Revista do Craega 33

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 33  >  Inverno 2014

> Craega visita o SIAL no seu 50 aniversario

> Premios ecolóxicos

> Novas xornadas

formativas do sector

O outono trouxo novas

iniciativas ecolóxicas


3 |  Outono de feiras  5 |  Actualidade do sector

CRAEGA

8 |  Formación

EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: pendente

11  |  Taboleiro de anuncios

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com A Tropical Finarrei SL Rúa da Paz, 20 32005 Ourense 988 220 688 - 988 440 416 demetrio@finarrei.com www.finarrei.com A Xoaniña, SCG R/ Venezuela, 78 15404 Ferrol A Coruña 981 930 868 xan.martinez@cooperativaxoaninha.org www.cooperativaxoaninha.org ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230

Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es

hostaleiros Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es O Lar de Adrián Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com lardeadrian.atagalicia.com Picota Espazo Gastronómico R/ Bailén, Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 418 408 karrasquito@hotmail.com Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es

Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 restaurantespana@gmail.com www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com Taberna Vegetariana Gaia R/ Orzán, 206-208 baixo 15003 A Coruña 658 155 440 tabernagaia@gmail.com


Outono de feiras

Nos meses de outubro e novembro os produtos ecolóxicos estiveron presentes en diferentes feiras, tanto a nivel autóctono, nas de Arzúa ou Monterroso, coma a nivel internacional, en concreto no SIAL, a macrofeira bianual de París que este ano chegou á súa 50 edición, á que o Craega asistiu a través dalgúns dos seus operadores.

O Craega visita o SIAL no 50 aniversario da feira parisiense

A

marca ecolóxica galega cruzou fronteiras o pasado mes de outubro coa presenza de varios operadores do Craega no Salón Internacional da Alimentación (SIAL), a feira parisiense bianual que se desenvolve no parque de exposicións Paris Nord Villepinte e que este ano cumpriu 50 anos de existencia.

O Craega non quixo perder o aniversario e ata alí viaxaron os operadores Helados Gael; PortoMuíños (Las Verduras del Mar); Mieles Anta coa marca Pazo de Lusío; Conservas Antonio Pérez Lafuente e Alibós Galicia, que contaron co seu espazo para promover a produción ecolóxica co apoio do Craega entre os máis de 6.000 expositores chegados de 105 países, nos que se podía atopar unha amplísima gama de produtos agroalimentarios. Os produtores galegos ofertaron, entre outros alimentos ecolóxicos, conservas de pescado con ingredientes vexetais, algas, xeados de diversos sabores, produtos apícolas ou castañas e derivados. A gran feira gala, considerada coma un dos grandes observatorios das tendencias de consumo mundiais, desenvolveuse dende o día 19 ata o 23 de outubro e por ela pasaron máis de 150.000 visitantes da industria da agroalimentación, provenientes de preto de 200 países, que, ademais, puideron elixir entre as máis de duascentas conferencias e mesas redondas nas que se debateu acerca das diferentes iniciativas no ámbito da nutrición a nivel mundial. A próxima cita deste encontro será entre o 16 e o 20 de outubro de 2016.

CRAEGA

> 3


Terractiva, a maior feira galega do sector verde

T

ras once edicións, a feira ecolóxica de Arzúa, coñecida como Terractiva, consolídase coma o gran referente das feiras no sector verde da nosa comunidade. A mostra da súa boa saúde foron os 65 expositores que conformaron o escaparate de propostas sostibles que se puideron ver a fin de semana do 15-16 de novembro no recinto feiral Terra do Queixo. A feira contou coa presenza de varios expositores de produción ecolóxica, terapias alternativas e artesanía sustentable e foi un punto de encontro de produtores, artesáns, distribuidores e público en xeral, no que se gozou, ademais, dunha ampla variedade de produtos de alimentación ecolóxicos, materiais de bioconstrución, cosmética natural ou artesáns de instrumentos tradicionais. A cita tamén ofreceu un extenso programa de actividades complementarias, que abrangueu obradoiros, exhibicións, conferencias e actuacións musicais e teatrais.

