Skip to main content

Andaina 2015-2016

Page 1

“Ola a todos. Xa estou aquí. Mediado o mes de maio, achégome ás vosas casas para que vexades como, ano a ano, son as Andainas do meu Colexio”. Se Andaina falase, así podería ser, máis ou menos a forma de presentarse diante de vós pero, xa que non ten outra vida que a que transmite a súa edición en papel ou dixital, quero falar por ela e tratar de achegar a súa intención de ser un máis entre nós. Ano tras ano, a través desta publicación, amosamos o día a día da escola, moi resumido, pero facendo visible o traballo levado a cabo por todos os membros desta comunidade escolar: traballos de aula, debuxos, saídas, visitas, poesías, contos, noticias… Todas elas actividades feitas polo alumnado en diferentes formatos, dende o lapis e papel de sempre ata os realizados con medios dixitais. Dun xeito paralelo, Andaina amosa a inquedanza por seguir en contacto con calquera actividade que supoña abrir a escola ao mundo exterior como sucedeu con Picasso e o proxecto europeo “ecowas” o curso pasado. Así este ano, e seguindo nesa liña, comezamos o Proxecto “Raíces Celtas” para achegar ao alumnado á orixe celta de Galicia e tamén participamos, xunto ao noso Concello, no programa europeo ON TOUR FOR EUROPE. Remato dándolle a benvida a Marquiños, mascota da biblioteca, ao mundo dixital coa posta en marcha do seu blog “bibliomarquinos”. Se Andaina falase podería despedirse así: “Ade us, o u m ais be n ata pro nto , porq ue un ano pasa nun suspiro… será a miña visita número dezasete”.

José Miguel Blanco Fernández — Director

S U M A R I O

Portada Sumario

01

Presentación

02

Ed. Infantil

03

Ed Primaria

10

Entrevista

20

Letras Galegas

22

Poesías, lenda

27

Ed. Física

30

Caleidoscopio

32

A 21 EG

34

Proxecto Celta

37

Plurilingüismo

43

Biblioteca

44

E-Dixgal

45

Actualidade

46

Con Europa

49

Despedida

51

Contraportada

Un ano máis, a revista “Andaina” chega ás vosas casas para reflectir todo o traballo que o alumnado así coma os mestres e mestras, con grande dedicación e ilusión , elaboramos durante este curso 2015/16. Esta publicación pretende ser un instrumento máis dentro da nosa práctica docente para o fomento do uso da nosa lingua nas actividades máis cotiás do día a día. Nesta inquedanza tomamos como exemplo ao autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, o poeta chairego Manuel María. Este autor ten unha ampla e variada creación literaria e , dende o EDLG, animámosvos a gozar do pracer da lectura en galego. Seguiremos así os pasos de Manuel María na difusión e defensa do noso patrimonio cultural e lingüístico. Sen máis, e coma sempre, agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa sen a que non sería posible esta revista. Esperamos que vos guste. Julia Vázquez-Gundín Coordinadora EDLG

1


-Avoíño, avoíño… Contaríasme unha historia? -Pois claro que si, Marquiños. Mmm… déixame facer memoria…

Como A PAZ, o das MULLERES E os dos LIBROS que escribían Autores como Cervantes, Manuel María e Rosalía…

Esta historia é dunha escola Da que me contan que era Unha escola miudiña, Mais non un “cole” calquera!

E sempre contaba o mesmo? E sempre se repetía? -Pois aínda que non o creas, Era nova cada día

Din desta escola que tiña Unha revista bonita, Á que chamaban “Andaina” De Ferrol a Pedrafita.

Cos debuxos dos meniños Con lendas e poesías. Con seccións que nos falaban De xogos e ecoloxía.

-E que facía esa “Andaina” De todos tan coñecida? Por que tiña tanta sona Entre todos os que a lían?

De idiomas, e de Mochilas Viaxeiras da biblioteca, Celtas e antropoloxía Enquisas como a de Erias,

Porque traía de todo, E era moi ben feitiña… Facíana entre os rapaces E os maiores que alí había.

Novas e tecnoloxía. Fala de Europa e do pobo Porque conta o día a día… O de sempre, todo é novo!..

Levaba dazaseis anos Dando a todos alegría E contando moitas cousas Que cada ano facían.

E así ata a despedida Que sempre, con foto e texto, Deixaban tras esta “A ndaina” Os compañeiros de sexto.

Algunhas eran de sempre Pois sempre se repetían: Festas e celebracións Que no ano sucedían.

Gustouche o conto, Marquiños, Da “A ndaina” desta escoliña? -Gustoume moito, avoíño… Xa quero eu ler a miña!!!

