Issuu on Google+

RECEITAS

ENTROIDO


Xa chegou o entroido e os nenos e nenas deste ciclo

ademais

de

facer

caretas,

disfraces…preguntamos na casa que pratos de comida e sobremesas nos gustan máis. Coa axudas das nai, pais, avoas, avós, tias, veciñas….Pasámolas ao ordenador e buscamos algunha fotos en internet que as poidades ver ben e así abrir boca. Xuntamos unha chea delas. Agora queremos que todos e todas as poidades facer, por iso vos imos dicir as receitas para que saibades como se fan e así poidades comer rico, rico!!!


CACHEIRA Ingredientes: -3l de auga -un cacho de cacheira -un pouco sal -cinco ou menos patacas -dous ou tres chourizos

Preparación: Collemos unha pota e poñémoslle os 3l de auga ,esperamos a que ferva e botámoslle a cacheira. Remexemos todo e a continuación pelamos as patacas e botámolas na pota. Despois remexemos e botamos o sal e os chourizos. Finalmente esperamos media hora a que se coza.

Alba


ORELLAS Ingredientes: -4ovos -fariña -manteiga -raspa de limón -esencia de anís -azucre -sal

Preparación : Rompo catro ovos, bátoos ben batidos, poño fariña, manteiga, raspa de limón, esencia de anís, azucre e sal. Amaso todos os ingredientes e voulle botando fariña e sigo amasando ata que a masa non se me pegue ás mans. Déixoa repousar media hora e xa está lista para facer as orellas.

Sonia


FILLOAS INGREDIENTES: · Fariña. · Cantos ovos queiras. · Un pouco de sal. · Auga. PREPARACION: · Pártense os ovos. · Bátense ben. . Bótaselle a auga ao teu gusto. · Bótaselle a fariña e os ovos. · E finalmente a auga ao teu gusto. Kevin


CHULAS DE VENTO INGREDIENTES: Para a crema do recheo: Fariña 150 gr.

Fariña 50 gr.

Ovo 4 unidades.

Xema de ovo 4 unidades.

Aceite de oliva 60 ml.

Azucre 125 gr.

Auga 250 ml.

Canela en rama1 pau.

Un pouco de sal.

Limón ( pel ) Leite 500 ml

PREPARACION: Poñemos o aceite, a auga fervendo e un pouco de sal nunha cubeta, mesturámolos moi ben cunha culler de madeira, botamos a fariña e volvémolo a mesturar. Cociñamos durante 30 minutos, removendo de vez en cando, deixamos arrefriar e botamos os ovos un a un. Poñemos a quentar unha tixola con bastante aceite e imos botando pequenas boliñas de masa. Unha vez douradas sacamos e escorremos. Cando xa están frías rechéanse co que queiras. David


ORELLAS -Ingredientes 4 ovos

1 sobre de lavadura en po

2 kg de fariña

1 vaso de auga morna

250g de manteiga derretida

1 vaso de leite

1 vaso de azucre

Manteiga para frixir ou aceite

1 vaso de anís

Un pouco de sal

1 limón (raspas e zume)

-Preparación Mestúrase os ovos, a fariña, a manteiga, o sal, a lavadura, as raspas de limón e a auga. Séguese amasando e engádeselle o zume de limón. Seguimos, ata que quede a masa con liga. Déixase en repouso para levedar sobre una hora nun lugar algo quente. Pasado ese tempo, poñemos una tixola ó lume, ata que o aceite ou a manteiga estea ben quente. Sobre unha mesa poñemos a masa e cun coitelo cortámola en anaquiños moi pequenos. Logo cun rolo estimamos cada anaquiño e despois botámola na tixola para frixir. Cando este dourada quitámola para un prato e desempoámoslle azucre.

Nerea


orellas Ingredientes: - 6 ovos - 1 lavadura - 100 gramos de manteiga de vaca - Un pouco de Anís - 6 culleradas de azucre, unha por cada ovo - 1 limón (as raspas) - ½ de fariña Preparación: Derrétese a manteiga e deixase arrefriar un pouco. Ponse fariña e a lavadura mesturada e faise un oco no medio, alí é onde se botan os ovos, as raspas do limón, anís, o azucre e a manteiga. Isto todo vaise movendo e collendo a fariña do arredor, toda a fariña que se necesite. Con todo isto faise unha masa e esa masa deixase repousar. Despois de deixar repousar a masa, córtanse anacos pequenos, estíranse a masa nunha mesa e frítese. Despois de fritirse desempóase azucre por encima e... Temos unhas orellas riquísimas!!!

Paula S.


