Xavier Villaverde, 1958

Page 1

CINEMA.GAL

XAVIER VILLAVERDE Xavier Villaverde naceu na Coruña, no ano 1958. Estudou nos maristas e desde pequeno tivo moi claro que quería dedicarse ao cinema. Por entón, non había escolas especializadas en Galicia, así que Villaverde converteuse en mestre de si mesmo a golpe de cámara e rodaxes. Estréase no cine con A Semente, rodada en galego, en 1977. Comeza a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. A curtametraxe Alicia en Galicia recibe en 1986 o primeiro premio no 16º Festival Internacional de Cinema de Montreal. En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental, para a que contou, sendo un debutante, cos mellores actores do cinema español, como Marisa Paredes ou Eusebio Poncela... Logo dedicouse un tempo á realización de publicidade, realizando coñecidísimos spots publicitarios e videoclips, como Galicia caníbal para Os Resentidos. Dez anos máis tarde volve á dirección cinematográfica, en 1999, con Fisterra, onde termina o mundo. Esta segunda película súa, protagonizada por Nancho Novo, Elena Anaya e Geraldine Chaplin, está considerada como o "primeiro éxito de masas" da filmografía galega, xa que chegou á pantalla grande con dobraxe en lingua galega. A súa terceira longametraxe foi un filme de suspense e terror psicolóxico, Trece badaladas, baseada nunha novela do escritor Suso de Toro e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela, foi protagonizada por Juan Diego Botto e Luís Tosar. O seu último traballo foi O sexo dos anxos, estreada en 2012, e pola que levou o premio a mellor director nos Mestre Mateo dese ano. A Academia Galega do Audiovisual concedeulle en 2016 un dos seus premios honoríficos, o premio 'Fernando Rey', co que se recoñece a Villaverde como referente do noso cine, con títulos como 'Continental', 'Trece badaladas' ou 'O sexo dos anxos'.

CONTINENTAL, 1989 A mediados do século XX dúas faccións mafiosas dispútanse a sala Continental, un bar-prostíbulo sito nunha zona portuaria. Os líderes das dúas bandas estiveran no pasado ás ordes do mesmo capo, Gonçalves, a quen deran morte na procura de poder. Mais, anos despois, a sombra do xefe morto segue proxectándose como unha maldición sobre os seus dous discípulos. Dirección fotografía: Javier Salmones Guionista: Raúl Veiga / Xavier Villaverde Intérpretes: Alberto Alonso / Joaquín Alonso-Colmenares / Héctor Alterio / Manuel Areoso / Marina Asal / Feodor Atkine / Angelita Enríquez / Mónica García / Xosé Lois González / Juan Graell / Fernando Guillén / Xavier R. Lourido / Elina Luaces / Manuel Manquiña / Carlos Marcet / Cristina Marcos / Luisa Martínez / Lola Muñoz Baldrich / Nancho Novo / Marisa Paredes / Eusebio Poncela / Eduardo Puceiro / Canco Ramonde / Antón Reixa / Orlando Rodríguez / Eufemia Román Torres / Jorge Sanz / Antonio F. Simón / Marisa Soto / Gonzalo Uriarte / Antonio Durán “Morris” Montaxe: Carmen Frías Música: José Nieto Orixe: Galicia Idioma V.O.: Castelán / Dobrada: Galego


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.