O Magosto, o Nadal, O Entroido e moitos días Que conmemoran as cousas Que celebramos na vida

Félix Asensio Fernández

E.D.L.G.

2


OS PEQUENOS DE INFANTIL ENSINAN COMO TRABALLAN

O “AQUARIUM” DA AULA VERDE O pasado 25 de febreiro a Aula Verde, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, fomos a Coruña, a visitar o “Aquarium Finisterrae”. Alí coñecemos peixiños de todos os tipos, focas, cabaliños de mar, polbos, congrios… pero sen dúbida o que máis nos gustou foi a quenlla Gastón. Era enorme e tiña dentes moi grandes! Cada vez que pasaba polo noso lado mirábanos polo rabiño do ollo… Que medo daba! Tanto nos gustou o “Aquarium” que decidimos facer un pequeniño para a nosa aula, no que representamos aquelas cousas que máis nos chamaron a atención.

Primeiro experimentamos con area para facer o fondo do noso acuario

Despois coloreamos debuxos do que máis nos gustou, recortámolos e...

Creamos o noso propio “Aquarium”!

Infantil 3 anos A

3


Aula azul

DEBUXAMOS ANIMAIS COAS NOSAS MANS!

Infantil 3 anos B

4


5


6


7


8


9


10


11


12


Aula de 2ยบ A

13


Aula de 2ยบ A

14


MAQUETAS DE ABEGONDO Os compañeiros de terceiro fixeron, neste segundo trimestre, maquetas sobre Abegondo para así traballar o relevo e a paisaxe.

Algunhas parecen tan auténticas que dá a sensación de que se miramos pola fiestra do cole podemos vernos dentro.

Ed. Primaria 3º A

15


Ed. Primaria 3ยบ B

16


Ed. Primaria 3ยบ B

17


O cómic de Uxía

18


A ENERXÍA A enerxía é a capacidade que ten un corpo de producir un cambio nel mesmo ou noutros sistemas. Estes cambios poden manifestarse de moitas formas: en movementos, en cambios de temperatura, como unha transmisión de ondas ...

Un aeroxerador É a máquina que transforma a enerxía do vento en electricidade. A mellor forma de aproveitar esta enerxía e a través dos aeroxeradores. Aos aeroxeradores que lles da o vento por detrás, pola góndola, funcionan a sotavento e aos que lles da polo nariz ou buxe dise que funcionan a barlovento. A enerxía que produce non se pode almacenar, só se aproveita cando están en movemento.

Vivenda bioclimática Móstranos as posibilidades que temos á hora de construír unha vivenda, para facer un bo aproveitamento da enerxía e así mellorar a nosa calidade de vida. Para iso debemos ter en conta: a orientación, os materiais empregados para o illamento e, para quentar a casa, utilizar enerxías renovables como paneis solares, a xeotérmica ou os pelets. 5º A e 5º B

19


A ENTREVISTA Alfredo Erias Martínez (Presedo 1954) é debuxante de arqueoloxía e antropoloxía, gravador, pintor e historiador. Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Taballa como arquiveiro-bibliotecario do Concello de Betanzos desde o ano 1983. Dirixe o Museo das Mariñas desde 1984 e a revista “Anuario Brigantino”. Coordina a Revista Internacional “RESTAURO”. 1.– A que se dedica vostede ademáis do mesón-museo? Traballo no Concello de Betanzos no arquivo e en temas de cultura, como unha revista “Anuario Brigantino”que trata temas de investigación e de historia e abarca toda Galicia. 2.– Por que decidiu vostede abrir un mesón-museo e non un museo o un mesón? Porque cando eu tiña doce ou catorce anos meus pais abriron unha taberna e crieime alí. Foi a taberna quen me permitiu estudar, xa que eramos unha familia humilde. Co tempo, meus pais xubiláronse e a taberna quedou abandonada. A miña muller mais eu pensamos que sería interesante aproveitar o paso do camiño de Santiago para montar alí un mesón. E, posto que eu tiña un montón de cadros sobre temas medievais e o mundo antigo, pensamos que poderíamos facer un “mix” entre mesón e museo, e así naceu a idea de montalo. 3.– Cal é o motivo de abrir o mesón-museo en Presedo? O motivo foi crear un foco de cultura e, ao mesmo tempo alimentar aos peregrinos, que tantos quilómetros levan nas súas pernas e dar un servizo de comer e beber á xente, permitindo comentar a forma de vida dos nosos devanceiros, as súas vestimentas, como eran os cabaleiros, as señoras, os bufóns... 4.– Cando abriu o mesón-museo? Ten moitos visitantes? Abriuse o 30 de abril do ano pasado. Non levamos a contabilidade dos visitantes porque o persoal é o xusto e precisamos de todo o tempo para atender á xente, pero uns cantos milleiros de persoas pasaron xa por alí, seguro, porque peregrinos pasaron moitísimos. Tamén estamos contentos de que a

