Revista do Craega 61 | outono 2022

Page 1

N.º 61 | Outono 2022 • Especial 25 aniversario: un cuarto de século apoiando o sector • Cociña eco... con Indo e Vindo • Come Local, un modelo de xestión viable para os comedores escolares CELEBRAMOS AS VODAS DE PRATA A N UAL M EM O RIA

EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano

DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez

RESPONSABLE DE PROMOCIÓN: Juan Ramón Díaz DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

colaboradores polo miúdo

Establecementos

A Casa da Quenlla, SC

Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es

A Cesta da Saúde

Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es

A Despensa do Avó Francisco

R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 042 056 - 653 985 961 info@adespensadoavofrancisco.com

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Consumo Consciente Árbore

R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

D´Aldea

Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com

Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230

Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Ecotenda78

R/ Venezuela, 78 15404 Ferrol (A Coruña) 881 122 675 info@econtenda78.com www.ecotenda78.com

Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com

La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

Oibio

R/ Doctor Fléming, 55, baixo 32003 Ourense 988 619 952 www.oibio.es

Puro Bio R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@ purobio.es

Tenda Bio-Casa Xorxeira R/ Waldo Álvarez Insua s/n Praza de Abastos 36670 A Estrada Pontevedra 660 804 298 casaxorxeira@gmail.com

Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com

Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo Pontevedra 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com

Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com

Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

Establecementos colaboradores

hostaleiros

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com

Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es

Restaurante Berso Rúa do Progreso, 12 27460 Sober Lugo 982 257 816 www.berso.es

Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com

Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com

Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com

Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es

Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 405 portasantiago@mundo-r.com

Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com

3 Especial 25
22 Memoria Anual do Craega 2021 28 Cociña eco 30 Novas breves 32 Aliméntate bío 34 Axenda
aniversario

O Craega cumpre 25 anos certificando a calidade galega do sector

O Consello da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) celebrou o 23 de setembro o seu 25.° aniversario nun acto que uniu diversas autoridades e operadores e no que non faltaron a música nin a representación de produtos ecolóxicos galegos. No marco desta cerimonia, foron homenaxeados os cinco primeiros operadores inscritos: Cooperativa Santa María de Loureiro, Alibos Galicia, Verín Biocoop SCG, Jesús Boán Méndez e Miguel Areán e Hijos SL.

A cerimonia do XXV aniversario do Craega, que tivo lugar no complexo rural lucense A Parada das Bestas (Pidre, Palas de Rei), coincidiu coa celebración do Día da Agricultura Eco lóxica da Unión Europea, que se fixou o pasado ano para o 23 de setembro.

O actor galego Luis Iglesia foi o encargado de conducir o evento, que arrancou coas intervencións das autoridades. O presidente do Craega, Francisco López Valladares, estivo

CRAEGA 61 3
O actor galego Luis Iglesia foi o condutor do evento Vídeo íntegro do acto oficial

acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José Gonzá lez; polo director da Axencia Galega da Calidade Alimenta ria (Agacal), José Luis Cabarcos; pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; pola conse lleira do Mar, Rosa Quintana; polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ademais doutras autoridades autonómicas, provin ciais e locais que tamén asistiron como convidados.

subiu de 945 a 1.523, isto é, 578 máis (+61 %); finalmente, tamén lembrou que o volume de negocio mostrou unha evi dente tendencia á alza, xa que hai cinco anos se facturaron preto de 42 millóns de euros, e en xuño deste ano rozaron os 113 millóns, é dicir, o aumento foi de máis de 70 millóns de euros (+170 %). Con estas cifras, considera que deron “a misión por cumprida”.

Tras agradecer a presenza dos tres conselleiros asistentes a este evento, o presidente tamén aproveitou para advertir que aínda queda “moito camiño por percorrer” e que “hai que arrimar o ombro” para cumprir coa axenda da Unión Europea, que esixe para o ano 2030 que o 25 % de superficie agra ria útil (SAU) sexa de produción ecolóxica. López Valladares tamén lles deu as grazas a todos os convidados, aos antigos presidentes, a todas as institucións e ao equipo humano e congratulouse de estar celebrando o seu cuarto de siglo no primeiro Día da Agricultura Ecolóxica da UE.

Abriu a rolda de intervencións López Valladares, quen lem brou o seu propio comezo coma un dos primeiros operado res, hai 23 anos e, a continuación, recordou as palabras do anterior presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que na súa presentación no vixésimo aniversario do Craega lle pedira medrar un 20 % a produción ecolóxica. Apoiándose no cadro de datos comparativos entre os anos 2016 e 2022, o presidente do Consello amosouse moi satisfeito por “ter feito os deberes”, pois o balance nese período arroxou unha dinámica ascendente nos piares fundamentais, pasando de 27.716 hectáreas ecolóxicas ás 45.510, é dicir, a superficie ecolóxica galega incrementouse en 17.794 ha (+64 %); en canto ao número de operadores ecolóxicos, a lista de inscritos

A continuación tomou a palabra o presidente da Deputa ción, José Tomé, quen destacou o Craega coma “un elemento clave para a evolución do sector”, e manifestou a importancia do “valor engadido que significa a produción ecolóxica para o sector primario” e animou a seguir traballando.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 4
R. Quintana, J. González, A. Vázquez, Francisco L. Valladares, P. Taboada e J. Tomé, nun momento da gala O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, salientou o Consello coma un axente fundamental para o futuro do sector A conselleira do Mar, Rosa Quintana, agradeceu o compromiso co subsector eco acuícola Francisco L. Valladares amosou a súa satisfacción ante o aumento no número de operadores nestes 25 anos

A terceira en intervir foi Rosa Quintana, a titular da Conse llería do Mar, quen, tras darlle os parabéns ao equipo de hoxe e do pasado, agradeceu o compromiso adquirido coa terra e co mar, “máis verde e máis azul” grazas ao seu labor destes 25 anos e, como representante da Administración pública, comprometeuse a seguir traballando polo subsector eco do mar: “Galicia seguirá sabendo a mar”, apuntou no final da súa charla.

Tras ela, subiu á palestra Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, quen tamén se sumou aos parabéns e deulle as grazas ao Consello por “facer de Galicia un lugar mellor” e convidouno a continuar neste camiño para “alcanzar a excelencia”.

Pechou a rolda de intervencións José González, o conse lleiro do Medio Rural, quen no seu discurso puxo o foco na importancia do labor da agricultura ecolóxica para impedir os incendios do noso territorio e recordou que, tras acadar as case 46.000 ha de superficie agraria en ecolóxico, o “gran reto é mantelas”. Así mesmo, apuntou dous grandes obxecti vos máis: reverter o abandono da terra e cumprir a normativa que impón Europa de conseguir chegar a producir o 25 % da superficie agraria en ecolóxico.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 5
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicitou o Consello e animouno a seguir pola mesma senda e alcanzar a excelencia O conselleiro do Medio Rural, José González, resaltou a importancia da agricultura eco para o territorio O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, tamén alabou o labor do Craega

Homenaxe aos históricos

O Craega rendeulles unha homenaxe aos cinco operadores máis veteranos, pois foron partíci pes do nacemento deste Consello. No transcurso do acto proxectáronse vídeos coas declaracións dos cinco empresarios, que recibiron cadanseu galardón en recoñecemento a todos estes anos de traballo.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, entrégalle o galardón a Xesús Quintá, representante de Alibos Galicia

Pola súa banda, a entidade Alibos Galicia (Monterroso, Lugo) dispón en ecolóxico de castañas conxeladas a granel e en puré. O seu representante, Xesús Quintá García, reme morou o seu inicio: “Para nós foi unha oportunidade, xa que moitos clientes estranxeiros nos demandaban produtos eco lóxicos” e congratulouse de que o seu proxecto continúe a medrar a escala internacional.

