
3 minute read
RECURSOS Ramsés Pérez
from CERNA 83
Ramsés Pérez
LIBROS
Advertisement
O LIBRO DO CLIMA
Todo o que cómpre saber sobre o cambio climático
Esther Gonstalla Catro Ventos Editora Galego (132 páx.), 2020 ISBN: 978-84-122499-0-3
Seca extrema e vagas de calor, mais tamén ondadas de frío, inundacións e precipitacións intensas: a crise climática converteuse nun problema global que ninguén pode ignorar xa. Aquí entra en acción O libro do clima, co apoio de investigadoras e investigadores de todo o mundo. Esther Gonstalla traduciu os datos científicos sobre o quecemento do planeta e as complexas relacións que hai entre eles en 50 gráficos claros e reveladores, igual que fixeran en O libro dos océanos.
MARE PLASTICUM
The Plastic Sea: Combatting Plastic Pollution Through Science and Art Marilena Streit-Bianchi, Margarita Cimadevila e Wolfgang Trettnak Inglés (270 páx.), 2020 ISBN 978-3-030-38945-1
Libro escrito por unha equipa multidisciplinar de científicas, artistas e comunicadores que exploran un dos temas ambientais de máis actualidade: a ameaza dos plásticos para os ambientes e organismos mariños. É unha viaxe que comeza nas praias de Galicia para alertar ao público sobre a necesidade urxente de acción. No camiño hai unha chea de ciencia fascinante sobre os impactos dos plásticos e microplásticos, o”plastisferio” (como se coñece o novo ecosistema mariño) e o estado actual dos océanos. O libro tamén explora os desenvolvementos históricos; solucións sostibles, incluído o uso de metodoloxías de economía circular; e medidas de protección, como as que se xulgan en China e no Extremo Oriente. Por último, describe o papel que xogan os ríos como vectores de transporte de plástico, con especial referencia ao Danubio, e para completar o panorama, investiga problemas relacionados cos microplásticos nos solos mecanismos e as mellores estratexias para protexelos.
A BREA DE AVELAÍÑAS
Natureza e Gozo
Michael McCarthy (aut.); Neila García Salgado (tradut.) Kalandraka Galego (298 páx.), 2020 ISBN: 978-84-I6721-70-2
A brea de avelaíñas é unha obra sobre o cambio climático na que o prestixioso ambientalista Michael McCarthy combina lembranzas, anécdotas e datos rigorosos enfocados á urxencia de frear a perda de biodiversidade. A diferenza doutros libros de temática ambiental centrados na información numérica, este manifesto bebe directamente da memoria conmovedora do autor cando, sendo un neno, xurdiu nel a adoración polos paxaros, as bolboretas…
UNHA HISTORIA DO MUNDO EN SETE COUSAS BARATAS
Sobre o capitalismo, a natureza e o futuro do planeta Raj Patel e Jason W. Moore Catro Ventos Editora Galego (321 páx.), 2020 ISBN: 978-84-949154-8-2
Natureza, diñeiro, traballo, coidados, comida, enerxía e vida: estas son as sete cousas que construíron ao noso mundo e que conformarán o seu futuro. Mediante o abaratamento destas cousas, nesta época que eles denominan Capitaloceno, o comercio moderno transformou, gobernou e devastou a Terra. Un novo enfoque para a análise das urxencias planetarias actuais, para unha forma de pensar innovadora e sistémica: un modo novo e radical de comprender (e recuperar) o planeta no turbulento século XXI.
BECHOPOEMAS E OUTRAS BESTAS
Leire Bilbao (texto); Maite Mutuberria (ilust.); Isaac Xubín (traduct.) Kalandraka Galego (64 páx.), 2019 ISBN: 978-84-8464-489-7
Voan, nadan, reptan e roxen poeticamente. Nos versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas que nos sorprenderán co seu enxeño e orixinalidade. Bichopoemas e outras bestas son coñecidas criaturas -desde o bufo e o león, pasando polo polbo ou a cobra- que habitan a terra auga e aire. Agrupadas en versos, voadores, acuáticos, reptadores e esquivos, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. A diversión e o sentido lúdico da poesía están servidos nestas páxinas, onde tamén se presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.
REVISTAS
CARRIZAL
Chega aos andeis de ADEGA un novo número da revista editada por ANABAM (Asociación Naturalista Baixo Miño). Neste número tocan temas como o Poboado de Santa Tegra, a Rede de varamentos da CEMMA, Urces e carrascos da Serra da Groba, a situación do esquío vermello ou o Proxecto ANABAM atropelos. www.anabam.org