O
Coñece * A Natureza máis divertida. * Que música se escoita no centro. * Os mellores libros da Hora de Ler.
Novo
Paspallás
Lembra
Divírtete
* Aqueles momentos pra esquecer * Cos vaciles máis auténticos na saída de 4º da ESO. do centro. * Os sucesos máis impactantes do Centro
* Coas mellores maneiras para non comerte unha rosca
C o ñ e c e
O RD O D Os seus vertedoiros incontrolados...
Báñate nas cristalinas augas do Ulla...
O seu patrimonio histórico-artístico...
Pasea polas súas rutas de sendeirismo...
...no medio das súas marabillosas Brañas.
... e nos seus afluentes
...e as súas modernas adaptacións IKEAnas
...mais procura ir un día que non haxa cazadores
* Todas estas fotos son imaxes reais de rabiosa actualidade en Dodro.
Cada día máis lindo máis lindo
S UM A R I O ÚLTIMAS
TENDENCIAS
DODRO
CIENTIFÍZATE. páx. 4/5
DIRECTO
AS NOVAS FOTOS DOS GRUPOS. páx. 14/21
*A ciencia vista desde un punto de vista único no mundo: Pedro e as súas brincadeiras.
* Cada día mellor e mellor
AS NOVAS FOTOS DE NENOS. páx. 22/23
* Cada día peor e peor. GASTRONOMÍA.
SAÍDAS DIDÁCTICAS. páx. 24/27
páx. 6
* Ese concerto en inglés... * Ourense e paso por Coren. Unha visita con ovos
* A comer rico...
CELEBRACIÓNS. páx. 28/29
* Día da paz. (Nunca choveu que non escampara) * O Entroido. Como en Dodro nin en Laza: Samba e Filloas a eito
PANTALLA ZOMBIE. páx. 7
* Todo sobre a serie walking dead * Desvela en que peli se dice "bonitas ancas parideiras"
PREMIADOS NAS LETRAS GALEGAS páx. 30/33
* Coñece os mellores haikus e microrrelatos.
MÚSICADICCIÓN. páx. 8/9
* Torroncho descubre as súas intimidades a ELB. * Diferenzas nos gustos musicais... por idades.
SAIDA DE 4º-PDC. páx. 34/35
* Atrévete a descubrir as novas saídas...
PATIO LETRAS VIVAS. páx. 10/11 * Engurras arrasa. * Manolo L. Baleirón e María Lorenzo, Premios Xerais 2012.
DE
RECREO
VACILES PARA DAR E TOMAR páx. 36
* Aprende a vacilar con xeito. RI UN POUCO... OU CHORA... páx. 37
* Os mellores gags do momento. JE T'AIME. páx. 38
* Aprende a ligar con clase e estilo. * E ti, de quen vés sendo?
ON LINE.
páx. 12/13 * A cabozear todos... * Facebook é o gran irmán? 3
CIENTIFÍZATE
N A T U R E Z A
A L U C I N A N T E
* As curiosidades científicas sobre natureza, animais... que sempre quixestes saber. * Deixa ás túas amigas e amigos flipando cos teus coñecementos sobre o mundo natural. * E sobre todo, desfruta co humor inigualábel de Pedro. A árbore máis lonxeva con vida que se Por baixo do río Nilo corre coñece, encóntrase en Caun enorme río subterráneo lifornia. Apódana Matusacun caudal seis veces maior lén e calcúlanselle 4790 ca o propio anos de vida. Nilo. Estudos recentes consultaPedro: Para os que non dos por min (Pedro) indican que é posíbel saiban moito de ríos (esa que se plantase para celebrar o nacemento da abundancia dunha cousa duquesa de Alba, mais son só especulacións. líquida), é como se o Real Madrid-Castilla tivese 54 Champiñóns, pois o Real Madrid (Nilo) ten 9. Isto pódese comprobar cunha simple regra de tres, ou O orgasmo dun multiplicando 9x6. Toda unha proeza científica. porco dura, de media, 30 minutos. Se gritases durante 8 anos, 7 meses e seis días, producirías calor suficiente como para quentar unha taza de café. Dato de gran relevancia científica, non? O que si podemos afirmar con total rigor é que algún profesor xa ten quentado cerca de 5 tazas de café sumando todos os berros da súa vida profesional. De media, as persoas teñen máis medo ás arañas ca á morte.
Teño a teoría de que os galegos desfrutamos tanto da matanza do porco por cruel vinganza. O que non acabo de entender por completo é a relación dos árabes co porco baixo este prisma de análise. Será respeto? O que fica claro é que algo bo lles tiña que outorgar a evolución... Unha pulga pode saltar 350 veces a lonxitude do seu corpo dun so salto. Sería como se un un ser humano de estatura media saltase 600 metros. Sinceramente, e pese a todo, penso que a evolución foi máis xenerosa cos porcos.
Dentro do que cabe ten lóxica: se unha araña che morde podes morrer, mais se morres, que máis che dá se che pica algunha araña?
4
CIENTIFÍZATE
Estudos
Científicos
Graciosos...
* Todos cun denominador común: Carecer de grande utilidade. * Unha vez máis, poderás deixar flipando aos teu amigos... agora con mais literatura.
Descuberta unha nova forma de enerxía limpa, infinita e superbarata Baseada en dous supostos Os gatos sempre caen de pé? Pois sí.
A torrada con manteiga sempre cae polo lado da manteiga? Pois sí. Isto
Teñen un acto reflexo que os fai "colocarse" durante a caída. Isto é non precisa moita posíbel debido á súa aclaración científica, flexíbel columna e a pois é de sobra que non teñen un coñecido o adagio da equivalente á clavícula Lei de Murphy que di así: "Se algo pode saír humana. De feito os estudos de- mal, sairá mal". Ademostraron que canta mais, e baseándonos maior sexa a altitude nun experimento emmáis tempo teñen para pírico: A alguén dos colocarse nunha boa que le, algunha vez posición e axustar un lle ocorreu o contracorrecto ángulo de ate- rio? Pois iso. rraxe. Polo que...
AS MOSCAS TAMÉN AFOGAN AS SÚAS PENAS EN ALCOL Beber para esquecer é unha actitude relativamente habitual no ser humano ante situacións de rexeitamento amoroso. Non obstante, un estudo realizado por científicos da Universidade de California e publicado na revista Science indica que este fenómeno tamén ocorre nas moscas. O estudo demostra que as moscas macho rexeitadas polas femias son propensas ao consumo de etanol. Este feito ten a súa base científica en que o rechazo sexual varía os niveis dun neurotransmisor que produce pracer no cerebro. Como estes niveis non subiron mediante pracer sexual, acadan esa subida mediante a inxesta de etanol. O Experimento: Comprobaron a actitude de dous grupos de machos en distintas situacións: un grupo tivo sesións de rechazo sexual con femias durante unha hora, tres veces ao día, catro días consecutivos (Pobres). No outro, os machos estiveron durante seis horas cada día en catro xornadas con múltiples femias que si estaban pola labor. Despois disto a cada grupo déronlle a escoller, en varias veces, entre alimentos cun 15% de etanol e alimentos sen nada de etanol. Os resultados foron concluíntes, os machos rexeitados tiñan unha preferencia moito maior cara os alimentos con etanol. Ou sexa: as moscas macho por falta de cópula dábanse á bebida.
O estudo indica que estes resultados son facilmente extrapolábeis ao humano, xa que os mecanismos implicados nos sistemas de recompensa están moi conservados na evolución. Polo que, estou certo de que este estudo foi elaborado por un home de escaso éxito ligando que procuraba unha excusa para... (sobran as palabras)
5
Receitario Tradicional Galego para a nosa estupenda gastronomía do Top-2012.