A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro (O Irixo, Ourense), con Antonio González Bernárdez á fronte, empezou a certificar quefir, queixo fresco e iogur natural. González Bernárdez fixo fincapé nas inspeccións que fan dende o Consello para outor gar o selo: “Isto fai que se presente un produto de calidade e extraordinario para a saúde”.

O alcalde Palas de Rei, Pablo Taboada, entrégalle o galardón a José Luis Vaz, presidente de Verín Biocoop SCG

Verín Biocoop SCG (Verín, Ourense), dirixida por José Luis Vaz, é outra das primeiras firmas co selo do Craega. Esta coo perativa certifica carne de caprino, ovino, vacún e hamburgue sas de tenreira. “Para min foi unha honra meterme na produción ecolóxica, traballar co Craega e ver que xa temos uns resultados interesantes despois de percorrer este proceso”, sinalou Vaz.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 6
José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo, entrégalle o galardón a Antonio González, da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro

Miguel Areán e Hijos SL (Chantada, Lugo) tamén forma parte da lista máis antiga. Baixo a firma comercial Naiciña, Miguel Areán e o seu fillo Miguel Ángel Areán producen castañas conxe ladas a granel, en caldo de azucre, en puré, en crema, precoci das e en fariña. “Levamos 25 anos traballando co Craega e cada día temos máis vendas, hai máis futuro”, apuntou Miguel Areán.

O quinto homenaxeado foi Jesús Boán, outro produtor de castañas que traballa dende Taboada (Lugo), quen se mostrou moi satisfeito por producir castaña en ecolóxico e declarou que “merece a pena, pero oxalá houbese máis xente e máis interese en promover este tipo de produtos, que son excelen tes e sans”.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 7
As autoridades posan cos homenaxeados O conselleiro do Medio Rural, José González, entrégalle o galardón a Miguel Ángel Areán da firma comercial Naiciña A conselleira do Mar, Rosa Quintana, entrégalle o galardón a Jesús Boán, produtor de castañas de Taboada

Música, gastronomía eco e escaparate de produtos ecolóxicos

Tras os discursos oficiais e a entrega de premios, os convidados gozaron dun día festivo, no que puideron saborear un menú a base de petiscos elaborados con produtos eco in situ por María Varela (A Parada das Bestas), Álvaro Villasante (restaurante Paprica, Lugo), Martín Mantilla (restaurante Berso, Sober, Lugo), Criselda Iglesias (Tapería Lecer, Cangas do Morrazo, Pontevedra), Héctor López (restaurante España, Lugo) e José Manuel Mallón (Espazo Gastronómico Remollo, Ames, A Coruña). Foi un xantar que estivo amenizado polas actuacións de The Sar Swing Quintet, Marcos Váz quez e Mekanika Rolling Band.

Así mesmo, co obxectivo de darlle máis visibilidade a produción ecolóxica galega que conta co selo do Craega, durante todo o acto púidose ver unha mostra significativa de produtos que achegaron algúns dos operadores que se integran na entidade.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 8
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 9
O gaiteiro Marcos Vázquez amenizou o acto oficial A Mekanika Rolling Band animou o ambiente The Sar Swing Quintet nun momento da súa actuación Durante toda a xornada, na entrada ao recinto elaborouse un grafiti inspirado na agricultura sostible A Parada das Bestas, a vista de paxaro Ver o vídeo resumo da gala

Os showcooking puxéronlle moi bo sabor á cita

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 10
Restaurante España Tapería Lecer A Parada das Bestas

Agradecementos

O Consello agradécelles a todas as autoridades a súa presenza neste acto conmemorativo, así como aos operadores que se achegaron a celebrar o cuarto de século, posto que sen eles todo isto non sería posible. Tamén lles dan as grazas a todas as persoas que se encargaron da organización da cita na Parada das Bestas e aos músicos que puxeron a banda sonora a esta xornada.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 11
Durante todo o acto luciuse un bodegón con produtos certificados Espazo Remollo Restaurante Berso
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 12
unha escolma das instantáneas dos numerosos convidados e convidadas que pasaron polo noso particular photocall, onde se podía elixir entre “horta”, “produción”, “tradición” e outros carteis vinculados á agricultura eco!
Ofrecemos
José Luis Cabarcos, director da Agacal; Belén María do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural; Francisco L. Valladares, presidente do Craega; José González, conselleiro do Medio Rural; Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, e Javier Arias, representante da Xunta de Lugo Os gandeiros Ovidio Rodríguez, Rogelio Gayoso, David Regueiro e Borja Álvarez José Luis Cabarcos, Antonio Basanta, Raquel Arias, Belen Docampo, Rosa Quintana, Ángeles Vázquez, Francisco L. Valladares, José González, José Tomé Roca, Pablo Taboada, Javier Arias, Pilar García Porto, Roberto Fernández e Roberto García Pernas Raimundo Castaño, Ricardo Rivas, María José Gonzalez, José Luis Cabarcos, Ramón Lamelo, Teresa Jove, María José García e María Jesús Sousa Pilar García Porto, Francisco L. Valladares, José Tomé Roca, Pablo Taboada Camoira, Roberto García Pernas e Roberto Fernández Rico, representantes da Deputación de Lugo co presidente do Craega Presidentes do IXP Lacón, DOP San Simón, Craega, IXP Mel de Galicia e IXP de Castaña de Galicia retratáronse xunto ao director da Agacal Abel Yáñez, José Mouriño, José Luis Graña, Andrés de la Fuente e Manuel José Ferreiro
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 13
Juan Antonio Rodríguez, produtor de carne Celso Fernández, agricultor e gandeiro Representantes de Miguel Areán e hijos (esq.) e Mieles Anta (dta.) Ángel Regueiro, Albino Fernández, Rocío Freire e José Luis Martínez Pérez Luis de Lorenzo e Andrés de la Fuente José Canda Rodríguez, produtor de carne Representantes de Discosta Norte SL Luisa López, María Digna García e Alberto Méndez, produtores de carne Representantes de Celebridade Galega
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 14
José Ángel Ares Pintor, produtor avícola Xavier Simón, Universidade de Vigo Antonio Ferreiro Ferreiro, produtor avícola Francisco Couso e J. Carlos Gómez, de Carrefour Raquel Rodríguez Rozas, produtora avícola Antonio González, da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro Cayetano Carballo, Daniel Rodríguez e Fernando Pomares, de Coren Rubén Domínguez Estraviz, produtor de leite José Ramón e Manuel, produtores de carne
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 15
Orlando Villamayor e cía., de Biostore, e Juan Pascual Larrinaga, de Gabesa Rosa Mosquera Losada, Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luis Fernández, produtor de cordeiro Concepción Torres, gandeira de leite Carmen Baloira, produtora de mazá José Luis Cabarcos e Francisco L. Valladares José Costoya, coordinador institucional de Intereco, e Rocío Freire, vicepresidenta do Craega Francisco L. Valladares e Pablo Taboada Xosé Luis Fernández e Ovidio Tato, produtores de leite
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 16
Rosa Quintana, Ángeles Vázquez, Francisco L. Valladares e José González Esther Torreira, de Chotoiba SC Manuel Santiago, produtor de carne José Ramón Irimia e Antonio Díaz Pérez, produtores de carne José Pereda, José Castro e Luis Fernández Rafael Rivadulla, Luisa Gómez e Javier Villanueva, de Agronovo Francisco L. Valladares, José Mouriño, Begoña Seco, Ricardo Rivas e Ernesto Sánchez Juan Antonio Estévez, de Terra de Baronceli Sandra Álvarez, de Algamar
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 17
Xesús Quintá, de Alibos Galicia Marcelo Castro e Miguel Arias Sotero Sampedro, de Celtaverde Javier García, secretario do Craega Julio Domínguez, José Castro e Carmen Rey, do grupo Lactalis Julio Domínguez, Sotero Sampedro, Ángel Regueiro e Rocío Freire Jesús Boán, produtor de castaña Salvador Liste José Luis Vaz, de Verín Biocoop SCG
ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 18
Lucía Vila e Natalia Rodríguez, de Bodegas Corisca Ramón Fernández e Javier García Jorge Hombre e Manuel Cruz, da CRTVG José Manuel Rodríguez, DO Ribeira Sacra Marta e María Álvarez, de Granxa Maruxa Antonio Rivas, Borja Mirón e Ángel Rivas, de Casa Codesal Gonzalo Rodríguez, Marta Cela, Antonio Velilla e Manuel Cancio

Nesta reportaxe facemos un repaso polas diferentes áreas do Craega para lembrar o seu nacemento e analizar como foi o seu crecemento, algunhas das actividades realizadas ao longo destes anos e cales son os seus principais obxectivos. Botamos unha mirada ao pasado e destacamos algúns dos datos máis relevantes destes 25 anos de historia.