FILLOAS INGREDIENTES

-Ovos -Leite -Sal -Fariña PREPARACION

Rompo nove ovos e bátoos ben batidos. Boto o leite, a fariña e o sal e remexo todo ata que me quede un amoado liquido. Deixo repousar media hora e xa están listas as filloas para facer. Paula F.


BISCOITO DE ALMORZO INGREDIENTES -3 Ovos -1/4 kg de azucre -1 iogur natural -1 vaso de aceite ( do iogur ) -Raspadura de 1 limón -1/4 kg de fariña -1 cullerada de lavadura en po

PREPRACIÓN Bater os ovos co azucre. Añadir aos demais ingredientes menos a fariña, mesturando ben. Añadir a fariña tamizada coa lavadura en po. Quentamos o forno, metémolo e deixámolo cocer deixámolo arrefriar.

media hora. Sacámolo do molde e

Manuela


CREPES INGREDIENTES: Fariña 500 g 3 ovos 300 ml auga unha pizca de sal chocolate ou marmelada PREPARACION:

Bater ovos, añadir auga e sal. A continuación a fariña sen deixar de remover ata conseguir un amoado fino. Collemos unha tixola grande chan, e cun cullerón botamos o amoado para a tixola cunha gota de aceite. Nun minuto volta e volta, unha vez no prato poñémoslle o que queiramos. ( nata, chocolate, noces… )

Sebastián


FILLOAS INGREDIENTES: ovos fariña auga sal

PREPARACION: Mestúrase todo para facer o amoado. Batemos todo ata que non queden boliñas. Poñemos a quecer a tixola, untamos cun touciño. Botamos pouquiño a pouquiño o amoado para facer a filloa.

Eduardo


LACÓN CON GRELOS

INGREDIENTES: -Medio quilo de grelos. -Abondo de patacas . -1 quilo de lacón. -Abondo de verdura. -E un chourizo

PREPARACIÓN: -Poñemos unha pota con 3 litros de auga, bótaselle o lacón e esperamos a que se queza a carne e estea feita bótaselle as patacas, a verdura e o chourizo e deixamos que coza todo xunto.

Vanessa.


CHULAS DE ANÍS -Ingredientes: -Media cunca de auga.

-3ovos.

-Unhas areas de sal.

-Unha culler de lavadura.

-Unhas gotiñas de anís.

-E azucre ao gusto.

- Preparación: Primeiro mesturamos todos os ingredientes nun bol batendo todo moi ben ata que quede unha masa moi cremosa. Poñemos ao lume unha tixola cun vaso de aceite e espera que queza moito. Cunca culler grande collemos masa e imos botando no aceite ben quente, pouco a pouco,facendo boliñas. Grazas

a

lavadura

as

chulas

medran.

Cando

estea

douradiñas

sácanse do lume e desempóase de azucre, moito azucre. Pódense facer de bacallau, de mazá, de queixo........... Bo proveito!!!

Sara


ORELLAS INGREDIENTES:

-Azucre

- Manteiga

-Limón

-Ovos

-Anís

-un chisco de Levadura

-Fariña

-un Chisco de Sal.

PREPARACIÓN:

Facemos unha masa con todos os ingredientes, despois de mesturalos nun bol; amasamos e estiramos a masa, despois de deixala unhas horas en reposo. A continuación, dámoslle forma ás orellas e… Finalmente fritímolas no aceite ben quente. Añadimos azucre ao gusto do consumidor.

Ángel 3º


Cocido galego INGREDIENTES: -Unha presa de grelos.

-Un rabo de porco.

- Un fociño de porco.

- Unha pezuña de porco.

-Uns cantos chourizos.

-Un chisco de sal.

-Unha pota de auga.

- Un pouco aceite.

PREPARACIÓN: Desálgase toda a carne, deixándoa un día ou dous en auga; lávase moi ben a verdura. Cócese todo e por último cómeseeeeeee.

Sergio 3º


ORELLAS INGREDIENTES: -400 gramos de fariña.

-2 ovos.

-Anís.

-Unha culleriña de levadura

-45 gramos de azucre.

-Leite

-Un chisco de sal.

PREPARACIÓN: Ponse a fariña enriba da mesa co azucre, cos ovos, a levadura e o anís; amásase todo e vaiselle engadindo o leite ata que quede brando. Deixase descansar durante 2 horas. Despois exténdese moi fina, frítense en moito aceite, facéndoselles a forma dunha orella. Cando estean frías, engádeselles azucre por riba.

Inés 3º


ROSQUILLAS INGREDIENTES: -400 gramos de fariña.

-150 gramos de azucre.

-12 xemas de ovo.

- Aceite.

- Unha copiña de augardente.

-Sal.

