PLAN ANUAL DE
LECTURA
CURSO 2021-22
CEIP MALLÓN
ÍNDICE: INTRODUCIÓN
1. PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA……………………………………………………..3 2. OBXECTIVOS……………………………………………………………………………………..6 3. ORGANIZACIÓN…………………………………………………………………………………..6 4. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “O PLANETA ESTÁ ANOXADO”…………..7 5. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN………………………………………………………9 6. SECCIÓNS…………………………………………………………………………………………12 7. RUTINAS DE LECTURA…………………………………………………………………………13 8. RECURSOS HUMANOS…………………………………………………………………………13 9. ACTIVIDADES………………………………………………………………………………….....15 10. LER EN FAMILIA……………………………………………………………………………..…..17 11. AVALIACIÓN………………………………………………………………………………………18
2
INTRODUCIÓN Neste curso escolar o Equipo de biblioteca estará formado pol@s seguintes mestres/as: Natalia Silva Docabo (Coordinadora) Equipo de apoio á biblioteca: Josefa Pérez Pinal (Apoio Infantil) Graciela Domínguez Cambra (Titora 1º primaria). Sergio Pereira Ginet (Titor 3º primaria).
O presente Plan recolle o protocolo COVID-19 a aplicar na Biblioteca Escolar coa reorganización de espazos, tempos, recursos...para dar cumprimento ao protocolo de adaptación elaborado polo equipo da biblioteca e revisado e aprobado pola Dirección e o equipo covid do centro. A atención á xestión emocional de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, persoal non docente, profesorado... e o cumprimento das medidas sanitarias marcadas presidirán cada unha das propostas e actividades que dende a Biblioteca se desenvolvan coa finalidade de seguir divertíndonos aprendendo no noso colexio, na nosa Biblioteca.
1. PROTOCOLO DO USO DA BIBLIOTECA NO CEIP MALLÓN - Curso 2021-22 A aplicación deste protocolo estará sempre ligada as necesidades do centro e o que diten as autoridades sanitarias. MEDIDAS HIXIÉNICAS . -É -
obrigatorio o uso da máscara para acceder á biblioteca.
Na entrada da biblioteca haberá xel desinfectante a disposición dos usuarios.
- Os
libros que sexan manipulados quedarán en corentena no carro de devolucións.
- Manter -O
a distancia de seguridade.
grupo que baixe á biblioteca terá a obriga de desinfectar os lugares onde se sente: cadeiras,
mesas, equipos informáticos,…, ao saír de dito espazo. -
Non se poderán tocar andeis nin libros que non se vaian levar emprestados.
- Non -A
se poderá comer, nin beber na biblioteca.
biblioteca permanecerá ventilada durante toda a mañá.
3
- As
mochilas viaxeiras pasarán unha corentena de 2 días no colexio antes de ser entregadas ao
seguinte usuario. AFORO E PRESENZA NA BIBLIOTECA. - Poderá
accederse á biblioteca sempre que se cumpran as medidas de seguridade e hixiene que
establece o protocolo COVID– 19 do centro. - O/a mestre/a acompañará ao seu alumnado para supervisar que todos desinfectan as mans, mesas, cadeiras e que non tocan ningún libro que non vaian levar. Os nenos/as non poderán acceder sos á biblioteca. - A biblioteca permanecerá pechada nos recreos. Excepcionalmente poderá utilizarse nesta franxa horaria para a realización dalgunha charla, taller ou actividade relacionada coa biblioteca, sempre que estea aprobada polo equipo COVID, o equipo da biblioteca ou o equipo directivo e se poidan manter as medidas de seguridade e hixiene establecidos polo protocolo.
PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS. · As diferentes aulas/titorías poderán coller fondos emprestados para a biblioteca de aula. -O
empréstito semanal poderá realizarse cos libros da biblioteca ou ben, da biblioteca de aula.