Unha mirada polos 25 anos de historia do Craega

O nacemento da produción ecolóxica en Galicia

A Unión Europea define a agricultura ecolóxica como un método de produ ción cuxo obxectivo é obter alimen tos utilizando substancias e procesos naturais. Este sistema tende a ter un impacto medioambiental limitado e pro move o uso responsable da enerxía e dos recursos naturais, o mantemento da biodiversidade, a conservación dos equi librios ecolóxicos rexionais, a mellora da fertilidade do solo e o mantemento da calidade da auga.

Este tipo de agricultura atópase regulada legalmente en España desde 1989 e desde 2007 o Regulamento é común a todos os Estados membros da Unión Europea. O seu control e a súa certificación é competencia das distin tas comunidades autónomas e lévase a cabo maioritariamente por autoridades de control públicas, a través de conse llos ou comités de agricultura ecolóxica territoriais, que son organismos depen

dentes das correspondentes conselle rías ou departamentos de agricultura, ou directamente por direccións xerais adscritas a estas.

No caso de Galicia o órgano encar gado do control e da certificación da agricultura ecolóxica é o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. O Consello naceu en 1997 e comezou a súa actividade coa certifica ción de producións vexetais. Nos anos 2000-2001 ampliou a súa certificación á produción animal e xa desde 2010 incluíu a produción acuícola, que cer tifica determinados produtos de pesca, como é o caso do mexillón ou a extrac ción sostible das algas.

Na actualidade, o Craega ampara vexetais e produtos vexetais non pro cesados (incluídas sementes e outro material reprodutivo vexetal); animais e produtos animais non transforma dos; algas e produtos da acuicultura non transformados; produtos agrícolas transformados, incluídos os produtos da acuicultura destinados ao consumo humano; pensos; viño e outros elabora dos como a cera de abella.

O equipo humano

O organigrama do Consello está for mado por un pleno de vogais, no que se integran o presidente, as comisións e un vicepresidente. A nivel executivo o equipo confórmano un secretario, un director técnico, un comité de certifica ción e un comité consultivo. En canto ao órgano de control, está estruturado polos departamentos de comunicación, administración e xestión de calidade, ademais dos técnicos.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 19
Francisco L. Valladares é o actual presidente

Cando se fundou o Craega, colleu o mando da entidade Gabino Vázquez. Tras el, tomou as rendas da direc ción José Antonio Fernández, quen estivo durante unha década, e dende o ano 2017 o presidente é Francisco L. Valladares.

Un sector en constante crecemento

A evolución deste sector constátase a través dos informes que o Consello ela bora anualmente. Entre os últimos datos que manexan (2022), podemos salien tar que desde o nacemento do Craega a superficie ecolóxica pasou de menos de 1.000 ha no ano 1997 ata as 45.510

O selo ecolóxico non só certifica os produtos hortícolas senón tamén algúns alimentos derivados, coma o pan, galle tas, tortas… elaborados con materias primas de calidade sen aditivos nin saborizantes ou conservantes artificiais.

PRODUCIÓN ANIMAL

A gandería é outro dos piares da pro dución ecolóxica, que inclúe a produ ción avícola e vacún, tanto de carne coma de leite e derivados (iogures, queixo, xeados...), todos procedentes de granxas que cumpren estritamente os requisitos de benestar animal e que garanten a mellor calidade para o con sumo humano.

En diversas zonas de montaña de Galicia varios produtores decidiron apos

tar pola apicultura ecolóxica con gran des resultados. O mel galego atópase en plena expansión e mesmo se pode encontrar nos lineais dalgunhas cadeas de supermercados bío fóra das nosas fronteiras.

PRODUCIÓN ACUÍCOLA

O sector da acuicultura, das algas e das conservas de peixe e moluscos, nomeadamente mexillóns, estase a converter nun negocio en auxe cun significativo aumento na demanda dos consumidores. De feito, recentemente inaugurouse unha sede en Vilanova de Arousa, para así evitar os despraza mentos á sede de Monforte que teñen que facer numerosos produtores da zona de Pontevedra, onde se atopa a maior cantidade de bateeiros e conser veiras ecolóxicas.

Tamén é destacable o avance na produción eco de bebidas espiritosas, a partir de froitos coidadosamente selec cionados e certificados polo Craega, como son o viño e a sidra.

Formación e outras actividades

O selo eco non só certifica produtos hortícolas senón tamén algúns derivados (pan, marmeladas, tortas...)

que se computan na actualidade. A cifra de operadores tamén é moi elocuente, pois a certificación eco comezou con menos de 100 inscritos e a data de hoxe alcanzamos os 1.523 (2022).

PRODUCIÓN VEXETAL

Os produtos agrícolas constitúen a acti vidade orixinaria e unha das principais do sector: froitas e hortalizas frescas e conservadas (tomates, cebolas, berenxe nas, amorodos, allos, kiwis…) cultívanse todo o ano tanto en invernadoiros coma en horta. Os datos da última memoria (2021) reflicten un volume de vendas de 24.685.446 euros e mostran un crece mento constante desde o inicio.

O sector acuícola ecolóxico está en auxe

Ao longo destes 25 anos foron moitos os cursos que se organizaron dende o Consello co obxectivo de preparar aquelas persoas interesadas en pro ducir ecolóxico. Por iso, percorremos Galicia ofrecendo talleres de recolec ción de castaña e mazá e a súa certifi

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 20

cación; técnicas de produción ecolóxica animal; comercialización de pequenos froitos; sementes hortícolas e outros temas que resultaron de interese.

Ademais de obradoiros de forma ción, tamén se organizaron outras actividades, como foi o congreso de consumo saudable, que tivo lugar en Santiago de Compostela varios anos. O obxectivo era intercambiar coñece mentos e resultados de investigacións, expoñer e debater as consecuencias dos estudos de consumo de produ tos ecolóxicos e, dalgún xeito, formular políticas a favor da produción ecolóxica

en materia de calidade e seguridade alimentaria. Outra iniciativa foi formar parte do Concurso de Tapas de Lugo, que organiza a Asociación Provincial de Empresarios, Hostelería e Turismo de Lugo, no que se incluíu un apartado para a mellor tapa ecolóxica.

En setembro de 2021, o Craega e Slow Food Compostela puxeron en marcha as chamadas Ecoexperien cias durante catro fins de semana, nas que visitaron diferentes produtores das catro provincias galegas, acompañados de influencers e deportistas de Galicia. A finalidade era poñer en valor o labor que se fai desde o Craega, así como dar a coñecer o traballo dos diferentes produtores para que estes persoeiros os promovesen a través das súas redes sociais e tamén tomasen unha maior conciencia da calidade da produción eco galega.

