia encárgase do control da calidade e da orixe dos produtos que protexe, entre os que se atopan a Augardente de Bagazo de Galicia, que é a que rexistra o maior número de litros destilados, a Augardente de Bagazo de Galicia envellecida e a Augardente de Herbas de Galicia. Estas augardentes sométense a unha análise química, na que se controlan diferentes parámetros como grao alcohólico, metanol, acidez total ou cobre, e a unha análise sensorial, realizada por un cualificado panel de cata. Unha vez superadas estas probas obteñen a contraetiqueta certificadora do Consello Regulador que garante que os produtos pasaron por rigorosos controis sanitarios.


LEXISLACIÓN

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

ENTRA EN VIGOR A NOVA LEI DE TURISMO O pasado 25 de outubro, o Parlamento galego aprobou a nova Lei de turismo. Esta norma, que substitúe a do ano 2008, ten como obxectivos adaptarse á directiva europea, fortalecer a posición das empresas turísticas galegas e facer de Galicia un destino máis atractivo, diferenciador e competitivo en servizos.

E liñas En liñ xerais, i a nova LLeii d de tturismo i presta especial atención a aspectos coma os Camiños de Santiago, a potenciación da marca Galicia e a necesidade dunha xestión integral do turismo na comunidade. Con ela tamén se pretende eliminarlles obstáculos aos profesionais do sector e contribuír á súa definitiva profesionalización, mellorando a formación en materia de novas tecnoloxías e competencias lingüísticas e dándolles máis liberdade aos empresarios. A continuación descríbense os cambios máis significativos que recolle a norma. ELIMINACIÓN DO SELADO DE PREZOS Unha das novidades máis relevantes é a eliminación do selado de prezos por parte das administracións públicas. Deste xeito, os empresarios do sector gañan en liberdade á hora de fixar e modificar os prezos, ao poder facelo en calquera momento. A cambio, será obrigatorio que os publiciten nun lugar visible dentro do establecemento e que indiquen a inclusión do imposto sobre o valor

30

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

engadido did (IVE), (IVE) xunto t co distintivo di ti ti correspondente á clasificación do establecemento. Tamén deberán ter a disposición dos usuarios follas de reclamacións turísticas e entregar un exemplar cando llo soliciten. DECLARACIÓN RESPONSABLE O empresario que desexe iniciar unha actividade turística deberá presentar ante a xefatura territorial competente en materia de turismo unha declaración responsable do cumprimento das condicións que resulten esixibles para o exercicio da actividade de acordo coa clasificación do establecemento. Non será necesaria a solicitude de clasificación previa, sendo suficiente a autoclasificación que debe aparecer na declaración. Este mesmo procedemento de declaración responsable aplicarase no caso de realizar cambios substanciais nestas actividades turísticas. As únicas empresas que deberán solicitar autorización con anterioridade ao inicio da actividade, ou con ocasión da realización de modifica-

cións substanciais, ió ou reformas f b t i i son os campamentos de turismo, debido ao maior impacto que supoñen no medio. CREACIÓN DO CONSELLO DO TURISMO DE GALICIA Este órgano deberá constituírse no prazo de seis meses desde a entrada en vigor desta lei. Trátase dun órgano colexiado e de asesoramento para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo. Contará con representación das organizacións do sector turístico, sindical e de protección ao consumidor e usuario, duplicándose a representación do sector privado. PAQUETES TURÍSTICOS A lei tamén recolle a elaboración dun plan por parte da Consellería de Cultura e Turismo encamiñado á organización turística por áreas, creando xeodestinos turísticos, é dicir, paquetes turísticos diferenciados que fagan fronte á segmentación cada vez máis forte da demanda.


Nome LEXISLACIÓN de sección PRINCIPIO DE UNIDADE DE EXPLOTACIÓN E FIGURA DA DISPENSA A través deste concepto, todas as empresas de aloxamento turístico deberán exercer a súa actividade baixo unha única responsabilidade empresarial na prestación de servizos, que recaerá no titular da empresa. A figura da dispensa é un instrumento imprescindible para apoiar a emprendedores que deciden crear establecementos turísticos en edificios antigos, recuperando o centro das cidades ou patrimonio abandonado no rural. NOVA CLASIFICACIÓN HOTELEIRA Outro dos cambios que introduce esta norma é a recuperación de figuras coma a da pensión fronte ás residencias turísticas ou as pousadas. Ademais, estes establecementos poderán empregar a denominación de “hostal” para os efectos de comercialización no caso de contar con dúas ou tres estrelas. Así, a clasificación hoteleira dividirase en dous grandes grupos: os hoteis e as pensións. Os hoteis clasificaranse por categorías identificadas por estrelas e incluiranse nalgunha das seguintes modalidades: hoteis, hoteis apartamentos, hoteis balnearios, hoteis talasos ou calquera outra modalidade que se fixe regulamentariamente. Na nova lei tamén se especifica que nos hoteis apartamentos un mínimo do 70% das unidades de aloxamento deberán dispoñer de instalacións adecuadas para a conservación, elaboración e consumo de alimentos. Nos establecementos de turismo rural tamén se produciu algún cambio na nomenclatura, posto que os hoteis rurais pasan a denominarse hospederías rurais e, por tanto, non terán que cumprir os requisitos fixados

