Page 1

CAMILLE SAINTツュSAテ起S


Camille Saint­Saëns

Naceu en París en outubro de 1835.

Morreu en Argel en decembro de 1921.


Foi compositor,...

...director de orquestra,...

...organista e...

...pianista.


Empezou a practicar o piano cando tiña dous anos e compuxo a súa primeira peza con catro. De pequeno tamén estudou xeoloxía, arqueoloxía, botánica, entomoloxía e matemáticas. Ademais da música gustáballe escribir e viaxar. Coñeceu case toda Europa. Estivo en Arxentina, Uruguay, na illa de Ceilán, Saigón, China...

Desempeñou un papel excepcional na renovación da música francesa, tanto polo seu ensino como pola súa actividade en favor da música nova. Pode considerárselle un punto de referencia da renovación que levou a Claude Debussy e a Maurice Ravel.


As dúas obras máis coñecidas do compositor son a "Danza macabra" e o "Carnaval dos animais".

Camille Saint­Saëns interesouse na tradición da danza macabra e, tomando como base un poema referente a ela de Henri Cazalis, escribiu unha canción para voz e piano. Un par de anos máis tarde, baseado no mesmo texto, Camille compuxo un poema sinfónico co título de Danza macabra, Op. 40.

Un poema sinfónico é unha peza de música orquestral baseada nun “programa”, é dicir, nun escrito que se da ó público antes de escoitar a obra.


A primeira vez que se tocou esta obra de Saint­Saëns, en 1875, non tivo moito éxito xa que os efectos sonoros resultaban demasiado novedosos para a época. Conta a historia que o estrépito que fixo o público de París tras a primeira presentación da Danza macabra causou que a nai do compositor se desmaiara. Franz Liszt, amigo de Saint Saens, defendeu a obra a tal punto que escribiu unha versión para piano so.

POEMA SINFÓNICO La Danse macabre de Saint-Saëns

Fonte da actividade JClic: http://musaseneso.blogspot.com.es

Durante unhas vacacións en Austria compuxo, en poucos días, outra das súas obras máis coñecidas: "O carnaval dos animais" Camille considerou esta obra un divertimento e non lle gustaba que fose interpretada en público porque , según el , poñía en ridículo ós seus compañeiros de profesión. Despois dun par de pases privados prohibiu a súa interpretación ata despois da súa morte.


Camille Saint-Saëns  

Biografía sobre Camille Saint-Saéns

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you