Skip to main content

O mensaxeiro Ludicol Nº 3

Page 1

Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

1

“O MENSAXEIRO LUDICOL”

Nº 3 Decembro 2013 COLEXIO LUDY


2

Moi boas meus Compañeiros de viaxe.

Xa pensabades que vos librabades de min pero outro ano máis veño traervos fresquiñas as novas do que foi o primeiro trimestre no noso Cole. Os Ludi-reporteiros traballaron arreo e aquí chego eu carrexando toda a información que é moita e moi boa, xa o veredes! Ademais do traballo no Cole, xa veredes que hai artigos e colaboracións de persoas que no seu momento foron estudantes do Cole. Formaban parte do equipo de “trasniños” que estiveron connosco moitos anos. O que si lles teño que dicir aos “pais e nais trasniños e trasniñas” que agardo polas súas colaboracións, gustaríame levalas tamén nas miñas alforxas.

Marcho, que teño que chegar cedo para comezar o reparto!

Agardo que a miña recollida vos encha de ledicia


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

Escola Infantil Ludy ................................................................ 4 Educación Infatil, 3 anos ........................................................ 6 Educación Infantil, 4 anos .................................................... 10 Educación Infantil, 5 anos .................................................... 12 1º de Educación Primaria ..................................................... 16 2º de Educación Primaria ..................................................... 20 4º de Educación Primaria ..................................................... 26 5º de Educación Primaria ..................................................... 28 6º de Educación Primaria ..................................................... 30 Actividades feitas no primeiro trimestre ............................ 34 Campaña solidaria ................................................................ 35 O noso Belén ......................................................................... 35 Down Under (Desde Australia) ............................................ 36 Cando eramos alumnas ....................................................... 38 Tod@s somos escola ........................................................... 42 Recuncho dos ex-alumnos .................................................. 43

3


4

Escola Infantil Ludy

OUTONO NA ESCOLA INFANTIL

O

s nenos e nenas da Escola Infantil traballaron moito durante este Outono. Fixeron unha chuvia de follas de mil cores, cabazas monstrosas. Celebraron unha festa de Samaín con morcegos, pantasmas e bruxas. Fixeron un obradoiro de plástica, con murais de árbores con follas naturais, un ourizo, un esquío, un paraugas… Tamén un obradoiro de cociña onde coñecemos e probamos froitos propios da estación: castañas, mazás, uvas, granadas, noces… Con materiais reciclados fixeron uns bolsiños que enchimos de castañas cocidas para celebrar a festa do Magosto. E así, pouco a pouco, chega o Nadal e con el moitas actividades e sorpresas máis.


Revista Ludicol

Nยบ3, Decembro de 2013

5


6 Educaci贸n Infantil, 3 anos.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

A AULA DE 3 ANOS COA CHEGADA DO OUTONO Durante este trimestre na aula de 3 anos tivemos como tema central o Outono. Fixemos distintas actividades para traballar este tema: murais, cancións , bailes… Sen dúbida o máis divertido foi “A chuvia de follas de outono”. Trouxemos á clase follas que recollimos coas nosas familias. Xuntamos moitas . Un día enchimos o chan da clase, parecía un bosque no outono , Xogamos con elas, bailamos enriba , tirámolas pola cabeza, deitámonos nelas . PASÁMOLO EN GRANDE!!

7


8

A COCIÑAR

No obradoiro de cociña deste trimestre, fixemos galletas con fariña de millo. Os ingredientes son: • 1 taza de manteiga derretida. • 1 taza de azucre. • 1 ovo grande. • 3 tazas de fariña de millo. • 2 culleres pequenas de levadura. • Un pouquiño de sal. Amasamos todos os ingredientes, fixemos boliños e despois esmagámolas un pouco. A profe Laura levounas para fornear e pola tarde levámolas á casa. Estaban boísimas!


Revista Ludicol

Nยบ3, Decembro de 2013

9


10

Educación Infantil, 4 anos.

O SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS

Este ano fixemos moitas actividades para celebrar a festa do Samaín!! Pasámolo xenial! Decoramos a clase con bruxas, cabazas…, pintámonos de bruxos, bruxas e esqueletos en teatro, coa profe Elena. Fixemos crebacabezas e xogos de Samaín na pizarra dixital. Decoramos unha cabaza en forma de araña que daba moito medo e disfrazámonos de cabazas, dando un paseo polo barrio, xunto coas clases de 3, 5 anos, 1º e 2º de primaria, ao que viñeron as nosas familias para facernos moitas fotos e vídeos. Guapísimos e guapísimas. Ah! e por suposto bailamos e cantamos cancións de esqueletos e cabaciñas! Foi moi divertido!!!


Revista Ludicol

Nยบ3, Decembro de 2013

11


12 Educación Infantil 5 anos

A ESFOLLADA DO MILLO EN 5 ANOS Este trimestre, nas clases de obradoiros creativos ,co mestre Xil os nenos e nenas de cinco anos coñeceron as mazorcas de millo. Puideron tocalas e mesmo esfolllalas e debullalas. Aprenderon cunha canción moi chula. O proceso que vai desde a mazorca de millo ata a creación de fariña de millo, coa que finalmente farian unhas riquísimas galletas!!


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

Mola moito aprender cantando!! Se pan de millo vas merendar mira o traballo que hai detrás….Hai que plantar, agardar, logo nacer e esfollar….. Se pan de millo vas merendar mira o traballo que hai detrás, hai que gardar, hai que debullar, logo moer e peneirar……

13


14

O magosto está a punto de chegar!!