xente da zona veña moito por aquí. Estamos bastante contentos de dar ben de comer, xa que Galicia é un país antigo onde se come moi ben. Isto tamén é cultura 5.– Pasa moito peregrino polo mesón? A nós gustaríanos que entraran todos os peregrinos, pero todos non entran! As veces pasan moi centrados no seu camiño e nin miran para nada. Os peregrinos hainos de moi distinto talante, hainos que fan o camiño tranquilo, visitando as cousas sen prisa e esos paran sen problema; pero hai outros que fan o camiño case coma unha competición que queren chegar rapidamente a Santiago. 6.- Como foi a idea de decorar o seu mesón con motivos de peregrinos? Bueno, os motivos son máis que peregrinos, a idea xeral é como eramos os galegos no mundo medieval, de mediados do século XVI cara atrás. E ocorréuseme porque tiña un montón de cadros na casa almacenados. Estes cadros non eran para vender, senón que tiñan esa función cultural e na miña cabeza sempre estaba a idea de ver se estaban nalgún sitio para poder falar deles e dicirnos que somos un

pobo homologable a calquera outro pobo ou gran nación europea. 7.– A pintura, é una profesión o unha forma de ensinar á xente como era a vida no pasado? No meu caso non podo dicir que sexa un profesional da pintura porque eu non vivo da pintura; eu vivo de ser funcionario, de ser bibliotecario e de dirixir un museo; esa é a miña profesión. Pero eu toda a vida dibuxei e chegou un momento que tiven a sorte de ser amigo de quizáis o mellor debuxante arqueolóxico de Europa, Don Luis Monteagudo. El ensinoume sen pretendelo, porque eu via os seus debuxos; axudoume sobre todo o tema da luz e explicoume como os alemáns tratan a luz neste tipo de debuxos. A min se me di unha institución “Tes que facer cen cadros e tes tres meses” eu sería feliz, sería un problemón pero sería feliz con ese problemón.

20


8.– Que actividade é a que máis lle gusta de todas as que fai? Eu agora teño un vicio co tema do debuxo. Agora mesmo teño moitas cousas que facer, entón o que realmente me gustaría facer é debuxar, seguir debuxando moito. Teño un proxecto grande neste sentido e non dou atopado o momento de sentarme e poñerme a debuxar. 9.– De todas as súas pinturas, hai algunha que lle guste máis, que sexa a súa favorita Debemos ser autocríticos con todo o que facemos, así que eu fago un debuxo e sufro, paréceme que non me saiu nada ben, pero aí xoga un papel importante o tempo, cando pasa o tempo e ségueme gustando xa parece que me debeu saír ben. Alí, no mesón, hai unha, O Sepulcro de Andrade, que ten como unha galaxia detrás. Aquela galaxia foi un experimento que nunca fixera,empecei a descompoñer a pintura de varias maneiras, salpicando... foi moi divertido. 10.– As pinturas que fai, son por encargo ou porque lle gusta? Bueno... as dúas cousas. A min tamén me gusta que de vez en cando alguén queira que lle pinte

algunha pintura. Eu fago retratos tamén e, se me encargan un retrato, pois fenomenal. Sempre intento facer un retrato co que os dous esteamos contentos. Ademais o de pintar sempre ten unha vantaxe, por exemplo, convídanme a unha voda e de agasallo fágolles unha pintura. 11.- Soamente pinta sobre temas antigos? Non. Tamén pinto sobre outros temas: paisaxes,retratos, temas abstractos… Gústame experimentar e xogar coa pintura. 12.- O mesón-museo está pensado para que o visiten alumnos dos colexios? Si. Co tempo iremos ofrecendo máis cousas. 13.- Ten algunha anécdota que lle ocorrera con algún pelegrino? Si. O outro día estivo un grupo de xente que se interesou moito polo calendario medieval. Outros sorpréndese porque non hai debuxos de Deus, pero as anécdotas máis divertidas son as que nos contan os nosos maiores.