GASTRONOMÍA
"Se todos os homes se nutren, somente uns poucos saben comer." (Álvaro Cunqueiro).
As bolatas de millo INGREDIENTES -Fariña de millo. -Fariña de centeo. -Touciño. -Auga e un chisco de sal. Preparación: Férvese a auga e bótaselle hora aproximadamente. O touciño córtase ben fino cun pouco de levadura á fariña de millo. Reméxese e bótase nunha tixola quenben. Logo de dez minutos tada anteriormente. Cando engádenselle catro ou cinco o touciño estea ben douraculleradas de fariña de cen- diño, esténdese a masa por teo, e vólvese remexer até riba do touciño, de maneique a masa fique compacta. ra que a masa non deixe Esta debe repousar media libre ningún pedazo na ti-
xola. Cando a masa estea cocida dáselle a volta para que se faga por ambos lados. ...E a degustar un manxar que nin o bo do Arguiñano pode soñar.
Fonte: Dna. Adelina Mariño Rodríguez.
Os bolos do pote INGREDIENTES - Fariña de millo. -Fariña de centeo.
Preparación: Engadimos a auga do caldo previamente fervida á fariña de millo. Vámola remexendo a medida que se lle vai botando auga até que a masa alcance certa dureza e déixase repousar tres minutos. Engádenselle dúas ou tres culleradas de fariña de centeo. Amásase de novo até que
-Auga do caldo. fique unha masa compacta. Unha vez feito o anterior, dáselle a forma tradicional (ovalada). Unha opción é botarlle anacos de chourizo ou touciño (como se ve na imaxe) picados na masa e remexer para darlle outro sabor. Finalmente rebózase en fariña de centeo e cócese durante unha hora na auga do caldo. 6
- Touciño ou chourizo (opcional) Esta receita remóntase a cincuenta ou máis anos atrás. Cando se facía caldo e non había pan (había poucos cartos), facíase o bolo do pote. Actualmente hai poucos lugares de Galiza nos que esta receita se siga cociñando.
PANTALLA
ZOMBIE
AS SERIES MÁIS VISTAS POLO ALUMNADO DE DODRO
O mellor desta serie é o comezo: Rick Grimes, un policía estadounidense esperta nun hospital dun coma, para encontrarse cun mundo arrasado por cadáveres desexosos de carne fresca e, Sen saber que pasou ao seu redor, sae á procura da súa familia. O desenvolvemento xa é máis irregular, onde os seres humanos que sobreviven se teñen que enfrontar a un panorama de persecución e morte.
O mellor desta sitcom (comedia de situación) é que está feita como un falso documental. Nela mestúranse tres unidades familiares que en realidade son unha gran familia. Unha parella homosexual con filla adoptada; un avó que casa de novo cunha muller máis nova ca súa filla; e a familia desta filla, que ven sendo máis habitual. Polo resto, os enredos típicos dunha sitcom, tratados aquí con gran humor.
A relación entre vampiros e humanos non era mala, mais... había vampiros que preferían beber sangue real en lugar dunha bebida xaponesa feita de sangue sintético. Baseado nas novelas de Charlaine Harris Sangue fresco. Segundo Diego Manrique, crítico de El País, "os libros de Charlaine Harris son pobrísimos e descaradamente adolescentes. Na versión de HBO hai densidade argumental e múltiples lecturas."
AS PELÍCULAS MÁIS VISTAS POLO ALUMNADO DE DODRO
Baseada no cómic do mesmo nome
Esta película de culto non pasa
de Alan Moore, que por certo está na Biblioteca. Un enmascarado, coñecido como V, loita nun país totalitario por un cambio político radical, procurando unha verdadeira democracia. Posibelmente sexa unha das mellores adaptacións de Alan Moore ao cine. Aínda que el mesmo criticou esta adaptación. Hai que decir que o movemento dos indignados contra a crise actual gosta de usar esta máscara. En concreto o grupo Anonymous, que loita pola liberdade de expresión, sobre todo en internet.
de moda. Unha frenética historia de 5 escoceses, a súa relación coa droga, o sexo e a violencia. Arrasan os diálogos politicamente incorrectos entre os seus protagonistas. Son aditos á heroína, ou sexa, viven nun mundo fóra da realidade. Hai un psicópata alcólico e violento, un adolescente desesperado, un perseguidor de saias que o sabe todo sobre sobre Sean Connery, a un que lle encantan as camiñatas e Iggy Pop.
7
Vimos esta película en Portugal. V.O.S. e encantounos... ainda que houbo quen botou un sono porque pola noite durmía pouco. Gustáronnos moito certas expresións usadas en Portugal como a das "Ancas parideiras", nin que fose unha tradución da galega (he, he). O mellor desta película é traer ao vampiro Barnabas ao mundo hippie dos 70. A maior parte dos gags sobre eses dous tempos funcionan, non sabemos por que non profundizou nisto. O final xa deixa máis que desexar acabando un happy end demasiado evidente.
MUSICADICCIÓN Como todos sabemos, os gustos van mudando ao longo do tempo e da vida. Moito máis en cuestións musicais. É moi estraño que a unha persoa lle guste sempre a mesma música. Por iso imos ver que hai grandes diferenzas entre o alumnado de primaria e o de secundaria. OS GRUPOS DE MÚSICA MÁIS ESCOITADOS POLO ALUMNADO DE PRIMARIA
Este cantante canadiense de 18 anos, (que non debe ter frente), fíxose famoso aos 14 cando Scooter Braun o fichou vendo vídeos del que subiu ao youtube. Foi posibelmente un dos primeiros famosos grazas ao youtube. Foi varias veces nominado a diferentes premios: A mellor Artista Revelación e Mellor Álbum Pop nos Grammy, mais tamén a peor artista musical e peor álbum no New Musical Express.
Miley Cyrus, coñecida pola serie de Walt Disney Hanna Montana, dato importante para saber porque primaria gosta tanto desta muller. Sempre a medio camiño entre o mundo do cine e da música, di respecto ao seu futuro álbum: "pódoche dicir que [o disco] vai a ser dance, pop, R&B e con algunhas cancións coas que se pode chorar". O que non nos di é se choraremos de risa ou de pena.
Selena Gómez, Outra Disney relacionada cos anteriores. Como? Parece ser que é a anti-Miley por facer case o mesmo que fai ela. É actriz, cantante, filántropa, deseñadora de moda... (vamos, vida dura). E a súa relación con Justin non é outra que a de seren parella... E a música? pois moi parecida á súa anti: pop Disney.
OS GRUPOS DE MÚSICA MÁIS ESCOITADOS POLO ALUMNADO DE SECUNDARIA
Os Red hot Chili peppers seguen pegando forte. O seu estilo baséase na música funk como base coa que fusionan rap, heavy, rock alternativo punk. Considerados os creadores do punk funk. A súa forza musical descansa sobre a combinación dun baixo moi rítmico cunha batería cañera. Ambas de difícil execución.
Desde que Kurt Cobain se suicidou, Nirvana pasou a ser aínda máis un referente musical para a xuventude. A súa música defínese como punk underground ou Grunge, que ven sendo unha revitalización do punk dos 70. O seu éxito máis recoñecido Smells like teen spirit.
The Strokes sacou o seu primeiro disco Is This it? no 2001. Disco considerado como o mellor da década para New Musical Express. Para moitos converteuse na primeira banda de referencia de rock do século XXI. Dos primeiros en acuñar o termo Indie que está ben de moda hoxe en día para falar deste tipo de rock.
Simplificando, podemos ver dúas tendencias claras: En primaria gustan @s guaper@s aínda semiadolescentes, moitos deles saídos da Disney (pantalla zombie). En secundaria vannos máis os melenudos tatuados e descamisados, ou xa sen camiseta (que é peor). 8
MUSICADICCIÓN
Batería sandía. Menudo curro... e non soa nada ben!!!
