1 minute read

CONCURSO:Explorandoamemoriadaauga "oslavadoirosdeMarcón"

Advertisement

O alumnado do noso centro aprendeu este curso onde quedan e para que se usaban os lavadoiros da nosa parroquia, nun proxecto onde, xa de paso, buscabamos incentivar a lectura e por suposto o respeto polo medio e o coidado da auga doce.

Deste xeito, non só se potencia o coñecemento do contorno no que viven, senón que tamén os animamos a ler.

Esta actividade que se desenvolveu durante todo o curso, gozou de boa aceptación entre os alumnos/as, cuxos participantes teñen ademais un carné personalizado, onde se lles foi selando na biblioteca cada un dos misterios que eran quen de resolver.

E ás veces facían excursión para atopalos en compañía

Con irmáns, con amigos/as, con pais e nais, cos avós... o importante é investigar e divertirse

E para rematar: credencial e regalo... que sorte!