Na aula de cinco anos, preguntábanse que é o magosto? Comer castañas dicían uns, xogar dicían outras, bailar, cantar…pois si, iso é, unha festa!!! Unha festa popular galega na que as protagonistas son as castañas. Xuntamos toda a sabiduría da aula e fixemos unha castaña libro moi simpática. Decoramos a clase cun gran castiñeiro cheo de castañas de verdade. Coñecemos á castañeira xogando na pizarra dixital. Aprendemos unha bonita canción do magosto, e como non, reciclando como facemos sempre, elaboramos o noso


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

15

Este ano tivemos unha sorpresa moi especial! O magosto íamolo celebrar ao campo!! As castañas asadas estaban moito máis ricas ao aire libre!! Xogamos ás carreiras de sacos, ao pano, a tirar da corda…e mesmo bailamos e cantamos. Foi estupendo disfrutar así da natureza!! Que ledicia!!


16

1º de Educación Primaria EXCURSIÓN A ALFOZ

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria fomos este trimestre a un fermoso concello lucense chamado Alfoz. Pola mañá visitamos a torre da homenaxe do Mariscal Pardo de Cela. Primeiro estivemos vendo a torre por dentro e logo subimos ao máis alto para contemplar unhas fermosas vistas.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

Ademais fomos á Finca Galea, unha fermosa paraxe natural pola que transcorre o río Ouro. Alí puidemos ver: regatos, estanques, árbores fosilizadas, fontes, etc… Diante da fermosura de todo o conxunto, o que máis nos gustou foi a fervenza do muíño e o batán. Despois de xantar como “señoritos”, nunha fermosa carpa, xogamos unha horiña polo xardín e xa tocaba voltar á casa para descansar e contarlle todo aos nosos pais.

17


18

O

U O

O T

O N

Xa chegou o outono e para comezar o ambiente outonal na clase, os nenos de 1º fixemos un mural, vaia chulada!. No mural participamos todos: uns pintamos as árbores con témperas, outros fixemos con cartolinas follas de cores outonais, tamén fixemos nubes de algodón e pingas de chuvia. Todas esas cousas que hai no outono. O resultado final, como podedes ver, foi un mural chulísimo do que estamos moi orgullosos.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

S amaín Outro ano máis os nenos de 1º de Primaria, coa axuda da mestra, fixemos os traxes para disfrazarnos na festa de Samaín. Nesta ocasión disfrazámonos de cabazas e saímos, acompañando a 2º e outros cursos de Educación Infantil, polos arredores do colexio. Que ben o pasamos e aínda que non poñiamos moito medo, estabamos guapísimos !!

19


20

2º de Educación Primaria

S

a id n

n ce u

Xa o ano pasado “Bárbol” fixo o curso completo de 1º connosco e pasou polas tres estacións do curso así como polas festas tradicionais do cole. Este ano tocoulle a Secundina. Vestida con cartolinas, plumas de plástico e un chapeu, creamos a Secundina, que non é senón unha corva: “A nosa corva”. Polo de agora está moi tranquila na súa árbore entre os recunchos da nosa aula, só se disfrazou no Samaín, pero, quen sabe o que lle espera este curso e cantas veces participará connosco nas nosas actividades?


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

De primeiras, ésta é a historia dunha corva xigante manuscrita por Natalia López Anido, creada por todos os compañeiros e compañeiras de segundo e ilustrada por Sara Urbano Vilar.

A corva sen porvir.

21


22

A nosa horta Para non perder o costume, tendo en conta a ĂŠpoca do ano, os nenos e nenas de segundo curso da Primaria comezamos o curso cultivando a nosa horta. Este trimestre tocou sementar grelos e cenorias. A intenciĂłn tivĂŠmola, non sabemos se estas plantas de exterior se acostumarĂĄn ao clima da aula pero agardamos sen acougo.


Revista Ludicol

Nยบ3, Decembro de 2013

23


24

C ontos do Samaín

Cabazas de Nuria Ponce López e Alejandro Montero Couceiro.

AS CABAZAS MUTANTES E A CORVA Había unha vez unha corviña á que lle encantaba o Samaín. Un día, cando todos os corvos fixeron as cabazas, elas estaban moi enfadadas porque sempre as furaban. Foi así como viñeron ao pobo unhas cabazas mutantes. A corviña, chamada “Secundina”, colleu un coitelo xigante e matou ao xefe conseguindo así que morresen todas. Acto seguido recompuxéronse de novo todas e reventaron caendo doces e lambetadas por todos lados. Alejandra Fernández Armada


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

25

O CASTELO ENCANTADO Érase unha vez un castelo que estaba encantado. Nel vivían unhas pantasmas, eran vinte e chamábanse: Diego, Cris, Natalia L., Dani E., Alejandra, Aissa, Nuria, Lucía P., Yago, Luna, Natalia V., David, ... Tiñan unha mascota de nome “Secundina” que era moi fiel. Cando facía algo dábanlle unha recompensa e tiñan un “Pai” que se chamaba “Xil”. Ademais ían ao cole do terror, onde aprendían a coller almas. Sara Urbano Vilar

Cabaza de 2º


26

4º de Educación Primaria

4º DE PRIMARIA LEMBRA… Os alumnos de 4ºde Primaria visitamos, cos compañeiros de 2º, unha exposición no Ateneo Ferrolán sobre Man, o alemán de Camelle, e soubemos o que pasou cando sucedeu o naufraxio do Prestige, xa que aínda non naceramos. Na clase, fixemos un poema, entre todos sobre o tema, xa que quedamos moi sorprendidos coa contaminación que sufriron os nosos mares e costas. Primeiro puideramos ver algúns vídeos e fotos na clase. Esperamos que vos guste.


