Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
1
2
Eiiiiihhhhhhhh Compañeiros, non vos vaiades de vacacións sen min.
Agardo que non vos esquecerades de min, eu si que vos quero e por iso aquí estou traéndovos un carro de novidades, traballos, festas…
Neste tempo que levamos de curso, aínda que xa non sei moi ben en que estación me atopo porque o tempo non nos quere deixar moi clariño que estamos ás portas do inverno, traballastes moitíiiiiisimo. Agora teño que tentar portarme ben para que as vosas familias e amigos saiban o que fixestes e o ben que o pasastes cos vosos mestres e as vosas mestras. Sempre conto que me deades moito traballo para xuntar todo o que me traedes pero este ano, a verdade, o esforzo voso e de todo o Cole foi “demasiado”. A miña “vespa” xa me comezaba a propestar de tan rápido que iamos dun lado para o outro. Xa me dicía: “Nunha destas rebento, non corras tantoooooo”. Xa vou, xa vou !! É o meu xefe que me chama, ten moita présa para rematar o traballo. Agardo que vos guste. Xa me contaredes ! BO NADAL !!!
Este ano, se queredes ter unha impresión en cor desta revista, só tedes que apuntarvos en Secretaría ou no enderezo cpr.ludy@edu.xunta.es. O prezo é de 8€ e podedes facelo ata o 13 de Xaneiro de 2017.
Í
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
ÍNDICE v v v v v v v v v v v v v v v v v v v v
Escola Infantil ................................................4 Educación Infantil, 3 anos .............................6 Educación Infantil, 4 anos .............................8 Educación Infantil, 5 anos ...........................10 Excursión ao acuario Finisterrae e saídas ..12 1º de Educación Primaria ............................14 2º de Educación Primaria ............................16 Excursión en lancha pola ría ........................18 3º de Educación Primaria ............................20 4º de Educación Primaria ............................22 Excursión a “Aldea Nova” ............................24 5º de Educación Primaria ............................26 6º de Educación Primaria ............................28 Excursión en convivencia nas Fragas ..........35 Actividades feitas no 2º Trimestre ...............36 A Vendima ...................................................37 Samaín .........................................................38 Magosto ........................................................39 Exposición de “Poesía e Imaxe” ..................40 Tempo de Nadal ...........................................41
3
4
Escola Infantil Ludy
A piques de rematar este primeiro trimestre, os nenos e as nenas da Escola Infantil traballaron moitísimo. Aínda que a adaptación deste ano foi un pouquiño complicada. Co cariño e as apertas das profes, fómolo conseguindo sen ningún problema. Fixemos murais : dos dereitos dos/ as nenos/as, de cogumelos , de Nadal , rincóns do outono, obradoiros de cociña, instrumentos, psicomotricidade… En resumo, momentos onde o pasamos xenial!! Esperamos o vindeiro trimestre con moitas ganas de seguir traballando e aprendendo un pouquiño máis. Boas festas desde a Escola Infantil Ludy.
Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
5
6
Educación Infantil, 3 anos.
A incorporación dos
que nos gustou caracterizarnos,
alumnos/as á escola é un gran
coñecer o cole, os xoguetes que
acontecemento para que se dea
tiñamos na nosa clase… eran tantos
lugar o seu desenrolo integral.
que xa non sabiamos cal coller!
Amplíase o seu pequeno mundo
Bailamos e cantamos as nosas
saíndo da contorna familiar onde
cancións favoritas, xogamos para
ocupa un papel determinado cunha
coñecernos ben entre nós e saber os
forma determinada de comunicarse
nosos nomes. Descubrimos os nosos
e un espazo que coñece, que lle dá
espazos na aula (a nosa cadeira, o
seguridade e protección. Todo iso
caixón das fichas e a nosa percha).
vaise modificar.
Encantounos ver a nosa foto en
Por todo isto, no noso Cole facemos
tódolos recunchos!
que este proceso o leven da maneira
Estivemos tan ocupados
máis axeitada e divertida posible.
divertíndonos que cando nos
Os nenos e as nenas son divididos/
demos conta xa viñamos en horario
as en dous grupos os primeiros días
completo, encantados.
para poder regalarlle toda a nosa atención , o máis individualizada posible e que se sintan cómodos e como na casa. Este ano os nenos e nenas da clase de 3 anos pasámolo xenial os primeiros días de cole; pouco duraron os desgustos co moito
Incluso un paxariño nos contou que algún meniño cando está enfermiño na casa, chora por vir ao cole! Encántanos que así sexa! Aínda temos todo o curso por diante para aprender e pasalo pipa!
Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
7
8
Educación Infantil, 4 anos.
FROITOS DO OUTONO
Como en cada comezo de curso dámoslle a benvida ao outono. Este ano centrámonos en coñecer
os distintos froitos típicos desta época do ano: mazás, peras, uvas, granadas, castañas… Observamos como era a súa forma, cor, textura. Probamos o seu sabor e ademais decidimos facer zume con elas, e así distinguir cales son froitos zumentos e cales secos. Pasámolo moi ben usando a licuadora e probando os zumes . Estaban boísimos!!!! O outono deixounos un bo sabor de boca.
Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
9
10
Educación infantil, 5 anos
OS PEIXES Este trimestre estivemos a traballar o proxecto dos peixes. As familias colaboraron moito na aportación de material informativo traendo á aula, contos, vídeos, manualidades, fotos, collages...... Como en todo proxecto comezamos pola recollida de información e, ao través de contos e vídeos, fomos elaborando un mural cheo de información que pouco a pouco iamos coñecendo sobre os peixes e, coa axuda da nosa nova mascota o peixiño pequeno “Pepito”. Realizamos moitísimas actividades dentro deste proxecto, ademais de recursos plásticos que sempre nos encantan, fomos ver os peixes ao aquarium Finisterrae da Coruña, fomos á peixería mirar os distintos tipos de peixes que usamos na nosa alimentación e manipulamos os peixes na aula para poder entender como eran e velos por dentro. O que máis nos gustou foi descubrir o que miden os peixes e medilos cun metro para logo usar distintos tipos de medidas (pasos, mans, nen@s) Finalmente non podía rematar o proxecto sen homenaxear ao gran tiburón Gastón cun gran mural!! Disfrutaron moitísimo e aprenderon moitísimo máis!!!
Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
11
12
EXCURSIÓN AO ACUARIO FINISTERRAE Neste primeiro trimestre estivemos a traballar o proxecto dos peixes e, que mellor momento para ir de excursión ao aquarium Finisterrae, na Coruña. Alí puidemos ver un montón de peixes diferentes, disfrutar de ver as focas comer, e o que máis lles gustou de todo foi coñecer ao gran tiburón Gastón, que nos deixou a todos impresionados!
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
DE VISITA Á PEIXARÍA DO GADIS E Á BIBLIOTECA
Este trimestre, o alumnado de Educación Infantil, en relación ao tema dos peixes que estivemos desenrolando na aula, fixemos unha saída moi especial para os peques. Fomos visitar a peixaría do hipermercado Gadis. Alí coñecemos moitas clases de peixes !!! Para rematar o trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil, fixemos unha vídeoconferencia con Papá Noel na Biblioteca Municipal de Ferrol, foi moi emocionante!!
13
14
1º de Educación Primaria
BIGOTUDO, A NOSA MASCOTA. En primeiro de Primaria temos unha figura peculiar, un coello duns dous metros de altura que mira para nós pedíndonos silencio. O seu nome, “Bigotudo”, puxémosllo na aula e tamén lle inventamos un conto.
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
15
“Bigotudo revoltoso”
A Bigotudo gustáballe o silencio. Tódalas mañás saía do seu furado e sentábase no medio do campeiro a desfrutar daquela enorme tranquilidade. Así foi como anos despois acabou na aula de primeiro de Primaria do Colexio Ludy. A aula máis silenciosa do colexio, as nenas e nenos de primeiro queríanlle moito e tódolos días lle daban moreas de bicos e apertas. Queríano levar de paseo mais el non quería abandonar o seu lugar. Unha noite Bigotudo foise ao comedor e comeu todo o que había. Ao rematar foise para a aula e quedouse durmido enriba da mesa do mestre. Cando espertou foi ao patio e xogou con todos os balóns toda a noite. Ao día seguinte, os nenos e nenas entraron tropezando cos balóns que había polo patio e foron ata o comedor. Alí xa non quedaba nin pinga de leite nin rafa de comida. Entraron na aula desconfiados pero Bigotudo seguía no seu lugar, pedindo silencio. Xa somos maiores e iso nótase ……..
16
2º de Educación Primaria
OS ECOSISTEMAS
Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria, no último tema deste trimestre en Ciencias da Natureza, traballamos “Os Ecosistemas”. Comezamos escollendo entre tod@s os catro ecosistemas que nos pareceron máis interesantes: “O deserto”, “Os polos”,”O océano” e “O bosque”. A continuación fixemos grupos de traballo. Cada un deles traballou un ecosistema dos elixidos, para rematar nunha posta en común. Recollemos información dos libros de texto, de internet utilizando a pantalla dixital, trouxemos recortes e fotografías da casa…. Con todo isto montamos un mural nunha das paredes da clase e realizamos uns pequenos vídeos onde resumiamos un pouquiño cada ecosistema, fixándonos sobre todo na flora e na fauna de cada un deles. Rematamos facendo un debuxo libre cada un sobre o seu ecosistema. Foi un traballo moi bonito e motivador, no que todos e todas traballamos con moitas ganas. Repetirémolo noutras ocasións , xa que ademais de aprender gustounos moitísimo.
Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
17
18
Excursiรณn en lancha
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
O mércores 19 de outubro fixemos a nosa
19
Estando na Praia vimos entrar no porto ao
primeira saída deste curso. Deixamos o cole as 9:45
pesqueiro “Juan Santiago”. Acercámonos e os seus
e dirixímonos ao porto , para coller a “Lancha de
tres mariñeiros ensináronnos , con moita paciencia
Mugardos”. Como facía un día precioso, tivemos a
e cariño, non só o funcionamento do barco senón
sorte de poder ir na cuberta, disfrutando da bonita
tamén as artes de pesca que utilizan, as clases de
paisaxe.
peixes que capturan,…e contestaron a tódalas nosas
A primeira parada que fixemos foi no Castelo
preguntas . Agasalláronnos cun coral que sacaran
de San Felipe. Alí explicáronnos un pouco a historia
nas súas redes, e con el e con todo o aprendido con
e o uso do Castelo, e o profe Xil fixo de guía polos
eles voltamos á lancha e nela, de volta ao porto de
distintos pasadizos e rincóns da fortaleza.
Ferrol.
Aproveitamos para tomar a parva e xogar un pouco
na zona central do Castelo.
e todas quedamos moi agradecidos aos irmáns
mariñeiros do pesqueiro “Juan Santiago” sobre todo
De volta á lancha, puxemos rumbo á Vila de
Foi una saída moi bonita e na que todos
Mugardos. Atracamos no porto e demos un bonito
con Luis Cudilleiro polas súas explicacións e porque
paseo ata chegar á praia, onde recollimos cunchas e
días despois enviounos unha foto del cun tiburón
pedras de distintas formas, algunhas trouxémolas de
que pescaran, e que fora algo polo que preguntaran
recordo.
moito os nenos e nenas.
