(P.E.) PROXECTO EDUCATIVO
CEIP MALLÓN
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
ÍNDICE 1. MARCO LEGAL……………………………………………………………..3 2. CONTEXTO ESCOLAR……………………………………………………4 2.1.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA
2.2.
SITUACIÓN SOCIOCULTURAL
2.3.
CONTEXTO LINGÜÍSTICO
2.4.
O CENTRO
2.5.
2.4.1.
CARACTERÍSTICAS
2.4.2.
INSTALACIÓNS
2.4.3.
PROFESORADO
2.4.4.
ALUMNADO
2.4.5.
HORARIOS
2.4.6.
ANPA
2.4.7.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
AS FAMILIAS
3. SINAIS DE IDENTIDADE…………………………………………………..15 4. MARCO PARA A NOSA PRÁCTICA EDUCATIVA…………………….17 4.1.
PRINCIPIOS
4.2.
OBXECTIVOS
4.3.
LIÑAS XERAIS DE ACTUACIÓN
5. ESTRUTURA ORGANIZATIVA………………………………………….20 5.1.
ORGANIGRAMA
5.2.
AGRUPAMENTO DO ALUMNADO
5.3.
DINAMIZACIÓN DA VIDA ESCOLAR
5.4.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
5.5.
METODOLOXÍA
5.6.
AVALIACIÓN
5.7.
COLABORACIÓN COS SERVIZOS SOCIAIS E EDUCATIVOS DOUTRAS INSTITUCIÓNS
5.8.
PRIORIDADES
6. REVISIÓN, AVALIACIÓN E DIVULGACIÓN DO PEC………………..28 7. INFORME DO CLAUSTRO…………………………………………….....29 8. CERTIFICACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR……………………...….29
2
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
1. MARCO LEGAL Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de Educación. (BOE 4-5-2006). Lei de Convivencia e participación. Lei 4/2011, do 30 de Xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Real Decreto 1533/1986, do 11 de Xullo, polo que se regulan as asociacións de pais/nais de alumnos/-as (BOE do 29 de Xullo). ROC: Decreto 374/1996, do 17 de Outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e dos colexios de educación Primaria . (DOG do 21/10/1996). Corrección de erros (DOG do 6/11/1996, 08/01/1997 e 26/02/1997). Orde do 22 de Xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de Educación Infantil, dos colexios de Educación Primaria e dos colexios de educación infantil e Primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 02/09/1997). Decreto 94/1991, do 20 de Marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da administración da comunidade autónoma de Galicia (modificado polo Decreto 157/2004, do 7 Xullo). Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo da educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 130/2007 , do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Primaria. Decreto 79/2010, do 20 de Maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Orde de 23 de Xuño de 2011, pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación. Decreto 30/2007 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
3
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Decreto 229/2011 do 7 de Decembro polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Prioridades de actuación das dinamizacións, Orde do 17 de Xullo de 2007. Decreto 120/1998 (DOG 27/04/1998) polo que se regula a orientación educativa e profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. CONTEXTO ESCOLAR 2.1.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA
O Colexio está situado na parroquia de Mallón a 2 Km do centro de Nigrán e a 1500M do centro da Ramallosa. O Concello de Nigrán está situado ó sur de Vigo,na ladeira que mira cara o mesmo lado do Val Miñor .Ten 17.000 habitantes aproximadamente. A costa forma parte da baía de Baiona,destacando como accidentes máis notables Monteferro e as praias das Canas, Patos, Panxón e praia América,rematando no estuario da Foz fronte á Ladeira, e separada de Baiona pola ponte sobre o río Miñor. Polo interior limita co Concello de Gondomar. A zona de influencia deste Centro comprende a parroquia de san Pedro da Ramallosa dende a ponte románica ata a rotonda de URECA.
2.2.
SITUACIÓN SOCIOCULTURAL.
No referente aos servizos do Concello de Nigrán atopamos os seguintes: (Oficina de Correos, Edificio Consistorial) e os servizos da Ramallosa (Farmacia ,Centro Comercial e a piscina Mancomunada do Val Miñor etc.,). Asemade ao non haber
Casa da Cultura, converte o colexio nun punto
esencial para a celebración de eventos coma conferencias, mesas redondas, charlas de carácter político, lugar de votacións en período electoral, etc. 4
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Ademais utilízanse as instalacións do centro para levar a cabo diferentes actividades que dependen do Concello, como: pintura (na antiga casa do conserxe), xadrez “Club Laroca” e ensaios da Coral polifónica “Novos Aires de Nigrán”, ámbalas dúas no salón de usos múltiples do colexio. As comunicacións por estrada son relativamente fluídas cos concellos veciños sobre todo con Baiona e Vigo. As actividades económicas xiran entorno á área de Vigo, ben no que se refire a actividades comercias ou ben ás de tipo industrial e administrativo, a maioría das nais dos alumn@s están integrándose cada vez máis no mercado laboral. Cara ó interior son máis frecuentes as actividades agrícolas aínda que xa sexan de tipo complementario coa economía familiar e nunca como única actividade lucrativa, tratándose dunha actividade de apoio e non de subsistencia. O nivel socioeconómico das familias do noso alumnado é un nivel medio, aínda que si é certo que a situación dalgunhas poucas familias é bastante precaria tanto a nivel económico como cultural. 2.3.
