Skip to main content

O mensaxeiro Ludicol Nº 4

Page 1

Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

Nº 4 Marzo 2014 COLEXIO LUDY

“O ME NSAX E LUDIC IRO OL”

1


2

Xa me botabades de menos, verdade?

Algo tardei, a miña moto parece que cansa, os quilómetros que fago para cubrir a información destes rapaces do Colexio Ludy fana traballar moito pero, desta, portouse ben e non me deixou “tirado” e coido que cheguei a tempo, non si? O traballo neste Colexio vai en aumento, vese que tanto os seus mestres e mestras como os rapaces e rapazas sempre queren mellorar e aprender. Quero darlles os parabéns xa que o espírito que os move é sempre, e desde hai moitos anos, a formación dos nosos nenos e nenas. Neste número preséntanse tamén traballos e colaboracións de familiares dos nosos alumnos, parte moi importante na súa formación. A colaboración entre Colexio e Familia, segue a ser un dos obxectivos esenciais. Como mostra do afecto que gardan os que foron alumnos do noso Colexio, non podía faltar o seu recuncho. Se en números anteriores foi marabilloso, neste é, sinxelamente espectacular. Xa estades ansiosos, verdade? así que xa vos deixo para que entredes na vosa historia xa que sodes vós: familias, rapaces e mestres os que a facedes. Disfrutade!


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

3


4

Escola Infantil Ludy

Durante este segundo trimestre os nenos/as da

Escola Infantil seguimos traballando moito. Hai mil cousas por aprender! Xaneiro chegou cargadiño de actividades: xogos e contos novos.

As profes, tiñan algunha sorpresa máis

preparada: ¡tivemos a visita da rata Renata coa que viaxamos ao través dos mares piratas!

Pero, aínda quedaba moito que facer: murais de

inverno, pombas para o Día da Paz, xogos con roupa destas datas , sorpresas de San Valentín, traxes de Entroido para o desfile, obradoiros de maquillaxe, experiencias con croma de cine...

E así, pouco a pouco, ven Marzo e comezamos

a ver como vai chegando a primavera. Témoslle preparada unha gran festa de benvida asi que, non hai tempo que perder! Flores, insectos, móbiles e un arco da vella enorme servirán para decorar a aula.

Que comece a festa !


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

5


6 Educaci贸n Infantil, 3 anos.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

EDUCACIÓN INFANTIL NA GRANXA BELLELLE

O mércores 26 de marzo, realizamos unha

saída cos compañeiros de 4 e 5 anos, á “Granxa Belelle”, no concello de Neda. Foi un día divertidísimo! A profe xa nos explicara o que iamos ver na granxa e as cousas que alí se facían. Ao chegar dividíronnos en grupos con distintos monitores cos que fomos realizando ao longo do día as actividades: visitamos os animais da granxa (galiñas, coellos , avestruces, porcos , vacas , cabalos , ponis …). Montamos en poni, amasamos e cocemos pan, sementamos , alimentamos aos animais. Xantamos todos xuntos e xogamos un bo pedazo cos monitores. Pasámolo en grande!!

7


8

Educación Infantil, 4 anos.

Os neno@s de catro anos traballaron este trimestre ,entre outras

cousas, o Inverno.

Nesta tarefa o primeiro que fixeron foi un mural-collage coas

técnicas de pintura con pincel, pegado de algodón, pegado e cortado de papel, entre outras.A que máis lles gustou foi o pegado de algodón,que se lles quedaba nos dedos e facíalles moita gracia.

Asemade aprenderon a canción “Invierno”, que interpretaron e

puxeron en escea para a canle de televisión do Colexio, coa colaboración inestimable do profe Xil. Utilizamos papel triturado para semellar a neve e xa veredes a festa que se montou.

Como podedes imaxinar pasámolo tod@s xenial!!!!


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

9


10 Educación Infantil 5 anos

O Entroido Este ano na clase de cinco anos descubriron que o entroido galego é moi importante e turístico. Coñecemos algunhas das súas figuras máis tradicionais: as pantallas, os boteiros, os peliqueiros…Co profe Xil nos obradoiros fixeron unha carauta de pantalla impresionante!!!


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

11


12


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

13

Ademais paseamos polo mundo para descubrir os distintos entroidos e

elaboramos o noso libro do Entroido.

E chegou o día…..despois de traballar nos nosos disfraces tocaba lucilos

pola rúa. Este ano saímos de cirurxáns e cirurxás.

Ao día seguinte na nosa clase había festa!!! presentáronse …superheroes,

“ninjas”, bailaoras e princesas, vaqueiros, romanos, bolboretas e “mónster highs”. Xa o di a nosa canción…”No entroido ponte o teu disfraz , pouco a pouco te transformarás…”

Fixemos festa tradicional: comer orellas, freixos e rosquillas e a bailar e

bailar …Co luxo, este ano, de despedirnos con un concerto de música en directo.


14

ENTROIDO DE SABORES

Se no primeiro Trimestre os tres cursos de Infantil prepa-

raban unhas riquísimas galletas non ía ser menos neste. Foi así como de 3 a 5 anos os nenos e nenas mesturaron, remexeron, amasaron e formaron unhas marabillosas roscas de Entroido. RECEITA, ROSCAS DE ENTROIDO: Ingredientes: -

Unha cunca pequena de manteiga derretida.

-

Unha cunca pequena de azucre.

-

3 ovos frescos.

-

4 cuncas de fariña de trigo.

-

Un sobre de levadura.

-

Raspa de medio limón.

Preparación: 1- Primeiro bátense ben os ovos, engádese o azucre e séguese batendo, engádese a raspa do limón. 2- A continuación quéntase un pouco a manteiga ata conseguir unha textura líquida, engádese á mestura e séguese a bater. Imos engadindo a fariña pouco a pouco, así como a levadura, e segundo se vaia formando a masa pasamos a amasar durante uns 10 minutos. Engadimos a fariña suficiente para que a masa deixe de pegarse e así traballar comodamente con ela. 3- Logo elaboramos as roscas en dúas fases, primeiro facendo rolos de masa e logo uníndoos nos extremos para conseguir a forma redonda. 4- Por último fritimos nunha tixola a lume medio e xa na bandexa expolvoreamos un pouco de azucre por enriba. 5- A comer!!!!