14.- Algún lle contou algunha historia interesante? Non. Cóntanme, máis ben, o seu lugar de procedencia, o seu traballo… que moitas veces está relacionado co interés pola cultura e pola historia. Chegamos a ter visitantes de Canadá que no seu país facían un traballo semellante ao meu. 15.- Como empezaches a pintar? De mozo xa tiñas paixón pola pintura? Empecei de neno a pintar na pizarra da escola. Un mestre veciño díxolle a meu pai que pintaba moi ben, que chegaría lonxe. Iso animoume moito e cada vez pintaba máis cousas. 16.- En que te inspiras para crear os teus cadros? Inspírome nos temas das igrexas, nos sepulcros; tamén nas paisaxes, nas nubes…. O importante é empezar a pintar, ir dándolle a forma ao cadro. Hai que ir con ollo. Podes ter o cadro moi ben ao principio e logo, se non o pensas ben, estropealo. 17.- Canto tempo, máis o menos, tardas en pintar un cadro? As veces botas pouco tempo. Outras lévache máis tempo e se, ao fina, non che gusta o resultado, volves a empezar. 18.- Cal foi o primeiro cadro que pintou? Unha maceira con mazás. 19.- Está contento co seu traballo no mesón-museo? Si. Logramos facer un sitio acolledor. 20.- Fixeches algunha escultura? Si. Fixen algunha con barro, porque é moi divertido meter os dedos no barro, darlle forma. Alumnos de 4º A e 4º B

21


22


23


6ยบ A e 6ยบB

24


25


6ยบ B

26


27


As poetisas Alba e María Alba e María, da clase de terceiro A, estanse a facer unhas boísimas poetisas. Cada vez escriben unhas poesías máis orixinais e divertidas. Se queredes escoitalas pasade pola aula de 3º A.

28


Abegondo, un lugar de lenda

29


BALONCESTO WITH GERMAIN O profe Germain explicounos algúns trucos para ser uns profesionais do baloncesto, igualiño que os da NBA! Agora sabemos que é “dribble”,

“shoot”, “pass”, “cross”, “over” … Moitas grazas Germain

O acrosport é un deporte cooperativo no que se fan acrobacias e figuras co corpo, como parte dunha coreografía. Ten tres elementos fundamentais: Formación de figuras: letras do abecedario, números, formas xeométricas... Acrobacias e piruetas ximnásticas: voltereta, equilibrio invertido, roda lateral... Pirámides corporais implican sempre varios pisos. A persoa portora (persoa con máis estabilidade, colocarase sempre na base da pirámide), a áxil (persoa de menor peso, é o que se subirá sobre as portoras) e logo están as persoas axudantes, encargadas de controlar riscos e colaborar.

Fíxate nesta imaxe… Cal cres que é a correcta??

Ilustracións: Anira 6º, Jorge 3º, Carla 4º, Alba 4º, Daniela 4º ... Moitas grazas artistas!

30


Fixemos un concurso para elixir que xogos nos gustarían que nos pintasen no patio. Estes foron algúns dos gañadores:

Daniela Verdemás 4º B

Candela Asensio 4ºA Daniela Barros 4ºB

Gabriela Rodríguez 3ºA

Este ano aprendemos moitas cousas sobre o aparato circulatorio, preguntádelle ao alumando de 6º (eles fixeron a exposición dos corazóns). Para que serve o corazón? Cántas veces latexa nun minuto? Cantas partes ten? Por onde viaxa o noso sangue? Saberías tomar o pulso?

Lucía Trillo

31


CONSTRUÍMOS UN CALEIDOSCOPIO CON MATERIAL RECICLADO

Aula de P. T. Unha forma divertida de aprender é poder aplicar o aprendido á vida real. Nesta ocasión traballamos os corpos xeométricos e como podemos atopalos en obxectos cotiáns. Para iso decidimos construír un caleidoscopio con material reciclado. Pero… que é un caleidoscopio? É un instrumento óptico que consiste nun tubo con espellos inclinados e cristais de cores no seu interior, dispostos de tal maneira que se se move o tubo e miramos no seu interior, pódense ver distintas figuras xeométricas simétricas. Cal é o truco? Os cristais forman un prisma!! Para o noso caleidoscopio precisaremos os seguintes materiais: 2 CDs, unhas tesoiras, cartolina, un rolo de cartón, cinta adhesiva, pegamento forte, plástico semi-ríxido transparente ou papel cebola e anacos de cristais, papeliños ou doas transparentes de cores. Para empezar temos que cortar os CDs como indica a imaxe. Precisamos 3 rectángulos

Uniremos os rectángulos con cinta adhesiva formando un prisma triangular como podedes ver na foto PASO 2

PASO 1

PASO 3 A continuación metemos o prisma dentro do rolo de cartón. Se o tubo é moi grande podemos axustar o espazo con algodón ou papel hixiénico

PASO 4 Agora faremos as tapas do tubo. Unha farémola cunha cartolina cun burato no centro para poder mirar por el. A outra ten que ser co plástico semi-ríxido transparente (pódese empregar tamén papel cebola). Esta tapa ten que ser dobre cun espazo intermedio para meter as doas de cores. Deben ter espazo suficiente para que se movan e poidan facer múltiples debuxos.