PREPARACIÓN: Nunha fonte fonda dispoñer nun a fariña formando un oco no centro. Botar no oco as xemas de ovos diluidas co augardente e un chisco de sal. Remexer e traballar a masa ata que quede consistente. Enseguida coller pequenas porcións dándolles a forma dun cordón e unir os extremos. Dispoñer as rosquillas nunha placa de pastelería untada con aceite, pintalas lixeramente con aceite e cocelas no forno forte. Retiramos as rosquillas cando tomen calor e espolvoreámolas con azucre para comer frías.

David 3º


FILLOAS DE MEL E NATA INGREDIENTES:

-Ovos.

-Farina de trigo .

-Auga de graxa.

PREPARACIÓN:

Mestúranse os ingredientes, bátense ben batidos, e despois poñemos unha tixola no lume e cunha culler botar a masa na tixola pero fina. Retírase cando este cruxente, pónselle por dentro mel e nata, enrolase e a esperar que arrefríen para comelas.

César 3º


ORELLAS INGREDIENTES:

-800 gramos de fariña. -1 vasiño de anís. -1 vaso de auga morna.

-2 ovos. -100 gramos de manteiga de vaca derretida. -Sal.

PREPARACIÓN:

Mestúrase a manteiga da vaca coa auga morna. Agréganse os ovos, a sal e o anís; e váiselle añadindo a fariña ata que forme unha masa que se traballa moito para que quede ligada. Reposa uns 45 minutos. Cortase en anacos, dáselles forma e frítense en aceite quente.

Daniel e Iván 3º


TORRADAS DE CHOCOLATE INGREDIENTES: -8 Fatías de pan.

- Medio cuartillo de leite.

-100 gramos de chocolate en po.

-80 gramos de azucre.

-60 gramos de froita confitada.

-40 gramos de fariña.

-3 ovos

-1 copiña de anís.

-Manteiga de vaca ou porco para fritir.

- Azucre en po.

PREPARACIÓN: Preparar oito fatías de pan dun centímetro de grosor e poñelos a remollar na leite fría, ó que se lle engade a copa de anís. Nunha ola, poñelo azucre, a fariña, o chocolate en po, dúas xemas e unha clara. Mesturar todo ben. Fervelo leite e vertelo a modo sobre a mestura que se poñerá ao lume e removerase deseguido cun batedor para que non se pegue ó fondo nin ás paredes. Cando comece a ferver polo centro, retírase, engadindo a froita confitada en anaquiños. Deixar enfríar. Coa crema untaranse catro fatías que se cubrirán coas outras catro. Pásanse polo ovo ben batido e fritense en aceite moi quente.

Marta 3º


FREIXOS INGREDIENTES: -Auga.

-Aceite.

-Sal

-Ovos.

-Fariña.

PREPARACIÓN: Botar os ovos, a auga, a fariña e o sal nun bol. Remexer todo ben, sacalo e almoado. Despois metelo na tixola e cocelo. Por último, xa está, xa o tes feito.

Fabián 3º


FLORES DO ANTROIDO INGREDIENTES: -Medio litro de leite.

-Un cuarto quilo de fariña.

-6 ovos.

-Azucre.

-Aceite.

-Sal.

PREPARACIÓN: Bátense os ovos, engádense ó leite, un pouquiño de sal, e catro culleres de azucre. A esta pasta váiselle engadindo a fariña e batíndoa ben para que non forme grumos, deixámola a repoñer durante media hora. Co molde de facer flores, metémolo na tixola con aceite moi quente, sacando rapidamente, e poñémolo en contacto coa pasta, esta queda pegada ó molde e volvémolo meter pola tixola, axudamos a desprender a pasta do molde e agardamos a que se doure. Facemos esta operación tantas veces como flores queiramos. Deixámolas enfríar, botámoslle azucre por riba.

Lucía 3º


CHULAS INGREDIENTES: -Ovos.

-Fariña.

-Levadura.

-Leite.

-Auga.

-Azucre.

PREPARACIÓN: Poñemos os ovos, un pouco de leite e a auga nun bol; botámolo todo no batedor, despois botámoslle a sal, a levadura e; incorporamos pouco a pouco a fariña, batendo sempre co batedor, para que non faga bolos. Facemos unha pasta espesa, moito máis gorda que a das filloas. Quentamos abundante aceite nunha tixola, que estea moi quente, e botamos cun cullerón, culleradas no aceite desta masa; dámoslle a volta cando empece a estar dourada, poñemos un pouco papel de cociña nunha fonte para poñer as chulas enriba de el; porque así non levan tanto aceite, e mentres están aínda quentes, botámoslles azucre enriba. E xa está listo.

Samira 3º



Receitas de cociña