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

15


16

1潞 de Educaci贸n Primaria


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

O INVERNO CHEGOU Á AULA DE 1º As cores amarelas e castañas do outono deron paso ao frío dun branco inverno. Para ambientar a aula de inverno, os nenos de 1º de Primaria fixeron un gran mural utilizando témperas, algodón, folerpas de neve e pinturas. Despois dunha semana de traballo o resultado foi un fermoso mural que nos invita a soñar todos os días que estamos nunha fermosa fraga nevada.

17


18

a d a v r o c e a s o p D a R a z a P

2º de Educación Primaria

O día da Paz, Secundina representou a todos os nenos e ne-

nas de 2º. Todos colaboraron na inclusión da mesma nun carriño (pensando nos futuros proxectos e actividades do Cole), na decoración da mesma e na construción dun cartel na honra desa tan necesaria PAZ.

Este ano, desde o Colexio e baixo a proposta de Nelson Man-

dela, o cartel de 2º era un corvo e unha pomba (símbolos inequívocos de dúas cores enfrontadas). A loita pola igualdade dos dereitos en Sudáfrica para todos e todas, independentemente da cor da pel de cada persoa, quedaba plasmada co pacífico encontro entre estes dous paxaros de cores e especies diferentes.

Xa no Entroido, os secundinos e secundinas tamén disfra-

zaron á nosa mascota coa axuda inestimable da profesora Sol. Grazas a ela, Secundina entrou na festa do Entroido do Ludy como unha heroína raposa.


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

19


20

E veña fabas, e veña patacas!

Os rapaces e as rapazas de 2º curso de Primaria, seguen

a traballar o “minifundio macetario”. Se no primeiro trimestre estudamos xunto coas cenorias e os grelos, agora facémolo coas fabas e as patacas. Xa as sementáramos o ano pasado en primeiro, pero nesta ocasión apuntamos alto e cremos obter unha boa colleita. Cada un dos nenos e nenas do curso puxo a súa faba como semente da nova planta. Non foi así coa pataca, que, por razóns evidentes de espazo, só plantamos unha. De todos xeitos, todos sabemos que dunha pataca podemos sacar moitas!!


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

...dunha pataca podemos sacar moitas!!

21


22

C ontos D o U niverso Un día de 2080 o Sol apagouse de súpeto. Os habitantes da Terra foron preguntar ao científico máis sabio do mundo mundial que era o que estaba a pasar. O científico contestoulles que o Sol morrera, que xa era unha estrela moi vella. Os habitantes da Terra quedaron asustados pero pasou unha cousa rarísima. Outra estrela pasou a ocupar o sitio do Sol. Foi tan extraordinario que fixeron unha gran festa para o novo Sol.

Diego Calvo Prados.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

Un día no colexio Ludy tiveron unha excursión ao espazo. Pero a clase de segundo perdeuse e atoparon un can extraterrestre. Unha das nenas quixo collelo pero un amigo díxolle: - Non o collas! A nena non lle fixo caso e colleuno. O can podía falar e contoulles a súa historia. Era do planeta Liman e a súa nave estrelárase. Entón, todos eles, axudaron a arranxala. Cando a nave volveu a funcionar tiveron que despedirse. Foi moi triste pero o can tiña que irse. Paula Rodríguez Sedes.

23


24

Excursión a Arzúa

O primeiro ciclo da Primaria foi na procura do mel, da abella (becho social,

ao igual que o ser humano e as formigas). Dende moi cedo citámonos no “Enredo do abelleiro” para coñecer de preto todo proceso dende o nacemento dunha abella ata o envasado do mel.

Tivemos a sorte de poder poñernos traxes auténticos de apicultor e arro-

deados de abellas ensináronnos unha colmea por dentro. Impresionante! E de medo! Pero tamén construímos candeas coa cera que se emprega para os paneis e visitamos o museo.


Revista Ludicol

Despois de xantar investigamos

a zona rural na que se sitúa a casa-museo. Xusto ao seu carón discorre o río Ulla e en concreto o encoro de Portodemouros, o cal estaba cheo cheo! De andaina por unha corredoira chegamos ata a beira da auga e puidemos ver ras moi pequenas (Marzo) así como unha fermosa vista do encoro.

Entre toxos collemos outra an-

daina e finalmente visitamos muíños de auga abandonados con fermosas fervenzas ás súas beiras. Todos e todas cheiramos a menta, distinguimos a silva da ortiga. Vimos careixóns con froitos aínda verdes, miñocas, un buxato e incluso fixemos unha amiga, unha cadela da veciñanza que nos acompañou na aventura (Sana). Vaia excursión máis doce!

Nº4, Marzo de 2014

25


26

3º de Educación Primaria

Como medran as plantas? O alumnado de 3º de Primaria, xunto á súa mestra Teresa, estiveron a investigar sobre como medraban as plantas. As dúbidas dos rapaces xurdiron cando chegou o tema de Coñecemento do Medio dedicado ás plantas. Como nacían, como facer para que medren?. A mestra percibiu a curiosidade dos rapaces e pensou que a mellor maneira de lles dar unha explicación, era facer unha pequena plantación na clase. Fixérono de dúas maneiras: plantas que nacerán de sementes e plantas que o fan mediante escallos (enxertos). Encantados quedaron os rapaces e rapazas con esta aprendizaxe práctica.


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

27


28

4º de Educación Primaria

O luns 11 de marzo os alumnos de 4º de Primaria saímos coñecer o noso barrio, o Ensanche A e tamén o barrio da Magdalena. Posto que nas clases de Coñecemento do Medio, estamos a coñecer os distintos lugares que compoñen unha cidade, esta experiencia serviunos para valorar e coñecer mellor Ferrol, a súa arquitectura e a súa estrutura como cidade.

A continuación recóllense algunhas

das reflexións dos alumnos e o que escribiron sobre o paseo pola cidade:

“Eu cría que os Ensanches A e B xa

eran preciosos, pero despois de ver o barrio da Magdalena, penso que Ferrol é unha cidade moi bonita, igual que os edificios que ten, tan decorados.”

“Nunca fora ao centro de Ferrol co

Colexio e nunca apreciei moito os seus edificios, pero nesta saída admirei os detalles dos edificios de Rodolfo Ucha”.

“Dise que Ferrol é unha tableta de cho-

colate, é certo, que ben está trazado o seu centro! As súas rúas son moi rectas e pódese ver ata o final. Na rúa Galiano viamos ata Amboaxe.”


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

29

“Gustaríame dicirlle a Rodolfo Ucha o ben que fixo o seu traballo, que os seus

edificios seguen con nós para sempre”.