Presenza de alimentos ecolóxicos na XXIII Feira de Monterroso

A

vila lucense de Monterroso acolleu entre os días 24 e 26 de outubro a XXIII Feira Agroalimentaria do Queixo e as Castañas da Ulloa, unha cita que lle serve de antesala á histórica Feira dos Santos. Monterroso converteuse nun amplo escaparate de produtos locais, no que houbo oco para os alimentos ecolóxicos que expuxeron varios operadores inscritos no Craega: as empresas Castañas Naiciña e Alibós Galicia; Aceites Abril; Cauru (produtora de mel); Granxa Maruxa, que levou as súas galletas Maruxa, e a empresa de ecoagroturismo Arqueixal, que estivo na feira cos seus queixos, iogures e leite ecolóxicos. O evento durou tres días nos que houbo música e outras actividades, como catas didácticas de queixo destinadas ao alumnado ou o concurso de tapas e petiscos Pasatapas. O 26 de outubro, último día da feira, repartíronse castañas asadas e houbo degustación de queixos, tapas de empanada e pan de castañas.

4

<

CRAEGA


Actualidade do sector Temos boas noticias: aplaudimos os premios do Canela Bakery Coffee e da Casa Grande de Xanceda, damos conta da aprobación dun novo real decreto que lle dará pulo ao sector e, finalmente, presentamos unha síntese do recente estudo do Magrama, que confirma que os compradores se animan cada vez máis a consumir produtos eco.

O Concurso de Tapas de Lugo premia o Canela Bakery Coffee

A

orixinalidade e a dozura da proposta ecolóxica elaborada polo establecemento Canela Bakery Coffee conquistou o padal dos asistentes no 10.º Concurso de Tapas de Lugo, cuxos votos lle deron o premio do público na categoría de Mellor Tapa Ecolóxica; foi preparada con doce de xeado de iogur ecolóxico, tofe, Peta Zetas e chocolate. O cociñeiro Héctor López recolleu a correspondente placa conmemorativa o 10 de novembro nun acto celebrado na Casa do Concello. Un ano máis, o Craega colaborou na organización deste certame.

Casa Grande de Xanceda recolle o seu Premio Alimentos de España á Produción Ecolóxica

O

21 de outubro a SAT Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña) recolleu o premio que lle concedeu o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) na categoría correspondente á Produción Ecolóxica polo seu labor empresarial dentro dos Premios Alimentos de España. A decisión do xurado baseouse na alta calidade do produto desta empresa, así como na súa aposta pola orixinalidade e pola innovación na produción ecolóxica, todo iso unido a unha actitude de conciencia e respecto cara á biodiversidade mediante o fomento de actuacións favorables cara á flora e fauna salvaxes. A encargada de entregarlles o galardón foi Isabel García Tejerina, titular do citado Ministerio, nunha gala que tivo lugar no Salón dos Mosaicos do Alcázar de los Reyes Cristianos de Córdoba. O Magrama organiza estes premios dende hai 26 anos co obxectivo de valorar o labor desenvolvido por empresas e profesionais que se distinguiron por producir, ofrecer e divulgar os alimentos de calidade españois e para iso téñense en conta oito modalidades: Restauración, Produción Ecolóxica, Comunicación, Internacionalización Alimentaria, Mellor Aceite Oliva Virxe Extra, Mellor Queixo e Mellor Viño 2014, ademais do Premio Extraordinario Alimentos de España.

CRAEGA

> 5


Medio Rural promove produtos eco nas grandes cidades de Galicia

A

Consellería do Medio Rural e do Mar levou a cabo no mes de outubro unha promoción de produtos galegos con indicación de calidade e nela colaborou o Craega coa difusión de información de produtos ecolóxicos. A campaña arrancou o día 10 de outubro na Coruña e rematou o día 27 na capital lucense, pasando por Pontevedra, Ourense, Ferrol e Vigo.

Esta iniciativa consistiu en ofrecerlles información aos consumidores sobre produtos ecolóxicos a través da entrega dun díptico do Craega e explicarlles que son e cales son as principais diferenzas entre un produto eco e un convencional. Os consumidores puideron atopar nos mostradores expostos nos supermercados Carrefour de cada cidade leite, iogures, queixo e outros derivados lácteos, así como café e infusións, sidra, aceite de oliva, mel ou preparados con algas.