CONTEXTO LINGÜÍSTICO.
Podemos sacar a conclusión que na contorna do centro existe unha convivencia entre o uso do galego e do castelán, coa particularidade de que o uso do castelán predomina sobre o galego sobre todo na xente máis nova. No ámbito puramente escolar o uso de galego achégase a unha porcentaxe de uso minoritario á do castelán, pero esa porcentaxe tórnase notablemente máis pequena ó referirse ás actividades cotiás e de relación social. Para cuestións administrativas e de organización do centro a lingua utilizada é o galego. Partindo da análise do contexto, o centro considera por igual a lingua galega e a lingua castelá como opcións lingüísticas de aprendizaxe, baseándonos no principio de que tódolos galegos/as temos o dereito de coñecer e utilizar as dúas linguas. 5
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Por outra parte, tendo en conta que a lingua de comunicación entre o alumnado é maioritariamente o castelán, o centro expresa o seu compromiso de potenciar e dar maior presenza á lingua galega no centro, co fin de que ao rematar a educación Primaria o alumnado se exprese tanto en galego como en castelán. Todo isto sen menosprezar coñecemento e a utilización de linguas estranxeiras.
2.4.
O CENTRO.
2.4.1. CARACTERÍSTICAS Datos xerais Nome: Colexio de Ensino Infantil e Primario de Mallón. Titularidade: Pública Inauguración: Curso escolar 1986-87 Código do centro: 36018434 CIF: S.8600058.E Enderezo: Avenida Manuel Lemos, 81 C.P: 36379 A Ramallosa (San Pedro) Concello: Nigrán Provincia: Pontevedra Teléfono e fax: 986352859 Correo electrónico: ceip.mallon@edu.xunta.es Páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmallon Blogue da biblioteca: http://www.bibliodemallon.blogspot.com
*O centro está adscrito ao IES Escolas Proval
6
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Número de unidades O centro conta cun total de 9 unidades, repartidas do seguinte xeito: 3 cursos de Educación Infantil (4º, 5º e 6º). 6 cursos de Educación Primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º). Horario do Centro -
O horario de clase é de 08:45 a 13:45, sendo o recreo de 11:45 a 12:15.
-
Os mestres permanecen no centro de 08:30 a 14:00, ademais dos martes pola tarde en horario de 15:45 a 17:45 (tempo dedicado a reunións, preparación de actividades, titorías cos pais/nais).
-
O colexio conta con servizo de biblioteca todas as tardes agás os martes en horario de 15:45 a 17:15, quedando sempre un mestre de garda.
-
Os martes hai servizo de ludoteca xestionado pola ANPA, en horario de 15:45 a 17:15.
Transporte escolar -
O colexio conta con servizo de transporte escolar, que depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
-
A empresa contratada para este fin é Autocares Galisur, contando cunha coidadora que coida dos alumnos dentro do autocar.
-
O autocar chega ao colexio sobre as 08:20 e os alumnos transportados agardan na biblioteca ata o inicio das clases co mestre de garda de transporte correspondente.
-
Polas tardes o autocar recolle aos alumn@s de comedor ás 15:30, para deixar aos nen@s nas súas respectivas paradas. No caso de que non vaian a recoller a un nen@ ou cheguen tarde, a empresa poñerase en contacto co colexio e, despois de facer a súa ruta volverá a deixar aos nen@s no colexio co mestre que estea de garda na biblioteca.
7
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Comedor -
O comedor escolar depende da Consellería de Educación baixo a modalidade de xestión indirecta (a empresa de catering sae a concurso cada ano).
-
O horario do comedor é de 13:45 a 15:45.
-
Actualmente o colexio conta con 59 prazas subvencionadas e o aforo total sería de 69 prazas.
-
Actualmente contamos con 4 monitoras de comedor, ademais dunha coidadora da Xunta, que se ocupa dun neno N.E.E.
-
O comedor conta cunha normativa propia, recollida nas N.O.F.C
Biblioteca escolar O centro conta con servizo de biblioteca escolar, aberta todas as tardes (agás os martes) en horario de 15:45 a 17:15. Este servizo poden disfrutalo todos os alumnos do colexio, dende 3 anos a 6º de Primaria. Sempre haberá un mestre de garda que se ocupará dos nenos. Os cativos poderán facer uso dos ordenadores sempre e cando non teñan tarefas de clase. A porta de saída da biblioteca permanecerá sempre pechada con chave e abrirase cada vez que veña un familiar a recoller a un alumno.