Quero unhas escaleiras así na miña casa
A guitarra de 12 mastros
Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes musicais que nos chamaron a atención
ENTREVISTA A TORRONCHO Teñen moita coña, e á xente gustoulle moito, tanto que non só non empatizou con nós, senón que nos fixeron o baleiro.
" Daq uel a gus t á ba nme o s Ki ss e pa s ei m e ao ba i xo " Torroncho é o baixista actual do grupo Ruxe Ruxe. Para quen non o saiba tamén é o mestre de música de dous grupos que neste intre se están formando en Dodro, alumnos de 3º e 4º da ESO. P.-Poderías explicarnos como conseguiches entrar en Ruxe Ruxe? T.-Chamáronme para tocar con eles dúas veces, mais desas dúas voltas eu andaba liado e non puido ser. No ano 2007 chamáronme outra vez e desde ese momento toco en Ruxe Ruxe. Digámolo así: Á terceira vai a vencida.
P.-Cal foi o teu mellor concerto? T.-Principalmente gustáronme
P.- Cales foron os mellores grupos nos que estiveches tocando? T.- Eu destacaría tres grupos a parte de Ruxe Ruxe, claro: os Ice wind, Crazy worm e outro grupo no que facíamos versións de grupos famosos que se chamaba Smoker die younger. Destes, o grupo que máis repercusión tivo foi Ice wind. todos, mais se tivese que escoller, quedaríame con tres. Un deles, como é lóxico, foi o primeiro concerto que dei: a presentación dos Xigantes; o segundo foi o concerto en Derrame Rock, e o último foi cando P.- Que motivos che levaron tocamos no festival Antrospinos, a escoller o baixo como moi perto de aquí. instrumento musical? P.- E cal foi o peor concerto? T.- Pois cando tiña 14 anos, T.- O peor concerto que dei non "picoume o gusanillo" e quefoi nin por culpa do día nin por ría ser batería. Meu pai non culpa do grupo. Foi hai dous me deixou. Daquela gustábaanos en Monforte. Habitual- me KISS e paseime ao baixo. mente tocamos con Medomeda, Lembro que o comprei aos 16 un grupo moi cañeiro de anos, e desde ese momento Padrón. xa non parei de tocalo. 9
LETRAS
H O R A
VIVAS
D E
L E R
Como puidemos comprobar ao longo deste curso, existiron vinte minutos ao día adicados á lectura. Agardamos que pasasen voando. Estamos certos de que alguén o pasou mellor que no prezado recreo. Con algúns profesores espremíamoslle cada segundo a cada minuto; con outros desfrutábamos do que líamos e tamén tentábamos sacar o monstro que cada un levaba no seu interior. A Manuel English mesmo lle caían as bágoas do ben que facíamos algunha personaxe, que parecía saída da obra. (Nin Xéspir. ;-D) Ai vos van varias recomendacións do equipo de redacción
Lédeas... Desfrutádeas...
AIRE NEGRO__Agustin Fernández Paz Novela de intriga ambientada nunha clínica psiquiátrica e nos seus arredores. A ela chega o novo Dr. Víctor Moldes, ao cal lle asignan o tratamento dunha paciente que está totalmente aillada polos seus estranos comportamentos. Laura Novo pasa o día escribindo en infinidade de follas o seu nome. (mete medo, eh?) O Dr. Víctor comeza unha terapia con Laura, coa que vai descubrindo paso a paso todo o que ocorreu dende aquel terríbel
accidente que todos aseguran foi o causante dos seus trastornos. Mais non será esta a razón do continuo malestar de Laura. Para descubrir todo o que ocorre con Laura, con Víctor, cunha historia de amor que xorde entre mestres e alumnos (ollo co que facedes), crimes e demais, deberás ler o libro. Tamén podes optar pola pobre e triste solución de ler un resumo da rede, mais perderíaste milleiros de misterios e recunchos inexplorados da imaxinación deste prolífico autor.
Mais non só limos narrativa, nin poesía..., Manuel English tentou poñernos a facer teatro co Romeo e Xulieta, ou co Soño dunha noite verán, ambos de Shakespeare -que sabemos como se escribe- mais fixémolo en inglés eh!!! Con isto de establecer todas as linguas no ensino, en breve daremos as matracas en chinés e cousas así. Tamén con Xiazinho, puxémonos a ler Wbandas desexadas, e como se supón que todos temos unha madurez suficiente para non rirnos por calquera chorrada, escolleunos unhas lecturas realistas... Mais algúns... Como ben se sabe: onde non hai non se pode sacar. 10
LETRAS
VIVAS
Emilio, un ex-executivo bancario, é ingresado nunha residencia de anciáns. Emilio ten Alzheimer. Esta é unha historia sobre a vellez, sobre a amizade, sobre a vida, sobre a morte. A morte da alma que inunda a obra, sobre a que Paco Roca nos consegue facer empatizar tanto con Emilio como coa súa enfermidade. É unha historia realmente abraiante na que se mesturan múltiples historias sobre as vidas reais dos maiores: Como a muller que pensaba que a residencia era un tren que viaxaba constantemente cara o infinito. Os enfermeiros simulaban estar nese tren para tratala. Paco Roca pensa que a fantasía é unha vía de escape cando a realidade xa non nos gusta e xa non hai unha escapatoria posíbel.
e porta o qu non nos im ... n verdade ra instante ...cando e en calque ola cabeza lles pase p
Ás veces aparentamos que os maiores son o máis valioso....
Arrugas
...Entón, vense obrigados a buscar axuda nos seus iguais, que en verdade saben comprendelos.
PREMIOS * II Premio Nacional da Banda Deseñada (2008) * Premio a Mellor Guión e Mellor Obra do Salón da Banda Deseñada de Barcelona(2008). * Foi levada á pantalla por Ignacio Ferreras. Paco Roca participou no guión. Foi nominada aos Goya na categoría de Mellor Película de Animación e Mellor Guión Adaptado.
"Os homes pensan que deixan de namorarse cando envellecen, sen saber que envellecen cando deixan de namorarse" (Gabriel García Márquez)
Manuel e María Baleirón obteñen o premio Xerais Que excelente noticia para o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón! Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguéns, (dúas persoas moi queridas para nós), ven de gañar xuntos o premio Xerais de novela 2012, un dos galardóns literarios máis importantes de toda Galiza, cunha obra titulada Tonas de laranxa. E o máis fermoso deste premio é que Manuel e María foron soñando e escribindo xuntos esta historia, que , segundo eles mesmo antici-
pan, vén sendo unha sentida homenaxe á obra de Álvaro Cunqueiro, mais tamén ao Libro das viaxes e dos soños que escribira o propio Eusebio, irmán de Manuel e tío de María. Desde a revista, e en nome de toda a comunidade educativa de Dodro, aproveitamos este recuncho para lles mandar unha forte aperta a Manuel e María, que co seu talento e humildade iluminan a cultura e a memoria das terras e xentes de Dodro.
11
Moitos parabéns e bicos! Agardamos con ilusión a que se publique a novela para saborear o seu recendo a laranxeira!