Será xestionado polo titor/a correspondente. - Os
libros devoltos pasarán unha corentena de 24 horas nas caixas de madeira habilitadas para
este fin. · Cada titora ou titor realizará o préstamo e devolución dos fondos do seu alumnado anotándoos no Meiga ou na folla de rexistro proporcionada polo Equipo de biblioteca. · Os Mestres que desexen algún libro para os seus proxectos de aula poderán solicitalo ao equipo da biblioteca . - As
mochilas viaxeiras continuarán a funcionar durante este curso, saíndo en empréstito os
mércores e sendo devoltas os luns. As mochilas viaxeiras pasarán unha corentena de 2 días no colexio antes de ser entregadas ao seguinte usuario. Os titores/as serán os encargados de establecer as quendas para que todo o alumnado poida desfrutalas ao longo do curso. 4
ACTIVIDADES · O equipo de biblioteca propoñerá actividades, recomendacións, concursos, noticias ... voluntarias e relacionadas coa lectura, que exporá nun lugar visible e reservado en cada aula para este tipo de comunicación da biblioteca. Ademais invitarase a participar nas distintas actividades
a
toda
a
comunidade
escolar
publicando
todo
no
blog
da
biblioteca
(bibliodemallon.blogspot.com). · A biblioteca coordinará o PDI do centro, aportando fondos bibliográficos, propostas de actividades, organizando e dándolle visibilidade aos diferentes materiais elaborados a través de diferentes medios como: páxina web, blog, abalarmóbil, etc.
ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO · O protocolo será revisado e actualizado en función da evolución da pandemia, das posibles modificacións nas instrucións enviadas pola Consellería. Este ano levaremos a cabo un proxecto a nivel de centro “O planeta está anoxado”, a través do que se traballarán aspectos relacionados con: coidado do medio ambiente, cambio climático, catástrofes naturais, biodiversidade, sustentabilidade, etc. A Biblioteca Escolar debe ser un dos principais eixes de dinamización do centro, polo que dende ela partirán diversas actividades e propostas como: Mochilas viaxeiras, Hora de Ler, PDI, etc., todas elas co obxectivo común de fomentar o pracer pola lectura. Empréstitos ás aulas, dramatizacións das lecturas, recitais poéticos, concursos, contos, actividades en relación ao PDI,…, nas que se potencian as competencias básicas. Motivación, ambientación e decoración de espazos con exposición de fondos para as diversas conmemoracións e temáticas traballadas ao longo do curso escolar. Proposta e organización de encontros con autores/as, ilustradores/as, artistas, etc. Para proporcionar un escenario atractivo a todo o antedito, cada curso a BE propón unha temática ou centro de interese concreto que servirá de fío condutor aos nosos actos pedagóxicos. Ademais das actividades propostas para o alumnado, profesorado e familias tamén se levan a cabo outras actividades imprescindibles para o correcto funcionamento da nosa BE como: catalogación de novos fondos, expurgos, selección e compra de novos fondos, 5
xestión e organización, formación de usuarios e colaboradores, exposición e difusión de fondos, guías de lectura... A memoria do PLAMBE do curso pasado foi aprobada polo que para este curso 2021-22 seguiremos en dito programa.
2. OBXECTIVOS.
Levar a cabo actividades que permitan desenvolver a competencia lectora dos alumn@s.
Programar actividades que contribúan ao fomento da lectura.
Propoñer iniciativas que formen ao alumnado cara unha visión crítica da sociedade.
Poñer en marcha actividades coas que se traballen as diferentes competencias básicas.
Contribuír a espertar no alumnado o pracer pola lectura.
Facer que a biblioteca teña un papel fundamental á hora de dinamizar a vida do centro.
Realizar os cambios necesarios e deseñar actividades que vaian cara un modelo de biblioteca inclusiva.
3. ORGANIZACIÓN. Con respecto á organización, referida ás actividades de lectura, podemos diferenciar:
ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS:
Os espazos a empregar para a lectura serán variados dependendo da actividade que se realice en cada momento. Tendo isto en conta, podemos dicir que os lugares máis relevantes para este fin serán:
A biblioteca: Neste espazo realízanse lecturas na hora semanal de biblioteca, tanto individuais como compartidas. Tamén se traballa cos cartafoles de formación de usuarios e educación documental. Ademais, na hora semanal de biblioteca que ten asignada cada curso, traballarase no Proxecto Documental Integrado a nivel de centro, este ano: “O planeta está anoxado”, que estará relacionado co coidado e o respecto polo medio ambiente no que o tipo de actividades a realizar serán: busca de información en soporte dixital e impreso, actividades de tratamento da información recollida, posta en común en pequeno e gran grupo, elaboración de materiais coa información obtida, elaboración de materiais audiovisuais, etc.
