Skip to main content

POBOS PRERROMANOS

Page 1

Cuartos do Feal

IDADE ANTIGA: POBOS PRERROMANOS


OS IBEROS Ocuparon as terras do Sur e do Leste da península Ibérica desde o ano 5000 a.c • Vivían en grandes poboados amurallados construídas en zonas elevadas para defenderse.  As súas casas eran rectangulares e formaban rúas.  Organizábanse en tribos que tiñan diferentes nomes (turdetáns, edetáns…) e moitas estaban gobenadas por un rei. Cuartos do Feal

Cidade amurallada ibera Els Vilars d´Arbeca

Casa ibera


OS IBEROS • A maioría da poboación dedicábase á gandaría e a agricultura pero tamén había artesáns que fabricaban espadas de ferro, obxectos de cerámica ,tecidos de lá e liño. • Comerciaban con outros pobos como fenicios e gregos e utilizaban a súa propia moeda para eses intercambios comerciais • Tiñan a súa propia escritura pero nunca se puido descifrar. • Vídeo: Como eran os iberos • A dama de Elxe Cuartos do Feal

Dama de Elxe

Moedas iberas

Escritura ibera


OS CELTAS • Os pobos celtas instaláronse no Norte e no centro da Península Ibérica . • Vivían en poboados amurallados e altos chamados castros.As súas casas tiñan forma circular e distribuíanse de forma desordenada . • Organizábanse en tribos. • Abastecíanse do que producían eles mesmos pois apenas tiñan actividade comercial. A maioría dedicábanse á gandaría aínda que tamén cultivaban cereais. • Fabricaban obxectos de ferro e bronce. Era un pobo moi guerreiro. • Descoñecían a escritura e non tiñan moeda propia • Citania de Santa Tegra Cuartos do Feal

Castro


OS GREGOS

• Hai uns 3.000 anos naceu a civilización grega na península dos Balcáns. • Hai uns 2500 anos chegaron á Península Ibérica para comerciar cos iberos. • Os antigos gregos vivían nas polis que eran pequenas cidades independentes que tiñan gobernadores, leis e incluso exército propio. As principais polis eran Atenas e Esparta. • Algunhas polis estaban gobernadas polos gobernantes que elexían os cidadáns libremente. Foi a orixe da democracia Moitas polis organizaban expedicións a outras zonas do Mediterráneo buscando terras para cultivar e produtos cós que comerciar. Cando chegaban fundaban unha colonia que era unha nova localidade .Alí os gregos conservaban as súas formas de goberno,costumes e crenzas. Na península Ibérica fundaron colonias como Rhode (Rodas) ou Sagunto

Cuartos do Feal


POLIS GREGAS • • • •

•

As polis e as colonias estaban fortificadas e a súa vida organizábase arredor de: Acrópole: Zona onde estaban os edificios mais importantes Ágora: Praza onde se organizaba o mercado e onde se reunían os cidadáns para pasear ou debater. Os gregos introduciron novidades como o torno para traballar a cerámica ou as moedas que facilitaban o comercio. Os gregos tamén introduciron o alfabeto.

• 5 Cousas que debemos saber da Antiga Grecia

Cuartos do Feal


OS FENICIOS • Os fenicios eran un pobo procedente da costa mediterránea de Asia. • Chegaron á Península ibérica hai 2.600 anos para comerciar cós pobos que vivían alí.Asentáronse na costa andaluza onde fundaron colonias como Malaka ou Gadir. • Os fenicios vivían en cidades independentes. • Eran grandes navegantes e lograron adiantos técnicos como o esporón de proa . • Eran comerciantes e intercambiaban adornos de ouro e prata, cerámica marfil ou seda. • Os fenicios deixaronos o alfabeto , que aínda hoxe usamos e que foi utilizado por gregos e romanos . Cuartos do Feal

Esporón de proa

Adorno de ouro


OS CARTAXINESES • Chegaron á Península ibérica hai uns 2300 anos. Procedían do norte de Africa e instaláronse nas antigas colonias fenicias . • Asentáronse na peninsula ibérica para intercambiar metais . • Destacaron na elaboración de obxectos artesanais como colares,amuletos e vasillas . • Eran un pobo guerreiro que se enfrontaron aos romanos polo dominio do Mediterráneo.  A victoria dos romanos acabou coa civilización cartaxinesa .  Guerras púnicas

Cuartos do Feal

Vasilla Vasilla

Os cartaxineses escribían un pouco parecido a como escribimos agora en España pero en latín Tamén escribíanos números pero en árabe


ACTIVIDADES DE REPASO • Test pobos prerromanos con vídeo • Pasapalabra • Test pobos prerromanos

Cuartos do Feal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
POBOS PRERROMANOS by cuartodofeal - Issuu