Revista Ludicol

Hai xa once anos o petroleiro Prestige naufragou na costa de Galicia. O petróleo verteuse ao mar. Que desastre! Morreron os peixes, as aves mariñas. A masa escura e grande manchou o mar. Manchou tamén as esculturas, as esculturas dun home que vivía en Camelle, chamado Man, O Alemán. Un mes despois do Prestige de pena, morreu Man. Pero a súa alma sempre estará na Costa da Morte.

Nº3, Decembro de 2013

27

Tivemos sorte, moita sorte viñeron de todo o mundo a limpar mares e praias. Galicia nunca volvería ser igual: chea de vida, felicidade e mar. Os nenos e nenas de 4º non queremos que o petróleo, a masa escura e fea, volva verter. Por iso, queremos dicirvos ben forte, moi alto que queremos ir á praia, que queremos ver aves e peixes. Así que xa sabedes, coidemos todos os nosos mares!! Colectivo de 4º de Primaria


28

5º de Educación Primaria CENTROS DE INTERESE

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, acolleu con gran interese e motivación a apertura dos diferentes centros de interese na materia de Coñecemento do Medio.


Revista Ludicol

Pero, Que son os centros de interese?

Nº3, Decembro de 2013

29

Para a conformación do traballo organízanse quedando na casa dalgún dos Son unha ampliación voluntaria dos temas compañeiros, ou reparten o traballo e logo xúntano na escola. Neste proceso pódese dados nesta materia. Cadaquén apúntase contar coa axuda de familiares, pois sempre nos temas que máis lles gustan, sempre coa intención de ampliar a información recibida é importante a realización destas actividades entre membros de distintas xeracións. na aula. Só queda o momento de presentalos. Farase Un seguinte paso é escoller entre o alumnado o grupo no que vai traballar. Cun nas últimas clases do tema correspondente, máximo de catro ou cinco persoas, comeza o unha vez os contidos estean estudados á hora da presentación. Procuramos que o momento da realización do traballo. alumnado a faga de maneira o menos lida Dicir, antes de nada, que estes traballos posible para que se acostume a contar o que son totalmente voluntarios e non entran a ser valorados para a nota da materia. O que é sabe e que vaia tamén perdendo a vergoña á imprescindible e ter un ritmo de traballo na hora de falar en público materia, e o esforzo para poder facelos, pois Con esta actividade feita en 5º e 6º de sempre deben ser un complemento educativo Primaria, o alumnado aprende a buscar información, a ampliar intereses sobre a e nunca un atranco. información dada, a traballar en equipo e a falar en público e ,na miña opinión o máis No tempo de lecer o alumnado ten a súa importante de todo, a aprender coma fin en disposición os ordenadores do Centro para si mesmo, non como a procura dunha mellor ir na procura de información necesaria en nota. internet. As presentacións desta actividade O formato para realizar o traballo pode ser complementaria, podédelas atopar no blog de maneira impresa, cun máximo de catro www.ludyradio.blogspot.com na etiqueta de follas máis a portada, tipo mural, formato traballos no colexio. Powerpoint ou en vídeo.


6º de Educación Primaria

30

A VENDIMA

Por vendima enténdese a recollida das uvas do viño. O tempo de vendima varía entre xullo e outubro. Depende do grao de maduración da uva que se queira. O momento no que a relación porcentual entre os azucres e os ácidos no bago da uva acadaron o valor óptimo para o tipo de viño que se quere. Outros puntos a ter en conta para a vendima son: Condicións climáticas, zonas de produción, tipo de uva e tipo de viño que se quere obter

REFRANEIRO -Da unha boa cava a túa viña, e terás unha boa vendima. -No setembro o vendimador, corta as viñas de dous en dous. -Agosto o seca todo menos o mosto -Setembro moi mollado, moito mosto pero augado. -De caldo de uvas, cada ano unha cuba. -Maio fai o trigo, e agosto fai o viño. -Auga en agosto, azafrán, mel e mosto. -Ao que mellor sabe podar, a mellor viña has de lle dar.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber. Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo. Collerás viño mosto se vendimas enxoito. Día de San Martiño, proba o teu viño. Dispois do San Martiño, deixa a auga e bebe o viño. Do novo viño bota un groliiño polo San Martiño. Ninguién que beba viño chame borracho ó seu veciño. Ninguién se emborracha co vino da súa casa. Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas. O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña. O viño anda sin calzos. O viño barato saca os cartos do farrapo. O viño, bebelo amodiño: groliño a groliño. O viño con mel sabe mal e fai ben. O viño das cepas vellas quenta as orellas. O viño de abril non vai ó funil. O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro. O viño fai rir, fai durmir e fai as cores á cara saír. Quen é amigo do viño, de si mesmo é inimigo. Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño. Vino de cepa torta inda ben non te bebo non vexo a porta. Viños e amores, os vellos son os mellores. Vino ruín, para quen o queira, pero non para min. “Teño flores, froitales e viñedos, e é de ver a ledicia con que exprimo a outonal opulencia dun racimo para que o xugo corra polos meus dedos.”