2.4.2. INSTALACIÓNS
O centro está formado por un edificio principal, casa do conserxe, aparcadoiro de uso exclusivo para mestres, zonas axardinadas, patio cuberto, campo de fútbol para primaria e zona de columpios para Infantil, ademais dun campo de herba con porterías na zona de infantil. O edificio principal está estruturado da seguinte maneira: ANDAR SUPERIOR: Neste andar atopamos os seguintes espazos: 8
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
-
Aula de audiovisuais.
-
Aula de Inglés.
-
Aula de Informática.
-
Aulas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.
-
Despacho de Orientación.
-
Aula de Relixión.
-
Aseos de nenos, nenas e mestres.
-
3 pequenos almacéns.
HALL DE ENTRADA E ANDAR INTERMEDIO: Aquí atopamos: -
Entrada principal do centro.
-
Salón de usos múltiples.
-
Recibidor e escaleiras de acceso ao andar superior.
-
Espazo de conserxería.
-
Despacho de Secretaría.
-
Despacho de Xefatura de estudos e Dirección.
-
Sala de mestres.
-
Aseos para mestres e mestras.
-
Biblioteca comunicada co andar superior.
-
Porta de saída da biblioteca.
PRIMEIRO ANDAR: Neste andar atopamos: -
Aula de audición e linguaxe.
-
Aula de Música.
-
Aula de pedagoxía terapéutica.
-
Aulas de 1º e 2º de Primaria.
-
Aulas de Educación Infantil. (3, 4 e 5 anos).
-
Aseos para nenos e nenas.
-
Espazo para a coidadora.
-
Pequeno almacén de Infantil. 9
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
-
Titoría de Infantil.
-
Espazo para a ANPA.
-
Porta de saída principal.
-
Recuncho de lectura para as familias.
-
Escaleiras de acceso á entreplanta.
ENTREPLANTA: Que conta con: -
Sala de caldeiras.
-
Aula de Plástica.
-
Comedor escolar.
ESCALEIRAS DE ACCESO Á PLANTA BAIXA: Aquí atopamos: -
Vestiarios para nenos.
-
Vestiarios para nenas.
-
Despacho de Educación Física.
PLANTA BAIXA: Onde se atopa: -
Ximnasio con aseos para nenos e nenas.
-
Porta de acceso ao patio.
2.4.3. PROFESORADO: No actual curso 2015-16 contamos no centro con 15 mestr@s, dos cales 12 son definitivos, 2 interinas e 1 funcionaria en prácticas. Ademais contamos dous días á semana cunha orientadora que compartimos co CEIP de Tebra, sendo ese o seu centro base. 10
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Tamén hai que sinalar que a mestra de A.L. e a orientadora itineran con outros centros. LABOR/CARGO DIRECTORA/ED. FÍSICA XEFA DE ESTUDOS/ RELIXIÓN SECRETARIO/ LING. FRANCESA/COORD. BIBLIOTECA INFANTIL 3 ANOS INFANTIL 4 ANOS INFANTIL 5 ANOS 1º PRIMARIA 2º PRIMARIA 3º PRIMARIA 4º PRIMARIA 5º PRIMARIA/MÚSICA 6º PRIMARIA LINGUA INGLESA PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA AUDICIÓN E LINGUAXE ORIENTACIÓN
MESTRE CARMEN ONTIYUELO ALVEAR NATALIA SILVA DOCABO SERGIO PEREIRA GINET
MARÍA LITE JUNCO JOSEFA PÉREZ PINAL Mª ELISA FERRADÁNS FERRO NOELA CORBACHO QUINTELA SONIA ARCAY LÓPEZ GRACIELA DOMÍNGUEZ CAMBRA ANA FRAGA SEOANE PATRICIA FERNÁNDEZ BELLO CONSUELO ALFONSO ZAPICO FERNANDO SIMÓN CABO ANA ISABEL GONZÁLEZ PÉREZ DÉBORA GULÍN PÉREZ ÁNGELA MONTEIRO DA CONÇEIÇAO
O horario de permanencia no centro por parte do profesorado é de 08:30 a 14:00 todos os días. Ademais dos martes pola tarde en horario: 15:45 a 17:45 e dúas horas mensuais de garda de biblioteca.
11
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
2.4.4. ALUMNADO O colexio conta actualmente con 124 alumn@s repartidos de diferente maneira polos cursos. Así pois pasamos a detallar a ratio de cada aula: AULA
NÚMERO DE ALUMNOS
Infantil 3 anos
13 alumnos
Infantil 4 anos
10 alumnos
Infantil 5 anos
10 alumnos
1º Primaria
14 alumnos
2º Primaria 3º Primaria 4º Primaria 5º Primaria 6º Primaria
17 alumnos 12 alumnos 17 alumnos 16 alumnos 15 alumnos
O alumnado procede case na súa totalidade da nosa zona de influencia, aínda que nos últimos anos estase a notar un incremento de alumn@s que proveñen de fora da zona. Dende o centro consideramos necesario que tanto o alumnado como as familias melloren nos seguintes aspectos: -
Fomentar o hábito lector como unha actividade pracenteira.