“Eu non sabía que vivía no Ensanche A, e agora que o sei paréceme máis bonito

aínda. O barrio da Magdalena tamén me gustou moito”.

“O centro de Ferrol é moi, moi antigo, pero é bonito a pesar de estar moi mal coi-

dado”

“Pareceume incrible que os edificios de Rodolfo Ucha tiveran tantos adornos e

tan ben feitos. Son edificios que teñen 100 anos. Gustaríame que duraran moito tempo máis”.


30

EXCURSIÓN Á CASA GRANDE DE XANCEDA O 7 de marzo os alumnos de 3º e 4º de Primaria visitaron a granxa ecolóxica

“Casa Grande de Xanceda”, no concello de Mesía. Alí, os alumnos puideron recordar as diferenzas entre unha gandeiría extensiva e intensiva, como viven os animais nunha granxa ecolóxica e como se elaboran os produtos ecolóxicos. Ademais, déronlle o biberón aos becerros, repartiron herba ás vacas, gran ás galiñas, atenderon ás cabras e ata probaron iogures ecolóxicos, rico, rico! Foi un día xenial amigos!


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

31


32

5º de Educación Primaria

OS CENTROS DE INTERESE QUE SON OS CENTROS DE INTERESE? Os centros de interese son traballos que facemos ao comezar un tema de Coñecemento do Medio. Son traballos cos que nos divertimos e ao mesmo tempo aprendemos sobre o medio natural do mundo que nos rodea, dos animais en perigo de extincion, etc. Son traballos moi utis, ademais de aprender cousas do noso mundo, relacionámonos entre nós e pasámolo moi ben xuntos.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

33

COMO NOS ORGANIZAMOS PARA FACER OS TRABALLOS? Primeiro de todo, na clase, propoñemos un tema sobre o que facer o traballo e dividímonos en grupos de ata cinco persoas. Logo, quedamos nunha casa ou na biblioteca para facer o traballo todos xuntos. Cada un leva a súa información buscada pola súa conta. Logo xuntamos toda a información e cada alumno elabora unha parte do traballo. Á hora de expoñer o traballo, presentámolo na clase diante dos nosos compañeiros e do noso mestre, que mentres, elabora un documento gráfico. Por último, o vídeo da exposición cólgase na web e no Colexio para que todo o mundo que queira o poida ver.

QUE NOS PARECEN OS CENTROS DE INTERESE? Os centros de interese parécennos importantes para aprender e moi divertidos. Traballamos sobre moitos temas diferentes como por exemplo: os animais en perigo de extincion, as plantas, personaxes famosos como Nelson Mandela, e plantexamos novos temas como a educación no mundo. Desta forma aprendemos un pouquiño máis sobre o mundo no que vivimos e o noso planeta.

REALIZADO POR: IARA CEBRAL e CLAUDIA SERANTES


6º de Educación Primaria

34

OS NOSOS AVÓS E AVOAS CONTAN AS SÚAS HISTORIAS Testemuña do meu avó paterno O seu nome é Manuel . Conta con 68 anos de idade

Un día foron ao colexio das monxas

selles un can grande e a miña avoa asustouse e caeulle a caldereta do leite.

A súa irmá non lle tivo medo ao can

e tiveron que repartir o leite que ela levaba entre a xente da aldea. A miña avoa tiña sete anos

e saltaron o muro. O meu avó subiu á laranxeira e lanzáballes as laranxas aos amigos.

De súpeto, apareceron as monxas e

os amigos escaparon sin el.

O meu avó púxolles a excusa de que

só era unha laranxa. El pensou que o ían levar xunto da policía.

As monxas dixéronlle que non era

tan malo e de “recompensa” levárono a rezar o Rosario.

Testemuña do meu avó materno. O seu nome é Alberto e conta con 68 anos

Un día faltaron ao colexio e foron ao

parque “Reina Sofía”. Cando chegaron alí. xogaron a ver quen lle collía antes unha pluma a un pavo real.

Deixaron as mochilas apoiadas

nunha árbore e puxéronse a xogar.

Cando lle deron collido a pluma e

xa se ían marchar, as mochilas non estaTestemuña da miña avoa paterna. O seu nome é María e ten 88 anos

Vivía na aldea, e tiñan vacas.

Pola mañá, muxían as vacas e aos

rapaces mandábanos repartir o leite polas outras parroquias.

A miña avóa ía acompañada da

súa irmá maior para repartilo. Cando as pequenas ían xa lonxe da casa achegóu-

ban!

Collérallas o xardineiro.

Díxolles que eran moi malos e que

tiñan que poñerlle unha multa de cinco pesetas.

Puxéronse a pedir por alí, e… con

moita sorte puideron recuperalas carteiras.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

35

Testemuña da miña avoa Materna O seu nome é María Dolores e ten 62 anos. Fixen a Primeira Comunión con dez anos . Cando era pequena xogaba polo campo,

Nos Escolapios.

xa que vivía na aldea.

Cos dezasete anos incorporeime ás Forza

Armadas facendo a instrución no cuartel

Cando se cansou de xogar deitouse

nun carro das vacas, tapouse cun saco e

de instrución de Cádiz.

quedou durmida.

Mais, anos despois, destináronme para

Ferrol, en xaneiro de 1971. Na visita por

A súa familia fartos de buscala non

a atopaban. Así pasou moito tempo.

Ferrol coñecín á miña moza.

Ao rematar o curso de especialistas, des-

Cando espertou a miña avoa, díxo-

lles que estaba no carro. A súa nai deulle

tináronme para o dragaminas Nervión

unha xota. A miña avoa tiña seis anos.

onde faciamos a vixiancia pola illa de Alborán (que se encontra no Estreito de

O meu avó veraneaba na aldea de Guitiriz.

Xibraltar) e fomos a Ceuta e Melilla.

A nai do meu avó pediulle á dona da casa

No ano 1972 destináronme a Ferrol, outra

onde pasaban as vacacións, unha tortilla

vez.

feita cos ovos das galiñas da casa.

Cando saín cabo primeiro, destináronme

Ela dixo que non tiñan ovos. As galiñas

para o Legazpi, na Coruña onde faciamos a

deixaban de poñer cando viñan eles.

vixiancia do iate Azor que era o que usaba

Ninguén sabía por que pasaba iso ata

o Caudillo Franco cando viña ao Pazo de

que descubriron que era o meu avó o que

Meirás.

perseguía ás galiñas e por iso non poñían

Despois caseime e deixei de traballar.

ovos.