cun servizo de restauración consistente nun menú único ofrecido a un prezo global; e cafeterías, nas que só se poderá dispensar todo tipo de bebidas que poden ir acompañadas por tapas sinxelas e de ordinario á prancha, para o que deberán contar cun servizo de cociña axeitado.

para os establecementos hoteleiros. Grosso modo, o resto dos establecementos clasificaranse nalgunha destas modalidades: pazos e outras edificacións sobranceiras, casas de turismo rural, aldeas de turismo rural -que segundo a nova lei será un conxunto de máis de tres edificacións fronte ao mínimo de tres da norma anterior- e outras que se establezan regulamentariamente. CLASIFICACIÓN DAS EMPRESAS DE RESTAURACIÓN Neste apartado, o máis destacado é a exclusión dos furanchos dos negocios hostaleiros. Porén, non quere isto dicir que a nova lei os ilegalice, senón que se regularán pola súa propia normativa. Por tanto, as empresas incluídas dividiranse en restaurantes; bares, que poderán contar

DEREITOS DAS EMPRESAS TURÍSTICAS Os negocios turísticos terán dereito a que se inclúa información sobre os seus establecementos e a súa oferta nos catálogos e directorios da Administración, así como a incorporarse ás actividades de promoción que se leven a cabo desde o ámbito administrativo. Tamén será o seu dereito participar, a través das súas asociacións, no proceso de adopción de decisións públicas en relación co turismo e no desenvolvemento e execución de programas de cooperación pública, privada e social de interese xeral para o sector. Do mesmo xeito, poderán propor, de novo a través das súas asociacións, a realización de estudos e publicacións que contribúan á mellora do desenvolvemento da empresa turística na comunidade autónoma ou calquera outra acción que puidera contribuír ao fomento e desenvolvemento turísticos.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia publicouse no Diario Oficial de Galicia, número 216, do 11 de novembro de 2011

Dosgar Pol. Ind. O Ceao, Rúa das Cesteiras, 5 27003 - LUGO Teléfono: 982.20.91.84 · Fax: 982.20.91.12 e-mail: dosgar@amh.es

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

31


NOVOS SOCIOS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

MESÓN DO LOR

FONSAGRADA

Adrián Rodríguez e Diego Martínez colleron o Mesón do Lor no mes de xullo. As anguías, as troitas, o bacallau confitado con garavanzos, o polbo á prancha e o arroz cremoso con polbo encóntranse entre os seus pratos máis solicitados. No campo das carnes destacan o secreto ibérico e os chuletóns de boi da recoñecida Finca de Balboa (en Monforte). O restaurante ten dous salóns, un deles moi amplo e soleado con capacidade para 240 persoas. Ofrecen todo tipo de banquetes, desde vodas, comuñóns e bautizos ata ceas de empresa e mitins. Tamén contan cunha terraza exterior que inclúe xogos infantís. Pechan os mércores.

Os irmáns Maira, Mónica e José Antonio Ramos puxéronse á fronte da parrillada Fonsagrada o pasado 1 de setembro, producíndose un cambio xeracional no negocio hostaleiro que iniciaron os seus pais anos atrás, e déronlle un toque máis moderno coa renovación das cores das paredes. A especialidade deste establecemento é a carne á brasa, se ben se pode optar tamén polo menú do día, a 8 euros. Contan tamén con servizo a domicilio de churrasco e bocatería. Abren ás sete e media de luns a venres, ás oito os sábados e ás dez os domingos. Ten zona wifi.