20
3º de Educación Primaria Debido ao uso da tecnoloxía e do GPS é difícil que un plano de papel
caia nas nosas mans. Por iso, saímos á rúa e dimos unha volta á mazá arredor do colexio. É importante saber como se chama a nosa rúa e as colindantes.
Fixámonos nos cruzamentos, nos establecementos comerciais e nos edificios que as compoñen. Ao chegar á clase, cada un de nós fixo un plano do que viramos ,
aprendendo así a elaborar un plano. A verdade é que ampliamos o coñecemento da nosa contorna cotiá baixo unha ollada totalmente distinta. Seguro que as
présas que levamos ás veces non nos permiten fixarnos nos detalles do que nos rodea.
O NO
O I R R A SO B
Revista Ludicol
XAR
DIN
Nº 9, Decembro de 2016
21
EIR
OS
Este trimestre dedicámolo, en boa parte, a ampliar os nosos coñecementos das
plantas. Como a teoría xa a sabemos ben, queriamos experimentar por nós mesmos todo o proceso de ver medrar unha planta. Por iso, plantamos sementes de tomate, albahaca, pirixel e macela. Teremos que estar pendentes se necesitan auga, se
reciben a luz suficiente e agardamos que broten e que poidamos recoller tomates e
ulir o resto das plantas aromáticas na nosa aula. Seguro que estará ben perfumada!
22
4º de Educación Primaria
O NENO PANTASMA Érase unha vez un neno chamado Óscar, que tiña once anos. Óscar tiña un irmán de trece anos chamado Gonzalo. A súa nai chamábase María e pai non tiña porque morrera nun tráxico accidente. Eran as once da noite, María e Gonzalo estaban vendo a tele no salón cando Gonzalo notou que algo lle rascara no brazo, pero non se preocupou moito e seguiu vendo a televisión. Cando deron as doce no reloxo, Gonzalo foi durmir e a súa nai quedou durmida no sofá. Gonzalo tardou moito en quedarse durmido e despois tivo un pesadelo terrorífico. Correu á cama do seu irmán porque tiña moito medo e Óscar non estaba. Gonzalo foi correndo xunto da nai. _ Mamá, mamá , alguén me está tocando toda a noite e Óscar non está na cama! A nai ergueuse moi preocupada , foi mirar e Óscar estaba na cama. Entón a bronca, como non, foi para Gonzalo. _ Pero mamá estou seguro de que a cama estaba baleira- dixo Gonzalo. Ao día seguinte a nai foi chamar aos nenos para ir ao colexio e estaban na cama como sempre. Almorzaron e saíron da casa. _ Podemos ir camiñando? Preguntaron os nenos. Cando chegaron ao Colexio comezaron a falar cos seus compañeiros e entraron na aula. Despois, Óscar foi ao baño e coincidía co seu irmán Gonzalo. Gonzalo notou que alguén lle tocaba o brazo, pensou que era o seu irmán pero Óscar xa non estaba. Cando chegou á casa contoullo á súa nai pero non o creu. Logo a nai foi ao baño para coller un xampú e Óscar estaba no baño, pechou a porta, volveu e Óscar xa non estaba. A nai comezou a sospeitar que algo raro pasaba. Gonzalo preguntoulle a Óscar: _ Es un neno pantasma?
_ SI, SON UNHA PANTASMAAA!!
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
23
A MANSIÓN QÜINER DE LUXEMBURGO. Houbo unha vez ------ arredor do ano 1749, unha parella que tiña unha gran mansión en Luxemburgo. Nun escuro día de inverno pasou algo moi raro na mansión, a porta do piso de arriba abriuse soa. De repente, ao Señor Qüiner pareceulle ver algo saíndo da porta pero non lle deu importancia. Un ano despois, con aquela historia xa esquecida, o señor Qüiner viu, esta vez imposible de esquecer, escrito con sangue no chan unha palabra: FRANCIA O señor contoulle todo á señora Qüiner e viaxaron a Francia para descubrir o que estaba pasando. Cando chegaron a París, Instaláronse nun hotel. Mentres subían viron unha pantasma verdosa e cando pensaban en irse divisaron unhas gotas de sangue que levaban ata outra palabra que era: NANTES Entón viaxaron ata alí. Xa en Nantes buscaron unha pista que lles levara a seguinte palabra. Pero en Nantes non encontraron nada. Non entendían nada e regresaron á súa mansión en Luxemburgo. Alí encontraron outra palabra escrita con sangue: SAINT-HEIRBLAIN Ao chegar alí viron a un asasino moi famoso no seu pais e decidiron seguilo. Primeiro subiron a un barco e logo seguírono cando entrou nunha cova. Alí perderon de vista ao asasino pero descubriron os cadáveres dos homes que asasinara durante moitos anos. E así é como resolveron o misterio.
24
Excursión a “Aldea Nova” Os alumnos de 3º e 4º de Primaria visitaron o Parque Temático do Mundo Rural Aldea Nova.
