Issuu on Google+

ACTIVIDADE:

Wendy é a compañeira de Peter Pan nas aventuras do conto clásico, convertido na novela Peter e Wendy en 1906 polo seu autor James Matthew Barrie (http://gl.wikipedia.org/wiki/James_Matthew_Barrie ) Pero, na obra de Andreu Martín, Wendy xa non é unha nena, nin vive nunha casa con xardín no Londres de principios do século XX, senón que é unha xove policía en Barcelona e o seu Peter Pan é un “trepa” chamado Roger Dueso, que non é quen de ollar máis aló do seu propio nariz. A Wendy orixinal aprende a voar da man de Peter Pan e grazas aos pós máxicos de Campaíña, porén a Wendy catalá tamén aprende a voar, mais faino por si mesma, ela soíña, non precisa nin pós máxicos (aínda que os seus saltos dun edificio a outro parezan imposíbeis) nin moito menos a man de Peter Pan. É unha moza do século XXI que pode realizarse social e laboralmente sen necesidade dunha presenza masculina ao seu carón. Eis un conto vello (clásico) subvertido, é dicir, transformado nun relato actual no que os tópicos machistas aparecen derruídos. A actividade consiste en facer algo semellante ao que fixo o autor catalán, Andreu Martín. Isto é, suberter, darlle a volta a un conto clásico, derrubar os seus tópicos e traelo á nosa sociedade actual, respectando os valores de igualdade entre homes e mulleres. Podes consultar outro modelo de conto subversivo aquí: La cenicienta que no quería comer perdices.(http://marlou.blogaliza.org/? page_id=625) Esta actividade incluirase no marco do Concurso Vellos contos, novos finais, convocado pola Biblioteca (http://www.bibliotrazo.blogs pot.com/), para que poidades participar tod@s!


ACTIVIDADE: Contos sen perdices