32


PASO 5

Por último decoramos o noso caleidoscopio como máis nos guste e…. XA PODEMOS DISFRUTAR DEL!!!

Os pequenos tamén descubriron o caleidoscopio e con eles sacamos o mellor da súa creatividade. Cada un elaborou coas cores que mais lle gustan uns diseños sorprendentes.

Silvia Fernández

33


A 21 E G Un dos obxectivos de Centro, enmarcado dentro do proxecto que serve de título a este artigo, é o fomento da reciclaxe do diferente lixo xerado polo consumo. Dentro das fraccións de lixo que se recollen no colexio (papel e cartón, aceite doméstico usado, tapóns de plástico, pilas, envases de plástico, restos de comida, cartuchos de tinta, móbiles) hai un moi común pero do que non dispoñemos de contenedor: o vidro. A razón evidentemente é o risco que supón manipular este tipo de material dentro dun colectivo escolar. Agora ben, isto non é óbice para que nós, individualmente, poidamos recuperar este tipo de envases. Gustaríanos, polo tanto, dar a coñecer a través desta revista algún aspectos relevantes da importancia que ten particularmente a reciclaxe de vidro.

En primeiro lugar queremos destacar a gran vantaxe deste material sobre outros: pode ser reciclado cantas veces se queira, polo que os envases poden volver á cadea de consumo indefinidamente. Para facelo posible é moi importante o labor da hostelería, a industria e as distintas administracións; pero tan importante é a responsabilidade do cidadán co simple xesto de botar os envases de vidro no seu contenedor. Ese pequeno xesto individual supón algo de moito valor para o medio ambiente e un desenvolvemento sostible. Na nosa comunidade conseguimos recuperar 39.119.160 kg de vidro. Esta cantidade repartida entre o número de habitantes, dá unha media de algo máis de 14 kg por habitante e ano, sendo a Coruña a provincia que máis recicla, xa que se acerca aos 16 kg anuais por persoa. Se nos referimos a España, a media é próxima aos 15 kg por habitante e ano. Entre os beneficios da reciclaxe de vidro para preservar o medio ambiente, cabe destacar:  O aforro de materia prima  A redución de lixo  A emisión de CO2  O aforro enerxético É moi importante saber o que debemos depositar :TARROS—FRASCOS—BOTELLAS

SI E, por suposto, o que non debemos depositar: VASOS – BOMBILLAS – TAPAS – TAPÓNS

NON O porqué desta separación é debido a que a composición química dos materiais que forman estes últimos obxectos é diferente e, polo tanto, teñen una temperatura de fusión distinta á que ten o vidro. Ademais podrían danar os fornos onde se funde o vidro. Esperamos que esta información sirva para ter unha idea máis completa do importante labor que temos no desenvolvemento sostible da natureza. Javier Quintas

34


Aulas 5ยบ A e B

35


Aulas 5ยบ A e B

36


Un novo proxecto: “RAÍCES CELTAS” Os diferentes equipos do Ceip Plurilingüe San Marcos decidimos este ano traballar de forma conxunta ,e baixo un lema común ,un tema que consideramos de gran interese: As nosas raíces celtas Baixo este lema xuntámonos e pensamos en varias actividades que se poderían levar a cabo ao longo do curso. Xurdiron moitas propostas, unhas doadas, outras non tanto, pero con moito ánimo e ilusión decidimos embarcarnos nesta tarefa na que implicamos a todo o alumnado do centro, desde os pequerrechos de tres anos ata os alumnos e alumnas de 6º, que xa deixan este ano a escola.

Nesta revista poderedes ver unha pequena mostra das moitas actividades que se fixeron, porque, todo hai que dicilo, tivo unha grande aceptación e implicación por parte de todo o alumnado e o profesorado. Pero, como ben dicimos, é só un pequeno exemplo. Houbo e hai moito máis que contar. Algúns grupos visitaron o castro de Elviña para saber como era iso da vida castrexa. Outros visitaron a Torre de Hércules dende onde Ith avistou Irlanda. Os alumnos e alumnas de E. I. fixeron un precioso castro ó que non lle falta detalle . Varios grupos visitamos o mesónmuseo de Alfredo Erias, XENTE NO CAMIÑO, onde tivemos a sorte de aprender moitas cousas sobre a nosa orixe celta grazas á súa paciencia contando historias e explicando os seus debuxos. Tamén polo entroido rendemos homenaxe aos nosos antepasados : os nenos e nenas de E.I. representaron ás primeiras tribos celtas de Galicia, os de 1º representaban os lumes fatuos que aparecían na película de BRAVE e que aparecían nos bosques afastados para axudar a quen o necesitaba. Os de 2º eran guerreiros castrexos equipados cos seus escudos e espadas. Os de 3º e 4º representaba aos clanes escoceses e irlandeses. Os de 5º vestiron roupas de druídas e meigas e os de 6º representaron aos deuses e deusas celtas da natureza. Resultou unha xornada moi especial, sempre acompañada de música celta para amenizar os bailes.

