AFRIGA111 Edición en galego

Page 34

34

panorama internacional

EARL BULTEAU (LA VENDÉE, FRANCIA)

Jean Pierre Bulteau (dereita) e Iván Cancela, alumno de EFA Fonteboa

UNHA PRODUCIÓN SEMIEXTENSIVA SUSTENTADA NA SUPERFICIE AGRÍCOLA

Esta gandería que visitamos durante a nosa estadía en La Vendée defínese por ser unha explotación semiextensiva de “leite económico” procedente dos seus pastos. En 45 das 82 hectáreas das que dispoñen teñen pasteiros permanentes e no resto cultivan forraxes e cereais. Iván Cancela Alumno do CFGS Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa

Gráfico 1. Distribución de cultivos por hectáreas 30 25

INTRODUCIÓN A EARL Bulteau atópase na localidade de La Chaffaudiere, na rexión Pays de la Loire, e está integrada polo matrimonio Jean Pierre e Isabelle Bulteau. Ambos traballan na explotación, ademais dun empregado a tempo parcial. A día de hoxe teñen 68 vacas frisonas en muxidura cunha media de produción de 8.028 litros e unha cota de 513.000 kg. No mes de xaneiro, as porcentaxes de graxa e proteína foron do 4,14 % e o 3,35 %, respectivamente, mentres que o RCS foi de 175.000. O leite recólleo UCAL, a cooperativa á que pertencen e que tamén lles presta outros servizos, e págallelo a 0,414 €/l. A granxa posúe 5 naves orientadas de leste a oeste nas que aloxan os animais en función das súas características produtivas e idades. As vacas en lactación téñenas no establo máis novo (2005), onde descansan en cama quente de palla; cómpre destacar que polo día saen ao pasto regularmente. As 53 femias que integran a recría organízanse en tres lotes de idade a partir da desteta, que fan arredor dos 3 meses. ALIMENTACIÓN A ración das vacas de produción componse de 40 kg de silo de millo, 3,5 kg de colza, 80 g de mineral vitamínico, 200 g de carbonato cálcico, 50 g de sal, 50 de mg e pasto a libre disposición. As xovencas de 12 a 24 meses aliméntanse de pasto e herba seca ad líbitum, ademais das sobras da ración das produtoras, mentres que as máis pequenas comen 4 kg de silo de millo, 1 kg de colza, 50 g de mineral vitamínico, 50 g de carbonato cálcico, 20 g de mg e herba seca a libre disposición.

20 15 10 5 0 millo secano

millo regadío

herba

trigo gran

Gráfico 2. Produción de MS (kg) por hectárea 16000 10000 12000 10000 8000 6000 4000 2000 0

millo secano para gran

millo regadío

herba

trigo gran

Ata a desteta inxiren unicamente leite: calostro materno ata os 3 días, leite materno dos 3 aos 8 e, posteriormente, leite en po ata os tres meses, momento no que empezan coa ración. Jean Pierre e Isabelle danlles moita importancia á calidade de vida e aos custos de produción. Non en van, pertencen a un grupo económico a través do cal conseguen materias primas, coma a palla, a prezos máis reducidos. Tamén están integrados nunha CUMA xunto con outros 24 socios cos que comparten varios apeiros.

AFRIGA ANO XX - Nº 111

AFRIGA111_pan_intern_EARL_Bulteau.indd 34

24/06/2014 10:46