Page 1

Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante. Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas polas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.

María Reimóndez Meilán naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega. No ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora. No ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Usha e do Xerais con O club da calceta , que foi galardoada co Premio San Clemente e que foi traducida ao italiano e o castelán, adaptada ao teatro por Teatro do Morcego e ao cine por Ficción Producciones. En época máis recente publicou para o público infantil Lía e as zapatillas de deporte e O Monstro das palabras. Para o público adulto publicou a novela histórica Pirata.

Cartaz. En vías de extinción. María Reimóndez  

Información arredor da lectura

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you