Pasaron unha mañá moi divertida participando nas diversas actividades que tiñan programadas para eles: Taller de apicultura. Visita ao museo etnográfico. Visita á reprodución dun castro. Taller de ciencia divertida. Visita á granxa de gandeiría autóctona ( vacas cachenas, porcos celtas, etc)
Revista Ludicol
Nยบ 9, Decembro de 2016
25
26
5º de Educación Primaria
OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA PESCUDARON POLA NOSA CULTURA. DOUS EXEMPLOS A SANTA COMPAÑA A lenda da Santa Compaña atópase moi arraigada
santa. Dise que esta persoa non lembra durante o
na cultura popular galega e está vencellada aos
día o ocorrido pola noite, pero poderase recoñecer
centos de cruceiros da nosa Comunidade. Na
pola súa extrema franqueza e palidez. Cada noite
noite entre o 1 e o 2 de novembro é cando máis
na procesión a súa luz será máis forte e a súa
aparacións hai desa espantosa visión.
palidez aumentará. Condenado a vagar noite tras
A Santa Compaña é unha tenebrosa procesión de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorren errantes os camiños dunha parroquia ou vila onde van visitar todas aquelas casas nas que en breve haberá un pasamento. A procesión consiste en dúas ringleiras fantasmais de defuntos que van vestidos con sudarios e cos pés espidos. Cada un deles leva unha candea acesa e ao seu paso deixan un cheiro a cera ou incenso no aire. Camiñan emitindo rezos, cánticos fúnebres e tocando unha pequena campaíña.
noite, a súa saúde irase debilitando ata que se poña enfermo. Seguirá saíndo todas as noites ata que morra ou colla desprevido a outro mortal e poida pasarlle a cruz e a súa pena. Para que un vivo non sexa atrapado pola Santa Compaña cando a vexa pasar deberá subir os chanzos dun cruceiro ou, se leva unha cruz, terá que ensinala a tempo. Tamén se di que cando a procesión pase cómpre facer un círculo no chan, entrar nel e poñerse a rezar, entón pasará de largo.
Os cans anuncian a súa chegada ouveando e os
Para rematar un consello, xamais collades a
gatos foxen despavoridos.
candea que vos ofreza un defunto da procesión
A Santa Compaña vai encabezada por un mortal que carga unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Poderá ser home ou muller dependendo de se o patrón da parroquia é un santo ou unha
posto que, de o facer, formaredes parte para sempre da Santa Compaña e vagaredes por Galicia todas as noites para sempre xamais. Paula Rodríguez Sedes
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
27
MAGOSTO
VIVA A IGUALDADE !
O magosto ou castañada é unha festa de moita
“Alto aí , un momentiño” ! As xoaniñas azuis non
reigame na nosa terra.
poden pasar!
O magosto celébrase tradicionalmente o 1º
As xoaniñas vermellas non querían estar con ela
de novembro día de tódolos Santos, se ben
pola súa cor .
en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase calquer día comprendido
- Eu non quero estar con esa xoaniña tan rara ! , exclamou unha.
entre a segunda quincena de outubro e a primeira
- Pois paréceme unha gran ofensa para o noso
de novembro, converténdose na festa do outono
país que deixen entrar
por excelencia.
cores!
O magosto sempre se puido celebrar na casa,
Todas berraron a un tempo : ten que irse, non
ao carón do lume da lareira, nalgún recuncho do
encaixa no noso mundo!
pobo, pero o seu lugar orixinario foi o monte.
xoaniñas de todas as
A pobre xoaniña azul non puido evitar chorar. As
En Galicia tamén o celebran no adro da igrexa ou
bágoas cubrían todo o seu corpo e, esgotada ,
no cruceiro do pobo, ao seu pé.
quedou durmida.
Co paso do tempo, as festas poden deixar de
Cando espertou , viu un cartel que poñía :
celebrarse ou cambiar de nome no mundo rural
SENTÍMOLO !
fronte á cidade que, dalgún xeito deixou de celebrar o magosto para celebrar o Samaín. Luna Sbuttoni Fernández
Todas lle pediron perdón. - Non importa como sexas , es unha xoaniña coma nós , explicou unha. - Non hai nada como o poder da igualdade! , VIVA A IGUALDADE! , berraron todas. Así foi como tódalas xoaniñas foron as mellores amigas para sempre. Alejandra Fernández Armada
28
A semana
6º de Educación Primaria
da Arte
O alumnado de sexto de Primaria vén de realizar durante todo este trimestre un excepcional traballo na biblioteca do Centro. Deles, xurdiu unha iniciativa, coordinada pola alumna de sexto de Primaria, Laura Gil. Facer unha semana da arte para que a totalidade do Centro, por grupos, pasara pola biblioteca. A actividade realizada consistía, nun primeiro momento, amosar láminas de obras famosas que puxeron ao longo da biblioteca. Tamén se fixo un apartado especial para que os visitantes á exposición puideran ver obras da nosa biblioteca, relacionados coa Arte. Tras unha breve introdución do que é a Arte e as súas formas de expresión, pasábase á parte práctica da actividade, onde se coloreaban, ata o final do recreo, obras famosas como “As Meninas”, “A Mona Lisa” ou “O grito”.