-
Mellorar a competencia lingüística para acadar un dominio axeitado tanto en lingua galega como en lingua castelá.
-
Aumentar o grao de implicación e participación dalgunhas familias.
-
Traballar para que o alumnado acade un compromiso individual e sexa responsable.
2.4.5. HORARIOS Horario lectivo de setembro a xuño de luns a venres de 8:30 a 13:45. O centro permanece aberto tódalas tardes en cumprimento no establecido no proxecto da xornada única aprobada dende as 15:45 ata as 17:45, tempo durante o cal se desenvolven diferentes actividades.
12
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Para atender as tardes organízanse quendas de profesor@s tal como consta na Programación Xeral Anual de cada curso escolar. As tardes dos martes permanecerá todo o claustro, pero non haberá servizo de biblioteca escolar. O servizo de comedor escolar que depende da Consellería de Educación ten horario dende as 13:45h ata as 15:45h.
2.4.6. ANPA No colexio funciona a ANPA “Lembranza”, formada por catro integrantes. Presidenta, secretaria, tesoreira e vicepresidenta. Os socios da ANPA pagan unha cota anual de 12 euros por alumno e, no caso de ter máis irmáns no centro pagarían 18 euros por familia. Este ano contan con arredor de 60 socios, aspecto fundamental á hora de poder xestionar diferentes actividades dende a Asociación. A ANPA colabora en diferentes actividades como: -
Planificación e xestión das actividades extraescolares.
-
Colaboración nas distintas festas e conmemoracións que se levan a cabo no centro.
-
Subvención dunha porcentaxe do prezo das actividades extraescolares.
-
E outras que poidan xurdir ao longo do curso.
2.4.7. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES A ANPA ten á súa disposición as instalacións do colexio para a realización das diferentes actividades extraescolares. Todas elas realízanse no centro, a excepción de natación, que se leva a cabo na piscina mancomunada do Val Miñor. Cada ano, ao inicio de curso, a ANPA propón unha serie de actividades para que as familias escollan. Unha vez feita a sondaxe, distribúense ao longo da semana para que non coincidan o mesmo día no mesmo espazo.
13
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
É obrigatorio ser socio da ANPA para poder inscribirse nas actividades extraescolares propostas. Este ano están a funcionar as seguintes: Baile. Baloncesto. Inglés lúdico. Piscina. Brain Gym e ábaco. *Dende este curso 2015-16, está a funcionar un servizo de ludoteca os martes, para suplir a función do servizo de biblioteca polas tardes. 2.5.
AS FAMILIAS
Podemos dicir que o nivel socioeconómico da meirande parte das familias, é un nivel medio. A relación das familias co centro é bastante fluída e a meirande parte delas amósanse dispostas a colaborar en diferentes propostas do centro sempre que se lle solicita. As familias establecen as súas comunicacións co centro por diferentes canles: -
Reunión de inicio de curso con todas as familias de cada clase.
-
Titorías coas familias. A hora establecida é os martes das 16:45 ás 17:45 horas, se ben hai flexibilidade para adaptarse ás ocupacións da familia.
-
Entrevistas coa dirección, xefatura, secretaría ou encargado de comedor.
-
A través da ANPA.
14
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
3. SINAIS DE IDENTIDADE Os sinais de identidade do Centro intentan responder ás preguntas ¿Quen somos? e ¿qué tipo de escola queremos? Neste sentido, procuramos conformar unha interacción entre o contexto e os obxectivos básicos do centro. Así como caracterizar e definir os sinais de identidade e contribuír a: -
Dar a coñecer eses sinais como primeira referencia do centro tanto ao profesorado, como ás familias e ao alumnado.
-
Actuar sempre de forma coherente coa identidade manifestada.
-
Levar a cabo os procesos de avaliación e xestión escolar, utilizando os sinais de identidade como patrón de referencia.
SINAIS DE IDENTIDADE
Na nosa practica diaria buscaremos que o CEIP Mallón sexa: 1. Un centro integrado. É un desexo de toda a comunidade educativa dar cabida a todo tipo de alumnado, independentemente da súa procedencia, cultura, lingua ou características persoais. Así pois, dende o centro, crearase un ambiente propicio para acoller e facer máis fácil a súa integración aos alumnos con NEE, contando co persoal necesario para conseguilo. 2. Con boas relacións persoais. Dende o centro procurarase que haxa un bo ambiente, tanto no que se refire ao profesorado entre si, como coas familias e co propio alumnado, xa que pensamos que cando nun centro predomina o bo ambiente e o respecto, iso redunda na calidade do ensino e dos valores que se lle transmiten aos cativos. 3. Participativo. Este é outro dos aspectos principais que queremos potenciar dende a dirección do centro. Pensamos que a posibilidade de ter familias que participen
15
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
na vida escolar é moi beneficioso e enriquecedor tanto para os mestres, como para as familias e por suposto para os propios alumnos. Así pois, dende o centro potenciarase a presenza de familiares no centro en actividades como: diferentes obradoiros, contacontos na biblioteca, festas e conmemoracións, etc.