Colectivo 6º de Primaria

31


32

SAÍDA Á SERRA DO FORGOSELO 5º E 6º DE PRIMARIA

Segunda edición da xornada de convivenvcia dos alumnos de 5º e 6º de Primaria cos alumnos de 1º da ESO do IES Concepción Arenal onde están matriculados alumnos e alumnas que estiveran no Cole. Desta volta a viaxe levarianos á Serra do Forgoselo. Alí puidemos contemplar os distintos tipos de gandeiría, pegadas de animais, formacións minerais e infinidade de especies de cogomelos. Esta xornada estivo guiada por un biólogo en colaboración co Clube Montaña Ferrol. Como na edición anterior, os mestres dun e doutro Centro cualificamos de exitosa a xornada.


Revista Ludicol

Nยบ3, Decembro de 2013

33


34

ACTIVIDADES FEITAS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

Nestes primeiros meses do novo curso, o Colexio Ludy elaborou e participou en multitude de actividades complementarias que, sen dúbida, axudan ao desenvolvemento persoal do noso alumnado. Desde o Colexio Ludy, cremos que a aprendizaxe non só se pode basear no material didáctico que aparece nos libros de texto, senón que desde o Centro Escolar debemos facilitar experiencias que resulten beneficiosas para estas pequenas persoas que tanto tempo pasan no Colexio Ludy.

Educación Infantil de 3 anos visitou as instalacións da biblioteca municipal, incluíndo nesta visita unha videoconferencia con PapáNoel. − O 25 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, mantiveron unha xornada de convivencia que consistiu nunha excursión xunto ao alumnado de 1º da E.S.O do Instituto de Concepción Arenal á Serra do Forgoselo. Na semana anterior, o noso alumnado compartiu no instituto unha clase sobre o lugar a visitar por parte do mestre de boioloxía Andrés Lamas. ACTIVIDADES: − Charla sobre alimentación saudable por parte − Samaín. Educación infantil, primeiro e segun- de Laura Soto, ao curso de 6º de Primaria. do de primaria, fixeron un desfile polo barrio coas − Charla de Paula Pita, matrona, sobre a súa vestimentas propias da celebración. Fixeron unha función e o embarazo ao curso de 6º de Primaria. cabaza conxunta. O alumnado de terceiro a sexto − Os cursos de 5º e 6º de Primaria estiveron a tallaron cabazas de maneira individual coas que par- desenvolver, na materia de Coñecemento do Medio, ticiparon nun concurso do que máis adiante sabere- en cada un dos temas, os centros de interese. Sempre mos o resultado. por grupos, ampliaron a información sobre os temas. − Magosto. Ademais do traballo realizado en − A música da semana. Cada semana un artista cada aula sobre o tema, celebramos, toda a Comude xénero musical e nacionalidade diferente, coa cal nidade Escolar esta festa tradicional galega ao aire comezamos o día. libre. Foi o 15 de novembro e desprazámonos os 213 − Estanse a celebrar, como todos os anos, as alumnos do Colexio e todos os mestres e mestras á campañas de fomento da lectura “ O merlo lecárea recreativa de O Couto. tor”(promovido polo ENDL) e “ El pájaro lector”. − A vendima. O 27 de setembro, o alumnado de − Na radio Ludy, realizáronse multitude de educación infanti, primeiro e segundo de primaria, seccións e entrevistas que podedes atopar no blog da realizaron unha actividade onde non faltou de nada, radio. Levado polos compañeiros de 6º de Primaria. incluso o pisado das uvas. − Aparición de Tele Ludy, levado polos com− Visita o 19 de setembro, por parte do alumna- pañeiros de 5º de Primaria. Axenda de actividades e do de 6º de Primaria ás Meninas de Canido, acommeteoludy foron as aparicións neste trimestre, por pañados do organizador desta actividade Eduardo primeira vez no noso Centro. Hermida. − Durante oito xornadas, familias do noso Cen− Teatro organizado por UNICEF. Acude á obra tro están a participar no Curso que Asfedro realiza o grupo de 6º de Primaria, o 20 de novembro, o día xunto ao Colexio Belén nas instalacións do noso internacionad da infancia. Centro. Os temas centrais son os coñecemento e pro− Visita á Sociedade Galega de Historia Natublemáticas relacionadas coas drogas e os problemas ral. Como todos os anos, o curso de 5º de Primaria, orixinados coa aparición das novas tecnoloxías. visitou este interesante museo da nosa cidade. Foi o − Campaña recollida de alimentos, roupa e 27 de novembro. xoguetes para o colectivo Lazos pro-solidariedade e − Visita á exposición: “ Manfred, o alemán de para Cáritas. Camelle” por parte dos cursos 2º, 4º e 5º de Primaria. − Festa do Nadal, con diferentes actuacións por − O 25 de outubro os alumnos de Educación In- parte do alumnado do noso Centro. fantil, 4 e 5 anos realizaron unha excursión ao Caste- − Visita do Apalpador a Educación Infantil e 1º lo de Moeche. e 2º de Primaria. − O 11 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de − Terceiro número da revista trimestral: LudyPrimaria visitaron A Casa da auga, en Alfoz. col. Ésta que estás a ler. − O mércores 20 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, recoñeceu as instalacións e os En vindeiros trimestres agardamos completar o caanimais en Avifauna, na provincia de Lugo. dro de actividades. − O venres 13 de decembro, o alumnado de


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

35

CAMPAÑA SOLIDARIA Como todos os anos, por estas datas, levamos a cabo a recollida de alimentos e roupa para colaborar cos máis necesitados ao través das asociación Lazos e Cáritas. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración

O NOSO BELÉN Non podía faltar un clásico no noso Cole como é o Belén que ano tras ano se vai facendo co traballo entre rapaces e mestres. Este ano o mestre Xil, encárgase de coordinar e “certificar” a OBRA.