6
As aulas: Ademais das actividades propias dunha aula que implican lectura, tamén hai que destacar que se levará a cabo (de xeito innegociable) o tempo diario de lectura na aula. Este tipo de lecturas realizarase co mestre que corresponda en cada momento, todos os días durante os 30 minutos posteriores ao recreo.
No recuncho para as familias: *SUSPENDIDO POLAS MEDIDAS HIXIÉNICO SANITARIAS EN VIGOR.
No patio: Trátase de “Bibliopatio”e consiste nun carriño cheo de libros que se baixa ao patio de Infantil os días que vai bo tempo, para quen o estime oportuno poida facer uso deles durante o tempo de lecer.
Noutros lugares: Coa celebración de diferentes conmemoracións como: Samaín, Día do Libro, Letras Galegas, etc., as actividades de lectura pódense levar a cabo en espazos como: salón de usos múltiples, recibidor, patio de recreo, ximnasio, etc.
ORGANIZACIÓN DE TEMPOS:
Agás a media hora diaria de lectura, o resto de tempos dedicados á lectura serán flexibles e variarán dependendo da actividade que se teña que realizar en cada momento. 4. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “O PLANETA ESTÁ ANOXADO” Xustificación. Tomando como referencia a Rosa Piquín, os PDI son pequenos traballos de investigación que levan consigo un papel moi activo na aprendizaxe e desenvolvemento de competencias no tratamento e comunicación da información, nos que o alumnado traballa directamente coa documentación (libros, xornais, internet, …), aprendendo a aprender e traballar autonomamente. Son investigacións nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando os recursos documentais existentes no centro e sobre todo na BE. Algúns dos aspectos con máis relevancia do traballo por proxectos son as aprendizaxes significativas e o traballo colaborativo, que sentan algunhas das bases máis importantes no desenvolvemento persoal para a vida adulta, fomentando a adquisición de competencias básicas fundamentais como: Aprender a aprender e Autonomía e iniciativa persoal.
7
O proxecto a traballar no centro este ano xirará sobre o coidado e o respecto polo medio ambiente. Dende a biblioteca faranse propostas para traballar nas diferentes aulas, ademais de prestar axuda, de ser necesario, para a montaxe final dos materiais elaborados na clase: dar un formato atractivo, encadernar, dixitalizar, montaxe de vídeo, etc. Cada curso traballará as seguintes temáticas:
CURSO
TEMA
4º INFANTIL
SEPARARACIÓN DE RESIDUOS/RECICLAXE
5º INFANTIL
SEPARARACIÓN DE RESIDUOS/RECICLAXE
6º INFANTIL
SEPARARACIÓN DE RESIDUOS/RECICLAXE
1º PRIMARIA
REDUCIR/RECICLAR/REUTILIZAR
2º PRIMARIA
CAMBIO CLIMÁTICO
3º PRIMARIA
BIODIVERSIDADE
4º PRIMARIA
ENERXÍAS LIMPAS/RENOVABLES
5º PRIMARIA
SOSTIBILIDADE
6º PRIMARIA
CATÁSTROFES NATURAIS
Este curso decidimos pasar á acción no que debería ser una loita global contra o cambio climático e a conservación da Natureza e, como todo movemento comeza cun pequeno impulso…, aquí vai o noso para concienciarnos e pasar á acción facendo pequenos cambios na nosa vida que contribúan a mellorar o planeta no que vivimos.
O mundo é un lugar perigoso, non polos que fan o mal senón por aqueles que non fan nada por evitalo. Albert Einstein
8
Obxectivos xerais. -
Concienciar á comunidade sobre a importancia de aplicar no noso día a día a regra dos 3R (REDUCIR-RECICLAR-REUTILIZAR).
-
Valorar a importancia de frear o Cambio Climático.
-
Coñecer as consecuencias da perda de biodiversidade.