4. Onde o alumnado aprenda e desenvolva as súas capacidades. As características do centro, tendo e conta que os grupos son bastante reducidos, permítenos levar unha atención moito máis individualizada de cada alumno tendo en conta as súas capacidades específicas. 5. Un centro con valores. Queremos un centro no que se fomenten certos valores un pouco esquecidos na nosa sociedade, como a solidariedade, o apoio ao máis feble, o compañeirismo, a tolerancia, a educación para a paz, respecto polo medio ambiente, a non discriminación e todos aqueles que consideremos que deben entrar a formar parte do proceso de aprendizaxe. 6. Un centro aberto. Dende o centro pensamos que é fundamental aproveitar todas as posibilidades que nos ofrece a nosa contorna máis próxima. Así pois aproveitaremos os recursos que nos ofrecen tanto o Concello como todo tipo de asociacións próximas ao colexio das que poidamos recibir asesoramento e axuda. Ademais potenciarase a relación con outros centros da provincia e incluso co estranxeiro, a través de diferentes iniciativas como: intercambio con Manchester, realización das olimpíadas con outro centro, etc. En definitiva, todas as actividades que lle permitan ao alumnado intercambiar opinións e vivencias cos seus iguais.
16
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
4. MARCO PARA A NOSA PRÁCTICA EDUCATIVA 4.1.
PRINCIPIOS
PRINCIPIO DE SOCIALIZACIÓN: o ensino ten unha función social e debe educar en valores, formando cidadáns para unha sociedade democrática, plural e xusta. PRINCIPIO DE INTEGRACIÓN E NORMALIZACIÓN: A escola ten que dar resposta educativa ao alumnado que presente determinados problemas ou dificultades. O colexio velará día a día por aspectos como: o cooperativismo, a tolerancia, a flexibilidade, a igualdade de oportunidades, a compensación de desigualdades, etc. PRINCIPIO DE INDIVIDUALIZACIÓN: Cada alumn@ ten unhas características, que levan a unhas necesidades propias, por iso a escola debe coñecelas e formar aos diferentes alumn@s en función delas. PRINCIPIO DE UNIVERSALIDADE: A escola debe partir do coñecemento e valoración da nosa lingua e da nosa cultura, facilitando a apertura a unha sociedade plural, plurilingüe e multicultural. PRINCIPIO DE COEDUCACIÓN: Dende o colexio hai que apostar por unha educación na que non teñan cabida os estereotipos sexistas, avogando en todo caso por unha práctica educativa xusta e equitativa. 4.2.
OBXECTIVOS
Promover hábitos persoais de colaboración e traballo en equipo entre todos os membros da comunidade educativa. Potenciar a interacción entre o alumnado e profesorado xerando dinámicas de convivencia positivas. Promover actitudes de tolerancia, respecto e aceptación das diferenzas e dereitos entre persoas, independentemente da súa cultura, crenzas, condición sexual, etc.
17
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Achegar os medios dispoñibles das institucións para fomentar a igualdade de oportunidades entre os alumnos. Educar para os sentimentos e o equilibrio afectivo. Promover no alumnado un mellor coñecemento de si mesmo, das súas posibilidades e capacidades así como da realidade que o rodea. Estimular o coñecemento do noso entorno e do patrimonio cultural próximo Promover a toma de conciencia de pertenza a un pobo cunha lingua e unha cultura propias. Impulsa-lo aprendizaxe e uso da lingua galega dende os primeiros niveis do ensino. Introducir a lingua estranxeira en educación infantil. Educar na igualdade e erradicar calquera connotación ou estereotipo sexista. Crear actitudes e hábitos en favor do coidado e respecto do medio ambiente. Fomentar o pracer persoal pola lectura. Desenvolver a sensibilidade social.
4.3.
LIÑAS XERAIS DE ACTUACIÓN
O fin último do colexio é o de avanzar cara un modelo de escola aberta, activa e participativa. Así pois, para acadar este modelo de centro, propoñemos as seguintes liñas de actuación: Programar charlas, conferencias, coloquios, etc, sobre temas de interese educativo para todos os membros da comunidade escolar.