Barxa do Lor, 11 – A Pobra do Brollón - Tel: 982.430.150

r/ Río Chamoso, 2 – Lugo - Tel: 982.246.562

SUEÑO LATINO

LOS TILOS

Ramón Antonio Abreu rexenta o pub Sueño Latino desde o mes de novembro. Situado nunha das zonas de marcha da cidade, a Marina Española, este local caracterízase pola música bailable española e sudamericana. O domingo é o día económico da semana, xa que se ofrecen packs de sete cervexas a dez euros e cubatas a catro. Abre todos os días a partir das doce da noite excepto os domingos, que o fai ás oito.

Na rúa Bispo Aguirre atopámonos con Los Tilos, unha desas cafeterías do centro lugués tan concorridas polo sector estudantil durante os meses lectivos. Dada esta circunstancia, é lóxico que o groso da súa actividade se rexistre pola semana, tanto ás horas do recreo coma ás do xantar. En Los Tilos pódese comer o menú do día, unhas racións variadas, un prato combinado ou mesmo unha tortilla ou un revolto. O comedor ten capacidade para 20 persoas, se ben o aforamento total do local é para unhas 80. As súas portas abren todos os días ás 7 da mañá e pechan os domingos.

r/ Marina Española, 3 – Lugo - Tel: 666.156.853

r/ Bispo Aguirre, 15 – Lugo - Tel: 982.251.840

PAZO DE ORBÁN

O LAR DE ADRIÁN

O Pazo de Orbán e Sangro, situado no centro histórico de Lugo, aséntase nun pazo do século XVIII rehabilitado e transformado nun hotel monumento de catro estrelas que brinda ao cliente os servizos máis actuais nun ambiente elegante e señorial. Ten doce habitacións amplas e luminosas caracterizadas pola súa decoración singular que lle confire unha personalidade única a cada unha. Na parte de abaixo conta cunha taberna aberta ao público cuxas especialidades son as táboas de queixo e de embutidos e, en xeral, os produtos da terra.

No Lar de Adrián son habituais as xornadas gastronómicas de caza, de lamprea, de atún roxo… en función da tempada. De luns a venres ofrecen o denominado menú executivo, con pratos máis elaborados cós do menú do día máis corrente e que non inclúe bebida, mentres que nas fins de semana traballan á carta, na que destacan propostas a base de tenreira suprema de raza rubia galega, así coma a repostería caseira. Este restaurante situado na zona de Fontiñas conta con aforamento para 45 persoas e ofrece a posibilidade de celebrar comidas de empresa ou outros banquetes.

Travesía do Miño, 6 – Lugo - Tel: 982.240.217

Carril das Flores, 30 – Lugo - Tel: 982.244.245

EL RIBA

LOS OLMOS

Un dos locais que rodean a luguesa Praza do Campo é o bar El Riba, rexentado por José Emilio Martínez. A maior actividade deste establecemento nótase á hora dos viños, sobre todo nas fins de semana, que se disfrutan acompañados de suxestivas tapas como a pulga de lacón, o lomo Riba, a chistorra ou a morcilla de Burgos. E para os que quedan con fame, as racións de anchoas de Santoña conforman outro dos atractivos do local. No local tamén é habitual tomar a primeira copa da noite e a especialidade da casa é o gin-tonic, con máis de 40 referencias distintas de xenebra. Tamén merece a pena degustar a elaboración especial do vermú.

A especialidade da parrillada Los Olmos non é outra cá carne á parrilla, desde o clásico churrasco de porco e tenreira ata o segredo de ibérico ou de belota, pasando pola carne de boi e o polo picantón. Ofrecen tamén un menú do día a 9 euros, tanto ao mediodía coma á noite. O establecemento ten un comedor con aforamento para 50 persoas e conta coa posibilidade de celebrar banquetes no salón do hotel, que está ao carón. A decoración é rústica.

Praza do Campo, 12 – Lugo - Tel: 646.836.410

Estrada da Coruña, 27 – Lugo - Tel: 982.214.993

32

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11


Nome NOVOS de SOCIOS sección

DVORAK 2.0

O CAPRICHO

O Dvorak 2.0 é un local de copas de primeira hora, situado no corazón de Lugo, en plena zona monumental e a carón da catedral. O seu nome fai referencia a un mítico pub de principios da década dos 80 que había no mesmo local e tamén a un importante compositor checo. De feito, hai numerosos detalles na decoración que se refiren a el. Os gintonic son a súa especialidade e contan cunha gran variedade de referencias no que a xenebras se refire. O ambiente musical é fundamentalmente pop español e británico dos anos 80 e principios dos 90, aínda que con algún toque actual. Abre todos os días da semana a partir das 11 da noite.