36

DOWN UNDER (Desde Australia)

Por motivos de traballo a nosa familia trasladouse a vivir lonxe, moi lonxe de Ferroliño. Así que deixamos a nosa terra no fin do mundo e mudámonos ao outro fin do mundo. Benvidos a Australia. Melbourne é a cidade que nos acollerá durante os próximos anos. A parte do idioma, sabiamos que este país nos sorprendería doutras formas e así estao a facer. Pasamos dun país en plena crise económica e de valores tamén pero cunha grande historia, a un mundo novo, en continuo avance e desenvolvemento, enorme en extensión pero pouco poboado e moi, moi orgulloso e protector coa súa escasa historia. O primeiro era encontrar vivenda e colexio . Encontrámola con vistas ao mar como bos galegos e a cinco minutos do centro da "city" ou CBD como se coñece aquí (Central Negocio District) e o cole a 1 km, porque sabiamos que nos tocaba bici ou andando. Desta cidade chámannos a atención moitas cousas como latinos que somos. Aquí hai unha mestura imposible. Os prezos, uff, tivemos que deixar de pensar en euros rapidamente porque senón nin unha barra de pan comprabamos, non é o dobre, é tres veces máis que en Ferrol ou máis. Vale, os soldos tamén claro. Melbourne namórate dende o primeiro día, bicicletas por todas as partes, con ou sen carril bici, xente correndo por todos lados (é a cidade do deporte en Australia e non sei se no mundo). Os peóns respectan ás bicis polas beirarrúas e sempre de boas maneiras. Para os coches está todo ou case, permitido e cando algo non se pode, sinalízano moi moito. Ten unha rede de tranvías (Tram) que funciona moi ben, non hai metro. As primeiras plantas dos edificios de vivendas ou oficinas son para os parkings, así que non hai subterráneos, máis barato construír, non? Os horarios é algo que, despois dun ano, séguenos custando un pouco, nós somos nocturnos e eles moi, moi, moi madrugadores. Ás 7 da mañá pódeste encontrar nenos no parque pero ás 5 da tarde nin un. Os supermercados e demais tendas abren toooodos os días do ano,

agás Nadal.de 6:30 a.m ata 24:00 p.m os super e os comercios de 10:00 a.m ata 5p.m.; os mercados, as nosas prazas de abastos, abren o fin de semana e outros dous días por semana ata as 5p.m. Ai! Os horarios das comidas e as comidas en si, que lío, iso si o levo bastante mal. Hai xente comendo, o que sexa, a calquera hora do día . Ao estar no hemisferio sur temos as estacións cambiadas, como lles fago entender aos meus fillos que o Nadal é agora en verán? E en Xuño é inverno, que lío, aínda enriba os cambios de estacións son o día un do mes, nada de solsticios, para que? Melbourne é coñecida como a cidade das catro estacións nun día. Aquí tes que saír de casa coas chanclas e o plumas, porque nunca se sabe. Aquí o sol é perigoso e téñeno moi en conta. En inverno ten forza e dá gusto, pero hai unha gran campaña do goberno para minimizar os danos do sol, e nos coles os meses de primavera, verán e parte do outono é obrigatorio o uso de sombreiro, non gorra. Ten que cubrir a caluga, tamén cando os nenos saen ao patio. En todos os eventos públicos hai sempre un posto de cremas protectoras, gratis (do pouco gratis que hai) e varios postos de auga, son como unha multifonte e tamén gratis. Xa levamos UN ANO e a verdade que a pesar dos inconvintes que poida ter a "pequena distancia" que nos separa das nosas familias e amigos, está a ser unha experiencia moi positiva e bonita, tanto que... nos vai dar moita peniña volver, porque si é verdade que se vive moi ben, é un país cómodo e que vive ao día, sen présas, NON WORRIES, MATE.


Revista Ludicol

O cole que nos toca por proximidade do apartamento é un cole grande, en continuo crecemento porque vivimos nunha zona que se está a revalorizar moito.. O Port Melbourne Primary School celebrará os seus 150 anos de historia o próximo ano, estamos moi contentos de poder vivilo. Ten unha enorme extensión para zona de xogos e deportes e un edificio principal que alberga as oficinas e algunhas clases, sala de profesores....,o resto das clases están repartidas entre outros edificios máis antigos e os novos que son prefabricados. O calendario escolar comeza en Febreiro (en pleno verán) e remata en Decembro, divídese en 4 Terms , que non é trimestre exacto claro, ao final de cada Term hai dúas semanas de vacaciones(si eu tamén me pregunto como fan os pais traballadores). A escolarización é obrigatoria o ano que o nen@ cumpre 5 anos antes do 30 de Abril, pero hai pais que prefiren esperar un ano máis cando o seu fillo é destes primeiros meses do ano natural , o mesmo poden empezar no 2º ou 3º Term. Como non é obrigatorio o ensino ata os 5 anos , as garderías privadas son caras e as públicas só che permiten 3 días por semana e para iso unhas horas. Miguel, o meu fillo, empezou en Novembro do ano pasado 3 días full estafe (privada) porque non había máis días disponibles. Laura, a miña filla, comezou unha semana máis tarde que o seu irmán, pero tamén encantada. E eu? Eu quedei desfeita pensando se comerían, se entenderían algo, se os nenos xogarían con eles...... Cando a fun recoller as súas palabras foron" mamá este cole encántame" ,ufff! Respirei tranquila. E aínda que o tema comida segue sendo un tema complicado, estamos moi, moi contentos con este cole. O cole comeza ás 9 a.m e se chegas máis de dez minutos tarde tes que pasar por recepción e encher un formulario de atraso, unha copia para o profe e outra na oficina, supoño que cando acumules un número diranche algo. Remata ás 3.30 p.m e se necesitas recoller ao teu fill@ antes tes que encher outro papeliño e entregalo ao profe cando vas buscalo. Aínda que te chamen do cole a media mañá tamén hai que