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016 A ORIXE DO SAMAIN
AS REDEIRAS
Cariño é un concello do norte da provincia da Coruña que pertence á comarca de Ortegal. O sector económico susténtase sobre a pesca, tanto polos empregos que crea de forma directa como pola economía que se xenera arredor dela. Un deses empregos creado de forma directa é o de redeiras ou atadoras. Un labor artesanal que perdura ao longo dos anos. Só hai pouco tempo que se lle empezou a dar o nome de oficio, recoñecido como categoría laboral. Encamiñámonos a entrevistar a unha desas redeiras no porto de Cariño. Cantos días traballaba á semana? Cinco días, de luns a venres. Se hai algunha urxencia tamén a atendemos. Cantas horas? Normalmente entre oito e dez horas, sempre dependendo do traballo. Traballa para barcos de Cariño ou tamén de fóra? Sempre traballei para os barcos de Cariño. Como aprendeu o oficio? Aprendino doutra redeira maior que nos aprendeu a min e a moitas das miñas compañeiras. Onde traballaba? Normalmente traballabamos no peirao pero se o tempo non nos acompañaba, resgardabámonos nos almacéns. Para que tipo de barcos traballou? Sempre traballei para os barcos de
29
baixura. Canto lle pagaban? Cobrabamos 700 pesetas á semana, hoxe serían 30 euros ao día. Cales eran os utis de traballo? Levamos unha banqueta, as agullas, dependendo do grosor das redes, fío e un sombreiro de palla se era día de sol. A que barco foi a primeira rede que arranxou? Foi a dunha terrafa que hoxe xa non existe. Como foron cambiando os materiais desde que comezou ata que se retirou? Antes as redes eran máis artesanais, algunhas feitas de corda, hoxe son máis sintéticas. Con que idade comezou a traballar? Cando tiña 15 ou 16 anos, xa choveu. Con cantos anos se retirou? Retireime con 65 anos. Cantas redeiras erades? Eramos 13 ou 14 pero nunca traballabamos todas na mesma rede.
30
NA LEMBRANZA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Agustín Fernández Paz Vilalba, 1947- Vigo xullo 2016 É un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, a maioría dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén se traduciron diversos títulos ao coreano, portugués, búlgaro, chinés, inglés, francés, árabe e italiano. Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, no ensino primario e na secundaria.
Paralelamente á súa dedicación á docencia, desenvolveu tamén unha ampla actividade teórica e divulgativa. Os libros de Agustín Fernández Paz obtiveron numerosos premios, tanto de ámbito galego como español. No ámbito internacional destacan as súas catro nominacións ao Astrid Lindgren Memorial Award (en 2008, 2009, 2010 e 2013 Os seus libros son moi apreciados polos lectores infantís e xuvenís e todos eles coñecen numerosas edicións.
Algúns, como “Cartas de inverno”,”Trece anos de Branca” ou “As fadas verdes” superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos.
«O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa banda ten a obrigación de alimentar con novas miradas. E si hai algo que estea claro nesta dieta é que a persoa precisa en primeiro lugar, como quen bebe auga, beber soños.»
NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE LEMOS AS SÚAS OBRAS: “Malos tempos para os fantasmas” “Cartas de inverno” “Luna de Senegal” “Las flores radiactivas”
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
31
BREVE RESUMO
Entrevista de Santiago Acción Armesto (xaneiro, 2008) Ex_alumno do Colexio a Agustín Fernández Paz. -Deduzo da súa frase” É imposible ser escritor se non se experimentou con paixón o pracer da lectura” que foi un ávido lector, pero gustaríame saber, como se inicio na lectura? E se podería recomendar un autor para que os xoves que aínda non comezaron , se afecc-ionen a este mundo? R. Eu tiven a sorte de ter un pai ao que lle gustaba moito ler. Foi el, coa axuda dos poucos libros que tiña, quen me meteu o vicio de ler. El é o responsable, xa que logo, de que eu hoxe me dedique a escribir. Mágoa que non puidese vivir para ler os meus libros. - Cal é o seu autor universal e libro favorito? R. Nunca hai un único autor, e moito menos un único libro. A literatura, por definición, é múltiple e variada: esa é unha das súas grandes riquezas. Ademais, en cada etapa da vida un gusta duns autores que noutra etapa pasan a ter unha importancia secundaria. -E unha vez que experimentou con paixón o pracer da lectura, como se iniciou una escritura? Que lle levou a poñerse a escribir? Teño entendido que comezou a publicar cerca dos corenta sendo perito industrial, levaba escribindo tempo ou tamén comezou a escribir tardiamente? R. Unha cousa é escribir e outra, publicar. Sempre me gustou escribir, como creo que lle gusta a todos os apaixonados da lectura, mais tardei en intentar que se publicasen os meus textos. E os primeiros apareceron por casualidade, en boa medida, cando xa tiña corenta anos. O que pasa é que, como tiveron un certo éxito, animeime a continuar. -Ten algún consello vostede para os xoves que se vexan atraídos por este
mundo e queiran poñerse a escribir?
R. Eu darei só dous consellos básicos, porque logo cadaquén ten que atopar o seu camiño propio. O primeiro é que lea todo o que poida, que lea e que relea, tentando buscarlle as costuras aos textos. O segundo é que teña paciencia e constancia, pois a escrita é moi semellante a unha carreira de fondo. -Falando deste tema , séntese satisfeito de terse dedicado á literatura? R. Síntome, si. O certo é que foron moitas as satisfaccións que me deu este oficio. Que haxa persoas que lean os teus libros e que se sintan conmovidos por eles é o maior agasallo que un escritor pode ter. -Séntese recoñecido polo seu labor? R. Moi recoñecido, non sei se máis do que merezo. Os meus libros teñen moitos lectores, e iso, como dixen antes, é o maior recoñecemento. Os premios tamén veñen ben, mais o importante son os lectores. -De que premios dos que recibiu se sente máis orgulloso? R. Cada premio ten a súa historia particular, o mesmo que cada libro. Pero,quizais polo seu significado, síntome orgulloso dos dous primeiros: o Merlín (por As flores radiactivas) e o Lazarillo (por Contos por palabras). Este último, o Nacional de Literatura a O único que queda é o amor, tamén ten importancia, polo seu significado e pola súa repercusión. -Que é o que lle motiva a seguir escribindo? Os seus premios? R- Que va! Os premios non son, nin de lonxe, a motivación principal. O que máis motiva é o desexo de lle dar
saída a algunhas historias que me andan pola cabeza e que piden ser contadas.