ON
LINE
FACEBOOK SAE Á BOLSA Están tolos ou hai algo por detrás que descoñecemos? A compañía de Mark Zuckerberg saiu á bolsa de Wall Street o 18 de Maio deste ano 2012. Conseguindo ser a maior saída dunha tecnolóxica na bolsa. Foi a 3ª saída en bolsa máis importante na historia de E.E.U.U. por detrás de General Motors e Visa. Resulta curioso o
Non é de estrañar que os in-
feito de que unha empresa cun valor tan efémero como unha rede social conseguise facer historia bursátil. A cotización máxima de FB por acción foi de 43 $. Case un mes despois a súa cotizacion estaba nos 27 $ (case un 40% menos).
sión na época. Por exemplo, As Maldivas chegaron incluso a abrir unha embaixada no seu mundo virtual en 3D. Naquela época (2007) Second Life anunciaba 8 millóns de usuarios, cifra ridícula comparada cos case actuais 900 millóns de usuarios de FB.
versores teñan dúbidas á hora de confiar nas accións de Facebook. Non hai que ir moi atrás para ter un claro exemplo de rede social que pasou de ser un éxito, ao total olvido en tempo récord, Second Life. A rede social creada por Linden Lab tivo unha importante repercu-
RECOMENDACIÓNS
ie s , ser Cine ndaome c e r e s ción
Procura gustos afíns con outras persoas sobre cine. Déixate recomendar polas túas almas xemelgas. Fai críticas... Tes que darte de alta
Aquí tendes unha revista actual sobre música, cine, móbiles, viaxes, cosmética... e en galego.
e sta d Revi as en enci tend go gale
NA
De se era e quen que tema as? cant
Só tes que cantar ou tararear unha melodía e midomi dirache o título da canción e o autor. Só tes que ter un micro conectado ao ordenador.
Un lugar onde intercambiar conversacións en diferentes linguas vía skype. Hai que darse de alta.
12
É FB gratuíto? Que vende? Esta non é unha empresa "habitual" que ao final de cada trimestre diga "gañamos X millóns de $" xa que ofrece un servizo gratuito. Entón, donde tira os cartos? Só da publicidade, ou tamén vende información da xente a terceiros? A túa información, a nosa información vendida a empresas e gobernos. Sabedes que unha das inxeccións de capital máis importante do FB foi feita por uns fondos de investimento vinculados á CIA? Estamos achegándonos ao control das mentes que preconizara George Orwell no seu libro 1984?
nde Apre uas ling s grati
WEB
Rede Social de promoción de novas en galego. Os usuarios votan, comparten as
na ocio Prom vas as no as tú
novas que consideran de interese. A comunidade pasa a ser o editor.
Con vídeos dos destinos máis fascinantes da terra creados polos propios usuarios. Comparte experiencias
ece Coñ do mun
ON
LINE época dourada de Facebook ou Twitter é para estar máis que satisfeitos. P.- Como mudou o Cabozo de hai catro anos ao Cabozo de hoxe? A.F.- O cabozo de 2008 era web creada
A única rede social "made in Galiza" Cabozo é a única rede social realmente "Made in Galiza" con código proprio, é dicir, creada totalmente desde cero, dirixida á sociedade galega, redactada integramente na nosa lingua, e considerada a primeira rede social de especialización territorial en España. Este proxecto xurdiu a finais de 2007, Antonio Mariño bautizou esta rede como Pantry (despensa en inglés). Este nome mantívose poucas semanas, xa que en febreiro de 2008, fíxose chamar Cabozo. Nese momento era unha rede privada, de uso exclusivo para un reducido grupo de amigos de Viveiro e Alemaña. Esta iniciativa foi acordando o interés doutros achegados de Ángel Fol-gueira e Antonio Mariño e así, en 2009, decidiuse abrir definitivamente Cabozo ao público en xeral. O 14 de febreiro de hai tres anos comezaba a aventura pública de Cabozo na rede galega. Dende entón foron moitas as melloras no deseño e funcionalidades, mais tamén moitos os problemas aos que tiveron que facer fronte, tanto os autores desta rede, como a comunidade cabozeira. Sobre todo a falta de axudas por parte de institucións, medios de comunicación, e personalidades do galeguismo 2.0 Actualmente Cabozo conta cunha comunidade en torno ás 8.000 persoas entre usuarios rexistrados na web e seguidores en distintas plataformas sociais.
Antonio Mariño ENTREVISTA Tiven a oportunidade de poder repasar todas as novas sobre esta rede social cun dos seus creadores, Ángel Folgueira (Santander, 1976). Residente en Lugo, especializado en dirección de recursos humanos e relacións laborais; e en xestión da presenza online empresarial. P.- Cal é o balance destes catro anos de actividade en Cabozo ? A.F.- Aínda que tivemos algunas decepcións non esperadas por recibir paos desde onde pensábamos que recibiríamos apoios, en xeral, só podemos facer un balance positivo desta aventura. Que unha rede social creada na Galiza desde cero por dous galegos no seu tempo libre, con código orixinal, cunha filosofía de uso propia, de forma independente, en galego, siga viva e crecendo na
13
para manter o contacto entre un grupo de colegas de 30 persoas. Entre estos colegas había un pequeno grupo de alemán, que motivou que durante uns meses Cabozo fose unha web redactada en inglés. O Cabozo actual e unha comunidade aberta a todo o mundo. Hoxe temos 8.000 usuarios maioritariamene galegos, mais tamén contamos con
Ángel Folgueira xente de Alemaña, Brasil, Portugal... P.- Que características ten Cabozo? A.F.- Facilitamos servizos de xeolocalización baseados en Google Maps; servizos de vídeo-conferencia múltiples; posibilidade de crear grupos públicos ou privados; dispor dun canal proprio de Tv para emitir en directo ou en diferido; servizos de blog; versión para Smartphone, etc... Varias destas funcións foron postas ao dispor dos usuarios de Cabozo antes de existir en Facebook ou Twitter. P.- Define a comunidade cabozeira. A.F.- Certa sensibilidade por todo o que representa Galiza e o galego, mais ao mesmo tempo abertos ao mundo e cunha versión plural do que é a vida. P.- Moitas grazas por esta entrevista on-line e a seguir cabozeando! A.F.- Grazas a ti! Espero que despois desta conversa, aumente o número de cabozeiros pola zona Dodrense! Un saúdo.
As nosas fotos de grupo
1º PRIMARIA
Alumnado: Daniel Barros González, Julio César Castaño Márquez, David Catoira Pérez, Jesús Manuel Contreras Martínez, Irene Pérez Fandiño, Luis Pérez Refojo, Manuel Pimentel Sóñora, Alba Romero Portas. Titora: Mª Teresa Varela Iglesias
2º PRIMARIA Alumnado: Alejandro Abuín Rodríguez, Sandro Antunes Calvo, Raúl Calvo Dios, Carolina Calvo Pérez, Raúl Calvo Vecino, Marcos Devesa Dacosta, Joel Fernández Garrido, Zaira Jamardo Abuín, Xosé Pérez Fuentes, Christian Pérez Márquez, Brais Portas Buela, Manuel Rey Refojo, Tatiana Rial Rodríguez, Naiara Romero Morono. Titora: Luz Tubío Fachado 14
As nosas fotos de grupo
3º PRIMARIA Alumnado: Iago Abuín Pérez, Samuel Batalla Gago, Joel Blanco Buela, Óscar Creo Cerqueiras, Borja Dios Vila, Iván Fuentes Santos, Roberto Garrido Baleirón, Iris Iglesias Mariño, Iván Iglesias Vidal, Pablo Pérez Refojo, Javier Píriz Mayo, Xiana Reboiras Sobrino, María Rial Iglesias, Zaida Rodríguez Rey, Nerea Romero Casal, Marta Seco Conde. Titora: Marisol Casal Rodríguez.
