Skip to main content

Proxecto lector 2015 16

Page 1

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

Curso 2015-16


Proxecto lector - CEIP Mallón

CEIP MALLÓN ÍNDICE 1. CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN…3 2. OBXECTIVOS…………………………………….4 3. METODOLOXÍA…………………………………..6 4. RECURSOS……………………………………….8 5. ACTIVIDADES…………………………………...13 6. AVALIACIÓN E DOCUMENTACIÓN………….22 7. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN……….24

2


Proxecto lector - CEIP Mallón

1.

CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN

O CEIP Mallón está situado na parroquia de Mallón, a 2km do centro de Nigrán e a 1’5km do centro da Ramallosa, contando cun alumnado que provén tanto de medios rurais como urbanos. Para a biblioteca contamos cun espazo de aproximadamente 50 metros cadrados, no que teñen cabida tanto nen@s de Infantil como de Primaria. Dende o curso pasado contamos tamén na biblioteca cun EDI (Encerado Dixital Interactivo). A biblioteca converteuse nos últimos anos no principal eixo dinamizador do centro, xa que na actualidade unha importante parte das actividades que se desenvolven no centro parten dende a biblioteca. O Equipo de biblioteca propón diversas actividades e iniciativas ao longo de todo o curso, xa sexa para conmemorar diferentes celebracións como: Magosto, Samaín, Nadal, Día das Letras Galegas, Día do libro, etc., como para realizar actividades encamiñadas ao fomento da lectura, mellora da expresión escrita, educación documental, tratamento da información, etc. Dende a biblioteca tamén se leva a cabo un Proxecto Documental Integrado cada ano, no que se traballa unha temática concreta cada curso. Xeralmente e, na medida do posible,

3


Proxecto lector - CEIP Mallón

algunhas celebracións como o Nadal ou o Entroido seguen a temática do proxecto que se leva a cabo dende a biblioteca. Dende o curso 2011-12 está a funcionar o blog da biblioteca bibliodemallon.blogspot.com, que recolle todo o que acontece entorno á biblioteca e ás actividades que parten dela. Ademais os alumn@s comentan as diferentes entradas e intercambian pareceres sobre os seus traballos, libros que leron, etc.

2. OBXECTIVOS O fin último que se pretende acadar coa consecución dos obxectivos recollidos neste proxecto lector é o de formar ao alumnado cara a consecución da competencia lectora no seu sentido máis amplo. Entendemos a competencia lectora como o conxunto de habilidades que consisten en: - Comprender e empregar textos escritos. - Reflexionar a partir de ditos textos. - Amosar interese pola lingua escrita. A consecución desta competencia permitiralle ao alumnado: 4


Proxecto lector - CEIP Mallón

- Desenvolver o coñecemento e o potencial persoal. - Participar activamente na sociedade. Para acadar ditas habilidades servirémonos dos obxectivos que expoñemos a continuación: - Desenvolver a competencia lectora. - Fomentar o hábito da lectura. - Formar

ao

alumnado

cara

unha

visión

crítica

da

sociedade. - Facilitar a adquisición das competencias básicas. - Espertar no alumando o pracer pola lectura. - Converter a biblioteca no centro cultural e dinamizador do colexio.

5


Proxecto lector - CEIP Mallón

3. METODOLOXÍA A metodoloxía propia deste proxecto lector segue a liña metodolóxica do centro, respectando dous aspectos que para nós son fundamentais á hora de educar ao noso alumnado: - A flexibilidade das actividades propostas, adaptándose en todo momento ás necesidades dos alumnos e das súas familias, así como nas posibilidades que pode ofrecer o propio centro. - O compromiso do equipo directivo do centro e de gran parte do profesorado en intentar mellorar día a día o noso colexio, así como facer chegar os aspectos culturais que se propoñen dende o centro e dende a biblioteca a toda a comunidade educativa, sen que os factores económicos sexan un impedimento para a realización das diferentes actividades. Outros aspectos metodolóxicos do proxecto lector que cabe destacar son os seguintes: 6


Proxecto lector - CEIP Mallón

- Facer partícipes aos alumnos, familias e mestres deste proxecto. - Facilitar o achegamento e participación das familias en diferentes

actividades,

dado

o

tremendo

grao

de

motivación para os nenos que levan consigo este tipo de iniciativas. - Empregar os diferentes recursos TIC dispoñibles no centro (encerados dixitais, ordenadores, etc.) para o fomento da lectura e a busca e tratamento da información. - Espertar o interese pola lectura e a produción de textos a través de actividades como: o empréstito de libros en todos os cursos, a maleta viaxeira, a correspondencia coa mascota da biblioteca, elaboración de contos acumulativos, elaboración de pequenos traballos escritos sobre temas diversos, obradoiros de poesía, hora diaria de lectura, preparación de pequenas pezas teatrais, contacontos, etc.

