Issuu on Google+

Podedes ler os traballos que as e os alumnos de 6º de EP presentaron ao Certame “Mellor periodista infantil e xuvenil” que convoca todos os anos La voz de Galicia.


Para informar ben, a clave é estar ben informado.

Xa quedan poucos días para que remate o prazo de entrega dos traballos do Concurso Mellor periodista Infantil e Xuvenil. Publicamos algúns dos produtos finais dos alumn@s de 6º, que proban sorte coma periodistas nobeles.


Unha modernidade ciborg Agueda González

Grazas ao proxecto da Axencia de Defensa dos EEUU, os insectos ciborg xa son unha realidade! O primeiro foi un escaravello da especie “Dynastes tityus”

movementos. Na base das súas

presentado por enxeñeiros da

ás colocóuselle un diminuto

Universidade de Michigan.

xerador Piezoeléctrico. O

A este insecto

insecto recollerá información

implantáronselle, durante a

vital para misións de

fase de larva, estimuladores

espionaxe, detectar bombas,

musculares e neuronais que

rescates de persoas en zonas

permiten controlar os seus

catastróficas…


Minecraft, o éxito conseguido bloque a bloque David Martínez

Minecraft, é o xogo para PC mellor puntuado en 2011 e 2012. Foi creado pola pequena compañía Sueca chamada Mojang AB composta por un equipo de 15 persoas. O xogoactualízase unha vez ao mes e só se pode adquirir en www.Mojang.com. Ten versións para PC, Xbox, Android e Apple. Xa superou a Skyrim e Batman e o seu mecanismo é simple.O xogador é un personaxe que aparece nun mundo virtual sen límites que pode escoller entre varias ofertas de traballo: Mineiro, leñador, constructor…


Protección Civil de Teo recolle 200 animais. A túa mascota é a túa responsabilidade! Estela Araújo

Durante o ano 2012, Protección Civil de Teo recolleu 198 animais, destes 175 eran cans.

As mascotas recollidas foron levadas ao refuxio de Bando. Protección Civil recorda que é importante que todas as nosas mascotas leven microchip, porque permite devolvelas aos seus donos. Sesenta e nove destes animais foron

entregados nos seus fogares. En 2011,o número de animais mortos, recollidos en Teo, ascende a 62, e o nº de intervencións efectuadas por esta agrupación pasou de 253 a 331 saídas. “Stop ao maltrato animal”


ROPITS: MADE IN JAPAN María Rodríguez

A empresa xaponesa Hitachi deseñou un prototipo dun vehículo eléctrico destinado principalmente ás persoas da terceira idade ou con problemas de movilidade. Tras introducir unhas coordenadas, o vehículo leva ao/á ocupante ao seu destino. A este prototipo chamáronlle ROPITS.

Para detectar baches ou espazos emprega mapas tridimensionais. No futuro, Hitachi planea realizar diversos experimentos na provincia de Ibaraki para mellorar as funcións do ROPITS, que se presentará oficialmente na conferencia de robótica ROBOMEC.


Un combustible 100% ecolóxico Enche de cenorias o teu depósito! Lucía Pérez

En épocas de crise é importante contar cun combustible barato e alternativo ao petróleo.

Un grupo de investigadores españois e arxentinos, en colaboración co Instituto de Catálise e Petroleoquímica (CSIC) deseñaron un método de aproveitamento de cenorias. A partir da fermentación das cenorias, que diariamente se desbotan nos mercados

porque non cumpren os requisitos de tamaño e/ou forma, poderíase producir unha cantidade rentable de bioetanol, un combustible alternativo na automoción ou para a calefacción.


Un coche moi devoto

María Domínguez O martes ao mediodía, algo inusual aconteceu na escalinata da igrexa “SANTA MARIA NAI” de Ourense. Un coche precipitouse pola escalinata da citada igrexa, foi algo incrible! O coche chegou a baixar seis chanzos seguidos. O conductor non coñecía ben a zona xa que

era do país veciño, Portugal. Ao condutor realizóuselle a proba de alcoholemia que deu negativa. O coche chegou ata a escalinata pasando pola praza da Magdalena. Finalmente o vehículo foi retirado sen causar danos tanto económicos como persoais.


Tocar a gaita nun piso xa é posible sen medo as denuncias por exceso de “ruído” María Álvarez

Javier Ramiro, un músico vigués, ven de presentar na Escola de Gaitas da Real Banda de Ourense a Insogaita, un novo accesorio para as gaitas, que reduce nun 70 % o son emitido por este instrumento tradicional. Este gaiteiro, agora no paro, ideou unha especie de bolsa de insonorización que lle

permite ao músico tocar na súa casa, sen molestar á veciñanza. A Insogaita, tamén é útil para as escolas, onde 2 músicos poden tocar simultaneamente sen molestarse. O invento xa é utilizado por numeros@s gaiteir@s entres os que se encontra Cristina Pato.