No ano 1972 tiven a miña primeira filla. No ano 1974 tiven ao segundo fillo. A vida do meu avó

E ista e toda a miña vida ata o presente

Nacín o vintesete de decembro de 1951. A

tempo no que disfruot dunha merecido

miña nai e o meu pai chamáronme Emilio.

descanso.

Nacín en Monforte de Lemos (Lugo). Bauticeime en xaneiro de 1952.


36

tixas polo chan. Á miña avoa deulle moito medo e estivo toda a excursión

A auga calma a sede

Cando o meu avó tiña 10 anos ía segar enriba dunha pedra ata que o mestre

ao trigo cos maiores. Un día mandáronlle

volveuna coller no colo para volver á

que fora por auga a unha fonte que estaba

casa.

a 1 quilómetro, como era 25 de Xullo e facía moito calor custáballe camiñar e non tiña

Justina Casariego Bouza

67 anos

gañas ningunhas porque cada vez que ía, enchía tanto o barril que lle ía caendo a

Como se ligaba en tempos dos meus

auga e, cando chegaba á metade do camiño avós? xa non tiña auga.

Os meus avós coñecéronse nun

Como antes de chegar á fonte había un río

baile. Despoís do baile non podían estar

decidiu coller a auga do río.

sós, tiñan que estar acompañados pola

Cando chegou onda os maiores estaba

nai, que sempre tiña que estar coa súa

todo nervoso porque pensaba que lle ían

filla.

rifar. Resultaba que tiñan tanta sede que

nin se fixaron. Desde aquela, sempre collía

cear con ela, a nai estaba toda a noite

a auga do río.

vixiando, facendo uns calcetíns ou

Despoís cando o noivo viña a mo-

escollendo as fabas para face-lo caldo . Faustino Dopico Gónzalez

69 anos

Para pedirlle matrimonio, viña

o pai e a nai do noivo á casa da noiva. Despoís, á semana seguinte era a noiva Unha excursión non moi divertida

a que tiña que ir á casa do noivo, acom-

pañada pola súa madriña, era costume

Esta historia contouma a miña avoa:

Cando ela tiña 5 anos, ían de excursión

levar regalos aos seus cuñados.

co colexio a unha montaña. Ese día foron

camiñando e como era pequena levábaa o

prestado, algo vello e algo novo. A noi-

mestre no colo durante todo o camiño.

va logo da cerimonia levaba o ramo ao

Na voda a noiva tiña que levar algo

Por fin, cando chegaron, para a sorpresa da cemiterio á tumba dalgún familiar falemiña avoa todo era monte e había lagar-

cido.


Revista Ludicol

Os meus bisavós vivían en Ferrol pero eran orixinarios de Betanzos. Cada certo tempo ían á aldea a ver á familia. Nunha desas viaxes aconteceulles esta anécdota:

Nº4, Marzo de 2014

37

A miña avoa en Ribadeume

A miña avoa cando era nena ía no verán

para unha aldea chamada Ribadeume que se atopa nas Pontes e alí pasaba tres mesiños.

Cando había a sega do trigo. Para ela Como a situación económica non era boa, os meus bisavós tiñan que facer cer- era unha festa porque lle gustaba moito.

tas manobras para aforrar cartos.

Unha destas manobras consistía en

que cando ían no tren, camiño de Betan-

Tamén lle gustaba tomar leite da vaca

recién ordeñada pois di que era riquísima.

Durmía nunha cama na que o colchón

zos, mandaban agocharse á miña avoa no

estaba feito de follas de millo pois di que

os cartos.

cando eran as festas, eran estupendas xun-

baño do vagón cando se aproximaba o re- durmía moi ben. A aldea de Ribadeume é moi bonita visor e así evitar pagar o billete e aforrar

Esta historia contouma a miña avoa

de : 64 anos

tábase moita xente para xantar e cear e logo ían a verbena.

Tamén lle gustaba ir coas vacas ás

Hai moitos anos, houbo un temporal pasteiras coas tías. Ás veces ían ao río pescar pero a miña avoa non lle gustaba moito moi grande que se chamou “Hortensia”,

aquí en Ferrol . Houbo moitos desperfectos na cidade: caeron árbores, macetas, voaron persianas... Na casa da miña avoa levou medio tellado e o meu avó tivo que subir a reparalo. Levaron un bo susto cando un barco que

pois tiña que camiñar bastante. A MATANZA DO PORCO

Cando era a matanza do porco xuntábase moita xente e a familia para axudar a facer chourizos, salgar a carne que metían nuns baños grandes de madeira e así había carne

se chamaba “Discoverer Entrerprise” rom- para todo o ano. peu as amarras no peirao de Astano e foi empotrarse na ponte das Pías. Desde aquela á miña avoa asústana moito as tormentas.


38

POESÍA NA LEMBRANZA

IMOS DE CAMIÑO O pequeno pobo de San Felipe, na beira dereita de Ría de Ferrol, co seu castelo, dá saída a esta ruta, percorrida desde o ano 1980 por senderistas, o domingo máis próximo ao 25 de agosto, en conmemoración da batalla acaecida . polos montes de Brión en 1800. Pola estrada ascendente que sae desde o castelo cara a San Cristobo, próximo á pista polideportiva, percórrese a desembocadura de Ría de Ferrol, paralelos a este lugar que as xentes chaman “entre castelos”. A estrada, non moi transitada, conduce ata o pequeno núcleo de San Cristobo, des-

de alí veremos a antiga fortificación do mesmo nome, na costa á nosa esquerda. Unha fonte debaixo da pista na que se está, indícanos o desvío a seguir por un carreiro que chega ata o antigo castelo de San Carlos, así como a unha pequena cala. De novo a estrada, que logo de varias curvas, achégase a Agarimo, un pequeno areal que invita ao baño. Seguimos paralelos á costa, ata antes de chegar a un gran muro de cemento, desde aqui séguese a pista de terra, que pasa pola súa banda superior.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