O Magrama aproba o Rexistro Xeral de Operadores Ecolóxicos e a Mesa de coordinación da produción ecolóxica

O

día 3 de outubro o Consello de Ministros aprobou, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), un real decreto polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Operadores Ecolóxicos e se crea unha Mesa de coordinación da produción ecolóxica. Esta norma ten como obxectivo darlles resposta ás obrigas no que se refire á información e ao control dentro desta materia e dálles continuidade ao apoio e ao impulso que dende o Ministerio se vén ofrecendo a estas producións. O Rexistro Xeral incorporará nunha base informatizada os datos dos rexistros ou sistemas de información das comunidades autónomas e facilitará tamén a coordinación en materia de xestión e control, así como o acceso á información de calquera operador dentro do territorio nacional, independentemente da zona na que leve a cabo a súa actividade. Con iso preténdese acadar unha maior transparencia e un maior desenvolvemento do mercado destes produtos. Canto á Mesa de coordinación da produción ecolóxica considérase un novo órgano renovado de coordinación coas comunidades autónomas, destinado a impulsar e reforzar a acción coordinada das distintas autoridades competentes. Esta Mesa impulsará a toma de decisións e a harmonización na execución das obrigas derivadas da normativa comunitaria en materia de produción ecolóxica, especialmente no relativo ao control oficial.

6

<

CRAEGA


Un estudo do Magrama salienta o aumento do consumo de produtos ecolóxicos en España

O

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) vén de elaborar un estudo sobre a tipoloxía e sobre o perfil sociodemográfico do consumidor de alimentos ecolóxicos en España, do que se desprende que a porcentaxe de consumidores que adquire ou adquiriu alimentos ecolóxicos coa súa etiqueta identificativa aumentou lixeiramente dende 2011 e representa xa case un terzo da poboación española. Ademais, o estudo apunta que se amplía a súa distribución xeográfica, que pasa da súa principal localización na zona nordés á súa extensión por todo o territorio. Entre as persoas que adquiren estes produtos aumentou tamén a súa frecuencia de consumo a máis de dúas veces por semana e o 25 % deles tómaos a diario. O consumidor iníciase xeralmente no produto ecolóxico pola froita e a verdura.

los consumidores e, malia a sensibilidade do consumidor ao prezo, este é cada vez máis numeroso. No estudo tamén se analizan os hábitos de compra e percíbese un incremento na compra directa a agricultores e en tendas especializadas en alimentación ecolóxica. Finalmente, destaca o número de operadores que se dedican á produción agrícola, gandeira, á transformación e elaboración, á comercialización ou á importación, que se incrementou nun 3 %, e salientan especialmente en produción acuícola e en exportadores a terceiros países.

A porcentaxe de consumidores que adquire ou adquiriu alimentos ecolóxicos representa xa case un terzo da poboación española

Os consumidores atopan en España unha ampla e variada gama de produtos, xa que o país, con 1.610.129 hectáreas de superficie inscrita destinada á agricultura ecolóxica, mantén o liderado europeo en número de hectáreas.

O estudo detecta tipoloxías consolidadas entre estes consumidores e distingue entre catro tipos: os “desimplicados”, que consomen por moda; os ecoloxistas; os convencidos e os preocupados pola saúde. O perfil do consumidor ecolóxico está nos 44 anos de media e con menor predominio de mulleres. En relación coas súas características socioeconómicas, o estudo actual aprecia un nivel de formación e de actividade similar ao conxunto da poboación, o que indica a súa presenza en novos segmentos desta. Ademais, predominan os fogares con fillos. Os produtos ecolóxicos representan na actualidade o 28 % dos alimentos adquiridos po-

CRAEGA

> 7


Durante os meses de outono seguíronse organizando xornadas, seminarios, cursos e encontros e neles abrollaron ideas, novas iniciativas e propostas de innovación para continuar avanzando no sector.

