1 minute read

DÍA DA PAZ: CHUVIA DE DESEXOS

Todo o alumnado colaborou na actividade e gustoulles moito explicar o seu desexo de paz e ver o seu traballo formar parte da decoración do noso centro.

Ademais a asociación de pais e nais axudounos a organizar unha chocolatada con churros para rematar a celebración deste fermoso día e despois de bailar todos xuntos no noso patio festexando a Paz no mundo.

Advertisement

No CEIP de Marcón somos conscientes que unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os dos demais, xa que non esquecemos que os nenos/as son persoas que non só necesitan coñecementos, competencias e saber facer, senón que tamén necesitan valores que guíen a súa conduta. Se estes valores son os adecuados contribuiremos entre todos á construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.