Habilitar espazos e tempos que faciliten a colaboración entre os membros da comunidade educativa. 18
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Promover a participación en programas, campañas e actividades que propoñan distintas institucións, asociacións culturais, deportivas, etc, do entorno do centro. Promover o bo funcionamento dos equipos de coordinación docente. Establecer criterios de traballo en equipo para o alumnado e impulsar agrupamentos flexibles. Traballar e potenciar valores como: a autoestima, a solidariedade, a responsabilidade, a tolerancia, etc. Realizar un traballo coordinado e sistemático de titorías segundo as directrices do plan de acción titorial. Atender á diversidade. Elaborar materiais didácticos relacionados co noso entorno e patrimonio cultural. Adoptar medidas para eliminar calquera forma de discriminación sexista, cultural, relixiosa, etc. Elaborar materiais curriculares de uso autónomo por parte do alumnado que permitan unha atención máis individualizada. Potenciar a autonomía persoal do alumnado que posibilite en cada momento “aprender a aprender”. Introducir progresivamente a educación da afectividade e sexualidade (charlas, comentario de libros, unidades didácticas …). Programar actividades para fomentar a aceptación das diferenzas individuais.
19
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
5. ESTRUTURA ORGANIZATIVA
5.1.
ORGANIGRAMA
Catálogo de profesorado do centro: Educación infantil Educación primaria Educación musical Educación física Lingua inglesa Lingua francesa Audición e Linguaxe Pedagoxía terapéutica Relixión
4 5 1 1 1 1 1 (Itinerante) 1 1
Consello escolar: REPRESENTANTES DOS MESTRES Dª Graciela Domínguez Cambra
REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS Dª Vanesa Colorado Fernández (Presidenta ANPA)
Dª Ana Fraga Seoane
Dª Ángeles Alonso Rodríguez
Dª Ana Isabel González Pérez
Dª Mª Belén Sío Fernández
CARGOS UNIPERSOAIS Dª Carmen Ontiyuelo Alvear (Directora)
Dª Margarita Rial Pereira Dª Ana Costas Da Rocha
Dª Natalia Silva Docabo (Xefa de estudos)
D. Sergio Pereira Ginet (Secretario)
REPRESENTANTE DO CONCELLO
José Luis Sanromán Román
Persoal non docente: -
Conserxe: Na actualidade non contamos con conserxe dependente do Concello de Nigrán.
-
Coidadora: Contamos cunha coidadora dependente da Xunta, que se ocupa de dous alumn@s con NEE.
-
Persoal de limpeza que pertence a unha empresa privada contratada polo Concello de Nigrán. 20
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
5.2.
AGRUPAMENTO DO ALUMNADO
Ao existir unha única aula por curso, os alumn@s asignaranse ao curso que lle corresponde, conformando as listas por orde alfabética. En actividades puntuais poderanse facer agrupamentos con alumn@s de diferentes cursos. 5.3.
DINAMIZACIÓN DA VIDA ESCOLAR
Para acadar este cometido contamos no centro cos seguintes eixos dinamizadores: BIBLIOTECA: Dende os últimos anos, a biblioteca escolar converteuse nun dos principais eixos dinamizadores do centro. Dende a biblioteca parten durante todo o curso diferentes actividades e iniciativas encamiñadas a mellorar as competencias lingüísticas do alumnado, así como traballar tanto no fomento da lectura como no tratamento da información. A liña que queremos seguir dende o centro de cara aos vindeiros cursos é continuista, é dicir, a biblioteca seguirá a ser o principal expoñente de dinamización do centro; ademais de organizar e propoñer diferentes actividades relacionadas coa lectura e a escritura, tamén seguirá a ter un papel fundamental á hora de organizar as diferentes celebracións ao longo do curso: Nadal, Entroido, Letras Galegas, etc. O Equipo de biblioteca estará formado por unha persoa designada responsable da biblioteca e un equipo de apoio que se confeccionará voluntariamente ao inicio de cada curso. Entre as labores do Equipo de biblioteca podemos destacar: -
Elaboración da Memoria do PLAMBE.
-
Elaboración do Plan Anual de Lectura.
-
Realización de modificacións no Proxecto Lector de Centro cando sexa necesario. 21
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
-
Organización das diferentes actividades a realizar ao longo do curso.
Dende a biblioteca traballarase nun Proxecto Documental Integrado cada curso, no que se intentará que se implique toda a comunidade educativa. O tempo diario de lectura levarase a cabo ao finalizar a terceira hora de clase, os 30 minutos anteriores ao recreo. Este tempo dedicado á lectura deberá cumprirse en todas as aulas de maneira simultánea. EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS: Este equipo será o responsable de organizar as distintas conmemoracións, actividades e saídas que se desenvolvan ao longo do curso. Estará composto por un coordinador/-a e un grupo de mestres/-as e estará aberto á renovación ao inicio de cada curso. *As actividades extraescolares que se levan a cabo no centro están xestionadas pola ANPA. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: O traballo do Equipo de Dinamización Lingüística consistirá principalmente en organizar as actividades a realizar para a celebración do Día das Letras Galegas, ademais de seleccionar os diferentes materiais para a confección da revista escolar “A Nosa revista”. Dito equipo deberá elaborar un proxecto no mes de xaneiro, no que solicitará a concesión dunha partida económica para desenvolver dito proxecto Tamén será obriga do Equipo de Dinamización da Lingua Galega a elaboración e actualización periódica do Proxecto Lingüístico de Centro. O Equipo de Dinamización Lingüística estará composto por unha persoa que actuará como responsable e un equipo de apoio. O período mínimo de permanencia no posto de coordinador será de dous cursos.
