Page 1

AS LINGUAS DE EUROPA 1. FAMILIAS LINGÜÍSTICAS

En Europa fálanse unhas setenta linguas entre o océano Atlántico até a serra dos Urais mais sen incluír o Cáucaso, sen contarmos as diversas linguas de signos das diferentes comunidades de persoas xordas nin todas as linguas que os novos europeos chegado doutras zonas do mundo falan habitualmente. Linguas románicas (familia indoeuropea)

Linguas xermánicas (familia indoeuropea) O islandés, o faeroés; o noruegués; o sueco; o danés; o alemán; o luxemburgués; o holandés, flamengo ou neerlandés; o baixoalemán ou baixosaxón; o frisón; o inglés; o escocésinglés.

Linguas eslavas (familia indoeuropea) o ruso; o bielorruso; ucraíno ou ruteno; polaco; caxubio; sorábico; checo; eslovaco; esloveno; serbocroata, serbio, croata ou bosníaco; búlgaro macedonio; pomaco

Linguas célticas (familia indoeuropea) O gaélico irlandés, o gaélico escocés, o gaélico manés, o galés, o cornuallés e o bretón.

O galego, o portugués, o asturiano, leonés, mirandés ou sendinés; o castelán ou español; o aragonés; o catalán; o occitano ou aranés; o francés; as linguas de Oil (picardo, normando...), o francoprovenzal, o romanche; o ladino ou rético dolomítico; o friulano; o italiano toscano; o corso; o sardo; o istriorromanés; o romanés; o arromanés ou valaco; o meglenorromanés. O letón e o lituano Linguas bálticas (familia indoeuropea) O albanés Linguas balcano-armenias ((familia indoeuropea) Tamén son indoeuropeas o grego e o romaní a lingua indoiránica que falan tantos xitanos europeos.


Familia uraliana (en Europa) O finés, o estonio, o sami ou o húngaro

Familia altaica (en Europa) O turco e o tátaro.

Familia afroasiática Sen familia (en Europa) coñecida Maltés O euskera

UNIÓN EUROPEA Na Unión Europea empréganse 23 linguas oficiais: alemán, búlgaro, castelán, checo, dinamarqués, eslovaco, esloveno, estoniano, finlandés, francés, grego, holandés, húngaro, inglés, italiano, irlandés, letón, lituano, maltés, polaco, portugés, romanés e sueco. Ademais, fálanse unhas 150 linguas rexionais e minorizadas, que contan cuns 50 millóns de falantes. Non teñen o estatus de oficialidade na unión mais o catalán/valenciano, o euskera, o galego, o gaélico escocés e o galés poden ser empregadas polos cidadáns para se comunicaren coas principais institucións europeas, como o Parlamento. O seu fomento e protección depende de cada estado mais a UE dotouse da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, un tratado europeo aprobado en 1992, impulsado polo Consello de Europa e aprobado por moitos estados para promover e protexer as linguas rexionais e minoritarias históricas de Europa. Debemos ter en conta que ademais destes idiomas, na Unión Europea fálanse centos de linguas de todo o mundo e son millóns de novos europeos os que as falan no seo das comunidades emigrantes. No entanto, non teñen un recoñecemento formal nin nas institucións da UE nin nos países membros. O turco, o árabe magrebí ou linguas dos estados indio e paquistaní como o urdu, o bengalí, o hindi, o támil, o punjabi son faladas por un número importante de persoas.


ESTADOS PLURILINGÜES Austria Bélgica Bulgaria Chipre Rep.Checa Dinamarca Estonia Finlandia Francia

Alemaña Grecia Hungría Irlanda Italia Letonia Lituania Luxemburgo Malta

Países Baixos Polonia Romenia Eslovaquia Eslovenia España Suecia Reino Unido

ESTADOS MONOLINGÜES *Portugal (co permiso do mirandés) Non pertencen á UE: - Islandia (islandés), e os pequenos estados en enclavados en diferentes estados da UE: - Mónaco (lingua oficial: francés, mais fálase o monegasco, o italiano...), - Andorra (catalán, español e francés), - Liechstenstein (alemán, dialecto alemánico, o francés e inglés están bastante estendidos), - San Marino (italiano e emiliano-romañolo), e - Vaticano (italiano, latín, francés, alemán).

LINGUAS POR ESTADOS NA UNIÓN EUROPEA Austria Bélgica Bulgaria Chipre República Checa Dinamarca Estonia Finlandia Francia Alemania Grecia Hungría Irlanda Italia Letonia Lituania Luxemburgo Malta Países Bajos Polonia Portugal Rumanía Eslovaquia Eslovenia España

Suecia Reino Unido

Alemán, croata, checo, húngaro, eslovaco e esloveno. francés (valón e picardo), flamenco e alemán (Liexa). Bulgaro, romaní (pobo xitano: rom), turco, tártaro (Crimea), romeno,etc. Turco e grego Checo, alemán, polaco, romaní, eslovaco, etc. Danés, alemán, feroes, groelandés… Estonio, ruso, seto, voro… Finés, sami e sueco. Basco, bretón, catalán, corso, occitano, franco-provenzal, gascón (aranés), alsaciano, flamenco … Alemán, danés, frisón, frisón saterlandi, frisón setentrional, serbio… Grego, albano, bulgaro, macedonio, turco, valaquio… Húngaro, croata, alemán, romeno, serbio, eslovaco, esloveno… Gaélico-irlandés e inglés. Italiano (toscano), albano, catalán, croata, franco-provenzal, friulano, alemán, ladino, occitano, sardo, esloveno… Letón, bielorruso, polaco, ruso, ucraíno… Lituano, polaco, ruso, samogitiano… Luxemburgués, francés, alemán, Maltés e inglés. Holandés, frisón, limburgués, baixosaxón… Polaco, bielorruso, alemán, casubio (Kashubian), lituano, ucraíno, silesiano, rusino, vilamoviciano… Portugués e mirandés. Romeno, alemán, húngaro, romaní, ucraíno, csango, tártaro… Eslovaco, alemán, húngaro, romaní, rusino… Esloveno, húngaro, italiano, romaní, nórico, prekmuro... Asturiano, vasco, galego, berber (tamazig), dariya (árabe dialectal marroquí), catalán, aragonés, occitano (aranés, que é un dialecto gascón), portugués. Sueco, finés, sami, meänkieli, romaní… Inglés, córnico, irlandés, galés, gaélico escocés, escocés, gaélico irlandés, francés (en illas do estreito da Mancha)...

Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega do IES de Porto do Son). Curso 2010-2011. 4º da ESO.

Linguas de Europa (breve descrición)  

Breve descrición das linguas de Europa. Clasificación segundo familia lingüística. As linguas na Unión Europea.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you