Nº3, Decembro de 2013

37

enchelo. Son moi permisivos, podes recoller ao teu fillo todos os Martes antes , porque senón non chega a unha extraescolar, e NON WORRIES. Durante esas dúas semanas entre Term un grupo funciona. Realizan un montón de actividades deportivas e excursións cos nenos. Normalmente son os mesmos monitores sempre en cada cole, pois isto existe en todos os coles. Durante a xornada escolar hai 3 "breaks": 1º snack: galletas, cereais... 2º froita ou zume 3º lunch ou comida principal (outra vez o noso problema).Os nenos de aquí levan sándwich, susi ,hot dog... Onde están os comedores e o menú de dous pratos e sobremesa e ata que non o comas todo non te ergues? Sinxelamente NON EXISTEN. Neste cole fomentan moito a lectura, de feito eu creo que os primeiros tres anos esquecen as matemáticas bastante. Non compramos libros pero todos os días traen un libro de lectura diferente e hai que comprendelo e comentalo. Todos os colexios teñen o seu uniforme, o noso é vermello e azulón con distintas pezas en verán e inverno e tamén para deporte ou diario e, como non, diferente para nenos e nenas. Non adoitan ser moi estritos con tal de que sexan as cores do cole, os tecidos e formas varían moito. O que si é obrigatorio é o sombreiro os meses de sol,(no hat no play). Todos os Luns ás 9 hai unha assambly, xúntanse todos os nenos do cole, e entre o director e os capitáns(algo así como delegados do cole, adoitan ser alumnos dos cursos superiores) cóntannos, xa que os pais tamén poden asistir, as novidades da fin de semana e o que vai acontecer durante a semana en canto a actividades extras, deportes.... De todos os xeitos cada xoves os nenos traen unha Newsletter onde explican o mesmo e tamén algo de publicidade, aínda que como non, está dispoñible na páxina web do cole.

María Ramos Sánchez Ex alumna Colexio Ludy


CANDO ALUMNAS CANDO ERAMOS ERAMOS ALUMNAS

38

Setembro: querido diario, hoxe comecei o colexio. Teño unha mochila enorme, milleiros de libros, regras, gomas de borrar, tesoiras… Ttodo arrecende a pegamento e medio. As clases arrecenden a limpo, e os compañeiros traen miles de historias acontecidas no verán. No meu pupitre hai unha frase escrita coa punta dun compás: “adeus colexio Ludy, botareite de menos”. Quen o escribiría? Dáme pena o rapaz que o fixera… Gustaríame quedar aquí para sempre, e iso que acabo de comezar… Outubro: hoxe mercamos cabazas, baleirámolas e entre todos fixémoslles caras graciosas ou medoñentas… Qué medo dá o Samaín, pero que ben o pasamos celebrándoo.

O tellado:

Polo espazo que hai no tellado do patio entraban paxaros de vez en cando, estes saían sen problemas, pero unha vez un paxaro coouse nunha das clases, formando un pequeno balbordo. A profe Celia tívoo complicado para poder sacalo.

Aínda que o tellado do patio segue a ser o mesmo que tiñamos uns anos atrás, a pequena reixa que ten nunha parte, non estaba polo que ao mirar cara arriba podías ver algunhas pelotas rodando dun lado a outro. Claro que non deixaron ter pelotas no colexio por moito tempo e o final faciámolas con papel das nosas merendas.

Novembro: querido diario, hoxe fomos de excursión a un piñeiral a celebrar o Magosto. Coma tódolos anos a clase dividiuse en varios grupos, pelexamos, e decidimos crear fortalezas con follas de piñeiro para protexernos os uns dos outros. Recollemos piñas como munición, e xusto cando iamos comezar a guerra, escoitamos un silbido. Manuel chamábanos para voltar á casa. Cada un colleu o seu colar feito con castañas, e firmamos a tregua ata o ano que vén.