7


Proxecto lector - CEIP Mallón

- Fomentar a cooperación no traballo a través do Proxecto Documental Integrado. - Potenciar o uso da biblioteca escolar e da biblioteca de aula, entendendo estes espazos como unha fonte de recursos onde buscar todo tipo de información.

4. RECURSOS Unha axeitada organización do ambiente, incluíndo espazos, recursos e distribución do tempo, é fundamental para a consecución dos fins educativos. Presentamos aquí unha estimación xenérica e flexible dos recursos que prevemos necesarios pero que poden ser ampliados ou reducidos en función dos criterios de calidade, funcionalidade e necesidade. Estes recursos son entendidos como os medios que nos facilitarán

o

achegamento

á

nosa

fin.

De

forma

xeral

destacamos: 8


Proxecto lector - CEIP Mallón

• Recursos humanos: Os

recursos

persoais

posúen

un

valor

fundamental

no

desenvolvemento do proceso de ensino/aprendizaxe. Dende a perspectiva do paradigma ecolóxico/contextual partimos da idea de que os propios alumnos, o profesor, compañeiros, familia, así como outros membros da comunidade educativa, son mediadores da cultura. A propia comunidade educativa: os mestres, os alumnos, familias... todos eles de forma persoal aportan as súas experiencias e vivencias acerca do proxecto; son á vez o obxecto de traballo e o recurso. O equipo de biblioteca: debido á gran relación existente entre o Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca, é fundamental que o coordinador e os membros do quipo de biblioteca faciliten e aporten os recursos necesarios para a consecución dos nosos obxectivos. O Claustro de mestres: todos eles de forma conxunta e coordinada son a ferramenta clave para facer realidade a posta 9


Proxecto lector - CEIP Mallón

en práctica do Proxecto Lector do Centro, así mesmo incluirán nas súas programacións as actividades previstas segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación diaria para a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura. O Departamento de Orientación e a Comisión de Coordinación Pedagóxica: as súas indicacións axudarán a adaptar ó proxecto ás características

específicas

dos

alumnos

con

necesidades

educativas especiais, así como ao resto do alumnado, paliando na medida do posible as diferenzas persoais, así como na orientación ás familias e ao entorno máis próximo do neno. O Equipo Directivo: son quen de facilitar a tarefa e os medios que se precisen a nivel organizativo e material. Entidades culturais do entorno: a biblioteca do concello e da contorna,

as

bibliotecas

familiares

ou

calquera

outra

infraestrutura cultural que poidan aportar coñecemento e contidos para o proxecto.

10


Proxecto lector - CEIP Mallón

•

Recursos materiais: Todo o material funxible que existe no centro ou no entorno

pode ser, nun momento puntual ou de forma permanente, empregado para esta fin. A biblioteca escolar é un recurso fundamental xa que aporta un gran número de recursos en moitos soportes diferentes que servirán de apoio e medio para o proxecto. Sen a existencia da mesma non sería posible a posta en marcha do proxecto lector. É á vez un recurso de incalculable valor e requisito fundamental. Os materiais axéitanse ás características e necesidades específicas do contexto educativo e, consecuentemente, ás características permiten

individuais

distintos

graos

do de

alumnado. uso,

Estes

materiais

ofrecendo

múltiples

posibilidades de utilización en función das necesidades de cada situación e momento. Os recursos materiais seleccionados son de natureza moi variada, flexibles e adecuados ás necesidades de cada momento. En todo caso, temos presente unha serie de criterios na súa 11


Proxecto lector - CEIP Mallón

selección: 

Deben adecuarse ás necesidades dos nenos, e

aos proxectos de traballo. 

Responder

ás

necesidades

de

seguridade,

manipulación e limpeza. 

Incitar á observación e a exploración.

