Skip to main content

Cerna 88

Page 52

cultura e patrimonio

Os valados do noso universo galego Xulia Lomba Fernández e Xosé María Lomba*

A construción do valado é un exemplo de tradición galega enfocado na gandaría e agricultura. Para evitar o paso dos animais a través das diferentes fincas, estes muros serviron de moito máis que de arquitectura, e crearon tamén pequenos ecosistemas neles. Con este artigo preténdese protexer o seu vocabulario específico, para salvalo e que non se perda, como sucede con moitas destas construcións.

Os valados son parte da arquitectura da contorna e fusiónanse coa biodiversidade do medio · Xulia Lomba

A construción tradicional coa pedra en seco constitúe un exemplo moi significativo da vida tradicional galega, que co paso do tempo axudou a definir e dar forma á súa paisaxe. A súa técnica está moi relacionada co patrimonio cultural inmaterial, que aínda que é moi sinxela, forma parte do produto da transmisión dos coñecementos ao longo do tempo.

parcelas agrícolas. Para definir a propiedade das parcelas agrícolas é suficiente cos marcos; os valados xorden probablemente coa finalidade de evitar que o gando pasase dunha parcela a outra, para o que resultaban moi efectivos.

A perda destes valados, así como da técnica de traballo, lévanos ao esquecemento do oficio tradicional que deberiamos seguir coidando para a conservación da nosa arquitectura tradicional.

O material de construción deste tipo de elementos vai depender das diferentes variedades de pedra atopadas no contorno. Así, o máis estendido é a pedra de grao, o xisto ou a lousa, e nalgunhas zonas tamén atopamos cuarcitas ou anfibolitas.

Probablemente, esta paisaxe de valados empezou a multiplicarse durante as diferentes desamortizacións, cando aparecen novos propietarios e as diversas herdanzas foron repartindo o territorio, o que acabou creando unha paisaxe con diferentes formas de valados. Estes valados formaron así parte da arquitectura da contorna, que se fusionou coa súa biodiversidade ao estar en contacto co medio, tanto cos seres vexetais coma animais. Xúntase, así, tradición con natureza.

Material e técnica construtiva

A elaboración dos valados caracterízase polo emprego dos diferentes elementos construtivos (cachotes, padias, chantas…), que xunto á forma de asentado das pezas do muro (soga, tizón, xuntoiro e capa), determinan o aspecto estético deste; ao igual que tamén hai que ter en conta a pedra empregada segundo o contorno. Elementos construtivos

Definición

Cachote: Pedra de grao, xisto, croio ou outro tipo de pedra que está sen labrar e que pode manexar unha persoa. Utilízase para elaborar maioritariamente muros.

Coñecemos como valados á solución construtiva de baixa altura realizada maioritariamente mediante chantas, padias ou cachotes trabados en seco que limitan as

Padia: Pedra granítica dura e compacta, de xeito alongado que se espeta na terra, moi similar aos perpiaños. Colócase a tope unhas con outras seguindo unha rin-

nº 88 · 2022 · 52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Cerna 88 by Revista Cerna - Issuu