-
Poñer en marcha accións que contribúan a facer un uso responsable dos recursos do planeta.
-
Coñecer diferentes catástrofes naturais derivadas das accións do ser humano.
-
Coñecer e aplicar, na nosa medida, accións que promovan a sostibilidade.
-
Valorar a importancia das enerxías limpas e renovables
-
Traballar de maneira cooperativa.
-
Compartir os nosos descubrimentos, aprendizaxes, investigacións, …, co resto da comunidade educativa a través dos pequenos traballos de investigación realizados.
-
Facer participes do proxecto ás familias e facilitar a súa participación no mesmo.
-
Valorar os libros como fonte de información, coñecemento,motivación e pracer.
-
Valorar ás persoas, entidades e proxectos que defenden o planeta.
-
Elaborar materiais en diferentes soportes en relación ao proxecto.
-
Adoptar comportamentos de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
-
Aprender a utilizar diferentes estratexias para a busca e tratamento da información.
-
Empregar as TACs como unha ferramenta para compartir coñecementos.
-
Participar activamente en todas as actividades do centro.
-
Espertar o pracer pola lectura.
5. LIÑAS PRIORITARIAS 5.1. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN COMUNICACIÓN: -
Mellorar o Blogue (http://bibliodemallon.blogspot.com) como ferramenta de comunicación e canle informativo. Integralo na páxina do centro. Intentar crear algunha rede social máis rápida e accesible para as famlias. Establecer un calendario de entradas relacionadas tanto coas conmemoracións celebradas no centro como co PDI contando coa colaboración de equipo TIC. Publicitar na páxina web e nos distintos medios os libros de nova adquisición ou as recomendacións. Utilizar a canle de comunicación social principal escollida polo centro para dar visibilidade ás actividades realizadas dende a biblioteca (aula virtual, Abalar,…) 9
FONDOS: -
Revisar os fondos relacionados co proxecto do centro, melloralos e completalos. Traballar para equilibrar a proporción de fondos entre ficción e non ficción ata un 60% de non ficción e un 40% de ficción. Introducir fondos de Lectura Fácil (LF) para axudar a combatir as desigualdades. Priorizar a compra de fondos nas librerías da zona. Continuar co proceso de expurgo dos fondos máis deteriorados.
ORGANIZACIÓN: -
Configurar a biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxes a través de retos e de novos recunchos creativos. Colaborar cos distintos equipos aportando ideas e dotando de recursos dos fondos da BE e de novos exemplares para as Conmemoracións que se levarán a cabo ao longo do curso. Buscar a forma de distribuir o espazo para que sexa máis doado atopar o que necesitamos e que poidamos crear algún recuncho creativo. Continuar coas mochilas viaxeiras, facendo extensible a BE a todo o centro educativo e por en marcha a mochila viaxeira para familias e Mestres.
CONEXIÓN CO TRABALLO NAS TITORÍAS: -
-
-
Establecer un horario de biblioteca que asigne unha sesión semanal a cada curso. Esta sesión estará xestionada polo titor/a do grupo. Levar a cabo unha boa formación de usuarios para que o alumnado poida adaptarse á nova forma de interactuar coa biblioteca. Na organización interna do equipo de biblioteca, o mesmo membro do equipo que xestione a formación de usuario, xestionará o traballo co alumnado voluntario da biblioteca e coordinarase cos titores. Propor actividades para a hora de ler que está recollida no horario das titorías. Sempre en colaboración cos titores/as que serán os encargados de levala a cabo xunto coa hora semanal de biblioteca. Facer fincapé na renovación regular das bibliotecas de aula ao longo de curso e no uso de fondos de non ficción ou de consulta para enriquecer o traballo de aula.
CONEXIÓN COA COMUNIDADE: -
Apertura da biblioteca nos recreos dous días a semana, para os grupos de voluntarios da biblio. Revalorizar a colaboración das familias voluntarias e buscar novas oportunidades de participación sempre respectando as medidas sanitarias. Xestionar as tarefas dos equipos do alumnado voluntario na biblioteca que consistirán na recolocación dos fondos nos andeis, organización do espazo, apoio ós lectores máis novos, etc. 10
-
Dinamización da comisión da biblioteca dentro do Consello Escolar incluíndo aquí a coordinación coa biblioteca do concello. 5.2.
