Un saxo na néboa e a máxica orixe gale de García Márquez

Page 1

Un saxo na néboa Manuel Rivas     

nado no barrio coruñés de Montealto 26 de outubro de 1957, escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009 A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional A súa obra está traducida a vinte idiomas

Que me queres, amor?    

Ed. Galaxia, 1995 16 relatos curtos Premio Torrente Ballester de narrativa, logo publicado por Galaxia con seis relatos novos Premio Nacional de Narrativa. 1996

Características: o Ambientados na súa maioría na cidade da Coruña e tamén nas cidades de Nova York, Dublín e Vigo o Pertencentes a diversos tempos históricos, desde 1936 até 1995. o Numerosas referencias á cultura local  topónimos da vila (Orzán, Montealto..)  cultura da época (orquestra Mallo)  O relato "Debuxos animados" está dedicado ás tartarugas ninja,  "Unha flor branca para os morcegos" a Camilo Nogueira. o Referencias á cultura musical de finais do s.XX (Aerosmith e Iron Maiden) e á pintura de todas as épocas. o Altérnase a narración en 3ª persoa coa 1ª en relatos como "A lingua das bolboretas" ou "A leiteira de Vermeer". o Nos relatos aparecen varios versos, nalgúns casos propios ("A leiteira de Vermeer"), populares ("A moza do pantalón pirata", "Conga, conga") ou culta (versos de Fernando Esquío en "Que me queres, amor?", de Antonio Machado" en "A lingua das bolboretas" e unha estrofa do poema "Lela" de Castelao no relato "O inmenso camposanto da Habana"). o Aparece unha cita de W. B. Yeats ("A chegada da sabedoría co tempo").

Un saxo na néboa (anaco do film A lingua das bolboretas, de Cuerda)   

 

Época: 1949 o Luis Braxe: Follas novas, rapsodia galega Espazo: A Coruña (urbano) e Santa Marta de Lombás (rural) Argumento: Un rapaz que traballa de peón nunha obra, na cidade da Coruña, está a aprender a tocar o saxofón, logo de que un amigo do seu pai llo regalase a este tras emigrar cara a América. Entra na Orquestra Azul para ir tocar a unha verbena. Van en tren até a estación de Aranga e seguen a pé cara a Santa Marta de Lombás. Alí o rapaz é acollido nunha casa do vigairo (voceiro da asemblea veciñal, organizador das festas parroquiais...), que vive coa súa muller, unha moza chinesa muda. Durante a actuación o rapaz ten medo de non saber tocar, os compañeiros dinlle que simplemente disimule, mais o rapaz mira cara á moza e déixase levar pola música, seguindo un consello que lle dera o seu mestre de saxofón. Voz narrativa: narrador protagonista (1ªp) Personaxes: Pai-amigo emigrado, músicos, vigairo e muller (rapaza chinesa muda)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Un saxo na néboa e a máxica orixe gale de García Márquez by Sofia Rama - Issuu