-Neste mundo cada vez parece máis importante a tecnoloxía , Que opina vostede das novas tecnoloxías ? Escribe a máquina ou a ordenador? R. As novas tecnoloxías son unha bendición para un escritor. Desde o meu primeiro ordenador, hai case 25 anos, non deixei nunca de utilizalo. Aínda que tamén coñecín os tempos da máquina de escribir, moito máis laboriosos. -Cales son os seus libros favoritos dos que vostede publicou ? R. Non me resulta doado seleccionalos, xa que levo publicados máis de corenta títulos e moitos deles foron, no seu momento, moi importantes para min. Se cadra, salientaría Contos por palabras, Aire negro, Noite de voraces sombras, O meu nome é Skywalker, Corredores de sombra, O centro do labirinto, No corazón do bosque e, sobre todo, un libro que considero merecedor de mellor fortuna que a que tivo, O laboratorio do doutor Nogueira. - Cando se pon a escribir ten en conta a quen vai dirixido o libro ou simplemente escribe sen máis? R. As máis das veces escribo, sen máis. Teño moi en conta a quen vai dirixido cando se trata dun libro para lectores pequenos, xa que aí hai que coidar moito a sinxeleza da linguaxe. -Cales son as aspectos que máis lle gustan de ser escritor? R. O pracer que dá sentir que estás conseguindo contar dun xeito acertado unha boa historia. Como calquera actividade artística, o maior pracer é cando se está a realizar. Despois, tamén é agradable saber que os teus libros teñen lectores interesados.
32
CONTO
“A VISITA”
- Alto aí, un momentiño, quen anda aí! Es ti,Carson? -de súpeto escoitou- bibi…lobo… bibi bu- ese son retumbou na comisaría. - Non me fagas dano…-dixo unha voceciña -Pero se eu non vou facerche dano.- dixo Leo (o comisario). Deuse conta que estaba falando cun alienixena.- Cando chegaches? Eu estaba percorrendo a Vía Láctea para ir á casa da miña avoa pero perdín o control da miña nave e comecei a descender. Estreleime aquí, tiven moita sorte porque cun carpichei podo arreglar a nave-.-Cun que…-Cun carpichei que aquí é unha chave inglesa.-Pois estás de sorte porque creo que naquela mesa temos unha. Como ben dixo Leo alí había unha chave inglesa. O noso amiguiño, doutro planeta, puido voltar á casa da súa avoa. Francisco Javier Varela Vila DÚAS TAREFAS NOS TIVERON OCUPADOS NA CLASE DE LINGUA GALEGA:
OS TOPÓNIMOS E AS CANTIGAS. DESEGUIDO UN RESUMO
Moncelos:Conta a lenda que o apóstolo Santiago desde o monte Argán dixo:"Este é o monte do Ceo"e por iso se di que se chama así. Sillobre:O nome provén do castro de Silio. Irines: O nome ten relación co establecemento dun descatamento militar. Cedeira:O nome procede da palabra cetárea que derivou a Cedeira porque na ría de Cedeira había moitas cetáreas.
PERLIO: Polas perlas. Onde está a antiga ASTANO (hoxe Navantia) había antes unha ostrería. Fisterra- Chámase así porque os romanos pensaron que era o fin da terra. Ferrol:crese que este nome procede dun Santo “bretón” que se chamaba San Ferreol que chegou nun barco a esta cidade no medio dun coro de sete servas.
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
Carballo: recibiu o seu nome debido a que a parroquia na que se iniciou o pobo tiña un carballo diante da igrexa parroquial. Pontedeume: chámase así por esta lenda.Unha dama moi rica con propiedades nas dúas beiras do río Eume cando quixo pasar á outra beira atopouse con que a barca e os barqueiros desapareceran, entón un mozo que pasaba por alí díxolle que lle axudaba se firmaba un papel. Ela fíxoo e de súpeto apareceu unha ponte. Dín que isto foi obra do demo, que logo reclamoulle en pago á dama a súa alma, de aí o mome a ponte do demo, Puentedeume. Pontevedra: Provén do latín “pomtem veteram”, que significa ponte vella ou ponte antiga. Valdoviño: Significa: O val do río Aviño. Vila: É un nome habitual en moitas aldeas galegas. É un grupo pequeno de casas que están xuntas. Tamén chámase Vilar ou Vilarello. No municipio de Aranga, parroquia de Cambás, hai un lugar chamado Vila e outro lugar chamado Vilar. Piornedo: É una aldea dos Ancares e chámase así porque é un sitio con moitos piornos (construcións circulares con teito de palla). Carracedo: É un pobo pequeno de León que ten moitos arbustos chamados carrascos. En Pontevedra tamén hai un pobo chamado así. Cariño:chàmase asì polo carenar que é onde se limpaban os barcos. Barqueira:chámase así porque as antigas zocas se chaman barcas. Ortigueira: porque antes polo camiño que o conectaba á estrada estaba cheo de ortigas. Betanzos:ven de Brigantiun.
33
34 Ea,ea,eeaa, que galiña tan boa como se sube ao pau como se tambalea,ea ea ea. Esta nena ten sono, ten ganas de durmir, ten un olliño pechado e outro non o pode abriiir.
CANTIGAS
Cando facía as tarefas da casa.