Permitir

a

multifuncionalidade,

así

como

posibilitar a acción individual e de grupo. 

Diversa

tipoloxía:

audiovisual,

impreso,

manipulativo, relacionados coas tecnoloxías da información e comunicación, etc.

Recursos espaciais: A organización dos espazos parte da necesidade de crear ambientes agradables e funcionais cos que os alumnos poidan identificarse e desenvolverse: espazos para actividades que requiran concentración e espazos amplos que faciliten o movemento. 12


Proxecto lector - CEIP Mallón

Prestamos especial atención á ambientación da biblioteca, tendo en conta a diversidade cultural e social, ademais da temática que esteamos a traballar a nivel de centro e utilizamos as producións do alumnado como elemento de ambientación.

5. ACTIVIDADES As propostas de actividades serán flexibles e abertas á realidade educativa do noso centro. Ditas actividades terán ás veces un carácter permanente e outras puntual dependendo de diferentes criterios como: o resultado, a participación, os contidos, etc. Así mesmo as propostas levaranse a cabo en diferentes espazos en función das características da actividade. Todos estes criterios serán definidos no momento inicial da actividade e serán debatidos e comunicados nas reunións do claustro e do Equipo de biblioteca.

13


Proxecto lector - CEIP Mallón

Propostas de actividades: •

Contacontos. A través dos contos achegamos aos nosos alumnos e

alumnas

diferentes

valores,

sentimentos,

experiencias

e

contidos. Por iso atopamos neles un recurso excepcional para traballar dunha forma integral todos estes aspectos e transmitir aos nosos rapaces o gusto pola lectura, creándolles un hábito que parecía perdido. Os Contacontos que se farán ao longo do curso levaranse a cabo aproveitando diferentes temáticas, o PDI que esteamos realizando, acontecementos que poidan xurdir e participará neles toda a comunidade educativa. As persoas que realizarán esta actividade poderán variar, así pois teremos: contacontos realizados por profesionais, polos mestres, polas familias ou mesmo polo propio alumnado. - Hora de ler. Esta actividade da “hora de ler” púxose en marcha a principios do curso 2010-11, como instrumento necesario para fomentar o 14


Proxecto lector - CEIP Mallón

hábito lector no noso alumnado. Actualmente ten unha duración de 30 minutos diarios e realízase ates do recreo. Nesta iniciativa participamos todos os mestres, tanto titores como especialistas, adecuando a lectura á especialidade que se estea a traballar. A metodoloxía será dinámica, quedando suxeita ás decisións dos mestres que lle toca realizala. Haberá desde lecturas libres a lecturas escollidas polos mestres, desde lecturas silenciosas e individuais ata Contacontos por parte de nais e pais, mestres e alumnado. - Semana do libro. Na semana do vinte e tres de abril, celebramos a semana do libro e dende os derradeiros cursos prográmanse diferentes actividades que se realizan durante tres días en días alternos. O tipo de actividades que se realizan nesta semana van dende a presenza de escritores ou ilustradores no centro, ata as lecturas compartidas, pasando por un amplo abano de opcións 15


Proxecto lector - CEIP Mallón

como poden ser: a presentación ou posta en escena de traballos realizados polo alumnado na hora semanal de biblioteca ata a realización

de

diversos

obradoiros

relacionados

coa

lectoescritura. - Letras Galegas: No festival do Día das Letras galegas, que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a biblioteca tamén está presente, xa que os alumn@s dos diferentes cursos presentan os materiais elaborados nas últimas semanas na hora de biblioteca. Cada ano prepáranse materiais diversos na biblioteca sobre a persoa á que se lle dedica este día; rimas, contos, caligramas, acrósticos, carteis, biografías, etc. - Correo Tentalibrín. A nosa mascota da biblioteca é Tentalibrín, un polbo moi agarimoso e amante da lectura. Colocou un enorme buzón de correos para que todos os nenos e nenas do cole escríbanlle cartas, contándolle cousas e dándolle suxerencias sobre a biblioteca. 16


Proxecto lector - CEIP Mallón

Cada vez que alguén lle escribe, ponse contentísimo e non tarda nin un intre en responderlle. Os rapaces póñense moi ledos e el prémiaos con debuxos, libros, … Tentalibrín expón todas as súas cartas e debuxos e eles atopan unha maneira divertida de escribir e coa ilusión de esperar resposta. •

Libro viaxeiro. Cada curso os nosos alumnos e alumnas abráiannos coa súa

creatividade narrativa, inventando un conto feito entre todos que vai viaxando de aula en aula. Os máis pequenos encárganse do título do conto e a portada, os demais de ir deixando voar a súa imaxinación e encher de aventuras unha creación, obra de todos.