4º PRIMARIA
Alumnado: Noel Aido Galbán, Alejandro Cardama Calvo, María Alejandra Clavo Carrillo, Xiana Collazo Rial, Álvaro García Castiñeiras, Ismael González Varela, Erick Guerrero Fernández, Brais Reboiras Tobío, Sergio Rodríguez Figueira, Jennifer Varela García, Sandra Varela Romero, Lois Vicente Fernández. Titor: Manuel Ferro Dios 15
As nosas fotos de grupo Alumnado: Fernando José Barreiro Cerqueiras, Julián Blanco Sóñora, Yanira Boullón García, Javier Castiñeiras Vigo, Sergio Ferro Blanco, David García Cerqueiras, Adalia González Franco, Guillermo González Vilas, Cristina Iglesias Rodríguez, Adrián Mariño Bello, Ismael Nogareda Rañó, Aldara Pérez González, Daniel Romero Casal, José Manuel Romero Vigo, Manuel Antonio Varela Castro, Inés Varela Romero. Titora: Mónica Fontaíña Losada
5º PRIMARIA
6º PRIMARIA Ollando cara arriba... de cara á ESO
Alumnado: Uxía Abuín Pérez, Mario Castaño Otero, Paola Cruz Morales, Miguel de Tena Vázquez, Iria Doval Rial, Laura Fabeiro Ramos, Antón García Lodeiro, Iván Ojea Romero, Pablo Pérez Lago, Laura Proupín Bustelo, Sergio Rey Matos, Xulia Tarrío Bugallo, Belén Torres Franco, Cristina Torres Vigo, Xocas Vázquez Abuín Titora: Concepción Varela Fernández. 16
As nosas fotos de grupo E Chegados á ESO... un novo Xogo: Quen é quen?; une con frechas; xoga a detective; etc... Ainda que en 1º da ESO é moi fácil... ao fin é ao cabo, aínda son uns pícaros. ;-D (he, he)
1º ESO Alumnado: Lara Blanco Boga, Paula Calvo Calvo, Lucas Calvo Dios, María Catoira Dopazo, Irene Figueira Refojo, Nicolás Franco Saborido, Cristián González Varela, Roi Magariños Castiñeiras, Alba Oliveira Baleirón, Emma Rey Fernández, Nerea Rial Novás, Gabriel Rodríguez Blanco, Iago Suárez Domínguez, Anxo Susavila Otero. Titor: Camilo Forján Seoane.
17
As nosas fotos de grupo
2º ESO Alumnado: Carmen Sara Acosta Ferreirós, Abel Castaño Laíño, Isidro Castaño Márquez, María Francisco Fernandes, Sergio García Pérez, Marcos Pérez López, Ana Rey González, Jesús Rial Soter, Noel Romero Romero, Lucía Trillo Refojo, Titora: Mª Dolores Ramos Esperante Na foto falta Abel xa que non estivo a semana que sacamos as fotos. Tranquilos... está nas fotos de pícaros.
18
As nosas fotos de grupo
3º ESO Alumnado: José Andrés Barreiro Garrido, Yago Domínguez Rodríguez, Martín Franco Conde, Daniel García Castiñeiras, Daniel Gey Pérez, Andrea González Romero, Sandra Mariño Cortegoso, Noemí Sóñora Mayo. Titor: Manuel Álvarez Fernández.
19
As nosas fotos de grupo
4º ESO Alumnado: Noelia Barros González, Anxo Bustelo Cabanas, Xiana Fresco Abuín, Rubén García Cerqueiras, Alexandre Iglesias Rodríguez, María Reboiras Tobío, Pablo Rodeiro Otero, Martín Rodríguez Frois, Adrián Temperán Pérez, Pedro Tourís Sobradelo Titora: Susana Presas Panadeiros.
20
As nosas fotos de grupo
4º ESO - pdc Alumnado: Adrián Barreiro Cerqueiras, Alexandre Barreiro Garrido, Laura Batalla Gago, Diego González Vilas, Daniel Rey Matos, Alberto Rial Sobradelo, Mónica Rodríguez Garrido, Álvaro Luis Torres Franco, Luis Alberto Varela Castro. Titor: Manolo Pimentel González.
21
As nosas fotos de nenos Seguimos co Quen é quen?. Agora tócalle aos profesores. Non estamos todos os que somos, mais si somos todos os que estamos... a saber: María José (Bedel), Chus de castelán, Mónica (titora de 5º), Cachicha, Camilo, Ana (Xefa de estudos), Xiao, Carlos Negro (poeta), Juana (administrativa), Teresa (titora de 1º primaria), Loli (relixión primaria), Loli (Bioloxía), Elena, Manuel plástica, Manolo E.F., Conchi, Carlos E.F., Susana, Marisol (titora 3º primaria), Silvia (Audición e linguaxe), Fernanda, Merche (Teacher).... Vai tachando nomes e buscando Quen é quen?
22
As nosas fotos de nenos
23
Saídas didácticas En sinal de protesta polos recortes na educación pública, o Claustro do C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón decidiu non realizar saídas extraescolares no primeiro trimestre.
Con este mesmo motivo, o profesorado organizou unha xuntanza coas nais e cos pais do centro para explicar as razóns polas que se chegou a esta decisión.
O día 14 de Febreiro o alumnado do primeiro e segundo ciclo de Primaria participaron nun obradoiro de animación á lectura da editorial Kalandraka.
O día 27 de Febreiro o alumnado de Primaria visitou o Museo do Pobo Galego o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) e a zona vella de Santiago.
Na exposición de Anna Maria Maiolino
O día 17 de Abril os rapaces de quinto e sexto de Primaria foron ver a Santiago unha representación teatral en inglés. Para ver información detallada desta actividade, ver as seguintes páxinas e o fabuloso traballo que fixeron Uxía Abuín Pérez, Sergio Rey Mato e Cristina Torres Vigo de 6º de primaria.
Escaleiras do Museo do Pobo Galego.
Títeres para primaria o 12 de abril
Ver as páxinas seguintes
24
Saídas didácticas O venres 21 de abril o alumnado de terceiro e cuarto da ESO fomos a Ourense para facer a ruta literaria da obra de Eduardo Blanco Amor A Esmorga. Mais antes, fomos por Coren a coller unhas "oveiras" (recipientes para ovos) para colocar no teito da aula de idiomas de secundaria. Resulta que esta aula ten bastante reverb e colocando estas oveiras no teito, os rebotes do son serán moito menores. Xa non teremos excusa para suspender os listenings de inglés. Visitamos varios dos lugares por onde pasaron os protagonistas desta obra literaria. Podemos comentar que algún barrio continúa a ter as mesmas funcións que na Esmorga (p.e. o barrio da Ferrería, onde os tres esmorgantes foron ver as prostitutas). As cousas non cambian tanto en 50 anos. Aproveitamos para coñecer a cidade ourensá e quedarnos con novos sitios para saír nós de esmorga por Ourense (he, he). Pola tarde visitamos a casa de Ramón Otero Pedraio e gozamos dun bo día. Despois de xantar, algúns estaban que botaban fume mentres outros se dedicaban a refrescarse polas pozas. O xoves 3 de Maio fomos toda a ESO ao cine a Vilagarcía. Fomos ver a película de Ignacio Vilar titulada Vilamor. Mais antes tivemos unha charla onde nos contaron os pasos que deron para elaborala, financiación, etc... Unha película que recomendo ver porque está gravada en Galiza e fala sobre a diferenza de ideais.