Os Magostos: Nos Magostos iamos ao piñeiral todo o colexio e alí pasabamos a mañá e a tarde. Nada máis baixar do autobús Os Magostos: cada curso dividíase en grupos e buscaba o sitio perfecto Nos Mmagostos ao fportalezas iñeiral todo o efendernos colexio e alí pdasabamos para ontar aiamos s nosas e d os demais. a mañá e a tarde. Nada mm áis uros baixar autobús curso Utilizabamos restos de de dpo edra que cada había polo dividíase beancos n grupos o sitio perfecto ara ontar as monte, ou eo b quscaba ue atoparamos por aplí e lm ogo nosas fortalezas oes dnefendernos dos demais. piñas e pólas que construiamos osos muros coas follas, recolliamos do chan. Pero o que máis nos gustaba era Utilizabamos restos de muros de pedra que había polo monte, pelexarnos entre os grupos e intentar destrozar as outras bancos o u o q ue qaue toparamos por aa lí logo os fortalezas sen derribasen neosa. Ac eonstruiamos xcursión facíase nosos muros follas, e pólas que recolliamos do moi curta e ecoas n nada xa poiñas íamos o silbido de Manuel ec ahan. os Pero o q ue m áis n os g ustaba e ra p elexarnos e ntre o s g rupos e demais profesores chamándonos a xantar. intentar destrozar s oa utras derribasen Por último nese daía, ntes fortalezas de voltar sen ao qaue utobús, cada au n nosa. A euxcursión moi curta en nada xa odíamos recibía n colar dfacíase e castañas que eo s alumnos e 6º o silbido de Maanuel demais profesores chamándonos a axudaban facer eo as os días anteriores. xantar.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

Decembro: querido diario, este mes imos facer o belén vivinte, cantar panxoliñas e tocar cancións coa frauta pra celebrar o Nadal… Ninguén sabe a letra, e renunciamos a xogar a “ti a levas” nos recreos para que as cancións soen algo mellor. Ó final sempre sae ben, os de Ludy non sabemos facer as cousas mal.

Actuacións de Nadal:

Ao chegar a 6º tocaba facer o Belén vivinte. Era unha tradición que non se podía perder. Cada ano un curso distinto e diferentes actores representaban a mesma obra dirixida polo profesor Torregrosa.

Tamén xunto co Belén tiñamos que tocar a frauta e cantar, polo que dedicabamos recreos e clases a ensaiar e facelo perfecto ou, mais ben, intentalo.

Xaneiro: querido diario, despois das vacacións, todos voltamos con moitas ganas de contar o que Papá Noel ou os Reis Magos nos trouxeron. Hoxe fun á afiar á papeleira no medio da clase, para contarlle ós meus amigos o ben que o pasei durante o Nadal. A profe enterouse de que levaba demasiado tempo afiando (falando)… Estou castiga sen recreo. A milla de Ludy:

Unha vez ao ano realizábase, nas rúas próximas ao colexio, a milla de Ludy. Había un montón de nenos que participaban (e tamén o facían os pais). As rúas enchíanse de xente para ver as carreiras que se estaban a organizar. A saída atopábase ao pé da costa da rúa e a meta na porta do Colexio, pero segundo o curso dabas máis voltas arredor do colexio. Todos esforzabámonos moito nesta milla por algo era a do noso Colexio. Xa na meta dábannos medallas e camisetas , ademais de refrescos e zume (aínda que a maioría ían directos aos refrescos).

Febreiro: querido diario, hoxe imos celebrar o Entroido… Todos imos ir disfrazados, que nervos… Que disfraz elixirán os meus compañeiros? E os profes? Só sabemos o disfraz dun deles… Un pingüín xigante. Todos sabemos que é Manuel, porque leva tenis. Entroido:

Igual que se fai agora, cando iamos ao colexio s días anteriores todos disfrazabámonos no Entroido. O comentabamos os disfraces que levariamos e a comida que iamos levar. Chegado o día da festa había un disfraz que non faltaba, o do pingüín xigante, os tenis facíannos saber que era o profe Manuel.

39


40

Marzo: querido diario, hoxe paseino xenial no cole, fomos facer atletismo coma tódolos venres, a carón das vías do tren. Rematamos moi cansos, e algún cos pantalóns rotos, xa que caimos varias veces… As nosas nais pasarán o fin de semana cosendo xeonlleiras ós nosos chándals vermellos… Pero valeu a pena. Correr nas vías do tren:

Ademais das horas de Educación Física semanais, tamén iamos fóra a correr preto das vías do tren. Correr fóra é moi distinto a facelo no ximnasio. O camiño tiña algunhas costas e hai que engadir o tempo que facía cada día ( á memoria veñen os días calorosos, aqueles máis fríos e algún que outro no que había néboa e non se vía nada, polo que esperabamos voltar ao ximnasio).

Abril: querido diario, hoxe tocounos sufrir os enxaugues con flúor rosa para previr as caries. Hai xente que fai trampas e o cuspe no lavadoiro sen que os profes se dean conta, pero hoxe pilláronnos, e castigáronnos sen ver una peli pola tarde… Pero non me importa, seguro que ó final facemos algo moito mellor.

O flúor:

Nun boteciño de plástico botábannos os profes un líquido rosa para limpar os dentes, flúor, co que tíñamos que facer gárgaras. O sabor non nos gustaba e o volviamos cuspir disimuladamente, ou non tanto porque ao final ninguén libraba de tomar o flúor. Algunha que outra vez tragábamos un pouco e o sabor durábanos todo o día, que noxo!

Maio: querido diario, xa vai calor, os nenos comezan a levar pantalóns curtos, e a nenas, levamos calcetíns en lugar de medias. É algo perigoso, xa que rabuñamos as xeonllos cada vez que zoupamos no patio xogando á chapa e á goma… Creo que non hai ninguén sen feridas… Son coma tatuaxes da vitoria.

