Cuartos do Feal
Cuartos do Feal
Para entendelo mellor imos ver o seguinte vídeo.
Etapas da historia Cuartos do Feal
A prehistoria é a etapa máis extensa do pasado. DIVÍDESE EN:
Paleolítico
PALEOLÍTICO
Neolítico
NEOLÍTICO
Idade dos metais
IDADE DOS METAIS
Cuartos do Feal
O Paleolítico transcorre desde a aparición dos seres humanos ata o descubremento que fixeron da agricultura e da gandería. Vivían ao aire libre,en covas ou en chozas. Eran tribos nómades é dicir ían dun lugar a outro en busca de alimento. Vivían da caza, pesca e da recolección de froitos silvestres. Fabricaban ferramentas con ósos ou pedra. Decoraban as covas con pinturas rupestres, nas que representaban momentos da súa vida, como escenas de caza.
No seguinte vídeo podes coñecer máis cousas sobre o Paleolítico O Paleolítico Cuartos do Feal
Ao final do Paleolítico comeza o Neolítico ,hai uns 10.000 anos Cando remata o Paleolítico as persoas aprenderon a cultivar e domesticar animais.Así xurdiu a agricultura e a gandaría.
As tribos fóronse volvendo sedentarias, é dicir, comezaron a vivir nun só lugar formando aldeas. Nesta época elabóranse pedras puidas que eran mais afiadas e duradeiras ca do Paleolítico No Neolítico prodúcense dous grandes inventos: -Cerámica: facían obxectos de barro para a vida diaria. -O tear que lles permite tecer e confeccionar tecidos con lá ou con liño.
No seguinte vídeo podedes saber máis cousas sobre o Neolítico Neolítico Cuartos do Feal
Idade dos metais
Hai uns 7000 anos empezouse a fundir e forxar os metais para facer obxectos.
Moitos dos poboados fóronse transformando en cidades , que tiñan fortes murallas e que eran mandadas por un xefe.
Primeiro usaron o cobre despois o bronce e por último ferro para facer armas, utensilios de labranza ou adornos. Grandes inventos desta época: - O arado que permitía labrar o campo en menos tempo . -
A vela que se utilizou nos barcos para moveerse a maior velocidade.
-
A roda que mellorou o transporte pois eran usadas nos carros.
Desenvolveuse a artesanía e o comercio
Para saber un pouco máis podemos ver o seguinte vídeo. Idade dos metais
Cuartos do Feal
Decoraban as covas con pinturas rupestres, nas que representaban momentos da súa vida, como escenas de caza. No Paleolítico pintaban animais. Destacan as Covas de Altamira No Neolítico empezaron a pintar persoas.Destaca a Cova da Araña en Valencia. A finais do Neolítico construíronse monumento megalíticos feitos con grandes pedras.Os principais monumentos son: -
Menhires
Crómlech
Dolmen -
Visita virtual Covas de Altamira
Cuartos do Feal
Sopa de letras da Prehistoria Pasapalabra prehistórico Memory