Formación

Xornada de debate na Cañiza

B

aixo o título Xornada de Iniciativas Produtivas e Innovadoras para a Dinamización do Sector Agrario e Forestal, o Centro Comarcal da Paradanta (A Cañiza, Pontevedra) converteuse nun espazo de debate durante a tarde do 29 de outubro.

Formaron parte deste encontro Javier García Lozano, secretario do Craega, quen falou da “Certificación ecolóxica en Galicia”; Manuela González Chao, responsable do Departamento Agro de Aceites Abril, quen disertou sobre a “Olivicultura en Galicia, unha oportunidade”, e, finalmente, Fernando Magdalena Blanco, presidente da Comunidade de Montes en Man Común e Veciñais de Trasmaño, e Ángel Álvarez Otero, de Alternativas Forestais, que ofreceron algunhas pautas sobre o “Aproveitamento forestal: paulownia e sequoia”.

Grande éxito de participación nos seminarios de Deproeco

D

urante o pasado mes de novembro tiveron lugar once seminarios de agricultura e gandería ecolóxicas, organizados pola Asociación para o Desenvolvemento da Produción Ecolóxica (Deproeco) nos concellos de Melide, Lourenzá, Quiroga, Silleda, Guitiriz, Castroverde, Xermade, Lugo e Vilalba, para o que contaron coa colaboración de Agronovo Ecoloxía. As charlas foron impartidas por tres relatores especializados nos diferentes temas: Javier Villanueva, xerente de Agronovo Ecoloxía, quen relatou as axudas da nova PAC 2014-2020; Xisela Fernández, tamén de Agronovo Ecoloxía, que se centrou nas técnicas propias de produción ecolóxica en explotacións gandeiras e agrícolas, e Rafael Rivadulla, de Califica Formación, quen falou sobre as mellores técnicas para comercializar e facer un marketing máis axeitado para a venda de produtos ecolóxicos. O obxectivo destes seminarios era dar a coñecer e promover a produción ecolóxica entre produtores convencionais e emprendedores que apostan polo sector agrogandeiro. 8

<

CRAEGA


AEDA na procura dunha agricultura máis respectuosa co medio ambiente

A

Asociación de Defensa Fitosanitaria (AEDA) é a organizadora desta acción formativa. Está integrada por un grupo de produtores, ecolóxicos ou non, con todo tipo de orientacións produtivas. Entre outros obxectivos, ten o da formación dos socios de cara á redución do carácter intensivo da produción agraria e o de facer unha agricultura máis respectuosa co medio ambiente sen que isto signifique un menor rendemento económico para as explotacións.

Sabemos o que comemos?

B

aixo este subtítulo, o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acolleu durante os días 12 e 13 de decembro, en horario de 16:00 a 19:15 horas, as Xornadas sobre Alimentación Ecolóxica, de asistencia libre e gratuíta, que foron organizadas pola Asociación de Defensa Fitosanitaria (AEDA). A primeira das xornadas inaugurouse coa presenza de María Dolores Raigón, presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE), quen falou sobre as “Propiedades de los alimentos ecológicos”. A ela seguiuna Xan Pouliquen Kerlau, xerente de Xestión Agraria e Natureza (XAN), quen reflexionou sobre a utilización dos pesticidas co relatorio titulado “Os pesticidas: ¿son seguros?”. A segunda e última das xornadas comezou co relatorio do xornalista Carlos de Prada, fundador do Fondo para la Defensa de la Salud Ambiental (Fodesam), quen disertou sobre “La contaminación ambiental, esta epidemia desconocida”. A continuación foi a quenda para a mesa redonda que se abriu coa seguinte cuestión: “Os produtos ecolóxicos, son caros?” e estivo integrada por unha produtora ecolóxica, a vogal de consumo consciente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e por Marcos Besada como tenda minorista de distribución de alimentos ecolóxicos. O evento clausurouse cunha degustación de produtos ecolóxicos entre todos os participantes.