-
-
Dotación de fondos relacionados co PDI, elaboración de actividades de motivación e investigación e fomento do papel da Biblioteca como eixe central do Proxecto en colaboración cos demáis equipos e comisións. Promover actividades de estimulación da lectura. Buscaranse oportunidades de invitar tanto a autores como profesionais relacionados coa literatura. Realizar diferentes actividades de fomento da lectura: individual, en grupo, en público, apadriñamentos lectores, contacontos,… 5.3.
-
-
EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E ADQUISICIÓN DA COMPETENCIA INFORMACIONAL
Revisar as normas e o protocolo Covid-19 unha vez teñamos a nova normativa de seguridade nos centros. Completar a cartelería CDU, símbolos visuais para a sinalización na biblioteca, como atopar un libro na biblioteca, un autor/a ou unha materia. Continuar co uso do Blogue e as redes como ferramenta esencial para a integración da BE na comunidade educativa. Fomentar a investigación sobre diferentes aspectos relacionados co proxecto utilizando as ferramentas Tic. Invitar aos alumnos maiores a axudar e ensinar os procedementos aos máis novos, sempre que as condicións sanitarias o permitan. 5.4.
-
DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA A SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO
EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO
Marcar os itinerarios lectores e deseño de actividades sobre os mesmos en coordinación co resto dos equipos. Buscar oportunidades para facer obradoiros de contacontos do alumnado en todos os niveis e fomentar a participación en diferentes retos. Preparar materiais que axuden ao uso de estratexias e habilidades para todo tipo de lecturas. Este traballo está pensado como apoio aos titores para a Hora de Ler e para a sesión semanal de biblioteca en relación coas conmemoracións.
11
5.5. -
EN RELACIÓN COS AVANCES CARA A UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA
Completar a elaboración de cartelería relacionada coa formación de usuarios e continuar coa adquisición de fondos específicos de lectura para o alumnado con NEE. Valorar a diversidade do noso alumnado adaptando os espazos para favorecer a mobilidade.
5.6. -
-
OUTRAS ACTUACIÓNS
Colaborar coa biblioteca pública do concello e incrementar a participación e uso das familias da BE. Para que sexa efectivo plantexouse ao Consello Escolar a formación dunha comisión de biblioteca que fará reunións trimestrais para facer propostas e colaborar con ela no fomento da lectura. Crear un clube de lectura de alumnado, familias e profesores sempre que as medidas de seguridade do Covid-19 o permitan. 5.7.
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
A través das enquisas online ás familias, o alumnado e o claustro avaliarán o grado de implicación nas actividades propostas ao longo do curso e o Equipo de Biblioteca analizará e extraerá as conclusións deste instrumento de avaliación. 5.8.
-
-
PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE/DINAMIZADORA BIBLIOTECA ESCOLAR. EQUIPO DE APOIO E HORARIO PREVISTO
DA
A persoa responsable da biblioteca terá que dispor de máis horario de dedicación xa que co actual non é posible realizar as actividades, coordinacións e organización que require tal tarefa. O equipo de apoio terá que dispor de horario para a organización e dinamización da biblioteca. Na medida do posible, sería moi efectivo que o equipo de biblioteca poidera coincidir nalgunha hora para a preparación de exposicións, contacontos,… É moi importante que o equipo esté composto por Mestres de diferentes niveis.
6. SECCIÓNS Con respecto a este punto cabe destacar que os fondos existentes no colexio están centralizados na biblioteca, onde se rexistran todos e realízase o empréstito aos diferentes alumn@s, aulas e departamentos.
12
No caso das aulas de Infantil e Primaria, hai que dicir que dende hai tres cursos están a funcionar as bibliotecas de aula. Os titores levan emprestados diferentes lotes de libros para as aulas durante todo o curso e deixan rexistro por escrito nunha folla de empréstito na biblioteca. No caso dalgúns departamentos como o de Inglés ou Relixión, os fondos existentes están nas respectivas aulas e rexistrados no programa MEIGA.