OS PEQUENOS ACTORES

Brayan Calviño

Medio centenar de escolares galegos entre 12 e 18 anos, procedentes de aulas de teatro entre provincias de Lugo e a Coruña, o pasado 21 de marzo no teatro principal de Ourense, repre- sentaron unha obra na que tamén se xoga con distintas linguas como o Latín. Esta iniciativa fomenta

intercambios culturais entre as aulas de teatro. Traballan co grupo Metátese que dirixe Alfonso García Penas, que xa ofreceu as súas primeiras obras en Ourense a beneficio da fundación Meniños, que traballa na provincia para evitar exclusións sociais.


España adianta a Francia camiño de Brasil.

Diego Céspedes O 26 de marzo de 2013 a selección Española impusose a Francia en Paris no Saint Denis gañando 1-0 con un gol de pedro na segunda parte .

O combinado español tiña Que gañar para porse lider do grupo e pasar mais fácilmente ao mundial de Brasil de 2014.


GRAZAS POR FACERNOS RIR

Fermin Cruz

A actriz Mariví Bilbao coñecida pola serie “ La que se avecina “ como Izaskun Sagastume morreu, según Fernando Tejero coas botas postas, o día 3 de abril do 2013. A súa morte provocou aluvións de comentarios nas redes sociais entre os seus compañeiros de profesión e

seguidores da serie na que actuaba. O presentador Matías Prats comentou en Twitter: “que non che falten cigarrillos e chinchón… nin o postigo na porta … nin un bingo cerquiña… Grazas por facernos disfrutar, Mariví Bilbao.


80 ANIVERSARIO DO PRIMEIRO VOO SOBRE O EVEREST

Iulian Tincu En abril do ano 1933 dous británicos pilotaron os seus avións e lograron pasar sobre o pico máis alto do planeta. “Os riscos eran altos debido aos fortes ventos e á falta de osíxeno. Ademáis, os avións eran dun so motor e tiveron que empregar un combustible

especial para que non se conxelase. E voaron sen paracaídas para reducir peso” – comentou o neto dun daqueles pilotos, que participou no voo conmemorativo que se realizou para celebrar os 80 anos daquela fazaña.


MASAXES GRATUÍTOS Fermin Cruz

A Jose F. C., un profesor substituto que daba clases no colexio Isaac Peral, de Ferrol gustáballe que os alumnos lle deran masaxes nos pés. Os pais dos nenos, ao darse conta, denunciaron ao profesor na Inspección de Educación , porque ademais, tamén ataba

con celo o pelo das nenas e ameazaba con tirar dos pelos aos nenos. Un grupo de país reuniuse co equipo directivo e considerouse que os actos realizados polo maior eran o suficientemente graves para que intervira a policía.


A FOCA VIAXEIRA

Rodrigo Rivera O día 2 de xaneiro, cunha grave infección ocular, unha cría de foca foi atopada varada na praia coruñesa do Orzán. Agora que xa está recuperada, o presidente da CEMMA propuxo enviar a “Orzán”, nome co que foi bautizada, a Gran Sol, ao sur de Inglaterra e Irlanda, onde

están as colonias de cría destes animais, porque a esa zona empezan a regresar a estas alturas do ano, tras emigrar ao sur nos meses de máis frío. Agora a foca poderá vivir mellor grazas a xente que a coidou cada día.


¡QUE “ESTRADA” TAN EXTRAÑA! Yago González

Eso foi o que debeu pensar o conductor que onte pola mañan se precipitou pola escalinata da igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior de Ourense.

Os transeúntes que onte ao mediodía pasaron pola praza maior de Ourense encontráronse cunha imaxe sosprendente e inédita: un Audi A-4 suspendido na escalinata da igrexa de Santa María Nai.

Ese vehículo precipitouse sobre as 12.40 horas debido ao despiste do seu condutor. O vehículo foi retirado rapidamente e todo quedou nun susto .Según informou a Policía Local, o foi sancionado pola Policía por circular por unha zona peatonal


VAIA SUSTO! Yesica Ribeiro

Un conductor que accedeu á Praza Maior pola Praza da Magdalena provocou un susto entre os transeúntes ao quedar pendurado na escalinata da igrexa de santa María Nai. A policía , ante o risco de que se precipitase escaleiras abaixo, avisou a

grúa municipal para que o retirase. A pesar do aparatoso do suceso, non houbo danos nin víctimas. O vehículo poido quedar suspendido na escalinata por un despiste do conductor, que non coñecía a zona.



Noticias