39

En media hora de lento ascender che- 1800, onde 15.000 ingleses foron derrotados gamos á estrada de Prioriño, a que cruzare- por 3.000 habitantes da zona. mos, camiño do pequeno poboamento que é O devasas, leva ata unhas rochas xusto enriO Pieiro. Cara á dereita, pola ladeira, ascen- ba dun eucaliptal-piñeiral á nosa dereita, cara de a antiga pista das baterías costeiras, que ao cal se baixa. acaba no entronque coa estrada de subida a Un extenso campo atópase nesta zona Monteventoso. de arboredo, ideal para un descanso. Pola A poucos metros, xorde unha estrada banda oposta e máis alta, deixamos unha estreita entre a maleza pero asfaltada que se “mámoa” á nosa esquerda, e por un camiño, converte, en forte pendente e, despois dun- ao principio algo ascendente, baixamos a Liha gran curva á esquerda, deixando atrás a ñares, pequena poboación, onde volveremos boca dun antigo túnel militar, gaña a máxima atopar o asfalto. altura (256m.) Monteventoso. A saída á estrada principal faise en A vista da Coruña e a súa costa ata cinco minutos, atravesando o pobo e cara á Malpica coas súas Illas Sisargas contra o ho- esquerda, nun quilómetro, chegaremos a rizonte, ría de Betanzos, entrada de Ría de unha explanada de terra de onde parte un caFerrol e aos nosos pés Doniños co seu areal miño ou prosegue a baixada cara a Brión por e lago, Illas Gabeiras, castro de Lobadiz, asfalto. Aquí este carreiro acaba enlazando areal de San Xurxo e, de lonxe, o Cabo Prior, co PRG23 Circular de Ferrol. é a mellor recompensa á ascensión realizada. DATOS Despois descéndese por onde vimos, Distancia total: 10 km. ata a boca do túnel onde, deixando a estra- Nivel de dificultade: sen dificultade algunha e da, se baixa de novo ata O Confurco, por cunha única subida de importancia (de Agaunha senda, que sae á estrada antes perco- rimo a Monteventoso). É factible facelo en rrida só que un pouco máis abaixo. bicicleta de montaña. Trátase da granxa terapéutica de AS- O asfalto e a terra repártense a partes iguais, FEDRO, e de novo éntrase nunha pista de aínda que o asfalto gaña terra á dereita. terreo día a día. É pouco transitado. A pista ascende ata un piñeiral de re- Época ideal: todo o ano, aínda que si o día é poboación, pouco logrado, onde a visión da despexado aproveitaranse as vistas de Monenseada de Agarimo e boca de Ría é digna teventoso e a boca de Ría. de ser observada. Calzado axeitado: deportivo, cómodo e con Á esquerda segue a pista que en canto adoite. empeza o terreo chan, atópase cun ancho Hostelería: En San Felipe hai un par de bares devasas á súa esquerda, situándose no alto e unha cetaria-marisquería, pioneira na zona. dos montes de Brión, lugar onde se desen- Nas proximidades de Brión e A Cabana exisvolveron os feitos bélicos do 25 de agosto de ten así mesmo bares.


40 Edificios notables: o castelo de San Felipe, as baterías costeiras e, de lonxe, o castro de Lobadiz. Lugares Naturais: toda a Ría de Ferrol, o enclave costeiro de Doniños coa súa lagoa de auga doce.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

Ruta a pé ou en bicicleta • Sendeiro de San Xurxo (PR-­‐G 29) Municipio: Cotobade (Pontevedra) Mapa da ruta Tipo de recorrido: Circular Recorrido: 16 km Tempo: 5 horas Dificultade: Baixa Sinalización: PR-­‐G Época recomendada: Todo o ano Compatibilidade: A pé • Acceso Saíndo de Pontevedra pola N-­‐541 e a uns 18 km collemos un desvío en San Xurxo de Sacos ata a Carballeira de San Xurxo • Descrición A ruta comeza na capela da Carballeira de San Xusto, seguindo unha pista asfaltada ata ver un sinal que nos indica a baixada aos Baños de San Xusto.

41


42 Desde os baños, tomamos unha senda rodeada de densa vexetación, ata chegar á ponte romana, sobre o río Lérez. Despois de cruza-­‐la ponte tomamos unha calzada empedrada en dirección a Fentáns. Ao chegar a esta aldea tomaremos un camiño que ascende á nosa dereita. Por este camiño chegaremos á ermita de Nuestra Señora de Lixó. A continuación tomaremos o camiño que sae á nosa esquerda, cruzaremos unha estrada e seguiremos por unha pista ancha que nos conducirá á zona de petróglifos. Encontrarémonos en primeiro lugar coa Laxe das Ferraduras, á nosa esquerda. Un chisco máis adiante tomaremos unha desviación á dereita para chegar á Laxe do Capadoiro e a Laxe dos Cabalos. Regresaremos para seguir a mesma pista e atoparemos a Laxe dos Cervos. Logo seguiremos a pista camiño de Fentáns. Despois de cruzar Fentáns, cruzaremos de novo a ponte romana, tomaremos un camiño empedrado que ascende á nosa dereita. A continuación cruzaremos unha pista asfaltada. Seguiremos o sendeiro e teremos que cruzar un regato xunto a un muíño. Máis adiante, tras pasar unha canle de pedra, teremos que tomar un sendeiro que ascende á nosa esquerda. Así chegaremos á aldea de Fontán e a San Xurxo de Sacos. Un pouco máis adiante pasaremos xunto ao Pazo de Bermúdez de


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

43


44

O TERCEIRO CICLO VISITA SOGAMA

SOGAMA Sociedade Galega do Medo Ambiente Plantexando como obxectivo que os rapaces e rapazas puideran ver sobre o terreo a onde van os refugallos que creamos nas nosas casas, despuxemos unha visita ás instalación de SOGAMA, no concello de Cerceda. De maneira moi sinxela e clara, puidemos comprobar que se facemos ben as cousas, poderemos seguir mantendo limpo o noso medio. Alí, acompañados por dous monitores, explicáronnos o uso que deberíamos dar aos distintos colectores que podemos atopar nas nosas rúas, casas ou Colexio.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

45

De seguido, acompáñannos nunha visita ás instalacións, que nos deixan claro, os monitores, que non se trata dunha planta de reciclaxe, é unha planta de separación dos distintos tipos de refugallos para envialos a outras empresas para a posterior reciclaxe. Facemos parte da visita facendo percorridos no bus e percorridos por dúas naves onde podemos ver os refugallos que chegan desde outras plantas intermedias. Cos refugallos que non poden ser reciclados, quéimanos, aproveitando esa calor para a produción de enerxía eléctrica. Foi unha visita moi interesante.