EUSKERA: Marichu nora soyas eder galantori iturriran Bartolo, naigados etorri iturriran ser dago ardauchu suria vidoc erangodegun naidagon gustia. CASTELLANO: Marichu donde vas guapa y hermosa. Voy a la fuente de Bartolo, ven conmigo ¿Qué hay en la fuente? Vinito blanco los dos tomaremos todo lo que nos dé la gana.
PARA SALTAR A COMBA CANTIGA REI, REI CANTOS ANOS DURAREI? Ollos verdes son traidores, VINTE E CINCO, NON O SEI Azules son mentireiros, UN, DOS, TRES, CATRO, CINCO, SEIS… Os negros e castañados Son firmes e verdaderos CANTIGAS DE BERCE -Durme miña nena, Na beira, na beira,na beira do mar hai que hai que facer, unha lanchiña para ir a navegar. lavar os pañales, planchar e coser Hoxe vinte pasar a ría Cuns zoquiños de madeira, ¡He,neniño,he! Cas tan remangadiña vai papá na vila Ó pasar pola ribeira. a comprar café e máis unha cousa Na beira, na beira, na beira do mar hai que non sei que é unha lanchiña para ir a navegar. é un zapatiño Cinco sentidos che temos, para o teu pé Os cinco necesitamos Pero os cinco perdemos As nenas de aghora non valen nada. Mellor En cuanto nos namoramos. lle sería cun plato de papas quentarlle a barrigha. Na beira,na beira, na beira do mar hai Cantábaa cando estaba co gando, cando unha lanchiña para ir a navegar. íamos de paseo. Unha vez caín no río, e outra no mar, outra caín nos teus brazos e non me puiden levantar. Cando ía lavar a roupa. Queres que te vaia ver de noite polo luar, venme tornar a cadeliña que non me veña ladrar.
ACTIVIDADES FEITAS NO PRIMEIRONºTRIMESTRE Revista Ludicol 9, Decembro de 2016
35
IES CONCEPCIÓN ARENAL, 5º e 6º
Convivencia nas Fragas do Eume
Como todos os cursos, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do Colexio Ludy realizaron a tradicional xornada de convivencia co grupo de 1º da ESO do instituto “Concepción Arenal”. Nesta ocasión o emprazamento elixido foron As Fragas do Eume. Coordinada a ruta polo profe Manuel, disfrutamos dun bonito día de novembro onde paseamos por un dos espazos máis impresionantes da nosa comarca. A ruta comezou na aldea de Teixido (A Capela) para subir ao seu miradoiro e poder ver o encoro do Eume. De volta á aldea comezamos o descenso polas fragas cara á central da Ventureira (xa fóra de uso, inaugurada no 1902) facendo unha parada na cámara de carga desde onde se recollía a auga da canal e mandábase polas tuberías ás turbinas da central. Xa na central da Ventureira miramos o único paso que había para atravesar dun lado ao outro do río, unha ponte colgante da que só queda a súa estrutura metálica. Para pechar o circuíto das centrais hidroeléctricas do Eume, dirixímonos á central que aínda hoxe está en funcionamento a escasos 200 m da vella central. Desde alí tocaba voltar aos buses, non sin antes observar as tubaxes que traen a auga desde o encoro ata esta última central. A idea da convivencia xurdiu xa hai agora 5 anos, coa idea de poder manter contacto co alumnado que, maioritariamente, sae do noso Cole cara ao Concepción Arenal, co cal estamos adscritos e tamén para facilitar ao noso alumnado de sexto o paso cara ao Instituto.
36 •
• • • • •
• • •
• • •
• • • • • •
• • • • • • • • •
ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Celebración da festa da Vendima o día 30 de setembro , onde participaron todos os alumnos do colexio e onde os alumnos de Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria pisaron a uva e tomaron mosto. Saída dos alumnos de 6º de Educación Primaria o día 11 de outubro ás Meninas de Canido guiados polo seu promotor Eduardo Hermida. Saída dos alumnos de 5º de Educación Primaria o 14 de outubro a visitar o Museo Galego de Historia Natural. Excursión dos alumnos de 1º e 2º de Primaria en lancha pola ría de Ferrol. Saída dos alumnos de 3º de Educación Primaria o día 2 de outubro á Aula de Ecoloxía Urbana da cidade onde desenrolaron o tema “Plantas e animais da nosa cidade”. Saída dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria o día 22 de novembro en horario de tarde, a Reciclaterra, co tema coñecendo o Universo, onde puideron observar as estrelas guiados por especialistas da SGHN. Convivencia dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria cos alumnos de 1º da ESO do Instituto Concepción Arenal, o día 18 de novembro, as Fragas do Eume. Celebración da festa de Samaín o día 28 de novembro onde todo o colexio disfrazámonos e fixemos un acto na Praza da Ilustración. Celebración do Magosto, o día 4 de novembro , na Asociación de Veciños de San Mateo onde todo o colexio xogamos a xogos populares e degustamos castañas , galletas e leite, coa colaboración de varias nai/pais do ANPA. Charla da Policía Nacional no noso centro o día 21 de novembro para os alumnos de 5º de Educación Primaria, sobre redes sociais . Saída dos alumnos de Educación Infantil o día 11 de novembro o Acuario Finisterrae da Coruña en horario de mañá. Saída dos alumnos de Educación Infantil 5 anos e 1º e 5º de Educación Primaria ao Carvalho Calero onde os nosos alumnos participaron no recitado de poesía co motivo do 25 aniversario da Equipa de Normalización Lingüística. Exposición Poesía e Imaxe no noso centro do 4 ao 14 de novembro. Saída dos alumnos de Educación Infantil a peixaría do Centro Comercial Porta Nova o día 23 de novembro. Saída dos alumnos de 6º de Educación Primaria ao IES Concepción Arenal, o día 25 de novembro como primeira toma de contacto antes da visita oficial no 3º trimestre. Saída dos alumnos de 5º de Educación Primaria á Biblioteca Municipal en horario de mañá. Saída dos alumnos de 6º de Educación Primaria o 29 de novembro ao centro Torrente Ballester exposición de Xaime de Quesada e Tonicci. Semana das artes do colexio Ludy . Os alumnos de 6º de Educación Primaria organizaron actos durante os recreos para todos os cursos que quixeran participar na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro. Saída dos alumnos de Educación Infantil á Biblioteca Municipal de Ferrol día 12 de decembro, para participar nunha videoconferencia con Papá Noel. Saída dos alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria ao teatro Jofre ao a ver a película Nocturna no marco de “En galego de película”, o día 14 de decembro. Saída dos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria no mes de novembro a Aldea Nova. Recollida de alimentos para a fundación Arraigo. Construción do “Belén electrónico”. Festa do Nadal o 16 de decembro. Festa para todas as familias. Visita do Apalpador ao colexio grazas á Fundación Artabria. Festival de Nadal: Panxoliñas, obra de teatro de 6º e actuación do grupo de Obradoiros musicais. Revista dixital “O mensaxeiro Ludicol”, cun resumo das actividades feitas durante o primeiro trimestre deste curso 2016/2017.