Temos moito máis que contarvos, pero pouco espazo. Así que , quedades convidados a visitar o blog onde poderedes poñervos ao día de todo. Alí tedes unha chea de cousas para ler e desfrutar que esperamos que sexan do voso agrado. http://bibliomarquinos.blogspot.com.es/

Gloria Rodríguez

37


38


Mara Aldao 2º B

Lúa González 2º B

39 17 15


EDUCACIÓN PRIMARIA

40


Aulas 5ยบ A e B

41


Ed. Primaria 3ยบ B

42


Pois xa vai outro curso e con el unha morea de ideas, de traballos, de actividades, de proxectos, de ilusións. Celebramos o día 26 de setembro (Día europeo da lingua) rodeados de centos de linguas, e todos aprendemos algo novo dos nosos veciños europeos. Tamén celebramos o día da paz con pombas brancas penduradas de polas e bonecos representativos de todos os continentes que se xuntaron das mans.

Germain, o auxiliar de conversa que comparte con nós a clase de plástica este curso, tamén se animou a compartir al-

gunha que outra sesión de E.F. para practicar baloncesto “con acento inglés”, ou sexa, estilo NBA ! Tamén nos embarcamos no proxecto “Raíces Celtas” e baixo este epígrafe fixemos (e aínda estamos a facer) moitísimas actividades . A parte dos numerosos “power points” que se exhibiron na biblioteca coa fin de achegarnos un pouquiño máis aos nosos antepasados. Do mesmo xeito fixemos traballos manuais: deseñamos os nosos propios marcapáxinas con debuxos celtas polo Nadal, fixemos murais dixitais, decoramos símbolos con distintas técnicas , preparamos os nosos propios traballos dixitais para compartir cos compañeiros…

Gloria Rodríguez Coordinadora de linguas

43


A condición do Centro de Plurilingüe tamén ten o seu espazo na Biblioteca; este ano nos días reservados aos clubs lectores, creamos un específico en lingua inglesa; agora mesmo contamos con varios grupos de lectura adicados a diferentes tarefas, segundo a súa elección ,como pode ser adaptación de contos clásicos, estudio sobre o noso pasado celta ou lectura de poesías ou contos bilingües , entre outras cousas.

Este curso no que o conxunto do Colexio decidiu traballar sobre as nosas raíces celtas baixo o nome “Proxecto Celta” a biblioteca colle o seu papel de Centro de recursos, transmitindo información sobre as tradicións e os países que compoñen ese mundo Celta contando coa inestimable colaboración do profesorado. Ademais, ao longo de todo o curso e arredor do proxecto estamos a desenvolver un Proxecto Documental Integrado, aloxado na nosa páxina web, concretamente no espazo adicado á biblioteca.

Este espazo web foi renovado este curso coa creación dun blogue chamado “bibliomarquinos”nel, ademais de centralizar o PDI, atoparemos a cronoloxía da nosa biblioteca. Marquiños, non é so o protagonista do blogue; este curso a nosa mascota ten una “delegación”. O ano pasado co aumento de fondos grazas ao PLAMBE, mercamos un carriño para que circulase polas aulas de Educación Infantil (situadas en edificio anexo ao principal). Agora tamén temos un recanto de lectura no corredor deste edificio onde os nenos e nenas de infantil poden coller os seus libros coma se estivesen na biblioteca. Remato destacando a participación da Biblioteca en todas as celebracións e xornadas especiais nas que, dun xeito transversal, colabora con cartelería, exposicións, actividades, etc. Ata aquí a reseña da actividade realizada a través de equipo de Biblioteca e para o futuro marcámonos un obxectivo, renovable ano a ano: contribuír e traballar na mellora da calidade educativa do Centro, sendo conscientes de que todo é mellorable e agradecendo a colaboración do resto da comunide educativa.