Debemos tomar conciencia que o mellor e separar para poder reciclar. O futuro está nas nosas mans. Adiante rapaces! Reducir Reutilizar Reciclar


46

ACTIVIDADES FEITAS NO SEGUNDO TRIMESTRE

Mércores 15 de xaneiro. 1º a 6º de Primaria foi ao Palacio da Ópera da Coruña dáctico da Sinfónica de Galicia.

a un concerto di-

22 xaneiro. Concurso postais navideñas organizado en colaboración co Colexio Belén e a Asociación de veciños Ensanche A. Participou todo o Centro. Acudiron os alumnos e alumnas de Educación Infantil 5 anos, 1º Primaria e 2º de Primaria á entrega de premios ao Centro Social Carvallho Calero onde puideron disfrutar dunha representación teatral e recibiron os premios gañados.

24 de xaneiro. Contacontos para Educación Infantil no salón de actos do Centro.

31 de xaneiro. Celebración do Día da Paz no salón de actos do Centro. Adicado a Nelson Mandela. Exposición de traballos, bailes, traballos radiofónicos, … Mércores 12 febreiro. Charla da escritora Ana Alonso para os cursos 1º, 2º e 4º de Primaria, cursos que leron algún dos seus libros. Curso de informática para pais e nais. Desenvolvido ao longo de todo o trimestre os martes de 17:30 a 18:30 horas. Xoves 13 de febreiro. 2º e 6º de Primaria accedeu á fase final do concurso de radio escolar organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Disfrutamos do acto organizado na Universidade. Luns 17 de febreiro. Alumnos do ciclo superior de nutricionismo de San Pedro de Leixa realizaron unha actividade encamiñaba á educación alimentaria aos cursos de 2º e 3º Primaria.

27 de febreiro. Desfile de Entroido de Educación Infantil polo barrio.

28 febreiro. Festa do Entroido no Colexio Ludy. Actuación para Educación infantil do grupo musical “Gulubú”.

7 marzo. 3º e 4º de Primaria van de excursión á Casa Grande de Xanceda.

7 de marzo. O alumnado de 5º e 6º realizan unha saída cultural á planta de separación de refugallos de Sogama no concello de Cerceda. Martes 11 de marzo paseo polo barrio, coñecendo o ámbito máis cercano dos alumnos do curso 4º de Primaria.

26 de marzo. 1º e 2º primaria realizan unha excursión á casa do mel en Arzúa.

26 de marzo, o alumnado de Educación Infantil realiza unha saída á Granxa Belelle.

Exposición “A necesidade do decrecemento” de Lapis Verdes.

Traballos realizados no obradoiro de televisión en 5º de Primaria e no obradoiro de radio en 6º de Primaria, no que participou toda a comunidade escolar.


Revista Ludicol

C

Nº4, Marzo de 2014

ONCERTO COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

O mércores 15 de xaneiro os alumnos de E. Primaria (de 1º a 6º) asistiron a un concerto didáctico no Palacio da Ópera da Coruña, un marco incomparable. Había moitíiiiisimos compañeiros doutros colexios, vaia ringleira de autobuses, meu Deus! O concerto corría a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia baixo o título ”Los clásicos”. Os alumnos puideron disfrutar da interpretación de obras tan coñecidas como “El Danubio Azul” de J. Strauss, “El Cascanueces” de Chaikovski ou obras de Vivaldi, Beethoven , Mozart, Bach, etc. Aos alumnos gustóulles moito e interactuaron cos músicos nalgúns momentos do concerto. Estaban moi contentos de vivir a oportunidade que supón disfrutar desta orquestra en directo.

47


DÍA DA RADIO NA USC

48

O xoves 13 de febreiro, os cursos de 2º e 6º de Primaria realizaron unha saída á

USC, para participar no concurso elaborado pola iniciativa de Campus Culturae no primeiro concurso radiofónico escolar promovido pola Universidade de Santiago de Compostela.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

49

Compañeiras de 6º de Primaria, do obradoiro de radio, Iria, Sara Dopico, Nadia e Clara falan entre elas sobre este día e falan á súa vez con Natalia e Nico de 2º Primaria sobre este día tan especial para todos e todas. Sara: Hoxe estamos aquí para facerlles unha entrevista a uns nenos de segundo de Primaria sobre a viaxe que fixeron no día da radio. Clara: Pero antes imos facer un pequeno resumo da festa. Nadia: Despois dun duro traballo tanto os nenos e nenas de sexto como os de segundo… Iria: Pasamos á final. Sara: Estivemos desde as dez e media ou once da mañá máis ou menos ata a unha do mediodía. Nadia: Foi moi divertido, verdade? Sara: Si, realmente. Iria: A moitos de nós, deixounos impresionados a radio que tiñan na Universidade. Sara: Si. Tamén había moitos nenos doutros colexios. Clara: Facendo a entrevista con nós temos a Iria que xunto a Lucía de segundo de Primaria, subiron ao escenario fronte a centos de persoas de público. Iria: Pois si, menudos nervos. Clara: Sen máis , imos falar con Nicolás e Natalia de 2º de Primaria. Nadia: Ola Natalia. Iria: Ola Nicolás. Clara: Que foi o que máis vos gustou da viaxe? Natalai: A radio (a peixeira). Nico: A festa que houbo. Sara: Íades nervosos? Natalia: Eu non. Nico: Eu si. Nadia: Gustouvos que o voso programa de radio quedara seleccionado para a final? Nico: Moito. Sara: A viaxe pareceuvos longa? Natalia: Non. Porque ianos cantando no autobús. Clara: A viaxe ao final mereceu a pena. Iria: Ben, pois xa rematamos. Nadia: Moitas grazas a todos os lectores de Ludicol. Sara: Adeus! Seguimos en Ludyradio.


50

TWO SHORT STORIES

A REAL DREAM

There was a little ant that had a dream, it was to fly.

One day the ant saw a black crow and she told him that she wanted to fly. The crow told her that he could take her on his back, but the ant thought that the crow was a bad bird and he could be hungry, so she said: "No, thank you" .

At the end, her friend, a sparrow, took the ant on her head and

they flew over the forest. THE END BY SILVIA SALUTREGUI


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

51

THE UNTIDY MOUSE

This is a story about an untidy mouse called Lola.

Lola never tidies her bedroom, she doesn’t clean the floor and she doesn’t make the bed.

Her mum and dad always tidy her bedroom.