7. RUTINAS DE LECTURA No tocante ás rutinas de lectura hai que destacar dous tipos principais:
Hora de Ler: Na media hora diaria de lectura que se realiza nas aulas teñen cabida diferentes maneiras de proceder, quedando a elección dos titores ou mestres que estean nese momento con cada grupo de alumn@s. Así pois, dentro desta rutina danse diferentes modalidades de lectura, dependendo do curso e do momento: lectura individual, por parellas, en gran grupo, en voz alta, etc. Tamén convén destacar que ao inicio do 2º trimestre o alumnado le na clase os libros asignados no itinerario lector, para despois realizar actividades relacionadas coa lectura de cada libro. A media hora de lectura diaria seguirá a ser despois do recreo.
Lectura na hora semanal de biblioteca: Aínda que, como é obvio, a meirande parte das actividades que se realizan na biblioteca durante o ano levan implícitas a lectura, a modo de: busca de información, revisión dos materiais producidos, preparación de contacontos e dramatización de historias, etc., tamén teñen cabida momentos para a lectura libre, sexa individual ou en grupo.
8. RECURSOS HUMANOS No que respecta ás persoas que interveñen nas actividades para o fomento da lectura podemos destacar tres grupos fundamentais:
13
O Equipo de Biblioteca: A labor do Equipo de Biblioteca é fundamental á hora de fomentar os hábitos lectores no alumnado. Así pois, as diferentes iniciativas que se deciden levar a cabo dende este equipo teñen esta labor como premisa. Realmente todo o que se fai dende a biblioteca persigue, entre outras cousas, o fin de espertar o pracer pola lectura nos cativ@s. As actividades deseñadas para esta finalidade recóllense detalladamente no punto 8 deste Plan Anual de Lectura.
Os titores e mestres: Os titores e mestres tamén teñen un papel primordial neste sentido. Dende a biblioteca soamente se solicita que se respecte a media hora diaria de lectura e son eles os que teñen a liberdade e responsabilidade de levar a cabo as accións que vexan adecuadas para cada grupo de alumnos ao longo do curso. Aínda así, cabe destacar tamén que dende o Equipo de Biblioteca se lle proporcionará asesoramento de ser necesario.
As familias: Independentemente das características de cada fogar e da relevancia que se lle dá á lectura en cada un deles, hai que destacar que nos dous últimos cursos dende o Equipo de biblioteca estase a traballar para involucralos na tarefa de conseguir fomentar a lectura entre os seus fill@s. Entre as accións que se levan a cabo dende a biblioteca no presente curso serán:
“As familias tamén contan”: Onde lle daremos a opción, aos familiares que o desexen, de visitar ao grupo dos seus fillos na hora semanal de biblioteca para levar a cabo diferentes actividades como: contar un conto ou historia, facer algún obradoiro, actividades relacionadas co proxecto, etc. *Esta actividade estará suxeita a se pode realizarse ou non tendo en conta as medidas sanitarias vixentes ao longo do curso.
O recuncho para as familias: *Este ano non se poñerá en funcionamento debido ás medidas hixiénico-sanitarias.
14
9. ACTIVIDADES Na seguinte táboa detállase a temporalización das actividades que se levarán a cabo neste curso: 1º TRIMESTRE
SETEMBRO
OUTUBRO
NOVEMBRO
DECEMBRO
Elaboración do Plan Anual de Lectura. Elaboración dun cartafol cos números de lectores: por cursos, de mestres e de aulas. Realización de visitas á biblioteca cos diferentes cursos. Organización e planificación do proxecto:O planeta está anoxado. Realización de expurgas. Preparación das mochilas viaxeiras. Recatalogación de fondos que non se rexistraron conforme á CDU adaptada. Realización de empréstitos para as bibliotecas de aula. Reorganización dos espazos da biblioteca. Actualización do blogue da biblioteca. Comezo dos empréstitos ao alumando. Apertura da biblioteca polas tardes. Deseño das diferentes propostas para os cursos en relación ao proxecto. Fase de presentación do PDI deste ano aos diferentes cursos. Busca de información sobre o PDI. Comezo das actividades relacionadas co proxecto cos diferentes cursos. Elaboración de propostas para a conmemoración do día das Bibliotecas Escolares. Dar formato aos materiais do proxecto que se vaian recibindo das clases. Formación da Brigada de voluntari@s da biblioteca (5º e 6º primaria).