José Miguel Blanco Coordinador E. Biblioteca

44


Un ano máis temos a posibilidade de contar e amosar os nosos traballos. Aínda que neste apartado sempre falamos de temas dixitais, o feito de poder escribir sobre estes temas noutros soportes supón un reto, unha nova forma de mirar os nosos traballos e resultados. Por un lado continuamos coa dixitalización do centro. Nestes momentos todos os recunchos/aula, incluíndo as diferentes especialidades, dispoñen de encerados dixitais interactivos, videoproxectores e ordenadores. O feito de participar no proxecto abalar e na experiencia dos libros dixitais (alumnado de 5º e 6º) fixo posible acadar un aumento na nosa conectividade a internet, o que nos permite nestes momentos traballar sen problemas no que á conectividade se refire (si as tormentas nos respetan). Ademais de traballar en todos os niveis con recursos dixitais, das visitas semanais que fai todo o alumnado á aula de informática, despois da experiencia positiva do curso pasado, o alumnado de 4º de Educación Primaria terá neste último tramo de curso, actividades nas aulas abalar para irse familiarizando cos recursos, dispositivos e métodos de traballo que terá ao seu alcance o próximo curso que xa temos á volta da esquina. En canto ao que se refire aos dispositivos e equipamento xa estamos dando os pasos cara as tablet e as primeiras experiencias con estes dispositivos e diversas apps que nos permitirán reforzar e ampliar os recursos cos que traballar nas nosas aulas. A principal vantaxe do descrito ata o momento é a posibilidade de mellorar en aspectos que tanto se escoitan nos medios coma gamificación, proxectos, investigación, … que xa se poñían en práctica pero que con estes recursos vense ampliadas considerablemente as posibilidades de traballo. Manexar os códigos QR para falar de castros celtas, investigar sobre os nosos antepasados, sobre o noso universo, medir con sonómetros o ruido que facemos,… son algunhas das actividades que todo este entorno dixital nos facilita. Os próximos obxectivos xa en marcha: proxecto Smart Content en colaboración coa Consellería de Educación e unha empresa tecnolóxica punteira no relacionado coa edición de material dixital, a programación dos nosos primeiros videoxogos ou a construcción do noso pequeno robot. Máis información na próxima edición da revista.

Jose Fariña — Coordinador E-Dixgal

45


46


47


48


Noticias de última hora!!!!!

Como seguro que xa sabedes, o concello de Abegondo forma parte do programa “ON TOUR FOR EUROPE”, Europe for citizens , e nós , como tamén somos parte do concello, quixemos participar del.

Por ese motivo, o día 28 viñeron visitarnos os representantes dos países implicados no proxecto : Bélxica, Francia, Alemania, Grecia, Italia, Lituania, Holanda e o Reino Unido. Era unha oportunidade que non quixemos desaproveitar e que dalgún xeito nos motivou para interesarnos e aprender cousas sobre eses países, e tamén para amosarlles o que nós sabemos facer. Sabedes o que fixemos? Pois como xa teredes lido nalgunha das páxinas da revista levamos todo o curso traballando sobre as nosas raíces celtas, así que … qué mellor? Preparamos unha exposición que quedou ben lucida grazas á colaboración de todos os alumnos e alumnas do colexio, dende os máis pequenos ata os máis grandes, todos aportaron algo!! Tiñamos un castro que fixo o alumnado de E.I. xunto cun lote de posters que elaboraron sobre a vida castrexa (e aquí entre nós, unha chea de traxes e atrezos que unha mestra nos conseguiu), tiñamos tamén a maqueta de Galicia que fixeron os de primeiro ciclo, uns colgantes que fixeron en terceiro, así coma os símbolos celtas, os muráis , posters , e demáis detalles que fixeron entre todos os demáis compañeiros. Como tamén queriamos amosar as nosas mañas tecnolóxicas e dixitais decidimos engadir códigos QR a todas as cousas que se exhibiron… por aquilo de presumir un pouquiño.

49


Cremos que foi un éxito, alomenos, eloxios non faltaron. Os nenos e nenas que alí estaban representando a todos e cada un dos grupos do centro, souberon defender o seu traballo e recibir aos visitantes co seu mellor sorriso e comunicándose en lingua inglesa con total liberdade. E non vos imaxinades a cara que puxeron cando viron o que lles tiñamos preparado para a despedida: unha actuación musical!!! Sí, sí, ledes ben. Alumnos de 3º e 5º dirixidos por un mestre do cole prepararon un baile con música representativa de cada un dos países participantes que fixo as ledicias dos asistentes. Para rematar queremos dar as grazas ao concello que sempre, sempre ten en conta e pon en valor o noso traballo integrándonos en todas as súas actividades e proxectos. Gloria Rodríguez

O día 29 tivemos outra visita moi especial. Como nesta escola tamén estamos moi preocupados polo medio ambiente e levamos moito tempo reciclando, o concello agasallounos cun par de contenedores que viñeron de Suecia e que separan ata sete fraccións de residuos. E por se nos parecía pouco eles mesmos decidiron vir a contarnos como realizan este traballo no seu país. Nós tamén lles fixemos unha demostración da nosa rutina de recollida e felicitáronnos moito pola nosa labor. Agora , cos novos contenedores, damos un pasiño máis na selección

