__MAIN_TEXT__
feature-image

Page 32

32

panorama internacional

GAEC LA CHENELIÈRE (LA VENDÉE, FRANCIA)

UNHA PRODUCIÓN COMBINADA DE LEITE E POLOS

Explotación láctea

La Chenelière é unha explotación da rexión agrogandeira Pays de la Loire (noroeste de Francia) que rexistra unha media de 40.000 litros de leite ao mes e cría máis de 4.300 polos co selo de calidade Label Rouge. Bruno Suárez Rey Alumno do CFGM de Producións Agropecuarias do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa

A granxa familiar que visitamos durante a nosa estancia en La Vendée, en funcionamento dende 1983, converteuse en 2013 nunha GAEC formada por Philippe e Cendrine e o seu fillo Jeremy. Pasou de ter 40 vacas, 48 hectáreas e 216.000 quilos de cota nas súas orixes ás 70 vacas de muxidura, 88 ha e 630.000 quilos de cota láctea actuais. A súa explotación de polos tamén data da década dos 80 e, igualmente, experimentou un crecemento, ao aumentar dos 3.200 polos aos 4.350. PRODUCIÓN DE LEITE Un dos grandes investimentos de La Chenelière foi a compra do robot de muxido por uns 120.000 euros. A súa media de produción mensual acada agora os 40.000 litros, cuns indicadores de 43 TB e 34 TP e un reconto de células somáticas de 200.000. O prezo do leite estivo o ano pasado a 330 €/tonelada base de media, e eles cobrábano a 353 € de media máis 43 €/t de proteína e 34 €/t de materia graxa. A maiores, obtiveron un ingreso de 28.000 € da PAC e unha media de 897 € por vaca vendida e 105 € por xato vendido. Os propietarios compartiron con nós outros apuntamentos da súa

xestión económica, coma o custo da electricidade, de 6.000 €/ano; o do penso, de 40.000 €/ano; ou o prezo da terra, de 180 € a hectárea alugada e 1.100 € a mercada. PRODUCIÓN DE POLOS O outro piar desta GAEC é a granxa de polos Label Rouge. En 1987 destinaron 36.000 € á construción dunha nave nova de 400 metros cadrados na que contan cos 4.350 animais. A venda dos polos realízase aos 81 días, tras consumir uns 5 kg de penso de cereais, fariña de millo e soia, e por cada exemplar de aproximadamente 2,1 kg/vivo gañan 1,74 €. Neste caso, o prezo do penso situábase nos 320 €/t. Segundo indicou Cendrine, a encargada desta produción, “o prezo do polo por quilo vivo está moi axustado e non produce moitos beneficios, polo que a explotación é rendible unha vez amortizada a nave”. ALIMENTACIÓN DAS VACAS LACTANTES • 43 kg silo de millo • 7,5 kg silo de herba • 0,3 kg palla • 1 kg herba seca • 2 kg soia • 300 g mineral • 300 g triticale • 3,5 kg granulado • Robot: 2 kg soia

AFRIGA ANO XX - Nº 111

afriga111_panorama_internacional_lache_nelie_02.indd 32

21/06/2014 13:49

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

AFRIGA111 Edición en galego  

AFRIGA111 Edición en galego