Continuación das actividades relacionadas co proxecto cos diferentes cursos. Reunión de seguimento do equipo. 2º TRIMESTRE
Elaboración de materiais diversos sobre o proxecto.
XANEIRO 15
FEBREIRO
MARZO
Sesións de formación para os axudantes da biblioteca.
Achegamento de propostas para o festival do Entroido seguindo a temática do Proxecto.
Organización e planificación das actividades a realizar na semana do Día do Libro. Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día do Libro. Reunión de seguimento do equipo.
3º TRIMESTRE
ABRIL
MAIO
XUÑO
Sesións de formación para os axudantes biblioteca. Posta en común dos materias elaborados relación ao proxecto. Elaboración de materiais e preparación actividades para o Día do Libro. Organización das actividades e do festival do do Libro.
Elaboración das enquisas para as alumnado. Elaboración da Memoria do PLAMBE. Reunión de seguimento do equipo.
da en de Día
familias,
Confección de gráficas estatísticas cos datos obtidos nas enquisas. Elaboración da Memoria do PLAMBE. Envío da Memoria do PLAMBE.
*As seguintes actividades lévanse a cabo ao longo de todo o curso.
Recatalogación dos fondos empregando unha CDU adaptada. Empréstito na hora semanal de biblioteca e nos recreos. 16
Formación dos integrantes da Brigada de biblioteca nos recreos dos martes e xoves. Actualización periódica do blogue da biblioteca. Catalogación de novos fondos adquiridos. Xestión das visitas dos familiares á biblioteca.
As actividades a realizar poderán modificarse ao longo do curso e nalgúns casos suprimilas ou cambialas por outras que nos parezan máis apropiadas atendendo ao transcorrer do curso.
10. LER EN FAMILIA Con respecto ás actividades deseñadas polo Equipo de Biblioteca para a implicación das familias podemos destacar dúas iniciativas fundamentais:
As familias tamén contan: Dende a biblioteca brindamos a oportunidade ás familias de que veñan visitarnos na hora semanal de biblioteca. Os familiares que deciden vir de xeito voluntario preparan diferentes sesións para o alumnado, como poden ser: contacontos, falar dunha profesión, diferentes obradoiros, iniciativas relacionados co proxecto, etc. *Estas actividades realizaranse unicamente en burbullas/aulas e respectando as medidas sanitarias vixentes en cada momento. Sempre que se poida realizaranse en espazos abertos.
O recuncho para as familias: Paralizado polas medidas hixiénico-sanitarias actuais.
17
11. AVALIACIÓN
Para a avaliación da consecución dos obxectivos propostos no Plan Anual de Lectura e do Proxecto Lector de Centro, empregaremos as seguintes ferramentas:
Enquisas de avaliación: O Equipo de Biblioteca elaborará enquisas para as familias, os mestres e o alumnado, na que se recollerán diferentes aspectos que nos sexan útiles para a nosa práctica diaria, como por exemplo: aceptación por parte da comunidade educativa das actividades que parten da biblioteca, hábitos lectores, preferencias dos alumnos, etc.
Reunións trimestrais de seguimento: O Equipo de biblioteca, ademais das reunións semanais, reunirase unha vez por trimestre para ver o resultado das actividades levadas a cabo durante ese trimestre e facer as modificacións oportunas de ser o caso.
Datos do programa MEIGA: Tamén se recollerán datos estatísticos en MEIGA como: libros máis emprestados, preferencias dos lectores, movementos de fondos nas bibliotecas de aula, etc.
A propia experiencia do día a día: Esta é, sen dubida, a ferramenta que máis información nos permite recoller. Xa que na maioría das veces, o que se planifica sobre o papel, non funciona na práctica ou, simplemente, non encaixa nos tempos que se previran. Así pois, a observación, as experiencias e as sensacións obtidas de cada iniciativa ou actividade nos permitirán facer os cambios oportunos para intentar sacarlle o maior proveito á nosa actividade diaria na biblioteca.
18