O xoves 26 de Maio o alumnado de cuarto da ESO fomos aos centro do Politécnico Lamas de Abade e ao Compostela para informarnos sobre os ciclos e axudarnos a escoller a rama de estudo en función da profesión que queiramos exercer. 25
Saídas didácticas
26
Saídas didácticas
27
Celebracións 30 Xaneiro. Día da Paz. Decoramos paraugas vellos coas seguintes temáticas: guerra, droga, solidariedade, maltrato, violencia de xénero e capitalismo. Colgamos os paraugas do teito e deixámolos case até final de curso para lembrar que a paz non é cousa dun só día. "A paz non é somente a ausencia da guerra. En canto haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión, dificilmente poderemos alcanzar un mundo de paz." Rigoberta Menchu. Premio Nobel da Paz 17 de Febreiro. Entroido Os alumnos de CPI celebramos o entroido xunto ao CRA de Dodro. Fomos xuntos ao Centro de Día. Alí interpretamos unhas cantigas cos maiores do concello. Despois voltamos ao centro para degustar uns deliciosos postres entroidianos. O Galo cando canta é día, é día, é día. O galo cando canta é día, imos de parranda ao centro de día E nós como somos ghaiteiros, ghaiteiros, ghaiteiros E nós como somos ghaiteiros. para ir de parranda somos os primeiros E nós como somos de Bexo, de Bexo, de Bexo. E nós como somos de Bexo, imos de parranda de Lugo a Sanxenxo E nós como somos de Imo, de Imo, de Imo E nós como somos de Imo, imos de parranda, nunca falte o viño. E nós que somos de Laiño, Laíño, Laíño. E nós que somos de Laíño, imos de parranda todos os domincos E nós que somos de Teaio, Teaio, Teaio. E nós que somos de Teaio imos de parranda de Xaneiro a Maio E nós que somos de Manselle, Manselle, Manselle. E nós que somos de Manselle imos de parranda_os do_Ave con nós veñen.
28
Celebracións 8 de Marzo. Día da muller traballadora. O alumnado da ESO escribiu con xiz as seguintes frases: "As agresións, os asasinatos, os insultos e ameazas, a discriminación salarial, o analfabetismo, as redes de prostitución, os abusos sexuais, a ablación, o desigual reparto do traballo doméstico, os burkas, as cadeas, feminicidio de nenas, a publicidade que nos converte en obxectos, a lingua sexista, E TODO AQUILO QUE AINDA CHEIRE A MACHISMO!!" Frase que foi borrada polos rapaces con vasoiras en sinal de igualdade e respeito. 21 de Marzo. Día da árbore. Fixemos unha plantación de carballos por toda a eira do noso centro.
O 21 de Maio veu Celso F. Sanmartín para deleitarnos outro ano máis coas súas marabillosas historias tiradas da tradición oral de Lalín e do seu traballo con maiores. Por iso este ano tamén viñeron a escoitar os seus contos os nosos maiores do Centro de día.
O 30 de Maio veu Aline Fração de Angola. Já que o 5 de Maio se vinha de celebrar no mundo o dia da cultura e língua galego-portuguesa. Falou-nos do seu país, e do resto dos países do mundo onde nós, como galegos nos podemos comunicar falando a nossa língua: Galiza, Portugal, Brasil, Ángola, Moçambique, Cabo Verde, Damão na Índia, Macau na China, Timor-Leste... Sendo a 6ª língua mais falada do mundo depois do árabe. 17 de Maio. Día das letras galegas. Coma sempre este foi un día completo en Dodro. Ademais da habitual entrega de premios, este ano fixemos dous actos máis:
Unión de contadores de tradición oral. Os maiores Charla sobre Eusebio Lorenzo Baleirón conmemodo Centro de día e o alumnado de 3º e 4º da ESO. rando o 50 aniversario do seu nacemento por parte de Manolo L. Baleirón, Anxo Angueira, Carlos Negro e Valentín A. Somoza. 29
Premiados nas letras galegas
S O, O B , DÚA E REV S BO. B E E S VEC
Houbo premios en dúas categorías: Ao mellor Microrrelato e ao mellor Haiku. Mais, como eran as normas para cada categoría?
Relato curto ou microrrelato:
Haiku:
Escribir unha historia boa e breve pode parecer doado. Pois non o é. Aínda por riba cun máximo de 33 palabras. Fai a proba!!
O Haiku é unha forma poética típica de Xapón. As súas normas son simples: 3 versos de rima libre de 5, 7 e 5 sílabas cada verso respectivamente. Aos xaponeses encántalles estas formas xa que poden suxerir imaxes, momentos para deixar libre a imaxinación. Convidámoste a que intentes facer un Haiku. Sempre é divertido e moi creativo.*
1º Premio de Relato Curto - 1º primaria
1º Premio de Haiku - 1º primaria
Meu pai
Eu teño un can moi xoguetón que xoga comigo ao balón. Morde a vasoira e salta moito
Meu pai chámase Víctor. É alto, é delgado, ten o pelo de cor negra. Gústalle vestir un polar e un pantalón vaqueiro. É un pouco guapo. Axúdame a facer cousas, xoga comigo ao xadrez e tamén lle gusta estar ao noso lado. Algunhas veces tráeme cousas e quéreme moito.
cando ten fame.
David Catoira Pérez
Irene Pérez Fandiño
1º Premio de Relato Curto - 2º primaria
1º Premio de Haiku - 2º primaria
O gato
Cando vexo as follas miudiñas son coma rosas de cores e sinto que podo voar como un ave no ceo.
Había unha vez un gato que perdeu o nariz e os ollos e non podía ver. Un día, saíu á rúa e petou cun poste e rompeu os dentes. Despois foi ao veterinario e púxolle Manuel Rey Refojo uns dentes novos, un nariz e dous ollos e o gato quedou novo. * En 1º e 2º de primaria as normas dos Haikus son máis libres por razóns obvias. Raúl Calvo Dios
30
Premiados nas letras galegas
1º Premio de Relato Curto - 3º primaria
1º Premio de Haiku - 3º primaria A primavera florece na cara do meu querido sol.
As flores As flores son moi bonitas, como as rosas e as margaridas. As árbores medran e abrazan coas súas ramas os niños dos paxaros. As bolboretas, coas súas cores, alegran a natureza e os corazóns.
Xiana Reboiras Sobrino
Samuel Batalla Gago
1º Premio de Relato Curto - 4º primaria
1º Premio de Haiku - 4º primaria
Un canguro voador
A natureza é moi delicada e moi bonitiña.
Este era un canguro que non sabía saltar; os amigos recomendáronlle ir a Decatlon. O canguro foi, e alí comprou uns resortes. E así puido saltar altísimo. E cumprir o seu soño... voar!. Xiana Collazo Rial
Lois Vicente Fernández
1º Premio de Relato Curto - 5º primaria
1º Premio de Haiku - 5º primaria
A xoaniña feliz Érase unha vez unha xoaniña que sempre estaba triste, non sabía o que era ser feliz! Os seus amigos nunca a viron rir. Até que un día riu e foi feliz para sempre. David García Cerqueiras
31
Río de prata, símbolo dunha terra, serpe de auga. Ismael Nogareda Rañó
Premiados nas letras galegas
1º Premio de Relato Curto - 6º primaria
1º Premio de Haiku - 6º primaria
A serpe vermella Nun monte vivía unha serpe vermella. Polas noites ía por aí cear ratos. Un día tivo que cruzar unha lagoa. Un rato díxolle se podía ir con ela. Fixéronse amigos para sempre. Iván Ojea Romero
Unha bágoa é coma un pétalo dunha bela flor. Uxía Abuín Pérez
1º Premio de Haiku - 1º ESO
1º Premio de Relato Curto - 1º ESO
Corazóns rotos: nin tintas nin vendas poden curalos..
Unha rapaza loura Era unha rapaza loura tan guapa que de día competía co Sol e de noite gañaba á Lúa. Brillaba tanto que a súa familia era a que menos gastaba de luz na vila.