Javier Quintas

50


6º A

… AS LEMBRANZAS QUE LEVAMOS DE AQUÍ DURARÁN TODA A NOSA VIDA… Despedímonos da escola. Desta escola na que estamos, a maioría, dende que eramos uns “cativiños” de tres anos (algúns chegaron máis tarde, pero son dos “nosos” igualmente). Agora é tempo de lembranzas, de botar a vista atrás, de ver todo o que fomos acumulando nestes anos: as vivencias, as experiencias, a aprendizaxe… Agora decatámonos do que foi o día a día nesta segunda casa que todos nós temos (xa por sempre). Falando entre todos, poñéndonos de acordo para redactar esta despedida, comprendemos que todos temos sentimentos moi parecidos da escola… comprendemos que cada un a pasou á súa maneira, pero que ela pasou igual por todos nós. A escola é o lugar, son as actividades, os compañeiros, os “profes” e o persoal: Lembraremos o patio, onde xogamos (ás veces con dolorosas consecuencias), buscamos os nosos recunchos e falamos coas nosas amizades (e fixemos novas…), e tamén algún conflito que houbo que superar. Lembraremos a biblioteca: os contos que alí lemos, contamos e nos contaron… os clubes lectores, os xogos e as buscas nos ordenadores (e como había que correr por eles). Lembraremos o comedor: os choros e os disfrutes, e como aprendimos a comer, polo menos, un pouco de cada cousa. E, xa de maiores, non podemos esquecer a eses corazóns bondadosos que “algo” deixaban caer durante os días de servizo. Lembraremos ás coidadoras, ás cociñeiras… e algúns lembraremos os manteis que tanto tempo tivemos que mirar… Porque lembraremos tamén os castigos, que xa no mesmo momento non lembrabamos porque eran, pero aí estaban. Gustar non gustaban, pero é ben certo que aínda o pasamos algo ben… especialmente con algún dos “habituais”, co que rimos por non chorar. Lembraremos “as clases que non eran clases”, cando viñan relatores ou monitores a nos explicar cousas novas e útiles, coma a seguridade en internet, ou hábitos de vida sans. E, por suposto lembraremos as excursións e as saídas… A de sitios e cousas interesantes que vimos en todas elas!

51


Dos días de clase, lembraremos as rutinas que dende nenos tivemos que realizar e, en especial (pasando do real ao virtual) lembraremos o noso traballo cos ordenadores, que non todos aceptamos do mesmo xeito… pero que a todos nos permitiron facer un “pouco de leria” cada vez que se colgaban… Destacar, tamén, eses “últimos días” xusto antes dunhas vacacións: Ademais de saber que tiñamos diante uns días libres, tiñan ese “punto” de ser distintos, pois convertíanse nunha festa na que disfrutar de xogos, disfraces ou comidas especiais, como o churrasco do Día das Letras. Sen esquecer as magníficas películas que podíamos ver todos xuntos… Inevitablemente lembraremos as clases polas que pasamos, aos compañeiros que deixaron a escola por cousas da vida, aos que escollan un camiño distinto ou aqueles que non virán con nós nesta marcha por ter “tropezado” nalgún momento do mesmo… de todas formas, sabemos que pronto nos reuniremos no Instituto. Por último, lembraremos, como non podía ser doutra maneira, aos nosos profesores. A todos e cada un deles, estivesen pouco ou moito con nós, estean aínda na escola ou teñan marchado xa. E queremos facer unha lembranza especial aos que nos acompañan neste derradeira etapa do camiño: Dona Lourdes e Don Félix… Cada un coas súas manías e virtudes: Dona Lourdes mandando deberes, e contabilizando as súas broncas soberanas no seu “caderno do mal infinito”. Don Félix, co seu “rollo” interminable sobre o que nos vamos a atopar no futuro, de que esteamos avisados e preparados para el, e que todo o pensemos dúas ou tres veces. Pero calquera dos dous demostrando que nos queren e que lles importamos… Agora empeza unha nova etapa que descoñecemos… pasaremos de ser os maiores a ser, de novo, “os cativiños” do principio. Por iso queremos despedirnos dos que quedan tras de nós, de todos os da nosa escola, porque… … O CARIÑO QUE LEVAMOS DE AQUÍ DURARÁ TODA A NOSA VIDA… GRAZAS POR TODO!!!

Alumnado de 6º A e 6º B

6º B

52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Andaina 2015-2016 by ceip san marcos abegondo - Issuu