Campo a través e atletismo: Durante o curso, os fins de semana realizábanse carreiras de campo a través e competicións de atletismo. Entre os moitos cores de chándal dos nenos que participaban, destacaba sen dúbida o vermello do Ludy que sempre quedaba en boas posicións por suposto.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

Xuño: querido diario, estamos en Gandarío, na excursión de fin de curso. Durmimos en liteiras, dentro de sacos. Pola noite contamos historias de medo, e ninguén puido pegar ollo. Hoxe pola mañá fomos á praia, e logo duchámonoss todas… Os rapaces espiaron ás maiores na ducha, e Manuel castigounos a saír correndo cos calzóns postos. Foi o máis divertido do día. Non quero que isto remate. Non quero que remate o curso. Non quero despedirme dos meus compañeiros. Non quero dicirlle adeus ós profesores… Querido diario: hoxe foi o último día de cole… E entre bágoas e despedidas, o último que puiden facer, foi deixar escrito no chan da clase do salón de actos coa punta dun compás: “ Adeus Colexio Ludy, botareite de menos”.

Funcións de fin de curso:

Como agora, cando íamos ao colexio realizábanse funcións de teatro ao final de curso, aínda que daquela eran todos os cursos os que facían unha pequena obra de teatro. Ademais, algúns anos, representabamos as obras dous días, sendo o primeiro día para os alumnos e o segundo para que puideran velo os pais (e neste día había máis meteduras de pata).

Non faltaba cada ano os dous presentadores (alumnos de 6º) e os seus "silencio por favor" que repetían bastante a miúdo, e tamén aqueles pequenos imprevistos como que saíse unha zapatilla disparada ao público ou esquecerse da letra.

As frautas e o coro:

Tamén nas funcións do colexio tocábamos a frauta e cantabamos. Ensaiábamos nos recreos e nas clases de música. Nos ensaios algúns “escaqueábanse” ata que a profe Ángeles se enfadaba. Ao final, xa ante o público a algúns destes nenos facían que tocaban xa que non conseguían seguir a canción e realmente oíanse a metade das frautas.

Rebeca Fernández Cubero

Loreto Fernández Cubero Dúas ex_alumnas do Colexio. Loreto, neste curso, é mestra en prácticas. Que marabilla ter a unha ex_alumna de compañeira. Boa Sorte!

41


42

T od@s somos escola.

Cando un mestre ou mestra aborda unha titoría cunha familia, unha das preguntas a realizar á familia do alumno é como se está a comportar na casa, os problemas que se detectan ou si houbo cambios nos últimos tempos. Estas preguntas non son casuais, pois a familia e a casa, son practicamente o ámbito a completar da vida dun neno aparte da escola. Así pois, a liña entre escola e casa son unha a continuación doutra, e para nós, coma mestres, e para vós, como pais , debe ser tamén a mesma liña. Tendo isto coma referente, as relacións falmilia-escola debemos de plantexala desde todos os ámbitos como imprescindible. Unha comunicación, verdadeira, sostida a partires da confianza entre as partes é, sen dúbida, clave para que o proceso educativo sexa completo. Podemos ensinar aos nosos nenos a ser dialogantes, tolerantes e comunicativos sen selo entre nós mesmos?

O interés central no neno debe de estar fora de toda dúbida, tanto para os mestres coma para as familias e a partires de ahí, construir os pilares básicos de comunicación onde achegarnos todas as partes implicadas. Coma ben sabedes, o Colexio Ludy, centro no que confiades o voso maior e preciado tesouro, é un colexio familiar onde a comunicación co profesorado faise de maneira ben sinxela. Aínda así, pretendemos mellorar estas canles de comunicación, fomentando actividades que xunten ás familias e que se desenvolvan no interior do centro que, sen dúbida é o lugar onde falar e intercambiar opinións e aclarar as dúbidas que poidan xurdir no proceso educativo. Comezamos este primeiro trimestre coa escola para pais e nais desenvolvida xunto con Asfedro. Continuaremos no segundo trimestre cun cursiño de informática para familias e, sen dúbida, contaremos convosco en máis ocasións no que queda de curso en actividades que estamos a planificar.

Nunha comunidade educativa, convivimos persoas de tódolos tipos posibles. Temos diferentes nacionalidades, Tod@s somos escola, tod@s facemos podemos ter diferentes relixións ou non a escola. telas, diferentes ideoloxías, diferentes modelos familiares, diferentes condicións socio-económicas ou simplemente Miguel Castro Serantes, diferentes formas de ver ou entender a Vida. Xefe de estudos do Colexio Ludy. Malia todo isto hai un punto que nos une claramente entre todos e todas, que fai tapar ou, mellor dito, poñer en segundo plano calquera dos anteriores condicionantes. Non pode ser outro que o NENO, o alumno, pedra angular de todo o proceso educativo, pois todo se fai por el e para el.


Revista Ludicol

Nº3, Decembro de 2013

43

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS MÁIS QUE UN EQUIPO

De pé .Pilar, Marta, Silvia, Carmen, Carol Lorenzo, e dous “rapaces” mestres. Aniñadas. Eva, Isabel, Mónica, Carol Cortizas e Meri. Nestes tempos son moitos os recordos xa que foi aló polo ano 1985 cando eu tomei contacto co Colexio en 5º de E.X.B. e estas eran algunhas das rapazas daqueles cursos. Hoxe, 2013, quero recordar e darlle unha forte aperta a unha delas, Eva, pola súa situación. Terá todo o noso apoio. Desde o Cole, que foi a súa casa durante moitos anos, UNHA FORTE APERTA. E, como non, a todas elas un moi agariomoso saúdo.

Actuación de aeróbic na festa do Cole


44


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O mensaxeiro Ludicol Nº 3 by Revistas Colexio Ludy - Issuu