Roi Magariños Castiñeiras
Irene Figueira Refojo
1º Premio de Relato Curto - 2º ESO
1º Premio de Haiku - 2º ESO
Viaxe en avión - Mira, Lois, o avión onde viaxa teu irmán! - Mamá, está moi alto! Ao día seguinte, nas noticias: “Accidente mortal de avión sen ningún supervivente”. - Mamá, Roberto é famoso, a súa foto saíu na tele!. Ana Rey González
32
Chegou o momento, o derradeiro exame. (Verán en xogo). Lucía Trillo Refojo
Premiados nas letras galegas
1º Premio de Haiku - 3º ESO
1º Premio de Relato Curto - 3º ESO Viaxe en avión Nun glorioso día, envolta por un silencio de aceiro, encamiñouse ata a ventá. Impulsouse. Quería ser libre por unha vez, sen ataduras nin barreiras. Quería sentirse como un paxaro en pleno voo. Andrea González Romero
1º Premio de Relato Curto - 4º ESO
Fuxindo de min a inspiración marchou, e así quedei só. Martín Franco Conde
1º Premio de Haiku - 4º ESO
Distracción Nun bar, conversando seriamente: - Realmente é un caso moi extraño. - Sí, non resulta críbel. - Necesitaríamos un experto. - Mira que interrumpir o partido de fútbol para falar de economía. Xa se pasan... Anxo Bustelo Cabanas
1º Premio de Relato Curto - 4º ESO- PDC Xusto Cando eu ía camiñando polo deserto, atopeime cun reloxo de area; collín o reloxo e deille a volta; cando a area caeu toda na parte de abaixo, quedeime con trinta e tres palabras. Daniel Rey Matos
33
Paxaros que voan! Quixeramos ter todos tal liberdade. Pedro Tourís Sobradelo
1º Premio de Haiku - 4º ESO-PDC Quero ser como o aire que peta na túa beleza. Adrián Barreiro Cerqueiras
Saída de 4º- PDC Antes da saída cada profesor na súa materia fixo un traballo previo da saída. Que cousas se van ver e como se estudan e se entenden desde a óptica da cada materia. Durante a saída fomos visitando Guimarães e Lisboa. O alumnado ía traballando aqueles aspectos previamente estudados nas diferentes materias.
Este ano fixemos unha saída didáctica como excursión de fin de estudos para o alumnado de 4º da ESO e 4º PDC. O primeiro traballo foi organizala desde Dodro (planificación da viaxe, axuda aos rapaces para conseguir cartos e xestionarlles as vendas, procurar unha axencia de viaxes que tivese unha boa relación calidade-prezo, etc...).
Loxicamente tamén tivemos tempo de lecer, de perdernos polas rúas paseando, de charlar, de tomar uns cafés, etc... Á volta, en cada materia foise traballando de diferentes maneiras a saída a Portugal. O alumnado tivo que entregar un traballo por materia a cada profesor en referencia á saída.
Paseando por Guimarães.
O NOSO ALUMNADO DECLARA Álvaro: O que máis me gustou foi o de ir a un concerto pola noite en Lisboa; tamén probei comida novas, como o bacallao á portuguesa e o churrasquiño de vitela.
Adrián: Encantoume a excursión; o motorista do autobús era moi boa persoa, para min foi criminal estar con el; volvín de Portugal cunha idea moi diferente da que tiña antes, moito mellor. A pena foi que só foran cinco días! No Chiado
Preparándose para saltar
Vista desde abaixo da Tirolina
Sempre elegante
Adrián Temperán: Ao principio, non me gustaba a planificación que se fixera para a excursión, pero a medida que ían pasando os días fomos vendo que non era tan aburrido como pensáramos; en xeral, gustoume moito. Martín: Gustaríame destacar o respecto e a amabilidade que me atopei polos lugares que fomos visitando. Pois, pese á ampla Preparándose para a tirolina variedade de razas e culturas, vin unha boa convivencia. Por iso, digo: Portugal é un país que, sen dúbida, deberías visitar.
Toda unha declaración sobre a saída por parte de Rubén: No restaurante El Rei a verdade é que o filete estaba moi bo.
Maqueta da Tirolina feita polos alumnos de Pdc.
34
No Paço Ducal de Guimarães
Saída de 4º- PDC Pedro procurando algo no maleteiro do bus.
Vistas de Lisboa desde o Castelo de São Jorge Posando
Noelia: Na excursión a Portugal todos o pasamos xenial; o que máis me gustou foi visitar o mosteiro dos Jerónimos, dado que era un paraíso. Paseino moi ben nas ceas de Guimarães e nas noites de hotel de Lisboa, durmindo oito en habitacións de catro, e trasladando colchóns dunhas habitacións a outras.
Pedro: Son os cinco días máis movidos que eu recorde; lembro moito a Reinaldo, o camareiro do restaurante onde ceamos en Guimarães, un home moi divertido. Xiana: Fomos visitar o mosteiro dos Xerónimos, que era precioso; pero algúns, en vez de teren os ollos abertos, estaban a durmir.
Pablo: O máis atractivo de Lisboa é a mestura de culturas que se observa nas rúas ateigadas de xente. Outra cousa moi rechamante son os bonitos e decorativos azulexos que adornan as fachadas das casas.
Anxo: O mellor de todo foi ter tempo para perderme por Lisboa, poder andar ao meu aire e descubrir sitios; tamén destacaría a educación e modestia dos portugueses.
Nos Xerónimos
En Guimarães por diante da Câmara Municipal
Na Praça do Rossio
Álex Barreiro: Foi como unha viaxe no tempo que durou unha semana! Un moi bo día foi o do concerto, nós non entendíamos as letras do grupo Diabo na Cruz, pero non paramos de bailar en toda a noite. Na Torre do Castelo de Guimarães
35
Álex Iglesias: Foi unha viaxe chea de experiencias, e todas boas (excluíndo os nefastos chistes de Xiao); o mellor momento foi cando tomamos algo nunha terraza da bohemia lisboeta desde a que se vía o mar e se escoitaba un músico brasileiro tocando fado. Na terraza do café Brasileiro ao lado de F. pessoa (estatua)
María: A excursión estivo chea de anécdotas e historias para contar, aprendemos cousas novas, literatura portuguesa, a convivir cinco días todos xun-tos, foi unha excursión na que gañamos experiencias, e se por min fose poñíame de novo a vender tartas para repetila.
Na ruta literaria
P
A
T
I
O
D E
R
E
C
R
E
O
Vaciles pra dar e tomar... Van aquí os mellores vaciles que se escoitaron nos corredores do noso centro este curso. Non nos falta de nada! Hai vaciles para todos, e se non tes parella, sempre hai para quen mirar.
Vaciles para...
Esteas ou non namorad@, nunca se pode evitar algún que outro vacile.
os miróns...
-Que,
váiseche a mirada?
lle nto a t ue os q dá...
s ho c a ap dos c os ura f
-Haiche que traer unha tinalla para as babas?
os qu
-S ben i, si; iso que d che is, pero ghu staa !!
itan
s os que nece tirantes
choc e xa hean .
das n a te n men eh? No a .. t im , -Ul nubes e será. nas porqu sei ue os q es m utro o n n vive
- Que che v caer os ollo an s!!! an a ser g o x e u q s o olmes Sherlock H
?Que . a r i e o n s á xa os en xuñ a d n - Xa a que estam s saiba 36
vos... i s e s o os p ¬.¬
-Estalo desexando... ao ataque!!!
-Estive che seguil s todo o tem @ ca m irada.. po a ..
P
A
T
I
O
D E
R
E
C
R
E
O
Ri un pouco... ou chora...
Esta sección pode ferir sensibilidades. Consulte ao seu médico mentres exista a seguridade social.
Unha de Forges
E falando de fútbol, da Rogha e da Eurocopa...
Xa que andan dicindo por aí que os chistes do Xiao son malos... pois A SOFRER... A Ver Adrián... Que nota é esta?
Penso que é Si... ou?
Si que?
Chistes de Luis Dávila. Podes ver máis en luidavila.net Xa está aquí. Xa chegou. O novo xogo para Xboss, Nin-entendo e plei-esteixon. Non reñas máis co teu veciño e dirime as diferenzas sobre onde debía estar o marco da leira xogando ao...
37
Si Señor!!!