Decembro de 2016 Mural de Novás “PlateroNº y9, yo”
Revista Ludicol
A vendima VENDIMAI VENDIMADORAS. Comeza o curso e con el o tempo da vendima. Para non esquecer tradicións e perpetuar o festexo das mesmas, no Centro este ano tamén houbo cepas que vendimar no patio. Coma sempre, Infantil foi a man vendimadora mentres 1º e 2º de Primaria pisaron os vagos e recoller o mosto para botar nos barrís a fermentar. Para rematar a festa, todos os rapaces e rapazas cantaron, observaron e probaron o rico mosto branco que, cun pouquiño de trampa xa estaba embotellado e mercado. Agora só queda agardar a que fermente no noso coñecemento para que nunca se esqueza esta festa da terra, en todos os seus sentidos.
37
38
Samaín
No colexio Ludy, como todos os anos, seguimos co
compromiso de recuperar a nosa tradición cultural. É por iso que cada curso escolar celebramos o Samaín.
O alumnado do Colexio confecciona cabazas en horario
escolar que logo van a concurso para sacar de todas elas unhas gañadoras tendo en conta o seu traballo e as grandes ideas postas en marcha polos nenos e nenas, decisión que é tomada polos mestres e mestras sendo as cabazas anónimas para a súa votación.
Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria
elaboran un disfraz para conmemorar o cambio de estación e recordar a tradición do medo aos defuntos. Este ano os disfraces elixidos foron os de pantasmas e de cabazas.
Como novidade este ano todo o Colexio desfilou xunto con
Ed.Infantil e primeiro e segundo de Primaria ata a praza da Ilustración portando as súas cabazas elaboradas no Centro coa emoción de amosalas ás familias , e recibir os premios monstrosos.
Pasámolo moi ben, o ano que vén repetiremos!!
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
O MAGOSTO O pasado 4 de novembro celebramos no Centro Social de San Mateo o Magosto do Colexio Ludy.
Como é tradición, vimos realizando esta festa no exterior. Unha apacible xornada de outono que nos permitiu a todo o Centro, preto de 200 alumnos e alumnas, disfrutar de xogos tradicionais , comer as castañas e da especial paisaxe do outono. Unha xornada, sen dúbida especial para o Colexio Ludy nunha festa tradicional tan importante para nós. Desde o Colexio Ludy queremos destacar a axuda que amosaron as familias do noso Centro para que esta festa se puidera celebrar, co asado das castañas e prestando unha grande axuda en todo o necesario.
39
40
EXPOSICIÓN
DO XVI certame POESÍA E IMAXE (En galego sen filtro)
No salón de actos tivemos unha decoración especial no mes de novembro. A exposición itinerante do certame “Poesía e Imaxe” deste ano chegou ao noso Centro e, que gusto vela!. Cousas fermosas as que nos depara e que nos enchen de orgullo. Dúas das obras presentadas son de nenas e nenos do Colexio e ademais dúas das premiadas en bacharelato (unha delas portada da exposición) son de dúas antigas alumnas tamén deste centro.
Revista Ludicol
Nº 9, Decembro de 2016
RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS
TEMPO DE NADAL
41
Como todos os anos rematamos o trimestre coa chegada do Nadal. Con el chega toda o balbordo da ilusión, decoración, boas vontades e moita festa. Niso seguimos a teimar no Colexio. Tanto é así que este ano visitounos o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. Fixemos unha gran festa de Nadal pola tarde/noite do venres 16 de decembro na que houbo: tómbolas, sorteos, obradoiros de manualidades e globoflexia, acendido do Belén electrónico, patinaxe e moita festa, fixeron honra á ledicia coa que compartimos amizade na nosa Comunidade Educativa durante estas festas. Por outra banda, un ano máis levamos adiante a recollida de alimentos solidaria para a Asociación Arraigo. Como peche ao primeiro trimestre, a festa escolar o 21 de decembro onde, entre panxoliñas e teatro despedimos o ano 2016.
Sempre máxico e sempre moi brillante.
Bo Nadal!!
42