Suddenly, one day, while Lola was in her bedroom a fairy called

Sofía appeared and put a spell on Lola and now she is a tidy mouse. THE END BY CRISTINA RODRÍGUEZ LOIS


52

OBRADOIRO DE MANUALIDADES

DECORACIÓN DE TESTOS DE BARRO

(TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA) Os alumnos de terceiro de primaria, neste trimestre ademais doutras actividades de plástica fixeron a decoración de testos de barro con diferentes cores. Primeiro trouxeron todos os seus testos de barro de tamaño mediano e pintámolos dunha cor. Cando a pintura secou fixeron adornos no testo con pintura de diferentes cores mesturándoas . A continuación deixámolas secar……¡¡¡¡¡mirade que fermosas quedaron!!!!….. O que faremos unha vez secas e botarlles terra e a plantar unha planta….. ¡¡¡¡¡¡XA CHEGOU A PRIMAVERA!!!!!!


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

CALCETAMOS!!!!!!! Cando era pequena, xa hai tempo, nas tardes frías de inverno, sentábame coa miña avoa á calor dunha estufa de leña . A miña avoa, con toda a súa paciencia, ensinábame a calcetar mentres charlabamos da súa infancia, da Guerra Civil, de como fixera a miña bisavoa María para sacala adiante, todo mentres faciamos punto Bobo, ou o punto Inglés. Hoxe en día, xa sexa por falta de tempo ou sinxelamente porque os nenos están a outras cousas: consolas, televisión etc. ou porque xa non lles interesa e prefiren dedicarse a outras cousas, estase perdendo esa aprendizaxe que, ademais de ser unha actividade relaxante, é un adestramento manual e mental.

A proposta desta actividade foi de grande aceptación por parte dos alumnos de 6º de Primaria. Nun principio cos apuros normais (na clase oíanse: Sol, non me sae, profe, non son capaz etc.). Unha vez que lle colleron o punto, e nunca mellor dito, gústalles e, nos intres libres, na casa e no colexio, podémolos ver sentados calcetando cada un co seu labor. Teño que dicir, que na primeira sesión desta tarefa tivemos a inestimable axuda dunha persoa experta (de moitos anos, non quero dicir que vaia maior, Deus me libre) neste tipo de labores, Pepy , que tanto vale para un roto como para un descosido. Graciñas!!

Soledad Barrroso

53


54

ACTIVIDADE SOBRE A NUTRICIÓN

O luns 17 de febreiro. Alumnos do ciclo superior

de nutricionismo de San Pedro de Leixa realizaron unha actividade encamiñaba á educación alimentaria aos cursos de 2º e 3º Primaria.

No grupo destacaba a presenza da nosa ex_alum-

na Marta Varela Espiñeira.

Unha primeira parte teórica na que se lles inten-

tou destacar os valores dunha nutrición sudable.

A continuación o grupo de estudo desenrolou

unha serie de actividades e xogos ao través das que os rapaces e rapazas puidemos coñecer os resultados de comer froita, identificar sabores e olores.


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

55


56

OBESIDADE INFANTIL En España, actualmente, a obesidade, o sobrepeso e todas

as alteracións metabólicas relacionadas co incremento do índice de masa corporal (diabete mellitus II, hiperlipidemias, afeccións cardiovasculares...) constitúen a primeira causa de morte prevenible da nosa sociedade.

As últimas estatísticas publicadas revelan que nos últimos anos

houbo unha deterioración paulatina na calidade da dieta inxerida en toda Europa, así como unha insuficiente práctica da actividade física. Deste modo, nas tres últimas décadas produciuse un forte aumento do sobrepeso e a obesidade no conxunto da poboación da Unión Europea.

Cada vez increméntase máis, en números absolutos, a obesidade

infantil que levará aos nosos pequenos a padecer graves problemas de saúde como a hipertensión, complicacións vasculares en etapas vitais posteriores e outros que aínda se descoñecen, xa que esta epidemia de obesidade infantil é relativamente nova.

Por todo iso pareceunos moi acertado aplicar unha charla de

concienciación sobre a alimentación saudable en nenos cuxas idades están comprendidas entre os 7-8 anos, (idade na cal os nenos xa teñen capacidade de raciocinio e retención de información) para así previr primariamente o desenvolvemento da obesidade e as súas posibles complicacións futuras derivadas da inxestión hipercalórica e inadecuada dos alimentos, porque como sempre se di: previr é mellor que curar. Marta Varela Espiñeira


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

57

No colexio tivemos a exposición “A necesidade do decrecemento” de Lapis Verdes.


ORDENOGRAFÍA

58

Unha parte importante das clases de Informática adicámolas a aprender Ordeno-

grafía, que é a adaptación da Mecanografía tradicional (con máquina de escribir) ao teclado do ordenador. Con esta aprendizaxe intentamos motivar a memoria do alumnado e estimular a súa psicomotricidade.

O correcto manexo do teclado serviralles ao longo da súa vida escolar, non só

para escribir máis rápido e aforrar tempo: cunha correcta posición á hora de usar o teclado previmos a aparición de lesións nas costas e nas extremedidades superiores. Nas clases axudámonos do software libre Mecanet e acompañámolo con cancións para unha mellor memorización da disposición das letras no teclado QWERTY.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

59

OS NOSOS ALUMNOS “SENIORS”

O Centro vén de organizar un curso elemental de aproximación á Informática

e alfabetización dixital, dirixido a pais/nais/titores do alumnado. Divídese en 8 sesións, unha cada semana, dunha hora de duración cada unha.

O seu obxectivo é a adquisión dos coñecementos teórico-prácticos básicos

sobre o mundo da Informática para iniciarse no mundo do ordenador e da Internet.


60

A PROFE DE PRÁCTICAS Ola son Sandra, ex-alumna do cole Ludy, e vouvos contar un pouco

a miña experiencia como mestra de prácticas.

O 29 de xaneiro deste ano volvín ao cole, onde pasei algúns dos

mellores anos da miña vida, pero non volvín como alumna, volvín como mestra.

A primeira mañá cando entrei no colexio recorríame polo corpo

unha mestura de sentimentos, curiosidade, inquedanza, ilusión..., era a primeira vez que ía exercer de “mestra” despois de tres anos estudando na Universidade e realmente, é nestas situacións cando te dás conta se che gusta o que estás estudando e se te ves dando clases nun futuro.

Facía nove anos que non volvía ao colexio e non sabía como seguía

aquilo, que mestres quedaban dos que me deran clase a min, etc.