Os cafés especiais e os chocolates son as dúas recomendacións máis afamadas da cafetería O Capricho, situada na avenida da Coruña. Abre ás 7 e media da mañá, polo que é un sitio moi adecuado para tomar o primeiro café do día ou o almorzo, a base de produtos de bolería, churros e tostas. A cafetería divídese en dúas partes, unha máis tradicional e outra máis orientada a tomar un café nun confortable sofá ou mesmo unha copa pola noite.

r/ Bispo Basulto, 10 – Lugo - Tel: 982.100.220 - www.dvorakpub.com

Avenida da Coruña, 441 – Lugo - Tel: 982.219.941

A NOSA TERRA

LOS SOPORTALES

Pilar Pena García rexenta A Nosa Terra dende hai tres anos. O mítico local, situado na entrada de Lugo pola estrada da Fonsagrada, reformouse por completo co cambio de titular e en breve será pintado de novo e substituiranse o mobiliario e a televisión. Nel pódese comer o menú do día, a base de pratos caseiros. As súas especialidades son os callos, os codelos e as potaxes en xeral. En canto ás tapas que ofrecen coas consumicións, as máis solicitadas polos clientes son as de raxo e os liscos. O establecemento ten tamén unha terraza exterior cuberta por unha gran parra. Pechan os domingos.

A cafetería Los Soportales encóntrase nunha casa que dá á Praza Maior de Lugo e que foi rehabilitada e acondicionada para montar nela un negocio de hostalería. É un local de dúas plantas con vistas á Casa do Concello e aos xardíns, que leva aberto desde o outono e ao que se pode ir almorzar todos os días a partir das 7 e media da mañá. Á parte das bebidas habituais, tamén se pode degustar algunha proposta gastronómica a base de pasta e pizzas. A decoración é moderna, aínda que con algún tinte barroco.

San Eufrasio, 171 – Lugo - Tel: 638.758.246

Praza Maior, 4 – Lugo - Tel: 982.253.519

PAZO MOLINOS DE ANTERO

PONTE DA VÍA

O apartahotel Pazo Molinos de Antero (século XVIII), situado no casco urbano de Monforte e a dez minutos do centro histórico, integra un ambiente rural e familiar en plena cidade do Cabe. O edificio que acolle as habitacións e os tres apartamentos localízase nas antigas cortes de cabalos, que foron restauradas e acondicionadas para conseguir uns aloxamentos confortables e acolledores, pero que á vez conservan a súa arquitectura orixinal. Conta tamén con espazos comúns interiores e exteriores para disfrutar do contorno en calquera época do ano. Un dos atractivos do lugar é a posibilidade de visitar gratuitamente a casa principal do pazo, así coma os arquivos e a capela. Trátase dun negocio familiar rexentado por Rosenda Yáñez, que leva aberto desde o mes de agosto.

O pasado 3 de outubro abría as súas portas Ponte da Vía, un local totalmente reformado e que en pouco ou nada se parece ao seu antecesor, o bar Caracas. Un dos seus maiores atractivos é a gran terraza exterior en madeira, moi xeitosa, que se complementa cun pequeno comedor interior de oito mesas. Durante as fins de semana ofrecen un menú degustación composto por cinco pratos e que inclúe elaboracións tan suxerentes coma os espaguetes con grelos ou a pescada en salsa de abelás. Os peixes son a súa especialidade, aínda que traballan con produtos de tempada. Abre todos os días ás seis e media da mañá, agás os sábados, que o fai ás sete, e pecha os domingos á tarde.

Rúa de Malvarón, s/n - Monforte de Lemos Tel: 676.573.563 www.pazomolinosdeantero.com

r/ Camiño da Vía, 1 – Lugo - Tel: 982.229.293

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11

33


NOVOS SOCIOS

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

CASA MARCOS

O CANTIÑO

Casa Marcos é un deses locais que semella que levase toda a vida en funcionamento. Comezou sendo un ultramarinos daqueles que tanto proliferaron noutras épocas, logo transformouse nun bar e actualmente é un restaurante cuxos pratos máis característicos son o solombo ao Oporto e o revolto de cimos. Este local hostaleiro, situado na entrada de Lugo pola estrada da Fonsagrada, foi pasando de xeración en xeración ata chegar á súa actual propietaria, Isabel Díaz Martínez, que o reformou completamente para darlle un aire máis actual e moderno. Abre ás 7 e media da mañá e posúe unha terraza exterior.