Presenza de produtos en numerosas feiras

Desde o nacemento do Craega, un dos seus principais cometidos é facer visibles todos os produtos que contan con este selo; por iso, participan acti vamente nas feiras que se organizan tanto en Galicia ou España como a nivel internacional. Entre elas, pode

mos enumerar o Salón Gourmets (Madrid), Natexpo (Francia), Salimat (Pontevedra), Sial (Francia) ou BioFach (Alemaña), ademais de ter unha impor tante presenza nas diferentes BioCul tura que se organizan ao longo do ano en variados puntos de España.

Formar parte destas citas é un xeito non só de divulgar o propio selo senón que lles brinda a oportunidade aos pro dutores de chegar cos seus produtos a consumidores moi variados. Para o Consello é relevante que todo o mundo poida participar e trata de que, baixo o seu paraugas, poidan asistir ao maior número de eventos. Cabe destacar que en cada acontecemento se constata a grande acollida que ten a produción galega ecolóxica, feito que anima a que cada ano haxa máis entidades intere sadas en asistir ás feiras.

Campañas de promoción e visibilización

No transcurso deste cuarto de século, o Craega levou, e segue a levar, a cabo moitas actividades, cuxa finali dade fundamental é impulsar a produ ción ecolóxica galega para aumentar o seu consumo e dar a coñecer a súa importancia tanto para a saúde como para o medio ambiente. Así mesmo, preténdese difundir o traballo da enti dade como único órgano de certifica ción do selo eco, que avala a calidade destes produtos.

Entre todas elas, pódense destacar a campaña de promoción dos alimen tos eco na restauración, que consis tiu en potenciar aqueles restaurantes que engadiron nos seus menús produ tos ecolóxicos. Outra foi o Concurso de Eco-Receitas, no que se recolleron propostas doces e salgadas, elabora das unicamente con produtos certifi cados polo Craega.

Así mesmo, co pulo acadado polas redes sociais na última década, puxé ronse en marcha diversas iniciativas para involucrar os consumidores. Por iso, nos últimos anos organizáronse campañas nas diferentes estacións do ano, nas que os consumidores partici pantes recibiron unha morea de aga sallos.

ESPECIAL 25 ANIVERSARIO CRAEGA 61 21
No verán de 2021 levouse a cabo, en colaboración con Slow Food Compostela, a campaña titulada “Ecoexperiencias de Galicia” Unha das últimas feiras ás que asistiu o Craega

A superficie ecolóxica en Galicia increméntase nun 127 % respecto de 2010

No marco da celebración do 25.º ani versario do Craega, o presidente do Consello, Francisco López Vallada res, aproveitou para adiantar algúns datos correspondentes a 2022. Empezou destacando o crecemento tan notable que tivo a acuicultura, comparando datos do ano 2016 cos últimos, que mostran que se pasou de ter 37 operadores inscritos neste eido a 143 e, ademais, o volume de negocio pasou de 6,8 millóns de euros a 21. “Hoxe en día representa o 20 % da agricultura ecolóxica, polo que é un dato relevante”, puntualizou o presidente.

Así mesmo, apoiándose no cadro de datos comparativos entre os anos 2016 e 2022, fixo fincapé en que o balance nese período arroxou unha dinámica ascendente nos piares fundamentais, pasando de 27.716 hectáreas ecolóxi cas ás 45.510, é dicir, a superficie eco lóxica galega incrementouse en 17.794 ha (+64 %). En canto ao número de operadores ecolóxicos, a lista subiu de 945 a 1.523, isto é, 578 máis (+61 %).

Para concluír, lembrou que o obxec tivo da axenda da Unión Europea é acadar que o 25 % da superficie agra ria útil (SAU) sexa de produción eco

lóxica no ano 2030. “Quédannos debe res por facer. Temos que arrimar entre todos o ombro se queremos chegar a cumprir co que indican. Creo que sabe mos facelo e temos vontade”, indicou, e concluíu afirmando que “todos per seguimos un mesmo obxectivo: que a agricultura ecolóxica medre”.

Nas seguintes páxinas recóllese o balance económico en materia de agri cultura ecolóxica en Galicia correspon dente ao exercicio de 2021 con base en tres variables:

• Superficie ecolóxica certificada

• Operadores

• Vendas certificadas de produto eco

CRAEGA 61 22
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA 2021
O presidente do Craega aproveitou o acto do 25.º aniversario para presentar algunhas cifras da memoria

1. Superficie ecolóxica

• Nunha década medrou a superfi cie pasando de 14.167 ha no ano 2010 a 32.209 en 2021, un crece mento do 127 %.

• As provincias interiores, Ourense e Lugo, acaparan o 81 % do total da superficie inscrita en agricultura ecolóxica na comunidade.

• Lugo concentra máis da metade da superficie, con 16.606,15 ha (51,6 %).

• Ourense é a provincia que máis medra respecto de 2020, con 222,62 ha máis.

SUPERFICIE CERTIFICADA EN HECTÁREAS. Comparativa 2020-2021 por provincia

Provincias Superficie 2020 Superficie 2021 Variación (ha) % variación

Lugo 16.854,38 16.606,15 –248,23 –1,47 Pontevedra 2.096,38 2.214,44 118,06 5,63 Ourense 9.404,19 9.626,81 222,62 2,37 A Coruña 3.700,82 3.761,59 60,76 1,64 Total 32.055,77 32.208,98 153,21 0,48

SUPERFICIE CERTIFICADA POR PROVINCIA (ha)

16.606

CRAEGA 61 23 MEMORIA ANUAL DO CRAEGA 2021
1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
35.000 30.000 25.000 20.000 15.000 10.000 5.000 0 EVOLUCIÓN DA SUPERFICIE 1997-2021
• Crece en 153 ha o total da superfi cie ecolóxica neta inscrita en Galicia. LUGO PONTEVEDRA OURENSE A CORUÑA 2.214
3.762 9.627

Terras arables, pastos permanentes e cultivos permanentes

SUPERFICIE INSCRITA POR PROVINCIA Cultivo terras arables (ha)

SUPERFICIE INSCRITA POR PROVINCIA Pastos permanentes (ha)

SUPERFICIE INSCRITA POR PROVINCIA Cultivos permanentes (ha)

Terras arables

• Lugo e A Coruña representan o 86,3 %.

• As plantas recollidas en verde (millo forraxeiro, chícharos, nabos e prade rías) acaparan o 69,3 % dos cultivos arables.

• A hortalizas frescas e amorodos dedícanse 224 ha, cun incremento do 3,83 % respecto de 2020.

• Os cereais ocupan unha exten sión de 225,75 ha e abranguen un 12,80 %, é dicir, un 6,6 % máis que o ano anterior.

Pastos permanentes

• Cun 73 % da superficie rexistrada en Galicia, a de Lugo é a provin cia con máis pastos permanentes, seguida de Ourense; ambas son áreas gandeiras.

• Os pastos crecen 513 ha, pola ins crición de novas ganderías de vacún de carne.

Cultivos permanentes

• A maior parte da superficie (67,6 %) localízase en Lugo.

• Algo máis da metade (2.949 ha) dedícase a froitas, bagas e froitos secos.

• Con 2.328 ha, a castaña ten espe cial relevancia, xa que o 37 % da superficie permanente se dedica a este cultivo. Case toda a produción (93 %) se concentra en Lugo.

• Con 405 ha, a mazá para industria, principalmente, acada o 6,4 % do total da superficie. Lugo, con 143 ha e Pontevedra con 123, alcanzan o 66 % desta produción na nosa comunidade.