•

Maleta viaxeira. Unha actividade que poñemos en marcha nalgunhas ocasións,

non todos os anos, é a maleta viaxeira. O contido desta maleta é un enigma que todos os alumnos e alumnas ansían descubrir. Por iso, semana a semana, vai 17


Proxecto lector - CEIP Mallón

recorrendo as casas de todos os nosos alumnos. Nela atoparán un libro moi especial para eles, un DVD para que o vexan en familia, un libro para os pais e a ”Tentalibreta”, na que nos dan, tanto eles coma os seus pais, as súas opinións, suxerencias,... que temos sempre moi en conta. •

Revista. A nosa revista escolar,

que conta con moitos anos de

antigüidade, non se cansa de contarnos, ano tras ano, as vivencias,

experiencias,

encontros,

festexos

e

momentos

relevantes dos nosos alumnos e alumnas ao longo de cada curso.

•

PDI O PDI é un traballo de investigación no que o alumno

participa activamente na busca de información sobre a temática escollida, é un formato no que se fomenta a autoaprendizaxe e a aprendizaxe significativa, partindo sempre das súas inquedanzas e intereses. A

temática elixida divídese noutras

temáticas máis 18


Proxecto lector - CEIP Mallón

específicas que se traballarán por ciclos ou niveis e a súa finalidade será intercambiar e compartir a información obtida cos demais compañeiros, podendo así ampliar os contidos traballados. Blogue da biblioteca: bibliodemallon.blogspot.com O blogue da biblioteca nace en Novembro de 2011 coa finalidade de achegar ás familias, ao alumnado e ao profesorado a todo o que acontece neste espazo. Outro fin fundamental que busca conseguir dito blogue, é o de motivar ao alumnado de cara a súa participación en todas as actividades que se propoñen dende a biblioteca, así como para fomentar a lectura e animalos a escribir e realizar as súas propias

creacións,

xa

sexan

contos,

pequenos

relatos,

comentarios, etc. Neste espazo dixital podemos atopar diferentes seccións como: – – – – – – –

Recomendacións de libros. Fotos das actividades realizadas. Entradas sobre formación de usuarios. Novas sobre a maleta viaxeira. Os axudantes da biblioteca " A Brigada Gloria Fuertes". Creacións dos alumn@s. Etc. Ademais, dende o blogue, poderán acceder a diferentes 19


Proxecto lector - CEIP Mallón

enlaces de interese relacionados coa vida escolar, como son: o blogue de actividades do colexio cativosdemallon.blogspot.com ou a páxina web do colexio. Tamén teñen a opción de acceder á páxina da nosa biblioteca en MEIGA, onde poderán buscar os fondos que temos dispoñibles. Para finalizar, cabe dicir que este blogue nace como unha ferramenta máis para intentar transformar a biblioteca no centro de dinamización de todo o colexio.

Obradoiros de estimulación da linguaxe en Educación Infantil: O obxectivo destes obradoiros que se imparten nos tres cursos de Ed. Infantil (1 hora semanal), é estimular a linguaxe a través da adquisición de vocabulario, buscar a pronunciación correcta dos fonemas, mellorar as súas habilidades expresivas o coidado da voz e o inicio cara a adquisición do gusto pola lectura. Para isto realizaranse actividades baseadas en xogos como: bingo de palabras, inventar e contar historias, xogos de soplo, lectura e representación de contos, obras con títeres, etc.

Obradoiro de lectura en 1º de Primaria: O obxectivo deste obradoiro é que os nen@s adquiran gusto pola lectura e a adquiran correctamente. 20


Proxecto lector - CEIP Mallón

Para isto leeremos contos entre toda a clase, representarémolos, faremos preguntas, imaxinaremos outros comezos e finais, etc.