Todos os nervios que tiña ao entrar fóronse a medida que pasaba

a mañá, cada vez ía estando máis a gusto na “miña” clase e no Cole, e así, un día tras outro cada vez máis cómoda e contenta, ata que chegou o último día que con moita pena tiven que marchar.

Desde nena sempre quixen ser mestra de nenos pequenos e soña-

ba con dar clases no Cole onde eu estudara, o Cole Ludy, e, dalgunha maneira, puiden cumprir ese soño aínda que fora en prácticas. Sandra Gómez Mariño


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

CON ANA

61

Pasear entre as letras dos universos literarios xa é fabuloso de por si. Mais aínda é máis fabuloso se de compañeiro de viaxe levamos ao creador deses universos. Esta foi a sorte que tivemos no Colexio Ludy de contar coa escritora, profesora e bióloga Ana Alonso. Como é habitual, as súas creacións forman parte da lista de lecturas propostas para este curso. Foi así como 1º, 2º e 4º puideron gozar da conversa coa creadora das historias que días anteriores leran nas súas casas e no Colexio. Resolveron unha morea de dúbidas e, como non, levaron os libros para inmortalizar cunha rúbrica o recordo dedicado da escritora.


62

10 DE MARZO DE 1972

O 10 de marzo do ano 2014, na praza da Constitución, cos rapaces de 6º de Primaria, repasamos os acontecementos ocorridos hai 42 anos na nosa cidade e, en especial, cos traballadores do estaleiro BAZÁN que, pedindo unhas melloras salariais necesarias, foron presa dun ataque feroz por parte da policía franquista, acabando aquel fatídico día coa morte de Amador e Daniel e case cen feridos. Os rapaces quedaron abraiados coa historia e ao día seguinte, máis quedamos os mestres ao ver que algúns deles traían a historia dos seus avós, protagonistas daquel acontecemento. Decidimos desde o obradoiro de radio invitalos a unha entrevista no noso medio, e así, o día 19 de marzo o avó de Iria , Juan Carlos Soto Carro, o avó de Irene, Juan Estévez Otero e o de Sara Dopico, Faustino Dopico González foron entrevistados polas súas netas nun emotivo acto. A entrevista íntegra, podédela atopar, coma sempre, no noso blog www.ludyradio.blogspot.com Agardámosvos !.


Revista Ludicol

Nº4, Marzo de 2014

63

TELE LUDY (1,2,3, no aire)

Se o curso pasado o Colexio Ludy tocaba o ceo das TIC co obradoiro de radio, neste 2013/14 xa temos en marcha TeleLudy. Como xa sabedes, a nosa tele comezou a emitir no primeiro trimestre co programa “Axenda Escola” e “A Parola”. Sendo pioneiros, ademais, na retransmisión, vía streaming, da festa do Nadal en rigoroso directo. O equipo de TeleLudy fórmano un grupo de nenos e nenas de 5º curso da Primaria que con gran interese desde o comezo apoian e proporcionan todo tipo de iniciativas para o desenvolvemento da nova canle. A propia mosca televisiva, idea orixinal de Lucía, ou a división en grupos de traballo para a creación de guións, cámaras, presentadores, … lévannos ao triunfo de calquera facedor (a contemplación do froito do seu traballo). Nestes intres dous grupos traballan nos guións de dous novos programas, “Aprender na web” (sobre novidades e interesantes contidos para o alumnado do colexio) e “Ludyciencia” (no que se realizarán experimentos científicos diante das cámaras). E é que o esforzo abrangue á participación de todo o colexio e todos os niveis, inclusive da propia Escola Infantil (que usaron o estudo e as cámaras para unha pequena representación do inverno). Desde a Tele abrimos a porta a toda a Comunidade Escolar, para que a participación con propostas e ideas abone o noso novo campo de cultivo. O propio xornal comarcal “Diario de Ferrol” facíase eco do novidoso obradoiro conferíndonos unha páxina completa na súa edición. Todas as visións críticas da televisión poderían desaparecer cando a convertemos nunha ferramenta lúdica ao servizo do ensino. Kazimierz Brandys, novelista e ensaísta polaco dicía da televisión "a pequena pantalla é a barraca de feira onde o pobo ven a ver as marabillas do mundo". Tele Ludy, a nosa pequena barraca onde a Comunidade Escolar vén a ver as marabillas do noso Mundo na nosa Escola. Xil López


64

A ACTIVIDADE FÍSICA

Todos sabemos que é moi importante realizar algún tipo de actividade física, pero moitos non o fan, principalmente por pereza. Tal vez non te teñas parado a pensar ben nos beneficios que reporta. Imos falar un pouco disto, quizais vos anime a empezar,¡NUNCA É TARDE! A actividade física está relacionada coa esperanza de vida. Unha persoa que realice algunha actividade vivirá máis anos que unha que leve unha vida sedentaria. É importante comezar desde pequeno porque iso axuda a crear un hábito e cando algo se converte nun hábito será máis difícil que deixes de facelo. Cando es un neno a necesidade de actividade física queda cuberta cos xogos e actividades que realizan. Anima ao teu fillo a facer algo, non importa que, pero que crea unha rutina, será un adulto máis san e vivirá máis anos. Se xa non es un neno ou se nunca fixeches exercicio, non penses que xa non estás a tiempo, como dixen antes, nunca é tarde para empezar. Elixe unha actividade que che guste:bailar, bicicleta, ximnasio…Se che gusta a natureza busca unha actividade como o sendeirismo, escalada….Conseguirás beneficios físicos pero tamén mentais. Entre os beneficios físicos reducirás o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, hipertensión, colesterol e tamén o risco de padecer algún tipo de cancro. Ademais axudarás a mellorar a túa masa ósea. En canto aos beneficios psíquicos, está demostrado que o exercicio axuda a mellorar a ansiedade e a depresión, fai que te sintas ben e crea optimismo. Isto sucede porque ao facer exercicio liberamos endorfinas, coñecidas, tamén como hormonas da felicidade. Así que, se es un neno, xoga, practica algún deporte!... e se es adulto e nunca fixeches nada ou estás a pensar en facelo, ánimo! Realizar unha actividade física crea un estilo de vida saudable e nos tempos que corren, onde domina o sedentarismo e o estrés, sería unha decisión marabillosa que de aseguro cambiaría a túa vida. Conto contigo!! Begoña Amor Casariego Monitora Ximnasio


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS

65


66


Revista Ludicol

Nยบ4, Marzo de 2014

67


68


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O mensaxeiro Ludicol Nº 4 by Revistas Colexio Ludy - Issuu