CRAEGA 61 24
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA 2021
755,36 188,43 68,27 11.449,59 502,57 488,50 4.288,21 1.061,86 2.503,66 8.949,88 1.084,31 868,35 TOTAL: 1.880,41 TOTAL: 23.473,85 TOTAL: 6.341,13
37 % dos cultivos permanentes dedícase ao cultivo de castaña
Un LUGO PONTEVEDRA OURENSE A CORUÑA
Superficie ecolóxica en Galicia 32.208,98 hectáreas
CRAEGA 61 25 MEMORIA ANUAL DO CRAEGA 2021 2. Operadores PRODUTORES ELABORADORES 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 1.600 1.400 1.200 1.000 800 600 400 200 0 EVOLUCIÓN DOS OPERADORES 1997-2021 192 370 445 491 751 972 996 338 354 97 314 407 484 626 878 67 282 396 60 65 64 78 89 102 116 133 149 171 194 239 287 304 55 47 40 32 484 554 865 34 230 469 523 828 7 1 9 16 18 25 Prod. animal Prod. vexetal Acuicultura Recolleita de algas Comercializador Elaborador Importador 250 200 150 100 50 0 ACTIVIDADE DOS OPERADORES POR PROVINCIA A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA 63 112 11 4 30 5 50 216 149 0 0 14 2 62 70 54 0 0 11 2 43 41 134 132 10 36 7 83 A produción de leite e derivados é, unha vez máis, o que acapara o maior volume de vendas Operadores ecolóxicos 1.350 inscritos

3. Volume de vendas certificadas

VOLUME DE VENDAS CERTIFICADAS (€). Comparativa 2020-2021 por provincia

A Coruña 27.212.370 32.252.118 5.039.748 18,52

Lugo 35.534.295 34.898.433 –635.861 –1,79

Ourense 14.656.435 14.311.576 –344.859 –2,35 Pontevedra 30.963.011 31.519.767 556.755 1,80 Galicia 108.366.111 112.981.893 4.615.783 4,26

VOLUME DE VENDAS CERTIFICADAS (€) 2020 2021

70.000.000 € 60.000.000 € 50.000.000 € 40.000.000 € 30.000.000 € 20.000.000 € 10.000.000 € 0 €

Vendas ecolóxicas certificadas 112.981.893 euros

Comparativa 2020-2021 por tipo de produción e por

provincias

É a variable que máis medra nesta análise e anota un crecemento do 4,26 % en relación a 2020, é dicir, 4,62 millóns de euros máis.

• A produción animal leva o peso do Craega no que ao volume de vendas certificadas se refire. Con 63,61 millóns de euros, supón o 58 % do total.

• A Coruña destaca como a provincia que máis crece en facturación. Des pediu 2021 cunha cifra de 32,3 millóns de euros, un 18,5 % que no exercicio anterior.

• Lugo segue a ser a provincia con máis volume de produto certificado, con 34,9 millóns de €.

VOLUME DE VENDAS CERTIFICADAS (€). Comparativa anos 2020-2021

Produtos Vendas 2020 Vendas 2021 Diferenza % variación

Aceites 1.755.958 2.221.141 465.183 26,49

Bosque e recolleita silvestre 2.574.220 2.608.724 34.505 1,34

Carnes e derivados 15.285.973 16.614.329 1.328.356 8,69

Cereais 8.120 15.736 7.616 93,79

Conservas de pescado 14.296.225 14.541.070 244.845 1,71

Conservas vexetais 196.339 235.373 39.034 19,88

Froiteiras 2.061.054 2.879.206 818.151 39,70

Hortalizas 2.748.714 2.530.309 –218.404 –7,95

Leite e derivados 38.171.287 39.274.893 1.103.606 2,89

Outros elaborados 5.157.280 7.889.502 2.732.222 52,98

Ovos e derivados 7.786.745 5.959.125 –1.827.620 –23,47

Panificación 1.476.350 1.540.693 64.343 4,36

Pensos e alimentación animal 6.506.241 5.194.193 –1.827.620 –20,17

Produtos apícolas 1.882.286 1.762.808 –119.478 –6,35

Viños, licores, sidra e vinagres 2.016.989 3.218.369 1.201.380 59,56

Tubérculos 184.182 79.247 –104.935 –56,97

Acuicultura e recolleita de algas 6.258.148 6.417.176 159.028 2,54

TOTAIS 108.366.111 112.981.893 4.615.782 4,26

CRAEGA 61 26
Provincias Vendas 2020 Vendas 2021 Diferenza % variación
MEMORIA ANUAL DO CRAEGA 2021
VEXETAL ANIMAL ACUICULTURA 24.685.446 28.412.492 63.156.291 63.611.154 20.958.246 20.554.373

Soben...

• Piar da liña de produción de orixe animal, o leite (e derivados) é unha vez máis o produto con maior volume de vendas (39,3 millóns de €).

• En 2012, ano no que se estrea este rexistro no Craega, a acuicul tura e a recollida de algas anotaron 104.059 €. Hoxe o seu volume mul tiplicouse ata 60 veces e chega aos 6,42 millóns.

• Recupérase a produción de froitei ras, cun incremento do 39,70 % respecto do ano anterior.

O máis destacado

• Á marxe do leite, os ingresos do sector eco galego apoiáronse nas carnes (16,6 millóns de €), nas con servas de peixe (14,5 millóns de €) e nos ovos (7,8 millóns de €) como principais producións por volume.

• Esperta a produción de cereais, cun incremento do 93,79 % con res pecto a 2020 e o mesmo sucede cos viños, licores, sidras e vinagres, que soben nun 59,56.

Baixan...

• En 2021 baixan as producións de tubérculos, cunha caída do 56,97 %, de pensos e alimentación animal (20,17 %) e de hortalizas (-7,95 %).

CRAEGA 61 27
Conclusións • 32.208,98 ha ecolóxicas, das cales a metade se localiza na provincia de Lugo. • 1.350 operadores, cun incremento do 3,05 % respecto de 2020. • 112.981.893 € de facturación. • O produto de orixe animal supón o 56,3 % das vendas. MEMORIA ANUAL DO CRAEGA 2021
Recupérase a produción de froiteiras, cun crecemento do 39,70 % O sector ecolóxico galego tamén se apoia na produción de carne

https://www.cocinademiabuelo.com/

*Recomendamos que todos os ingredientes que se utilicen sexan de produción ecolóxica.

Volven os cociñeiros que forman Indo e Vindo Gastronomía para ofrecernos un menú completo con ingredientes fáciles de atopar en calquera cociña. Abren a proposta cun prato sinxelo

e delicioso que ten como base os ovos, por suposto, ecolóxicos. Seguen cuns tallaríns de cabaciña moi sans e rematan cunha sobremesa saudable e saborosa.

Ovos ao prato

Preparación

1. Picamos o allo, o tomate e a cebola en anacos pequenos e o pemento cortámolo en tiras.

2. Poñemos unha tixola ao lume cun chisco de aceite de oliva e engadimos o allo e a cebola; cando esta empece a estar transparente, engadimos o pemento vermello e deixamos que se cociñe ben.

3. Logo, incorporamos o tomate e deixamos fritir moi ben.

4. Agregamos o sal, a pementa negra, o comino, a folla de loureiro, pemento doce e o chile ao gusto. Mestura mos todo ben para que as verduras collan o sabor das especias.

5. Rompemos os ovos encima das verduras e tapamos para que se cociñen. É importante que a clara quede coci ñada e a xema tenda a estar aínda líquida.

6. Retiramos do lume e podemos engadir uns brotes de coandro ou perexil picado.

Ingredientes para 2 persoas

• 1 cebola

• 2 dentes de allo

• 1 pemento vermello • 600-700 gramos de tomates maduros • 1 folla de loureiro • 1 c/c de comino

• Pementa negra

• 1-2 chiles

• Pemento doce

• Sal

• Aceite de oliva virxe extra

• 4 ovos

• Perexil picado ou brotes de coandro

CRAEGA 61 28
COCIÑA ECO
Indo e Vindo Gastronomía, o trío culinario formado por Rocío Garrido (IG:@rociococina), Fran Jamardo (IG:@franjape71) e Coque Fariña (IG:@mi_coqueteria)
PRIMEIRO PRATO

SOBREMESA SEGUNDO PRATO

Tallaríns de cabaciña con tomates e queixo afumado

Ingredientes

• 1 cabaciña grande

• Tomates pequenos

• Xamón

• Queixo afumado

• Pementa negra

• Sal

• Aceite de oliva

Preparación

1. Cortamos a cabaciña en láminas e logo en tiras moi finas, intentando que nos queden do mesmo grosor.

2. Poñemos unha tixola ao lume cun pouco de aceite de oliva e, cando estea quente, incorporamos os tallaríns de cabaciña. Unha vez estea todo ben fritido, engadi mos o xamón cortado en tiras e os tomates cortados pola metade.

