Skip to main content

O paso do tempo (Ciencias Sociais)

Page 1

O PASO DO TEMPO

Ciencias Sociais

Os terceiros do Feal


Os Terceiros do Feal

1. A medida do tempo Para medir o tempo utilizamos o reloxo e o calendario.  O reloxo mide períodos curtos de tempo: segundos, minutos e horas.  O calendario mide períodos máis longos de tempo: días, semanas, meses e anos. Tamén agrupamos os anos en:    

Lustro: 5 anos Década: 10 anos Século: 100 anos Milenio: 1000 anos

Os séculos escríbense en números romanos. Lembrades?

XX = 20

IX = 9

Na nosa cultura utilizamos o nacemento de Xesucristo para numerar os anos.  O que aconteceu antes do ano 1 dicimos que sucedeu antes de Cristo e o escribimos así: a.C  Todo o que pasou despois do ano 1, sucedeu despois de Cristo (d.C). Agora estamos no ano 2020 d.C.


Os Terceiros do Feal

2. Como coĂąecemos o pasado


Os Terceiros do Feal

3. As etapas da historia A historia é a ciencia que estuda os acontecementos máis importantes que ocurriron no pasado.

Queredes un vídeo para entendelo mellor? Pois dádelle ao link ou copiádeo no navegador: https://www.youtube.com/watch?v=bMUox4s8RHw


Os Terceiros do Feal

4. Recordos do pasado  Monumentos: son construcións que se fixeron no pasado e que teñen valor. Poden ser edificios como castelos ou igrexas ou contrucións como estatuas, murallas, etc.  Festas: hai festas históricas que lembran un feito pasado, festas relacionadas con traballos tradicionais ou festas relixiosas.

Debes investigar e apuntar nun folio ou libreta….  Un monumento  Unha festa

 Folclore: é o conxunto de de expresións culturais dun lugar. Por exemplo: costumes, artesanía, música, etc.  Lingua: en Galicia consérvase unha lingua propia: o galego.

Da zona de Ferrolterra.


Os Terceiros do Feal

5. Galicia na Prehistoria Os primeiros seres humanos que viviron en Galicia dedicábanse á caza e a recolección. Fabricaban ferramentas para estas actividades con ósos ou pedra. Eran tribos nómades, é dicir, vivían en covas que ían atopando mentres se desprazaban. Non vivían sempre no mesmo lugar. Decoraban as covas con pinturas rupestres, nas que representaban momentos da súa vida, como escenas de caza.

Pinturas rupestres


Os Terceiros do Feal

5. Galicia na Prehistoria Ao final da Prehistoria as persoas aprenderon a cultivar e domesticar animais. Así xurdiu a agricultura e a gandaría. As tribos fóronse volvendo sedentarias, é dicir, comezaron a vivir nun só lugar. Neste momento apareceu tamén a metalurxia (traballo con metais) cos que fabricaban xoias, coitelos… e tamén a cerámica. Se queres ver un vídeo sobre a Prehistoria segue o enlace ou cópiao no navegador: https://www.youtube.com/watch?v=Sw-SO3WTxAc

En Galicia consevamos monumentos desta época feitos con grandes pedras como os dolmens.


Os Terceiros do Feal

6. Galicia na Idade Antiga Nesta época os romanos tiñan no seu poder unha grande parte de Europa.

Recreación dun poboado galaico

Antes da chegada dos romanos a Galicia, aquí vivían tribos chamadas galaicos que vivían en poboados fortificados (con murallas) chamados castros. Cando chegaron os romanos, os galaicos fóronse romanizando, é dicir, adoptando a súa lingua, costumes, etc. En Galicia consérvanse monumentos desta época como a muralla de Lugo.


Os Terceiros do Feal

7. Actividades


Os Terceiros do Feal

7. Actividades Elabora a túa propia liña do tempo. Non ten por que ser grande, pode ser nun folio ou cartolina. Marca cada etapa dunha cor, ponlle nome e completa con debuxos e información importante. Por exemplo, para a etapa da Prehistoria podemos escribir: “Ao inicio da Prehistoria vivían en covas” e acompañalo dunha foto ou debuxo. “Despois empezaron a dedicarse á agricultura e gandaría”, etc. Se o necesitades, podedes buscar información en Internet.

Anímate a crear a túa propia pintura rupestre e envíanos unha foto!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O paso do tempo (Ciencias Sociais) by cuartodofeal - Issuu