As familias tamén contan: Dende hai dous cursos comezamos a contar na hora semanal de biblioteca coa presenza de familiares que acoden a realizar diferentes

actividades

como:

contar

un

conto,

realizar

diferentes obradoiros, falar das profesións, etc. Podemos dicir que a día de hoxe esta actividade está totalmente consolidada no centro e os cativ@s agardan impacientes a que chegue a visita dous seus familiares. A Brigada de biblioteca “Gloria Fuertes”: O alumnado de 5º e 6º de Primaria forma parte de maneira voluntaria da Brigada de apoio á biblioteca. Os nen@s que así o desexan colaboran a manter a biblioteca ordenada nos recreos e asesoran aos compañeiros máis pequenos. Os membros da Brigada de biblioteca acoden en diferentes grupos de 4 ou 5 unha vez cada 15 días. Tamén reciben formación por parte dos integrantes do Equipo de biblioteca. O recuncho para as familias: Dende o pasado curso está a funcionar dito espazo, que está situado no recibidor da saída do colexio, onde os familiares esperan aos seus fill@s. Neste recuncho, as familias teñen a súa disposición diferentes 21


Proxecto lector - CEIP Mallón

libros seleccionados polo Equipo de biblioteca para axudalos na tarefa de educar aos seus fillos. A partir deste ano tamén contarán con libros relacionados co proxecto que se traballará dende a biblioteca. As familias poden consultar os exemplares mentres agardan no recibidor, pero tamén os poden levar para casa anotándoos nas follas de préstamo existentes neste espazo.

6. AVALIACIÓN A

avaliación é un elemento

curricular fundamental e

inseparable da práctica educativa que ten como fin recoller permanentemente, diversa información para axustar os procesos de ensino e aprendizaxe e contribuír a mellorar a calidade do ensino. O proceso de avaliación será sempre flexible, global e continuo. Realizarase en diferentes momentos do proxecto lector; un contacto inicial para estudar a realidade concreta do o centro, en diferentes momentos ao longo do curso (polo menos unha vez por trimestre) e ao finalizar o curso para valorar o 22


Proxecto lector - CEIP Mallón

traballo feito e os aspectos de mellora cara ao vindeiro curso. Entre os aspectos susceptibles de avaliación contaranse os seguintes: • O deseño do proxecto. • A intervención e efectividade dos recursos. • O clima de traballo. • A metodoloxía proposta • A efectividade e organización das actividades. • Grao de consecución dos obxectivos planificados e o nivel de coñecementos adquiridos. • A organización dos espazos, tempos e materiais, o clima escolar e a interacción entre o alumnado e a relación entre profesorado e alumnado. • A adecuación do proxecto na contribución á adquisición das competencias básicas. • A coordinación entre o equipo de biblioteca e o resto do claustro. • A produción e calidade do traballo xerado. 23


Proxecto lector - CEIP Mallón

• As posibilidades de modificación e mellora do proxecto. Os medios para a medición son: •

Enquisas

aos

membros

da

comunidade

educativa

adaptándoas as diferentes características dos membros •

O debate e a conversa xurdida espontaneamente ou de

maneira guiada en diferentes contextos. •

A través da observación directa e sistemática. Debemos complementar a avaliación cunha completa recollida

de información a través da utilización de diferentes técnicas, entre

os

que

destacamos:

Técnicas

de

observación

e

comunicativas, escalas de estimación e listas de control. Parécenos

tamén

fundamental

introducir

procesos

de

autoavaliación a través de reflexións sinxelas.

7. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN

- COLOMER, TERESA (2006), Andar entre libros: la lectura literal en la escuela. México: FCE. 24


Proxecto lector - CEIP Mallón

- SOLÉ, Isabel (2001) Estrategias de lectura. Barcelona. Graó - MUÑOZ, Rafael (1998) Animar a escribir para animar a leer. Revista Educación y Biblioteca. - Mata, Juan (2008) Diez ideas claras: hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable. Barcelona. Graó. - Marina, J.A. Y Valgoma, María de la (2005) La magia de leer. Barcelona. Plaza y Janés. - http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ - http://rayuela.org - http://pntic.es - http://ediga.net - http://cnice.mec.es - Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación. (LOE). - Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. (LOMCE).

25


Proxecto lector - CEIP Mall贸n

-

CFR de Vigo.

- Asesor铆a de Bibliotecas Escolares.

26


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Proxecto lector 2015 16 by Sergio Pereira - Issuu