3. Botamos un pouco de sal e pementa ao gusto. Deixamos que se cociñe un par de minutos e poñémolos no prato.

4. Colocamos os tallaríns nun prato e engadimos unhas lascas de queixo afumado e moemos un pouco máis de pementa negra. Xa temos o prato listo para comer!

Sopa de melón e menta

Ingredientes

• 800 gramos de melón

• 1 limón

• 2 culleres de azucre glas • 2 ramas de menta • 12 framboesas ou froita a elixir

• Un puñado de pistachos

• Bebida de coco ou nata

Preparación

1. Pica o melón: retira a súa cobertura, limpa as sementes, extrae a polpa con coidado e córtaa.

2. Espreme o limón e filtra o zume para que non teña pebidas.

3. Tritura a polpa.

4. Dispón a polpa do melón no vaso da batedeira, agrega o azucre e o zume de limón e tritura todo ata obter unha crema lisa e homoxénea.

5. Incorpora a menta; lava as follas, sécaas e pícaas. Engádellas á crema de melón, remove ben, tapa con filme transparente e deixa macerar no refrixerador ata o momento de servila.

6. Reparte a crema en boles ou pratos sopeiros, decora coa froita, unhas bolas de melón, os pistachos picados, follas de menta e a bebida de coco ou nata montada.

CRAEGA 61 29 COCIÑA ECO

A acuicultura ecolóxica xa ten a súa sede en Vilanova de Arousa

O Consello inaugurou o 30 de setem bro unha nova sede na Pantrigueira (Vilanova de Arousa, Pontevedra). No acto estiveron presentes o pre sidente do Craega, Francisco López Valladares, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida.

Ante o crecemento que ten a acui cultura ecolóxica en Galicia, o Craega apostou por crear este espazo para darlles servizo a todos os agricul

tores e acuicultores da provincia de Pontevedra e así evitar os seus desprazamentos ata a sede cen tral, situada en Monforte de Lemos. Desde o Consello consideran funda mental contar con este local, “posto que a acuicultura está a crecer moito, a produción de mexillóns, algas e conservas están a ter moita importancia nos últimos anos”, indi cou o presidente.

nas residencias de maiores

A comezos do mes de outubro, o direc tor da Axencia Galega da Calidade Ali mentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, deu a coñecer na residencia pública de Campolongo (Pontevedra) a primeira edición da campaña denominada “Comedores Responsables” orientada ás residencias de persoas da terceira idade de Galicia, co fin de impulsar o consumo dos produtos agroalimenta rios galegos ecolóxicos, que serán pro porcionados polo Craega, e con indi cativo de calidade nestes espazos.

Esta iniciativa, que promove a Xunta de Galicia e coordina Slow Food Com postela, ofreceralles formación e ase soramento aos responsables de cociña da man de Agacal.

Polo de agora, beneficiaranse uns 600 residentes dos centros Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa), a resi dencia Hermanos Prieto (O Carba lliño), a residencia de anciáns de San Marcos (Santiago de Compostela) e a residencia da terceira idade de Cam polongo (Pontevedra).

A mellor agricultura ecolóxica feminina está en España

O 23 de setembro, representantes das institucións europeas e do sector ecolóxico entregaron os primeiros Pre mios Ecolóxicos da Unión Europea (UE), no marco da celebración do Día da Agricultura Ecolóxica da UE. Oito gañadores de sete categorías recibiron o seu premio nunha cerimonia orga nizada pola Comisión Europea e cele brada en Bruxelas.

En xullo de 2022 anunciáronse 24 finalistas preseleccionados para 8 premios en 7 categorías. Foron elixi

dos entre máis de 200 candidaturas procedentes de 26 Estados mem bros. Cabe destacar o único premio que veu para España, na categoría de Mellor Agricultura Ecolóxica Feminina, que foi para Nazaret Mateos Álvarez, quen dirixe un centro de produción ecolóxica de cogomelos no norte da península. Esta emprendedora desen volveu un método de cultivo único que maximiza a calidade do produto, á vez que minimiza os insumos e reduce drasticamente o consumo de auga.

CRAEGA 61 30
NOVAS BREVES
Os alimentos eco tamén estarán nos “Comedores Responsables”
FOTO: BIO ECO ACTUAL

Xornadas formativas de outono sobre as axudas da PAC e a gandería eco

A Asociación para o Desenvolve mento Rural da Produción Ecolóxica de Galicia (Deproeco) e Agronovo Eco loxía, en colaboración coa Caixa Rural Galega, organizan varias xornadas informativas en diferentes concellos da comunidade, en horario de 10:00 a 13:00 h. As temáticas centraranse nas axudas da PAC 2023-2027 e na gandería ecolóxica.

O eixe central destas xornadas é informar aos produtores das novi dades da PAC 2023-2027, especifi cando os requisitos e condicionantes para poder cobrar as axudas neste novo período, así como informar sobre os requirimentos normativos da pro dución gandeira ecolóxica: como pro ducir, situación actual do mercado e o proceso de conversión á produción ecolóxica.

O Craega asiste ao Galicia Fórum Gastronómico e a Expolugo

O 27 de setembro o Craega achegouse ata Galicia Fórum Gastronómico, o grande evento gastronómico internacio nal que tivo lugar en Expo Coruña, para presentar a degustación elaborada con produtos ecolóxicos e dar a coñecer o que é a certificación eco ante o público asistente. Para elaborar os pratos, aos fogóns estivo José Manuel Mallón, de Espazo Remollo (Ames, A Coruña). Esta

actividade formou parte do programa da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), da Xunta de Galicia.

Por outra banda, na fin de semana do 8 e 9 de outubro o Craega contou cun stand na mostra agrogandeira Expolugo A Rural, que se desenvolveu no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e que coincidiu coa celebración das festas de San Froilán.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) n.º 179 do 20 de setembro de 2022 publi cou a Orde da Consellería do Medio Rural (12/09/2022) pola que se esta blecen normas en relación coa comer cialización dos produtos ecolóxicos no mercado retallista e, especificamente, fíxanse determinadas exencións en rela ción cos requisitos que, con carácter xeral, deben cumprir as persoas opera doras que realizan esta actividade.

Así, todos os operadores que lles vendan produtos ecolóxicos envasados directamente ás persoas consumidoras

finais quedan exentos da obriga de no tificación da súa actividade ao Craega e de estar en posesión do certificado esixible aos operadores ecolóxicos.

CRAEGA 61 31
O DOG anuncia os requisitos para que os comercializadores retallistas de produtos eco a granel queden exentos de certificación eco
NOVAS BREVES Inscrición gratuíta a través do correo electrónico asociacion.dpe@gmail.com ou do teléfono 698 956 453

A campaña “Come Local”, un modelo de xestión viable para os comedores escolares

e o abastecemento de produtos de proximidade.

Slow Food Compostela, organizadora da iniciativa “Come Local” nos centros educativos galegos, fai un repaso polo comezo desta estratexia, polos obxectivos iniciais, por como se traballou nestes anos e por como mudou a maneira de elaborar os menús nos comedores que formaron parte desta campaña

Coa chegada do outono rematan as vacacións e volvemos á rutina. Entre todas as cousas que deixamos atrás, o tempo libre ou a falta de horarios, estaba tamén saltar a nosa dieta cotiá. Mais coa “volta ao cole”, retomamos os nosos patróns habituais e volvemos antepor o correcto por encima da pre guiza ou da gula. Collámoslle agarimo ao colexio e vexamos neste inicio de curso unha oportunidade para apren der e valorar o bo que temos.