P
A
T
I
O
D E
JE T'AIME
2.E ti como prefires os bicos? a) de vaca. b) de parafuso (tornillo) c) de bolboreta.
COMPROBA AQUÍ OS TEUS RESULTADOS
E
C
R
E
O
4.Ti , de que bando es? a) d@s que se lanzan?. b) d@s de amor platónico. c) d@s de: xa virá se quere.
1.Se vén unha persoa atractiva e che dá un bico, que fas? a) éntraslle a saco. b) AHHH!! (desapareces). c) é que... teño que marchar, que a miña avoa....
3.Como @s prefires? a) loir@s , moren@s e de demais cores.... b) canos@s. c) sen pelo.
R
5. Que farías para ver o teu amad@? a) seguil@. b) pór un rádar. c) inventar calquera excusa con tal de ir á outra clase. 6.Como queres as relacións? a) se dura un día xa bo é! b) dúas semanas e chégalle ben. c) eternas.
7. En Bioloxia, cando chega o tema da reprodución, que fas? a) estudar com un / unha tol@, que ata te sorprendes. b) preguntarlle a Loli, que até ela mesma descobre cousas novas. c) pasar, como é habitual.
Maioría A: Tes que ir mirarte. A promiscuidade chega en ti a límites que deixarían a Freud asustado. En serio che van os bicos de vaca?
E ti de quen es? De Paco (camisa verde) ou Manolo (camisa amarela). Para sabelo, responde as seguintes cuestións: 1. Prefires que che entren ou sempre entras ti? 2. Si, lío, si; mais con compromiso ou sen el? 3. Prefires ao/a príncipe/princesa azul ou a un/ha chul@ de discoteca? 4. Cres no famoso amor a primeira vista ou non? 5. Es d@s que ten a un/ha fichad@ ou d@s que lle van tod@s?
Maioría B: Es d@s que non se molla e na vida... ou arre ou xó, senon cal é a graza? Comezo a mirarte mal.
Maioría C: Es un/ha auténtic@ pasota. Como podes deixar que a vida pase por ti sen agarrala duramente por onde máis doe? 38
Gr upo Edi to ria l Martín Rodríguez Frois (Grifa ou Palop) encargado da sección On-line, fixo a entrevista aos cabozeiros. Anímavos a participar nesta rede social galega. Está feito para o mundo laboral, si señor! É dos que saen ben nas fotos e ten boas ideas. Facer non fai moito, pero mandar... Un home de negocios como Dior manda!. Rubén García Cerqueiras (O Canario) Encargado da sección Pantalla Zombie e Musicadicción xunto a Álex. O do filete do restaurante El Rei... Un auténtico Homer Simpson. María Reboiras Tobío (María, sen máis) Encargada da sección Gastronomía, que nun primeiro momento ía ser Estilo Activo e ter máis partes, mais co seu sorriso hipnótico, convenceunos e reconvertimos esta sección. Unha mágoa que na nova sección non incluíse un prato de Bacalhau á portuguesa. Pedro Tourís Sobradelo (O señor Tourís, Peter) Este chaval deu máis choio... porque, a ver, meter a un picapedra no medio de tanta tecnoloxía non che foi doado!. Non obstante levou a bo porto un rigoroso análise sobre facebook, e grazas aos seus coñecementos naturistas ilustrounos cos avances máis significativos da ciencia. Diego González Vilas (O grandullón) Encargado das seccións saídas didácticas e celebracións. Con iso de que tiña o ordenador escangallado quería entregar todas as aportacións a man!!! (como nos tempos de antes, nos que se gastaba tinta e doía o pulso!). Aínda ben que o convencemos para que usase os ordenadores da biblioteca...
Noemí Sóñora Mayo (Nuemi) Aquí a temos á rapaza que fai o dela e carga co do resto! Encargouse das seccións: Letras vivas e Vaciles para dar e tomar. Axudando a maquetar a María a sección de Gastronomía máis a de Je t'aime con Sandra. Hai que decilo: foi a única que aprendeu a traballar minimamente ben co Scribus. (O programa gratuíto de maquetación que usamos) para elaborar a revista. Agora ben, un consello: non te vaias nunca para unha empresa na que estea Martín, porque vas mal, eh? Alexandre Barreiro Garrido (O Coreano) Traballou xunto a Rubén o Canario en Pantalla Zombie e en Musicadicción. Convencido de que tiña o traballo feito, deuse conta de que o seu ordenador asasino enguliu todo nunha cavidade chamada papeleira de reciclaxe que posteriormente baleirou... Debía estar ansioso por volvelo facer. Sandra Mariño Cortegoso (A Pesca) Encargada das fotos e da sección vaciles e Je t'aime que fixo xunto a Noemí. Tamén isto que estades a ler. Esta rapaza discurreu moito para non traballar: "Estou castigada sen cámara". Xiao Somoza Rodríguez (mellor non poño nada, que non quero un parte) Un dos directores da revista. Tivo que aguantar a unha panda de aborrescentes a última hora. Só mencionarei o seu mellor chiste, o resto imaxinádeo vós: (acento arxentino) Vai un home a unha farmacia e di: -Quiero colgate! -Pues yo a vos escupite y matate! Hahahahahahaha. Carlos Negro (tampouco poño nada, non vaia ser) Aquí está o outro director da tolemia que estades a ler. Mais un respeitiño, que é poeta -que rima con teta-! (sic). Carlos non é tanto de contar chistes coma Xiao, prefire os contos, pero dado que non me pagan e que non entra un conto nesta páxina, paso de seguir escribindo...
39
EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
VALENTÍN PAZ ANDRADE
50 Aniversario do seu nacemento
Letras galegas 2012
A MORTE PRESENTIDA
CANDO TI VOLVAS…
DAS
(A Castelao)
ANTIGAS PALABRAS
QUE RECENDEN A FENO E A MAR
NA
QUERO ESCREBER SOBRE ESTAS PEDRAS
QUE DENDE A
MENSAXES NAS VELLAS LINGUAS
UN FACHO ACENDERÁ POR CADA ILLA,
QUE ESQUECEU O MEU PAÍS
CANDO TI VOLVAS POLO MARE;
APRENDÍN A DICER SEIXO
DE TOXO UNHA FOGUEIRA EN CADA MONTE,
AMÉNDOA
CANDO TI VOLVAS POLO MARE;
E VIN VOAR A RULA BAIXO O CEO
DOS CASTROS NA COROA UNHA CACHELA,
A NACER UNHA FLOR COMO UN CAMIÑO.
CANDO TI VOLVAS POLO MARE;
MAIS
UNHA LOURA CANDEA EN CADA PINO,
ESTE TEMPO FOISE
MATRICIAL
GALIZA,
TORRE
DE
SEMPRE TÚA,
HÉRCULES
AO
MIÑO
POLAS ILLAS E
CANDO TI VOLVAS POLO MARE;
NA NOITE MEDRARON NOVAS AVES
O SEU CIRIO DE FROUMA OS ARCIPRESTES,
QUE INICIARON ABRIL.
CANDO TI VOLVAS POLO MARE;
NON
LUCES DE ARDORA BRANCA EN CADA MASTRO,
SERÁ MEU O CORPO NEN ESTOS CEGOS DEDOS
NON SERÁ MIÑA A VOZ
CANDO TI VOLVAS POLO MARE;
E UN SILENCIO ERGUERASE SOBRE OS OUTROS
UN FAROL MARIÑEIRO EN CADA DORNA,
COMO A LUZ DO ABRENTE POLAS FONTES.
CANDO TI VOLVAS POLO MARE; VELIÑAS Á XANELA EN CADA CASA, CANDO TI VOLVAS POLO MARE; E AS PÉROLAS DAS BÁGOAS DERRAMADAS, CANDO TI CHEGUES POLO MARE, CANDO TI CHEGUES POLO MARE…