5.4.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 22
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
As escolas integradoras supoñen o marco favorable para a igualdade de oportunidades e a completa participación do alumnado con NEE, e para que isto teña éxito é necesario o esforzo común de profesorado, compañeiros e compañeiras e resto do persoal docente. A escolarización integradora é o medio máis eficaz para fomentar a solidariedade entre tódolos nenos e nenas. As clases especiais deste alumnado de forma permanente serán unha excepción, só recomendable naqueles casos nos que se demostre que a intervención nas clases regulares non pode satisfacer as necesidades educativas ou sociais do neno ou nena, ou cando fose necesario para o seu benestar. Trátase de conseguir: - A integración física que permite a integración de todo o alumnado con NEE. - A integración curricular, coa existencia do mesmo currículo para todos os tipos de alumnado permitindo a existencia de adaptacións curriculares significativas. - A integración psicolóxica, xa que todo o alumnado recibirá a educación dentro da mesma aula o maior tempo posible.
Organización: A estrutura organizativa da aula de apoio dende a perspectiva integradora do alumnado con NEE ten os seguintes niveis: Aula ordinaria con apoios especializados externos. Aula ordinaria como base de traballo das clases especiais. Aula especial como base de traballo para alumnado especial. En ningún caso a aula de apoio converterase nunha aula de educación especial a tempo completo. Terá prioridade o alumnado que teña A.C.I. e os dos cursos máis baixos.
Estratexias metodolóxicas: 23
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Coordinación entre a xefa de departamento e a xefa de estudos co resto do departamento de orientación, así como co outro profesorado. Atención por parte da profesora de Audición e Linguaxe aos alumnos/as con dificultades de articulación fonética e linguaxe (martes, xoves e venres). Compromiso coas familias, mediante contactos periódicos do equipo cos titores e titoras, co fin de establecer estratexias permanentes de colaboración e de intercambio de información. Atención ao alumnado con dificultades (apoios).
Unha vez elaborados os horarios, contamos cunhas horas nas que o profesorado apoiará ao alumnado con dificultades de aprendizaxe na propia aula do curso que corresponda.
Comisión de Coordinación Pedagóxica: O Departamento de Orientación formará parte da actividade educativa establecendo unha vía permanente para o alumnado e o profesorado, garantindo ao alumnado unha orientación dende as primeiras idades e permitindo así a prevención e detención temperá das súas dificultades, tanto no seu desenvolvemento persoal como nas súas aprendizaxes. A CCP estará formada polas persoas que indica a lei vixente neste momento. Obxectivos: Valorar as necesidades educativas do alumnado. Adaptar o currículo do centro incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención do alumnado con NEE. Apoiar e asesorar á comunidade educativa para que poida afrontar adecuadamente as maiores dificultades de certos escolares, así como a súa promoción e a resolución de conflitos.
24
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
5.5.
METODOLOXÍA
Partindo da idea de que o alumnado debe ser o principal protagonista da súa aprendizaxe, concretamos as seguintes liñas de acción metodolóxica: 1.- Participación activa do alumno/a considerando os seus intereses, posibilidades... e indicando formas de organización que a favorezan. 2.-
Metodoloxía
construtiva.
Facilita-la
construción
da
aprendizaxe significativa actuando o profesorado como guía e mediador entre o que o alumnado sabe e os novos contidos así como a súa aplicación a novas situacións 3.- Metodoloxía globalizadora. Os diferentes contidos poden recollerse en propostas de aprendizaxe enmarcadas nun determinado contexto favorecendo así a súa asociación e integración. 4.- Metodoloxía indutiva. Partimos da observación directa e indirecta na recollida da información e o seu tratamento. 5.- Metodoloxía flexible. Adaptar os medios e recursos as necesidades de cada momento.
5.6.
AVALIACIÓN
A avaliación debe ser continua, formativa e global e estará recollida nas programacións dos diferentes cursos. Os puntos principais a ter en conta na avaliación son os seguintes: EDUCACIÓN INFANTIL Referentes: -
Obxectivos xerais de etapa.
-
Obxectivos xerais das diferentes áreas.
-
Criterios de avaliación. Avaliación inicial:
25
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Realizarase no momento en que o alumno se incorpore ou ao comezar o curso e tomaranse como referencia os seguintes aspectos: -
Información da familia.