Hai algo máis dun ano fundábase no casco histórico lucense, ao pé da Muralla, o restaurante O Cantiño. Asentado nunha casa rehabilitada que dá á praza do Cantiño, trátase dun local cunha decoración moi sinxela, diáfana e moderna. O Cantiño foi creado como unha tapería, aínda que o máis vendido é o chuletón de boi e a carne de tenreira, sen esquecer os peixes e os mariscos frescos. Hai dous entrantes moi distintivos do local: as táboas de queixo á prancha con crema de xamón e as croquetas de tinta de lura. Recentemente fixeron unha reestruturación parcial da carta para adecuala mellor aos gustos dos clientes.

r/ San Eufrasio, 163 – Lugo - Tel: 982.221.078

Praza do Cantiño, 5 – Lugo - Tel: 982.251.812

AS MUXICAS DO XOLDRA

MARQUÉS DE VILAPEDRE

Para comer en As Muxicas do Xoldra hai que achegarse ata o antigo cuartel dos bombeiros, sede do actual CEI-Nodus. Este restaurante inaugurouse hai algo máis dun ano e medio. Dende aquela ofrece dous menús do día, un moi económico a 7,74 euros e outro un pouco máis caro, a 10,5 euros. Ambos os dous inclúen cinco primeiros pratos e cinco segundos a escoller e pódense pedir de luns a sábado, tanto ao mediodía coma á noite, agás os sábados, que só os fan para o xantar. Tamén se poden degustar outros pratos máis elaborados como a peituga rechea á mousse de setas ou a filloa rechea de marisco.

Desde o 1 de novembro, Toni Portela Varela e o seu socio Marco Antonio rexentan o restaurante Marqués de Vilapedre, incluído dentro do complexo hoteleiro Fiz de Vilapedre. O piar deste local é a calidade da materia prima, onde destacan as carnes de boi e tenreira e peixes coma a pescada, o rape e o bacallau. Aínda que ofrece o menú do día de luns a venres e comidas á carta durante as fins de semana, o Marqués de Vilapedre está enfocado a todo tipo de banquetes. Non en van, contan cun comedor con capacidade para 300 persoas e con outros catro máis.

Avenida Paulo Fabio Máximo – Lugo - Tel: 982.801.411

San Fiz de Vilapedre – Sarria - Tel: 686.205.785

XANTAR

AMERICAN

Á polbería Xantar pódese ir tomar uns viños do país –ou calquera outra consumición– pero tamén a comer unha rica ración de polbo. Tamén ofrecen outros pratos caseiros tradicionais coma a tortilla de pataca ou o raxo. A súa clientela, a maioría de media idade, é bastante asidua, concentrándose a maior actividade á hora dos viños, que se degustan acompañados por tapas de caldo, fabada, callos ou tortilla. Pecha os martes.

O seu emprazamento na Rúa Nova fai que o American sexa un establecemento moi popular na cidade. Hai dous anos cambiou de dono, pero estes últimos souberon manter o seu encanto como taberna de viños, fundamentalmente. Entre a gran variedade de tapas caseiras que ofrecen as máis solicitadas adoitan ser o pincho moruno, o raxo, os callos e o ovo fritido. A súa clientela é bastante fixa e está formada por xente nova na súa maioría. Non obstante, tamén se nota a presenza de turistas durante os meses de verán. Conta con terraza exterior na Praza da Soidade.

r/ Tino Grandío, 16 – Lugo - Tel: 982.247.056

Rúa Nova, 22 – Lugo - Tel: 690.023.992

34

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 11


Con el Plan Negocio Amigo de Gas Natural Fenosa, solo por ser de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, te ayudamos en tu negocio. Llama al 901 44 11 44 o entra en www.negocio.gasnaturalfenosa.es * 19% de descuento durante los 12 primeros meses de contrato, a aplicar sobre el importe del término de la potencia de acceso vigente en el momento de la contratación. Oferta válida para miembros de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo que contraten la electricidad con Unión Fenosa Comercial antes del 31/12/2011 con tarifas de acceso 2.1A o 2.1DHA. **La campaña GAS 12TV, ofrece el 12% de descuento en el término variable del gas natural durante los 12 primeros meses de contrato. Oferta válida para miembros de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo que contraten el gas con Gas Natural Servicios con tarifa Gas Plus Prima/ Gas Supra Prima y la electricidad con Gas Natural Servicios o Unión Fenosa Comercial antes del 31/12/2011. Consulte resto de condiciones de la oferta en www.negocio.gasnaturalfenosa.es



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.