CRAEGA

> 9


A agricultura ecolóxica, tema central dun novo encontro de Galicia en clave económica

O

pasado 13 de novembro a Deputación de Lugo e o diario Economía Digital, en colaboración co grupo El Progreso, organizaron unha nova xornada do ciclo Galicia en clave económica, que se vén celebrando dende o pasado ano, nesta ocasión na Casa Sindical de Chantada. Baixo o título “A hora da agricultura ecolóxica”, José Antonio Fernández Álvarez, presidente do Craega; José Luis Olmedo, técnico de Customdrinks, e Patricia Ibarra Lloves, responsable de Ecological Galicia, foron os expertos encargados de analizar a situación actual da produción agrícola ecolóxica en Galicia e de debater sobre as posibilidades de crecemento económico que esta pode ofrecer ao país. Coma nas anteriores charlas, o debate estivo aberto ao público e a asistencia foi gratuíta e libre ata completar a súa capacidade.

Afrugal organiza a I Xornada sobre Innovación nas Plantacións de Froiteiras

O

da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e a de Nuria Prado Ordás, da Consejería de Agricultura (Junta de Castilla y León), quen falou sobre “La producción integrada en Castilla-León”.

O programa de conferencias inaugurouse cunha charla sobre as liñas de axuda por parte da Xunta de Galicia e, seguidamente, José Luis Olmedo Nadal, técnico de Customdrinks, interveu co relatorio sobre “Comercialización da mazá de sidra. Proxecto Maeloc”. A sesión matutina rematou coas charlas de Miguel Fernández Pardo, técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, que presentou a “Marca de calidade dos produtos horto-frutícolas

Pola tarde foi a quenda de Javier García Lozano, secretario do Craega, que interveu co relatorio titulado “A fruticultura ecolóxica”. A Xornada clausurouse coa charla “As entidades asociativas do sector frutícola de Galicia”, na que interviñeron Miguel Soto Arborés, técnico da Cooperativa Ullama; José Antonio López Pampín, fruticultor e membro de Maceira e Sidra, a Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume e J. Juan Rico Rodríguez, fruticultor e secretario de Afrugal.

día 17 de decembro tivo lugar no Multiusos A Senra (Bergondo, A Coruña) a I Xornada de Innovación nas Plantacións de Froiteiras, que organizou a Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal).

10

<

CRAEGA


Taboleiro de anuncios Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubi a Galega Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

as a de verduras ecolóxic Repartimos caixas ellos nc co e a tel os o de Comp domicilio en Santiag Br e ión) queixón, Teo, Ames limítrofes (Vedra, Bo ga ae dra inscrita no Cr Finca de horta en Ve m .co artido miguel@tempocomp

la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco encarga por l Facemos plante Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com

Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Véndense fabas ecolóxica s de Lourenzá, a granel ou env asadas Mª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó Sober (Lugo) Marena: 627 214 476

Realízanse sacrificios eco lóxicos. Matadoiro Comarcal de Sar ria San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

ns Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitó ade bilid Posi . umir cons para criar ou para de engorde dos porcos por encarga Elisa e Camilo: 676 666 157

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur ismo Arqueix para inscrito al s no Craega Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

rdura e froita izadas de ve al on n rs pe as cest plementar co Repartimos se poden com e qu os , ad go ic Lu if rt de no concello ecolóxicos ce inámicos ou o) ug (L a ov produtos biod en , A Pont A Panturreira 641 Dolz: 637 849 a er Za el Isab om .c la shambhal izaera@granja om .c alla granjashambh 650 343 777

produción terras para e sa a c mbólico se Ofrécen por prezo si o g u L e d 205 15 min ez: 635 777 ecolóxica a s Lama Lóp ú es X ía ar M gmail.com chuslama@

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en va rios pesos. Posibilid ade de servir en despec es en distintos forma tos. Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Véndese ou alúg ase finca de 10 .700 m2 de prod de froita ecolóx ución ica con 700 árbo res. Venda de fro asegurada. Casa ita de pedra para restaurar, situad nun lugar privile a xiado na ribeira do Miño César García Alon so: 670 852 638 puchadiza@hotm ail.com

óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort de os curs con ento Asesoram oiro e cultivos de invernad Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es CRAEGA

> 11


Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

gobierno de españa

12

<

CRAEGA

ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente

FEADER Europa inviste no Rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.