Durante estes tres últimos anos, o Craega participou na campaña “Come Local”, promovida desde a Axencia Galega de Calidade Alimen taria (Agacal) e pensada para poten ciar os alimentos con certificado de calidade dentro dos comedores esco lares. Chegou a medio centenar de colexios de toda Galicia, nos que se actuou en tres alicerces: a educación alimentaria dos máis pequenos, a for mación aos responsables de comedor

Este proxecto, xa cun certo perco rrido, tratou de seguir os ditados do Pacto Verde Europeo e, en especial, da estratexia “Da granxa á mesa”, xerando canles curtas de comercializa ción e primando a seguridade alimen taria. Así mesmo, esta estratexia, pen sada para fomentar iniciativas e pro postas lexislativas sobre a agricultura ecolóxica, a etiquetaxe, a nutrición, a sustentabilidade e a redución do des perdicio alimentario, tivo a primeira asimilación pola lexislación española co Real Decreto sobre seguridade ali mentaria e nutrición de setembro de 2022, creado para unha aplicación en centros educativos. O que nos indi can neste decreto é o camiño a unha escola onde o comedor sexa unha aula lectiva como tal e onde os estudan tes teñan acceso a unha alimenta ción equilibrada, nutritiva e saudable, pero sen renunciar a un baixo impacto ambiental na súa contorna.

As premisas desta nova normativa, aínda en fase de alegacións, avogan por unha oferta gastronómica baseada

en alimentos fundamentalmente fres cos, de tempada e proximidade, pri mando as froitas e hortalizas, pero poñendo un especial fincapé no tipo de produción co que se levaron a cabo.

Á hora de abastecerse, os comedo res deberán favorecer as producións que respecten o benestar animal, as normas da produción integrada e os produtos de pesca respectuosos co medio ambiente e, de maneira obriga toria, polo menos un 5 % dos alimen tos ofertados deberán estar certifica dos como ecolóxicos.

Desde a campaña “Come Local” trabállase nesta liña desde hai xa tres anos e os resultados foron moi espe ranzadores. A maioría dos colexios implicados mostraron o seu inte rese por mellorar a oferta alimenta ria, pero como impedimento atoparon dúas trabas: a marxe económica na que se moven e a loxística das pro ducións de proximidade. E é que non nos podemos esquecer de que esta mos a falar de comedores con dous euros diarios por comensal, cos que teñen que ofrecer un primeiro prato, segundo e sobremesa, e todo iso cum prindo un criterio mínimo de calidade e encaixado nunha oferta gastronó mica aprobada por un nutricionista. Esta complicación na xestión fai que moitos opten por un abastecemento unificado a través de intermediarios e non se atrevan a dar o paso a outro tipo de alimentos.

A campaña arrincou derrubando estas reticencias. A través da forma ción dos responsables de comedor, proporciónanse ferramentas, como escandallos que permitan realizar un balance económico da compra. O seguinte paso foi a capacitación para distinguir os alimentos que contan cun certificado de calidade e que implica cións teñen detrás destes. En moitos casos, este é un factor determinante

CRAEGA 61 32
ALIMÉNTATE BÍO

para fidelizar o consumo deste tipo de produtos e coñecer as diferenzas reais entre un produto certificado e un con vencional.

E é neste punto onde os responsa bles, sabendo xa con que tipo de ali mentos van traballar, dispoñen de ata 5 alimentos diferentes con certificado de calidade, para ser degustados nos menús dos máis pequenos, sendo o produto con certificado ecolóxico un dos máis demandados ano tras ano.

Por parte da comunidade docente, e polas propias familias, hai unha sensi bilidade especial para introducir deter minados alimentos ecolóxicos, dos cales os máis solicitados son o lácteo, a froita e o pito. Ao longo destas campa ñas puidéronse degustar kiwis, iogures, leite, hamburguesas, carne de vacún, pito, verduras e legumes. Os resultados en cifras falan por si mesmos: as res postas de satisfacción e de intención de compra aproxímanse ao 80 %.

En cociña atópanse cun produto de alta calidade, con gran rendemento, e no comedor, cun alimento de textura suave e sabor intenso, que non adoita deixar indiferentes aos máis pequenos. É por iso polo que ao longo destas campañas se conseguiron crear redes de distribución de produto en cen tros que participaron na iniciativa. En moitos casos, unha vez que se proba o alimento xa non hai volta atrás ao de menor calidade.

Cando chega este paso, tense en conta a solución loxística se é preciso, así como o asesoramento en calquera problema co APPCC á hora de mani pular ou conservar o produto. Porén,

ACHEGAS DO CRAEGA NA CAMPAÑA

24 centros e 3.700 usuarios/as

2021

• Polo ecolóxico: para 10 centros con 1.845 usuarios/as

• Froita ecolóxica de tempada: para 5 centros con 475 usuarios/as

• Leite ecolóxico: para 16 centros con 2.500 usuarios/as

• Iogures ecolóxicos: para 4 centros con 925 usuarios/as

• Carne de tenreira ecolóxica: para 4 centros con 520 usuarios/as

• Verduras ecolóxicas de tempada: para 1 centro con 400 usuarios/as

“Come Local”, estaría incompleta se se acabase aí. O obxectivo orixinal é que o comedor sexa unha aula máis, polo que os nenos e nenas deben aprender, a través das propiedades organolép ticas dos alimentos, a recoñecer eles mesmos que son os alimentos certifi cados e que técnicas hai detrás.

O comedor, unha aula máis

O alumnado ten a oportunidade de aprender a coñecer os certifica dos de calidade e a distinguilos nos seus puntos de compra. En moitos casos, xa viron algún logo ou consu miron algún produto, pero na cam paña aprenden que hai detrás de toda esa terminoloxía. É un momento de reflexión onde descobren as implica cións da produción agroalimentaria no medio ambiente e como as pro ducións certificadas, en especial as ecolóxicas, supoñen unha ferramenta para minimizar, ou mesmo paliar, os efectos de cambio climático. Por iso non debemos esquecer que este tipo

de modelos de abastecemento teñen un impacto moi beneficioso non só na saúde dos máis pequenos senón de todo o noso espazo en xeral.

A creación de redes curtas de comercialización supoñen unha rebaixa no nivel de emisións, axudan á conso lidación do territorio e a manter a bio diversidade local. Os nenos aprenden todo isto, pero, aos poucos, parece que no mundo dos adultos se empeza a poñer o foco neste modelo de xestión.

Coa nova lexislación, o que se expuxo como un factor de mellora vai ter que ser adoptado como obrigatorio. Os colexios deberán ir introducindo nos comedores alimentos en función da súa calidade nutricional e do seu impacto ambiental. O reto está en ver se este sistema é sustentable econo micamente e loxisticamente posible. A experiencia de “Come Local” é un bo exemplo doutro modelo de xestión que pode ser viable.

CRAEGA 61 33 ALIMÉNTATE BÍO
Artigo enviado por Slow Food Compostela https://www.slowfoodcompostela.es/

Unha ducia de operadores do Craega luciron as súas delicias en BioCultura Madrid

Entre o 3 e o 6 de novembro o Ifema acolleu a 37.ª edición dunha das citas máis importantes do sector, BioCultura Madrid, a “feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable”, que volveu abrir as súas portas tras tres anos de espera. Desta volta, a feira decana da cul tura ecolóxica contou coa participación duns 400 expositores e cunha com pleta programación na que se levaron a cabo máis de 300 actividades que con gregaron milleiros de visitantes. Todas

HAZTE SOCI@ de SEAE

Acompáñanos en el camino hacia una transición agroecológica del modelo agroalimentario actual.