-
Grao de desenvolvemento das competencias Básicas. Avaliación continua:
Ao longo de todo o curso: -
Haberá tres avaliacións repartidas ao longo do curso, que nos permitirán obter un informe individualizado de cada alumn@. Avaliación final:
Ao finalizar cada curso realizarase un informe individualizado de cada alumno que
recollerá
diferentes
aspectos
como:
grao
de
consecución
das
competencias básicas, medidas de reforzo educativo que se tomaron, logros acadados, etc. EDUCACIÓN PRIMARIA Referentes: -
Obxectivos xerais de etapa.
-
Obxectivos xerais de área.
-
Competencias básicas.
-
Criterios de avaliación. Avaliación interna:
Realizada polos mestres que incidan na educación do alumno. A última palabra con respecto á promoción ou non dun alumno será do titor. -
Avaliación inicial: realizarase ao comezo de cada curso ou cando o alumno se incorpore (se o fai xa comezado o curso). Esta avaliación é informativa.
-
Avaliación continua: realizarase ao longo de todo o curso e valoraranse tanto os resultados obtidos nas avaliacións (trimestrais), como a adquisición de competencias básicas, o traballo diario, esforzo, comportamento, etc.
-
Avaliación final: realizarase ao final de cada curso e valoraranse os resultados da avaliación continua ao longo de todo o curso. 26
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
Avaliación externa: Durante o 3º curso de Educación Primaria realizarase unha proba que terá carácter formativo e orientador para o centro e informativo para as familias. Ao final de 6º curso de Primaria realizarase unha proba externa que terá un carácter de diagnose.
DECISIÓNS E CRITERIOS DE PROMOCIÓN -
O alumnado que alcance as Competencias Básicas e con adecuado grao de madurez: pasa ao curso ou Etapa seguinte.
-
O alumnado que non alcance as competencias básicas, o grao de madurez adecuado ou ambas, pero considérase que esa circunstancia non lle impedirá seguir con aproveitamento o novo curso: pasa ao curso ou Etapa seguinte.
-
O alumnado que non alcance as competencias básicas, o adecuado grao de madurez ou ambas, e considérase que esa circunstancia impediralle seguir con aproveitamento o novo curso: permanecerá un ano máis no mesmo curso (salvo que teña que promocionar por imperativo legal).
27
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
ÁREAS Matemáticas
Lingua
Outras
Aval. +
Aval. +
PROMOCIONA
Aval. +
Aval. -
PROMOCIONA
Aval. -
Aval. +
PROMOCIONA
Aval. -
Aval. -
NON PROMOCIONA
Aval. +
Aval. -
Aval. -
PROMOCIONA
Aval. -
Aval. +
Aval. -
PROMOCIONA
Aval. +
Aval. -
Aval. - / Aval. -
NON PROMOCIONA
Aval. -
Aval. +
Aval. - / Aval. -
NON PROMOCIONA
Alumno con avaliación negativa nunha
Decisión de promoción
NON PROMOCIONA
instrumental e outras 3 áreas. Áreas a computar a efectos de promoción:
Atenderase
Matemáticas/L.Castelá/L.
básicas, grao de madurez do alumno e tipo de materias
Galega/C.Sociais/C.
Naturais/L. estranxeira/Ed. Artística/Ed. Física
ao
nivel
acadado
nas
competencias
con avaliación negativa.
*Independentemente do número e tipo de materias non superadas, a última decisión sobre a promoción ou non promoción dun alumno, corresponderalle ao equipo avaliador. 6. REVISIÓN, AVALIACIÓN E DIVULGACIÓN DO PE Ao longo do ano o PE revisarase en diferentes momentos: - Ao inicio do curso, coincidindo coa Programación Xeral Anual. - Ao final do curso coincidindo coa elaboración da Memoria Anual do curso. - Cando o Consello Escolar o requira. Ao longo do curso valoraranse as propostas de mellora achegadas e, faranse as modificacións oportunas tanto no PE como na PXA. O Proxecto Educativo será divulgado entre a comunidade educativa por diferentes medios (copia impresa no colexio, páxina web, etc.). Dito documento e de obrigado cumprimento por parte de todos os compoñentes da comunidade 28
Proxecto Educativo de Centro (CEIP Mallón)
escolar do CEIP Mallón e entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa aprobación polo Claustro e o Consello Escolar. Neste PE poderán facerse as modificacións que sexan necesarias por iniciativa do Equipo Directivo, do Claustro ou do Consello Escolar. 7. INFORME DO CLAUSTRO Este Proxecto Educativo foi presentado ao claustro de mestres do CEIP Mallón e aprobado en sesión ordinaria o día 26 de xaneiro de 2016. 8. CERTIFICACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR O Proxecto Educativo recollido nestas páxinas foi presentado ao Consello Escolar en xuntanza ordinaria do día 27 de xaneiro de 2016, quedando aprobado. Mallón 27 de xaneiro de 2016
A Directora
Asdo: Carmen Ontiyuelo Alvear
A Xefa de Estudos
Asdo: Natalia Silva Docabo
O Secretario
Asdo: Sergio Pereira Ginet
29