Ser parte de SEAE significa apoyar a una organización abierta, próxima y transparente que trabaja con y para el sector de la producción ecológica y el movimiento agroecológico y, por tanto, que contribuye al cambio hacia un mundo mejor, más justo, equitativo y sostenible. Ae, la “Revista Agroecológica de Divulgación” es gratis para soci@s de SEAE.

as persoas asistentes puideron atopar, ademais de alimentación certificada en ecolóxico, moda sostible; ecomateriais, mobles e decoración para as vivendas; enerxías renovables; aforro e reciclaxe; ecoloxía; medio ambiente; turismo rural e casas de repouso; xoguetes; artesa nías; música ou libros e revistas.

Como xa é habitual, o Craega par ticipou neste evento para darlle o seu apoio a unha ducia de operadores: Cele bridade Galega, Euro Andean, Galu riña, Portomuiños, Algas La Patrona, Bubela Artesá, Traloagro, Los sabores del Camino, Sovoral, Capitán Alga, Terra de Baronceli e Bioalacena. Así mesmo, as firmas eco Orballo, The Bio Factory e Algamar asistiron tamén á feira con posto propio. Todos eles mostraron a súa satisfacción por poder presentar as súas novidades neste evento nacional que potencia o sector ecolóxico e todos eles salientaron a grande acollida que tiveron os produtos galegos certificados.

Ademais dos stands galegos insta lados no recinto, Euro Andean Trading SL, coa firma comercial Tata, Alimentos con Historia, levou a cabo un showcoo king baixo o título “Cociñando con Tata”. Judith Jacinto Valderrama foi a encar gada de impartir este obradoiro, no que ofreceu unha merenda saudable.

UN PROGRAMA REPLETO DE ACTIVIDADES

Esta feira presentou unha nutrida axenda de propostas que deron as claves para levar unha vida máis sa e, deste xeito, contribuír a un mundo máis sostible. Obradoiros coma os showcooking mos traron a maneira de elaborar menús con produtos ecolóxicos e atractivas suxes tións de ecoestética ensinaron como coidar o corpo por dentro e por fóra dun xeito máis natural. O programa comple touse, ademais, con xornadas profesio nais, conferencias, debates, entrevistas en público e charlas científicas.

Consulta todas as actividades neste enlace: https://www.biocultura.org/madrid/ programacion-actividades

CRAEGA 61 34
Agricultura Ecológica Agroecología Sociedad Española de Sociedad Española de Agricultura Ecológica/ Agroecología (SEAE) Camí del Port, s/n. Km 1 - Edif ECA. Portón 1. Apdo 397 E-46470 Catarroja (Valencia) • +34 961 267 122 E-mail: comunicacion@agroecologia.net Facebook: SEAE.Agroecologia • Twitter: @SEAE_Agroecolog Consulta nuestra página web: www.agroecologia.net
AXENDA
Operadores do Craega presentaron as súas novidades nesta nova edición

Véndese explotación de arando e framboesa en proceso de conversión a ecolóxico. Case no séptimo ano de plantación.

O Mato, Palas de Rei (Lugo) Tels. 628 696 971 / 667558299

Venda de hortaliza e verdura fresca variadas. Pequenos froitos e cogomelos.

Horta Trasalba, Amoeiro (Ourense) Tel. 650 053 980

Vendo 11 xovencas frisoas con certificado ecolóxico: fillas de sementais A2A2, moi bo tamaño, preñeces de 4 a 7 meses, a parir con mínimo 30 meses de idade. Amando Romero Sanjurjo Tel. 620 802 970

Véndense bólas de silo de herba ecolóxica en Baralla, Lugo. Tel. 650 806 373

Venda de carne con certificación ecolóxica de raza autóctona vianesa. Animais criados en liberdade con pastos naturais, castiñeiros e carballos. Xatos alimentados ao 80 % con leite materno. Lotes envasados ao baleiro. Servizo directo do gandeiro á casa.

Ecovianesa SL, Berrande (Ourense) Tel. 676 966 255 - ecovianesa@gmail.com

Ecoagroturismo no corazón da Ribeira Sacra. Casa de labranza do século XIII perfecta para desconectar. Venda de carne ecolóxicas.

Pazo de Sabadelle, Chantada (Lugo) Tel. 650 343 777 - pepedopacio@hotmail.com

Alúgase unha parcela dunha hectárea en agricultura ecolóxica desde o ano 2000.

José Hermida Fernández, Xermade (Lugo) Tel. 982 501 713 - an.geles@hotmail.com

Horta ecolóxica con produtos de tempada.

Carmen Pazos Rabuñal, Rois (A Coruña) Tel. 630 167 138 carmensocastro@hotmail.com

Gallega de Bebidas SA solicita distribuidora para a marca Ecoterra, Vinagres ecolóxicos. Tel. 981 600 069

Venda directa de castaña fresca en tempada, castaña seca e fariña de castaña. Envasada e a granel. José Feijóo Gago | Pecado de Outono Tel. 659 499 570 pecadodeoutono@hotmail.es

Venda de fabas ecolóxicas de Lourenzá a granel. Vicente Piñeiro Leitón Tel. 606 739 015

Venda de froitos frescos (amorodo, framboesa, moras, arandos e grosella vermella e negra) e plantas de froitos silvestres. Fragaira froitos silvestres Tel. 699 761 644www.fragaira.blogspot.comfragaira@gmail.com

Venda de carne de vacún de produción ecolóxica de raza limusin: canal (enteiro ou medio) e despezamentos. Envío a domicilio en transporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Tamén dispoñemos de animais de raza limusin con carta xenealóxica.

Vicente Prieto Ledo Tel. 609 864 738 - info@limusinatouza.com

Venda de esterco de polos ecolóxicos. Raquel Rodríguez Rozas Rodeiro (Pontevedra) Tel. 617 242 881 - quelarr@yahoo.es

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro.

Carnicería Carballada, Sarria (Lugo) Tel. 982 886 225 info@carniceriacarballada.com

Produción de vacún, porcino raza celta, ovino, cabrún e polos ecolóxicos. Tamén temos ovos, cereais (millo, trigo e centeo) e produtos da horta de tempada. Facemos servizo a domicilio na comarca das Mariñas coruñesas.

Granxas de Lousada SC Tel. 657 103 468 - sboados@gmail.com

Alúgase terreo en produción ecolóxica de 3,5 ha (con posibilidade de ampliar) en Bandeira, Silleda. Tel. 652 850 942 (Paz González)

Venda de mel ecolóxico procedente das montañas de Ourense, de paraxes virxes libres de contaminación. Combinación de néctares de flores e melados, que ofrecen unhas características organolépticas únicas. IXP Mel de Galicia. Tel. 683 424 643 - bicosdemel@bicosdemel.es www.bicosdemel.es

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López Tel. 982 531 273 - matadero@sarria.es

Véndense rolos de herba seca e silo de produción ecolóxica en Friol (Lugo). Tel. 639 03 79 40

Descontos do 20 % nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega. Albá, Palas de Rei (Lugo) Tels. 982 380 25 /629 176 030 contacto@arqueixal.com www.arqueixal.com

Vendemos cabritos ecolóxicos de raza autóctona. Cabuxa Natur/Avicava Natur SC Borreiques, Guntín (Lugo) Tel. 620 547 143 avicavanatur@gmail.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea, Rábade (Lugo) Jesús Dapena Tels. 982 390 355 / 607 289 806 susodapenacruz@hotmail.com

Venda de pataca ecolóxica, herba seca deste ano, trigo e chícharos para a elaboración de penso ecolóxico. José Ángel Rodríguez Paz Tel. 689 151 661

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios, podedes enviar a vosa solicitude a comunicacion@craega.es

Síguenos en:

Impreso en papel 100% reciclado

Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 craega@craega.es https://www.craega.es/

FEADER Europa inviste no rural

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.